Eusebio López
Para o 26
de maio estaban anunciadas eleccións municipais, autonómicas nas Comunidades
non históricas e europeas... Pero vista a situación, o goberno comeza a lanzar
"globosondas" dun "superdomingo". Até nin niso o "españolito "
pode ser orixinal; a imitación dos "super martes" das eleccións
iankis, aquí invéntanse o "super domingo"
O réxime, acurralado pola corrupción do PP e as súas institucións, pola indecencia dunha "xustiza" neofranquista, polo desprestixio da súa principal institución, a Casa Real, da que non se fala "polo si ou polo non", e cuns partidos no goberno (o que está e o que lle apoia) incapaces de facer outra cousa que anunciar unha "subida" de 900 euros do SMI, vai tentar saír da lameira co "super domingo".
Mentres a
extrema dereita comeza a sobreactuar, con agresións por todas as partes,
reivindicando abertamente ao franquismo,... , xerando, así, unha situación de
tensión - a estratexia da araña, chamábaselle nos anos de "chumbo"
italiano, os 60/70-. Desta maneira, as clases medias e a pequena burguesía empobrecidas
pola crise, e fartas de mobilizacións sociais, "estrañando" a
placidez dos anos de paz social do bipartidismo, de tranquilidade para os seus
negocios, envorcarán os seus votos nos partidos de "orde".
Non queren
acabar coa democracia burguesa, sexamos claros, porque confundir á xente é tan
canalla como o que está enfronte. A extrema dereita actual non necesita acabar
coa democracia capitalista porque ninguén quere acabar co capitalismo. Só se
alguén quixese acabar co capitalismo, os seus xefes (banqueiros e empresarios)
dar carta branca, como paso nos anos 30 co fascismo, o nazismo e o franquismo.
Queren
partidos que impoñan a orde,... dentro dos marcos dunha democracia capitalista;
restrinxida, sen dúbida, pero democracia. Situalos no punto de mira, esquecendo
o réxime democrático, monárquico e herdeiro do franquismo que lles dá acubillo,
é desviar o obxectivo de que é o que hai que enfrontar.
A
actuación das bandas da extrema dereita son o pau dunha política que tamén ten
a súa "cenoria"; o "super domingo". Esta
"cenoria" pretende disolver, máis se cabe, a suposta radicalidad
dunha esquerda que cualificaron de "antisistema", e non é máis que a
"pata social" do réxime; como os definiu hoxe na SER, o ministro
Abalos.
Que a
extrema dereita faga o que fai, é o seu; o raro sería que non o fixese... Pero
hoxe os ataques á clase traballadora e os pobos, de conxunto, non só sobre
algúns dos seus sectores, veñen do goberno e da Unión Europea.
A ridícula
subida de 900 euros tapa a realidade de que toda a lexislación laboral de ZP e
Rajoy seguen vixentes. Ligar as pensións ao IPC ocultan o Pacto de Toledo e que
o ataque vén ás pensións polo Produto Europeo de pensións privadas. A
"pretendida" saída da crise (estamos na "postcrisis" din os
medios) oculta a sucesión de EREs que se están levando a cabo: Vestas, Alcoa,
Citroen, CEMEX, etc.
O novo
goberno é parte do problema, non da solución,... pero pode aparecer como parte
da solución grazas aos quefaceres da esquerda posibilista, a que considera a
política a "arte de facer o posible" non a "arte de facer o
necesario".
Co
"superdomingo" de que falan queren resolver o problema central que
hoxe teñen, unha extrema dereita que ten tres cabezas, PP, Cs e VOX,
representando ao capital máis corrupto, o que vive das contas do estado, as
grandes construtoras, a industria do carbón, o aparello do estado instalado en
Madrid, etc., e que perdeu posicións tras a saída de Rajoy do goberno; e unha
dereita progresista, representada polo goberno de Sanchez, que quere facer o
que Rajoy impediu, "modernizar" o Estado
Español, co ministerio de Transición Tecnolóxica á cabeza, pechando térmicas de
carbón e industria contaminantes, subindo o prezo de carburantes, etc. Que
miles de postos de traballo estean en perigo, que os traballadores e traballadoras
teñan que pagar máis por ir aos seus postos, é secundario... O importante é
"modernizar" a economía: a última vez que o PSOE quixo
"modernizar" a economía, a industria do estado español despareció ao
servizo do capital aleman, francés, holandés, ... ; e só quedou o turismo.
Isto é o
que divide á coalición Cs, PP e VOX da de PSOE-Unidos Podemos: no medio, a
clase traballadora e os oprimidos sen unha voz propia.
O
"super domingo" é o mecanismo da democracia capitalista, para
resolver unha aguda contradición intercapitalista. Dito doutra forma, é a
quintaesencia das eleccións burguesas; no canto de ir á guerra entre ambos os
sectores, chámase á vía "pacífica" do voto. A poboación escollerá a
quen lle vai a oprimir por outro catro anos, ou a dereita casposa e
contaminante PP/Cs/VOX, ou ben a dereita progresista e "limpa" de
PSOE, e os seus aliados de esquerda.
No camiño,
tentarán desactivar todas as mobilizacións que hoxe atravesan o estado español;
reintegrarlas na perspectiva electoral, chamado a que co seu "voto poderán
cambiar as cousas"; apoiaranse na memoria de peixe que a sociedade
española ten. Coa legitimadad que poden dar os votos, o sector do capital
dominante terá as mans libres para desenvolver as súas politicas.
Fronte á
basta manobra de querer lexitimar este regimen en despezamento, é preciso
levantar un programa claro de "emerxencia social" e
"nacional", que se concreta na esixencia da convocatoria dunha
Asemblea Constituínte que garanta a resolución das necesidades sociais e
politicas da poboación traballadora.
En Galiza
no mes de novembro de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario