Roberto Laxe
Resultaría
cómico, senón fóra porque o resultado é dramático, ver á inmensa maioría da
esquerda europea e latinoamericana, lamentarse de que o imperialismo ianqui, as
burguesías nacionais e os exércitos fagan o que fan; coma se puidesen actuar
doutra forma.
E como no seu mundo político non caben outra cousa que eleccións nun réxime democrático burgués, xa dan por perdida a guerra contra a extrema dereita, cando non fixo máis que comezar. Unha anotación, estráñame que o capital dilapide a súa principal ferramenta, o fascismo, cando o seu sistema de propiedade non estaba en perigo. Ou alguén cre que a PT ía facer a revolución?. Pero bo, non son deuses, e poden se equivocar.
Esta
esquerda electoralista ha esquecido o conto da ra e o escorpión... Está na
natureza do escorpión picar á ra; está na natureza do capital, imperialista e
nacional, actuar como actúa; o raro sería o contrario.
O que
demostra esta actitude da esquerda electoralista é a súa submisión á burguesía;
ao criticarlle que non é democrática?. Pero, sinceramente, esperaban outra
cousa dos medios, do exercito e de Trump? Tan gañados están polo neoliberalismo
que son incapaces de ver outra perspectiva que non sexa a democrática burguesa.
Esta suposta belixerancia “antifascista” oculta unha claudicación en toda regra
ás canles da democracia capitalista.
Doutra
banda, trasladan á poboación unha responsabilidade que só é súa, das súas
políticas, da súa incapacidade para resolver os problemas de fondo da sociedade
capitalista, á que como moito puxeron panxoliñas. Lula gobernou para a
burguesía e o imperialismo, ao que lle pago a débeda relixiosamente, con
tiritas sociais... Pero os problemas de fondo da sociedade brasileira quedaron
intactos; e ao primeiro síntoma de crise social seria, o capital prescinde
intermediarios como só sabe facer, defenestrándoos para na súa cabeza derrotar
á clase obreira, e saca aos seus verdadeiros representantes.
No
Estado Español estamos fartos desta dinámica: crise social e política (1982,
2004, 2018), a rúa se polariza en mobilizacións sociais de masas, o capital
asústase, e recorre a apaga lumes (PSOE e os seus aliados de quenda, PCE,
nacionalistas vascos, cataláns e galegos, agora Podemos, EU, ...), a mobilización
desmóntase, frústranse a maioría das esperanzas reais de cambio; vén a
decepción. A extrema dereita española, o neofranquismo do PP (antes AP) e agora
a hidra de tres cabezas (PP, Cs, VOX), radicalízase, sobre actúa, lémbrannos a
derrota do 36, que temos o maior numero de desaparecidos do mundo, tras
Cambodia...
Unimos
medo con decepción, e que temos?
A
mensaxe da esquerda electoralista é canalla, dá por morta a loita contra as
políticas do capital, se auto derrotan, pero responsabilizan da derrota á poboación.
Eles, que gobernaron todos estes anos, non son responsables; é a poboación, que
é estúpida e non sabe o que vota.
Citando
a un que non é trotskista (porque xa me vexo a toda a esquerda electoralista
gritando contra os trotskistas), Garcia Linera, vicepresidente do goberno de
Bolivia:
“Claramente,
as forzas de dereita e as potencias imperiais han feito, fan e continuarán
facendo todo o posible, a través de todos os medios legais e ilegais, por deter
calquera proceso emancipativo dos pobos (...)
“En política
e, en xeral, en todas a loita das clases sociais, as accións do adversario non
son as únicas que explican os resultados finais, a saber, algunha vitoria,
senón que son nosas propias accións ou inaccións, as accións das clases e os
sectores laboriosos, as que converten as agresivas accións do adversario en
condición eficiente, producindo un tipo de resultado favorable a uns e
contrario a outros”
No
canto de insultar á poboación, a esquerda electoralista debería analizar cales
foron esas “accións e omisións” que converteron as accións do inimigo en
“condición eficiente” para o triunfo de Bolsonaro. Que responsabilidade teñen
nese triunfo?.
Esa é
a cuestión, e o demais, queixumes de que “Roma non paga a traidores”
En Galiza no mes
de novembro de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario