Lorenzo (15-M da Ría, Oleiro, Culleredo e Cambre)
A
resposta popular no estado español á situación de crise do
capitalismo, do réxime e das institucións explicada no Manifesto
polo Socialismo “POLA
CONCRECIÓN DUNHA ALTERNATIVA SOCIALISTA COMO ÚNICA SAÍDA DA CRISE,
AXEITADA ÓS INTERESES DO POBO TRABALLADOR" tivo lugar durante a
campaña das eleccións municipais de 2011 (o manifesto está
dispoñible en
http://esquerdalternativa.blogspot.com.es/2014/08/pola-concrecion-dunha-alternativa.html).
Tódalas consideracións respecto ó 15M fanse en función da experiencia en Coruña, na acampada e na “Rede de Barrios e Vilas” (aínda que a gran maioría poidan ser extrapoladas ó conxunto do estado vista a evolución posterior do fenómeno e comprobable pola facilidade de acceso ás actas de case calquera grupo 15M no estado).
Foi
un fenómeno mais que un movemento por:
1.
a enorme diversidade en tódolos aspectos dos simpatizantes ou
"militantes" xuntos de súpeto nas rúas, o 15M pódese
interpretar para o caso coma unha instantánea da maioría dos
elementos dispostos á mobilización contra o estado das cousas
naquel momento. Reduci-la caracterización a "descontentos do
PSOE e BNG" (aínda que é moito mais axeitada que aquel
"perroflautas" do primeiro) pode ser válido se incluímos
ós próximos e os simpatizantes, pero queda curto para os 15emeros
"militantes". Sabemos por exemplo da presencia que tiveron
en Coruña diferentes elementos de dereita e ultradereita, tanto a
mais neoliberal como a mais vinculada á tradición franquista, ou
grupos como UCE.
2.
a existencia dun “espírito” do 15M (que chegou a ser unha frase
bastante manida) non chega para definir un movemento. Por exemplo, e
salvando as distancias, non hai un "movemento de Ermua"
pero o "espírito" de esa “manifa” co tempo se
considera un punto de inflexión no tema.
3.
visto como xurdiu o 15M despois dunha manifestación convocada por
forzas non institucionais, collendo carácter propio aínda por fóra
delas,
4.
o rápido que medrou en participación e asistencia de simpatizantes,
5.
o rápido que se foi diluíndo ó non querer ou non poder chegar a
acordos políticos que desen sentido e dirección a todo, e como eses
militantes se dispersaron para reforzar a outros movementos xa en
marcha,
6.
a súa influencia en novas organizacións que reivindican aquel
espírito e na sociedade en xeral, aumentando tanto o debate político
na sociedade que se pode considerar iniciador desa recuperación (e
do consecuente aumento da participación activa),
Por isto pódese dicir
que antes que a un movemento, o 15M foi mais parecido a un fenómeno
iniciador dalgún tipo de proceso de toma de conciencia, que ven
enguedellar aínda mais o proceso previo de reorganización da
esquerda trala caída do Muro de Berlín coa chegada dun gran número
de novos militantes e simpatizantes movidos por intuicións ante a
realidade da crise do capitalismo, mais totalmente despolitizados e
por riba ateigados de propaganda, aínda que agora con toda a
intención de seguir mobilizados dunha ou doutra forma.
A maioría das críticas
serias feitas ó 15M son acertadas. Os erros máis graves foron:
- Escasa ou nula cultura política.
- Rexeitamento en diferentes graos ás formas clásicas de organización e ás experiencias previas.
A
incultura política fai que identifiquemos “rexeitamento a
organizarse” e o famoso “consenso” con “rexeitamento das
organizacións do réxime” e ás súas “directivas que ignoran á
base”. Do descoñecemento ou desprezo pola historia recente, para
que falar. O rexeitamento a se organizar debíase ó sentimento de
inimizade, paranoia, etc... que había contra os partidos e
sindicatos en xeral e como se extrapolaba iso á estrutura. Asumíase
sen crítica que horizontalidade e consenso son mellores que outras
maneiras de se organizar soamente para opoñerse a eses partidos e
sindicatos. O que non produce precisamente desexos de aumenta-la
cultura política entrando nun círculo vicioso. Pero tamén era
síntoma de:
- a intuición vaga de moitos activistas de que as organizacións electoralistas e os sindicatos dominados por elas responden a intereses propios ou da burguesía e non ós da xente autoorganizada,
- do peso de moitos descontentos do PSOE e BNG que opinaban que simplemente “sendo doutra maneira” se amañan as cousas,
- do gran número de activistas de ONGs e cooperativas que esixían “a súa cota” nas actividades e na creación do discurso pero non aceptaban asumir acordos políticos mínimos que desen sentido a todo xunto .
- tamén é innegable que había algún intelectualiño de medio pelo.
E
todo foi aproveitado por outros con proxectos máis claros para
mante-la despolitización coa coletilla "os partidos son todos o
mesmo" tomada literalmente e levada ó extremo.
Eses erros mantivéronse
dende o principio incluso entre os moitos que entendemos que era
precisa unha organización permanente dalgún tipo para lle dar
continuidade, e que intuíamos que tiñamos que dar un sentido
político máis ou menos definido a esa organización e concretar en
ideoloxía as consignas, a integración das diferentes loitas e os
métodos que asumimos dende o primeiro, de maneira confusa coma
colectivo e sen moito debate, pero algo mais clara no individual
(malia que cada quen á súa maneira).
O potencial do 15M para
un verdadeiro cambio foi enorme, e aínda que se pode dicir que
fracasou dados os obxectivos aprobados nas asembleas, o caso é que
reactivou a vida política no estado e impuxo maneiras, consignas e
métodos que agora son os aceptados polos novos activistas e por
parte dos vellos.
Que potencial? As
primeiras reivindicacións xurdidas de “Democracia Real Xa”
limitábanse a pouco mais ca unha reforma da lei electoral e a un
meirande control por parte da administración das actividades dos
bancos e dos cargos públicos. En pouco tempo, tralas eleccións
municipais, non nos lembrabamos de DRY (que se desvinculou dende o
primeiro momento das acampadas) e cando o faciamos era de forma
desconfiada e percibindo DRY como allea a nós. O rexeitamento en
xeral ó sistema ocupaba agora todo o discurso, que quedaba moi
pequeno (e mais se non se propoñían alternativas claras).
Apreciábase unha vontade clara en gran parte dos participantes en
calquera grao de cuestionar ó conxunto do sistema: de feito unha das
nosas poucas vitorias sobre os grupos mais de dereita da acampada foi
conseguir ampliar eses obxectivos iniciais tan mínimos (vitoria
conseguida facilmente pois a enorme maioría dos activistas do 15M
entendían que era preciso e coherente cos lemas aceptados). Outra
vitoria "fácil" foi fomenta-las asembleas de barrio e
abandona-la acampada (tamén porque iamos a favor da corrente naquel
momento). O 15M era moito máis progresivo, máis próximo á
autoorganización e moito mais de masas que DRY.
Fomos totalmente
superados, pero mantivemos claro que debiamos sempre movernos por
fóra das institucións e polo tanto non debiamos organizarmos coma
partido para presentarnos a eleccións (custábanos moito diferenciar
"partido político" de "PP", “PSOE” ou "BNG".
Pero o caso é que os que por experiencia si tiñan moi claras as
diferencias non fixeron absolutamente nada para deixalas claras, e
que despois a xente decidise libremente. Tamén é certo que os que
expoñían esas diferencias eran cuestionados de entrada). Tampouco
debiamos reduci-las reivindicacións a unhas mais posibilistas, nin
renunciar a certos métodos.
Pero foi imposible ou
non soubemos avanzar un pouco máis nos barrios e as asembleas foron
morrendo ó non conseguir (ou non querer) convertelas en centros de
decisión para a loita, perdendo a iniciativa conseguida
involuntariamente pola sorpresa da aparición do fenómeno. Tal vez
no fondo naquel momento algúns simplemente non nos atreviamos a
levar os lemas ata as súas consecuencias lóxicas.
Pero é a xente
organizada, con experiencia e politizada a que debe aportar cando ve
que as cousas se están facendo mal por ignorancia. Por iso hai que
recoñecer que erraron en xeral as organizacións da (verdadeira)
esquerda e os seus militantes (ou incluso moita xente simplemente
simpatizantes con esas ideas) ó non querer ou non seren capaces de
participar e dar unha dirección a todo aquel potencial. Aínda que
non temos datos acerca das actividades desas organizacións, nin
cales eran todas, por conversacións posteriores con xente diversa
xorde esa sensación. Sectarismo, desprezo, desconexión coa xente,
tal vez pereza, derrotismo ou impaciencia fixeron que os activistas
do 15M que tentabamos a cegas concreta-las consignas e unifica-las
diferentes sensibilidades non atopásemos uns apoios que por certo
nin sabiamos que existían.
Co tempo entendemos que
por parte de membros do 15M houbo manobras para desmobilizar ou
desviar, especial teima en evita-los debates políticos ata o
absurdo, e que había intereses persoais en moita xente, todos
operando naquela desorganización despolitizada e sen obxectivos, e
por suposto facendo o posible para mantela así. E eses apoios terían
sido de grande axuda para clarifica-las cousas: xente
con experiencia política e organizada e coa suficiente paciencia
para entender que os que defendiamos certas cuestións un pouco a
cegas en realidade non tiñamos nin temos puta idea do que estamos a
facer e precisabamos argumentos acordes co noso nivel e co nivel
medio do grupo para poder aportar un proxecto no momento preciso. E
que entendesen a batalla política que alí se estaba a dar
continuamente por debaixo e a cegas para moitos. Coma a labor de CV e
outros por exemplo.
Pero os militantes de
colectivos de esquerda que se achegaban non entendían ou non podían
crer o nivel de desorganización, despolitización e descoñecemento.
Se alguén dun partido vía a outra persoa doutro partido ou
organización asumían que ese grupo estaba controlado, sen decatarse
de que moitas veces o resto de activistas non tiñan nin idea de quen
era o que estaba a falar, e marchaban en troques de quedarse a ve-la
discusión que se xeraba ou o pasotismo dos asistentes. Demostrouse
unha desconexión xeneralizada desas organizacións coa xente.
A imposibilidade de
afondar ás claras, por todas esas cuestións, nun debate político
que nos permitise chegar a obxectivos, alianzas, métodos, tácticas
e estratexia, etc... (en resumo: loitar) foi levando a diferentes
picos de abandonos individuais, loitas entre grupos (en forma de
boicots ou non colaboración) e escisións que terminaron por
reduci-lo 15M na Coruña ó mínimo coma organización.
Despois do 15M
Pero o caso é que algo
mais de tres anos despois, xorden propostas electorais de gran éxito
(Anova, Podemos, novas candidaturas ás municipais...) que pretenden
recoller aquel “espírito” pero dando a mensaxe de que a
canalización correcta daquel potencial ten que ser por dentro do
sistema.
As consignas dos que
reivindican o espírito dos "indignados" non se parecen
moito ás do 15M aínda que asuman unha serie de formas popularizadas
durante aquel fenómeno. "Non somos mercadoría nas mans de
políticos e banqueiros", "Chámanlle democracia e non o
é", "Non nos representan","Non somos
anti-sistema, o sistema é anti-nós"... son as que definían en
moitos casos o único ideario da militancia, e foron as que máis
calaron nunha gran parte da poboación en xeral.
Os “políticos e
banqueiros” agora son “a casta”. O “non é democracia” e os
intentos de creación de asembleas de barrio para a loita mudaron en
eurodeputados e estrañas candidaturas "cidadás" que
aspiran a transforma-lo réxime dende as mesmas institucións que o
manteñen a toda costa. E o “non nos representan” xa soamente se
reduce a PP e PSOE. Aquel apartidismo ás veces sectario e irracional
era bastante mais progresista (por inocente) que ver agora a
deputados, concelleiros e líderes sindicais dirixindo colectivos
xurdidos do 15M ou reforzados polos seus ex-activistas, ou
presentándose todos xuntos ás eleccións dun sistema que fai tres
anos estaba contra de “nós” (aínda que sendo estritos nin
sequera estaba claro quen eramos "nós").
A pesar do aumento da
curiosidade política da sociedade e do aumento da participación e
do activismo dende o 15M, estamos a retroceder. As mobilizacións do
22M e o éxito de novos partidos nas eleccións autonómicas e
europeas no contexto de crise das institucións do réxime (por ser
xa totalmente evidente que serven a uns intereses propios e alleos
que en ningún caso corresponden cós do pobo que din representar)
foron clave na dimisión do xefe de estado, e incriblemente a
resposta na esquerda é obvialo e enlearse en procesos electorais en
lugar de reforza-la ofensiva na rúa e que daí xurdan eses procesos.
Non existe intención de mudar absolutamente nada realmente clave en
ningún partido que se presente a unhas eleccións con intención de
acadar representación. E á vez, eses éxitos parecen ter canalizado
o potencial de cambio (ou polo menos de vontade de mobilización por
fóra do réxime) que se demostrou co 15M a opcións tal vez
perigosas para o actual bipartidismo que sustenta ó réxime pero en
realidade inocuas para o sistema e a burguesía (excepto a valiosa
achega de poñer e por tanto permitir poñer, unha serie de debates
sobre a mesa na vida cotiá. E ó contrario que no 15M, debates que
se levan a cabo no marco de que existe posibilidade de ver gobernos
de candidaturas coma Podemos, Anova, CUP, etc...).
¿Pode ser que Podemos
retome o proceso iniciado por DRY fai algo mais de tres anos no cal o
15M foi o único elemento realmente popular e autoorganizado con
intención de "non ser controlado" e polo tanto con
potencial de xerar un cambio máis profundo? ¿Son estas dúas
formacións, apoiadas en procesos populares, un simple intento de
poñer caras novas para deixar todo igual antes de que a xente
busquemos as nosas propias alternativas? A primeira lección obvia
para os novos mobilizados dende o 15M é que a xente aprendemos
mediante e durante a loita: por iso reducir "contra o sistema"
a un simple "votádenos a nós que somos mellores que outros"
en realidade é reaccionario e non impulsa para nada a concienciación
necesaria para un verdadeiro cambio.
É preciso tentar
contrarrestar ese “amansamento” do activismo e ofrecer unha
alternativa coherente. É necesario porque se o 15M foi un fenómeno
que iniciou un proceso de toma de conciencia política de parte da
sociedade, o potencial de cambio que se demostrou con él está a ser
canalizado de novo cara opcións meramente reformistas ante a
desconexión das organizacións de esquerda coa xente, o que se
traduce en que as opcións socialistas non son consideradas cando son
as que dan mais coherencia as reivindicacións e lemas do 15M. A
esquerda, a que está por unha verdadeira alternativa ó capitalismo,
vella e nova, en xeral non tomou nota seriamente do fenómeno nin o
estudou dabondo para entender como conectar co activismo, cos
desencantados de organizacións do réxime, a sociedade en xeral,
participar e influír politicamente (no grao que sexa posible en cada
momento) no proceso que se está a dar.
Para que o encontro?
É fundamental
retoma-las vellas consignas do 15M e algúns dos seus métodos e
dotalos de contido político baixo criterios marxistas (os únicos
criterios capaces de darlle coherencia a semellante fenómeno, ou
polo menos é o que pensamos a día de hoxe), porque esas primeiras
consignas e métodos foron aglutinadores dunha tremenda masa e deu en
mobilizacións e procesos que aínda cos seus erros son recoñecidos
como influentes. Definilas, ser consecuentes con elas e levalas á
práctica vai se-lo único que consiga crear un polo, que polo menos
achegue unha idea clara para os activistas e as masas do que sería
un verdadeiro cambio, xa que gracias a Anova, o 22M e Podemos pódese
sacar o tema con naturalidade. En poucas palabras, facer o que fan
todos: utiliza-lo envoltorio do 15-M porque son as formas aceptadas
agora en política pola xente que se incorpora dende cero, e as
formas que se reivindicaron sempre dende algunhas organizacións.
Pero tendo claro que: 1. debemos usar como envoltorio as ideas
e as súas consecuencias (é dicir, dar contido ás meras consignas
como se fixo no 15M da Ría) e non a baleira estética "buenrollista"
2. sen complexos porque non debemos esquecer que temos o mesmo
dereito que o resto do 15M a reivindicarnos como tal (e
continuadores/profundizadores, errados ou non), e moito máis que a
maioría dos que se apropian desa etiqueta.
Con esta reapropiación
das consignas orixinais (que sabemos que calaron) habería algunha
opción de politizar a parte do activismo en xeral e dos movementos
sociais en particular. Esa é a única maneira que teñen eses
activistas de poder autoorganizarse libremente de verdade e de
defenderse dos intereses da clase dominante representados por moitos
dos partidos, sindicatos, ONGs e outros colectivos que participan
neses MMSS. É o único xeito de uni-las loitas e colaborar con
outros colectivos na consecución de obxectivos que permitan pasar á
ofensiva, obxectivos que por esa despolitización non aprecian que
son comúns (aínda que si o ven ou din ver na teoría).
Tamén é moi importante
ofrecer unha visión clara de por que é necesario derruba-lo
capitalismo (o único obxectivo que pode aglutinar a ecoloxistas,
soberanistas, feministas, activistas polo software libre, e o longo
etcétera de opcións que pretenden ser globais sen selo en
absoluto), que supón loitar para derrubalo, e cal é a alternativa
(diferente e non soamente “estética”) ó capitalismo.
As alternativas
electorais que canalizan a indignación amosada pola sociedade cando
o 15M non teñen intención algunha de mudar nada dende o momento en
que priorizan o voto fronte outras cuestións coma a loita na rúa e
o fomento da cultura política (cultura política “da rúa”, non
de politólogos). Tamén para recalcar isto é importante o encontro,
e ademais é unha idea que si que cala en gran parte do activismo
como calou cando o 15M.
Por outra banda, en
todos estes casos (15M, 22M, STOP DESAFIUZAMENTOS, Anova, Podemos,
procesos coma Ganemos ou Marea Atlántica... ) se confirma que son os
medios "oficiais" (parte do réxime por seren grandes
grupos empresariais) os que erguen o que sexa e impoñen as
definicións para o gran público (que en moitos casos inflúen nos
activistas obviamente). Por isto tamén é importante o encontro:
politización para se defender da propaganda "amiga" ou
inimiga.
É imprescindible
estuda-lo 15M a fondo para entender por que lle é tan difícil á
extrema esquerda conectar con xente que por outro lado deseguido
entende e apoia o profundo cuestionamento do sistema ó que levan
consignas como un simple "NON NOS REPRESENTAN" (é curioso
como a pesar do imaxinativo de moitos slógans que xurdían, os que
lembramos mais claramente nin sequera pretendían ser agudos ou
enxeñosos). Para entender por que é tan chocante que personas con
pancartas que din “NON SOMOS MERCADORÍA NAS MANS DE POLÍTICOS E
BANQUEIROS” lles importe en realidade un carallo a loita de clases.
Non vale o "iso soamente era unha pose" que usamos sempre:
estamos a pasar por alto algo moi importante (o que?). Tamén saber
cal foi o traballo que os diferentes colectivos de esquerda fixeron
dentro do 15M sería útil para atopar eses erros de conexión.
O
encontro debería ter lugar para reunir a xente que pulamos por unha
verdadeira alternativa ó capitalismo na tarefa de politizar ó
activismo e MMSS (por seren os que xa están activos e con vontade de
seguir, aínda que co risco de caer en opcións electorais
reformistas), e á sociedade de momento no posible, para ofrecer unha
visión clara da alternativa socialista.
- Porque é moi fácil e totalmente coherente relaciona-las propostas do 15M con esa alternativa, para que nun futuro sexa posible unir de forma práctica e con vontade de ofensiva as diferentes loitas e dirixilas contra o sistema, e para prepararnos para aproveita-la ocasión e dar un salto no caso de que se dean fenómenos parecidos ó 15M no futuro. Porque o 15M foi o inicio dun proceso (un fenómeno mais ca un movemento) e polo tanto hai que retomar esas vellas consignas do 15M dende unha perspectiva política que permita ser consecuentes con elas, organizarse e uni-las diferentes loitas baixo os criterios políticos que dan sentido a todo á vez (socialistas, marxistas ou como lle chamen). Pódese repetir mellor? Pódese inducir algo parecido? Se os das Marchas da Dignidade tivesen querido no seu momento, posiblemente. E arredor de lemas tan claros como “República” ou polo menos “Referéndo”, e “Non pago da débeda”. Pero Fronte Cívica e CGT (caso de Coruña) negáronse con tal rotundidade e tan claro que é obvio que non van deixar que as Marchas avancen algo máis alá sinalando obxectivos políticos coherentes e aínda máis claros.
- Para que os MMSS escoiten polo menos que a politización (non partidismo) é o único que lles vai permitir ser libres para organizarse e para e leva-la súas loitas a unha verdadeira resposta contra o réxime ou o sistema, e que este rexeitamento a considerar opcións políticas socialistas ven dado pola despolitización e pola propaganda do capital.
- Para que os novos activistas entendan que ignora-lo pasado é soberbia, curtedade de miras e rexeitamento dun coñecemento colectivo baseado tanto na teoría coma na experiencia directa moi valiosa aínda incluso que non se compartan as ideas ou os fins, e para que os máis experimentados entendan que cos novos o que hai de momento é o que hai, e que teñen que replantearse cales das súas discusións deben pasar agora a un plano simplemente teórico ante a complicación a maiores que supón para a reorganización a aparición de activistas despolitizados.
Galiza,
no mes de outubro de 2014
Lorenzo, mi admiración por tu forma de escribir aunque no esté de acuerdo en muchas cosas.
ResponderEliminarEn primer lugar ,lo de que los activistas del 15m no tenian cultura politica ,¿que es cultura politica, años de afiliacion a algun partido o sindicato? lo dudo ,es mas, creo que fueron esos afiliados intentando arrimar el ascua a sus sardinas los que rompieron la baraja por cansancio de los "incultos politicos" y los equidistantes de las diferentes ideologias.
Siguen intentandolo en algunas plataformas y movimientos que estan activas (si no es cómo yo digo no juego).
Lo de "politizar los movimientos sociales" me parece una redundancia pues cada uno con sus luchas, ideas e intereses ya lo estan ,lo que no estan ni quieren es adoctrinados
De todo lo demas que escribes habria mucho que debatir pero yo no tengo tu capacidad para hacer un articulo de respuesta.
Solo decir que no tenemos que recuperar las consignas del 15m, siguen muy vigentes, para mi y otros muchos de los que empezamos ,una de ellas era y sigue siendo "somos apartidistas no apoliticos"
un saludo desde el respeto y el cariño que te tengo por todo el tiempo que compartimos en las asambleas y las acciones de lucha y protesta.
Hola son Lorenzo! Perdona por tardar tanto en contestar, pero de verdade que non me foi posible ata o de agora.
EliminarA ver, por "cultura política" non me refiro a saber quen é tal diputado ou cal concelleira nin tal o cual partido, nin coñecer as tonterías dos xogos institucionais que se traen nin nada. Obviamente non quero dicir que alguén que leve anos organizado teña que ter de por sí máis "cultura política" ca nós (por nós entendo ó 15M da Coruña en xeral). Pero e que nós (ou polo menos eu) tiñamos mou pouca.
Por cultura política me refiro por exemplo: a saber qué había detrás das consignas nosas e de qué formas se poden entender, como transformalas en tácticas e estratexias, qué hai detrás dos discursos dos políticos (aparte de desconfiar dos partidos electorais con razón), en qué se parecen o que nós diciamos e onde chocan. A saber se as diferencias son clave ou se poden limar. A entender que o consenso en realidade non é democrático e por qué. Tamén a se é verdade que tódalas orgs son iguais, a diferenciar o que queren as súas bases do que fan as directivas, e quén nos pode representar (se pode algún) e quen non (digan o que digan). @s indignad@s somos a toda a cidadanía? Case toda. Pero qué nos indigna a uns e a outros? O problema son os nosos políticos que rouban moito e minten moito? Ou é que minten e rouban porque están ó servicio doutros? Dúas preguntiñas de nada que reflexan dúas orientacións políticas ben diferentes. A querer contestar a todo iso lle chamo cultura política. E digo querer, non saber. Cando nos queremos explicar honestamente nos explicamos, onde non chegamos pois de momento non chegamos, e se que hai que adicar horas e horas se lle adican.
É certo o que dis que moitos militantes de orgs políticas e sindicais nos agotaron bastante pero tamén é certo que ás veces fumos algo sectarios e non quixemos escoitar a ninguén que se presentase como militante. Pero ó final sí fumos utilizados con intereses electorais por moitas das vellas orgs e por case tódalas novas. Pasou por non ter falado ben en profundidade entre nós do qué queriamos dicir con "non nos representan" ou "chámano democracia e non o é" e de para qué queriamo-las asembleas na rúa aparte de para charlas.
Ó mellor ó que me refiro non é a que eramos "incultos" senón máis ben "inocentes".
Sigo sendo Lorenzo :D
EliminarNo de politizar ós MMSS e recupera-las consignas do 15M: esa parte máis ben se refire a por qué vexo necesario o encontro do que se fala no manifesto do blogue Alternativa (http://esquerdalternativa.blogspot.com.es/2014/08/pola-concrecion-dunha-alternativa.html)
Para min, as consignas do 15M tamén seguen a ser válidas. Non nos representan porque o chaman democracia e non o é. E non é democracia porque somos mercadoría nas mans dos políticos e banqueiros. Pero hai que revitalizalas porque xa ves como despois de tanto apartidismo, chegan Anova ou Podemos ou as Mareas e hala. Nin sequera nos xuntamos os do 15M para dicir que é imposible levar un fenómeno así a estas institucións. Tiñamos un embrión (unha merdiña, pode ser, pero aí estaban por todo o Estado) das nosas propias institucións (as asembleas. Aquí, por "nós" refírome o toda a xente que quixera muda-las cousas por fóra do sistema).
E por iso digo que ese encontro sería bo para dar unha idea, algo mais elaborada, do qué significaban esas consignas para ter unha idea más clara de qué cambio sería preciso, e por qué a moit@s non nos valen esas organizacións que reclaman o espírito do 15M. Ademais, por "politizar ós MMSS" quero dicir que é a forma de estudiar como facer entender a eses MMSS que non están en loitas que poidan ser separadas, e como esas loitas corresponden coas da xente traballadora por moito que éstas estean nas mans de sindicatos colaboradores co réxime.
Para min, a día de hoxe, todo isto pódese relacionar dándolle unha explicación socialista á situación. E non é adoctrinar, é simplemente dar unha interpretación onde todo xunto teña xeito e leve a algures. Socialista non en plan PSOE jajaja! senón que os que realmente producimos sexamos os que controlemos os medios de producción únicamente no noso beneficio, e por tanto controlemos a producción e o consumo. De ser así, moi posiblemente non habería un reparto inxusto, nin sobreexplotación do planeta, nin desafiuzamentos nin sanidade privada, e sería moito máis fácil ir terminando polo camiño con problemas tales como machismo ou racismo. Para o 15M a consigna era "non somos mercadoría nas mans de políticos e banqueiros", e que me afeiten en seco se non se refire clarísimamente a que hai unha loita de clases ben aguda! Non estabamos tan lonxe polo menos nas pancartas de estas posturas socialistas (ou polo menos así o vexo hoxe).
Graciñas por ler o tocho. Sinto de verdade que sexa tan longo pero é que intento deixar todo o mais claro posible e me repito. Anímote a responder con outro porque é importantísimo que a xente que queremos muda-las cousas de verdade nos expliquemos primeiro ben entre nós. O debate (constructivo) é xusto síntoma de autoorganización.
Un biko Neuca. Nos vemos!