Carlos Dafonte
Considero necesario,
enmarcar as eleccións celebradas o pasado domingo nun contexto
sociopolítico e económico, onde a nivel mundial, a cadea
imperialista cuxo elo máis forte son os EEUU, esta tentando
desestabiliza-lo planeta, con todo tipo de medidas para retrasa-lo
máis posible o que é una evidencia, o declive do seu poder
económico.
Esta ofensiva parécese
moito a levada a cabo por Tatcher, Reagan e Juan Pablo II, para
desestabilizar o intento de consolidar o que se autodenominaba
“socialismo real”, aínda que de socialismo tivera moi pouco, que
levou a un cambio radical das políticas da socialdemocracia e
aceptar o neoliberalismo a todos os niveles. Os elos máis fortes da
cadea imperialista, naquel momento, tentaban saír da crise que se
iniciara a finais dos anos sesenta e que se consolidou ca suba do
prezo de petróleo a principios da década dos setenta.
Neoliberais e socialdemócratas reconvertidos, lanzáronse pola senda da globalización, receita máxica que non era outra cousa que imperialismo, para abrir mercados, abrir fronteiras, deslocalizar empresas levándoas a lugares onde non actuaran sindicatos, onde se pagaran salarios moi baixos e non existiran medidas de defensa do medio ambente, nin dereitos sociais nin laborais; así tamén farían retroceder a masa salarial dos seus propios países e recortar dereitos gañados despois de dura loita durante moitos anos.
Eran os tempos do
chamado “consenso de Wasington”, pero tanto libre comercio, dende
o momento que China entra na OMC, este mundo tan aberto e
“globalizado”, non serve ós intereses dos EEUU e agora tenta
impoñer o “América primeiro”, que non é un “slogan” máis,
é unha necesidade fronte a puxanza de China e o retroceso económico
e tecnolóxico da superpotencia de América do norte. O libre
comercio transfórmase en proteccionismo a cabalo da última crise. O
que hai uns anos nos traería a prosperidade, agora o é de atraso, e
os elos inferiores, os máis febles da cadea imperialista, deben
adecuarse a nova realidade que se impón.
Ou alguén pensa que a
onda nacionalista, de peche de fronteiras que se está a impor na UE
nada ten que ver ca nova estratexia imposta pola potencia hexemónica?
Xa nos tempos do “admirado” Obama, cando viña a Europa, primeiro
se xuntaba co chamado “grupo de visogrado”, formado polas nacións
máis reaccionarias da UE, Polonia, Hungria, as que máis atrancos
poñen á consolidación da actual construción europea. Pero non
polas mesmas razón que esgrimimos as xentes de esquerda.
Esta ofensiva conduce
tamén a un realineamento da maioría das forzas políticas que se
leva a cabo en base a unha dereitización das mesmas, asumindo a
incapacida para enfrontarse ó novo reto imperialista e a aparición
na escena política de forzas moi minoritarias hai poucos anos, cun
matiz ideolóxico neofascista, neo franquista no caso español, que
vai ser moi difícil frear, pola complicidade de algunhas e a
incapacidade de outras para facerlle fronte a este novo proceso de
loita de clases, que precisaba dende hai anos, entre outras cousas,
un forte debate ideolóxico que no permitira que sectores d@s
asalariad@s, foran captados para
estas novas políticas. Moi debilitados os Partidos Comunistas e
outras forzas de esquerda situados no entorno do marxismo, quen vai
dar esa batalla no Estado Español, os socialdemócratas
reconvertidos en neoliberais, a muchachada de C's?
O Psoe presentou o
Plan de Estabiliadade á Unión Europea.
Ligada
á situación económica, despois de finaliza-las eleccións xerais,
o Psoe presentou o Plano de Estabilidade á Comisión Europea. E hai
elementos no mesmo que verdadeiramente me confunden; por exemplo a
valoración positiva das políticas levadas a cabo polo Pp na época
de Rajoy e unha velada crítica á etapa de Zapatero, senón como
podemos interpretar estes párrafos do mesmo?: “ ...Despois de 5
anos de recesión, entre 2008 e 2013, o PIB recuperou o signo
positivo en 2014, iniciando unha fase expansiva que mantén ata a
actualidade...A evolución da economía española nos últimos anos
reflicte non só unha elevada resistencia e forte dinámica de
recuperación da crise, senón tamén cambios estruturais
importantes, que reforzaron o seu potencial de crecemento a medio
prazo ó establecer un patrón de crecemento máis equilibrado e
sostible...En efecto, ó contrario que en etapas anteriores, o
crecemento non se asenta en fenómenos insostibles (crecemento
excesivo do crédito, sobredimensionamento do sector inmobiliario,
déficit excesivo da balanza de pagos por conta corrente e necesidade
de financiamento fronte ó exterior...)”. Ou este outro: “...Senón
que conta con fundamentos máis sólidos, que explican que o
crecemento sexa rápido, duradeiro e compatible cun cadro
macroeconómico equilibrado. Así o crecemento económico rexistrado
desde 2014 permitiu avanzar na corrección dalgúns desequilibrios
herdados importantes: a taxa de desemprego reduciuse en máis de doce
puntos, desde el máximo del 26,9 % no primeiro trimestre do ano
2013; o saldo por conta corrente ten signo positivo desde entón,
incluso con taxas de crecemento da demanda interna elevada; reduciuse
a posición debedora neta da economía española fronte ó resto do
mundo; e se ten redimensionado o sector da construción residencial”.
A todo isto hai que sumar, e o di o Plano literalmente, “ O
significativo axuste fiscal levado a cabo en España nos últimos
anos. No período 2011-2018, o déficit público reduciuse en máis
de 7 puntos do PIB. Case a metade do axuste fiscal realizado neste
período foi estrutural, situándose España entre os países
europeos que maior consolidación fiscal realizaron...”.
Pero
o que debe ser máis preocupante para todos nós e que un goberno
como o do Psoe, que se autodenomina “social”, se a economía vai
tan ben, era de esperar que o gasto público aumentase para
recupera-la taxa de investimento anterior á crise; pois non, no
Plano presentado a Europa para 2019-2022 os incrementos reais son de
1,9, 1,6, 1,5, e 1,4 % todos eles inferiores os crecementos do PIB
real que se consideran de 2,2, 1,9, 1,9, e 1,8 %. E o mesmo acontece
co gasto real que vai descender no mesmo período do 41,3 % PIB ó
40,7 % . O que se pode traducir en un descenso en importancia do
sector público, o que quere dicir que os servizos públicos que
sufriron recortes non van recuperar o que se perdeu nestes anos.
Aquí
está a clave de que nesta cadea de eleccións, non se falara nin de
economía nin da UE e posiblemente foi asi polo pacto entre as forzas
políticas máis representativas, ou o que sería aínda peor, unha
imposición dos grandes medios para non introducir estes temas nos
debates, por outra banda carentes de senso a maioría dos mesmos.
Pero en calquera caso determinadas forzas políticas tiñan a obriga
de falar destes temas e propor algún tipo de solución.
O deterioro da
situación económica mundial contribúe a esta nova etapa.
Non considero que a
economía o determine todo nas nosas vidas, moito si, pero asistir a
unhas campañas electorais, europeas, autonómicas en 12 comunidades
e municipais, sen facer referencia expresa a unha grave situación
económica a nivel mundial e na entorna máis próxima, a Unión
Europea, como senón fora a ter grande incidencia nas políticas que
se din van ser aplicadas, por parte de todos os candidat@s, se pode
corresponder ou ben a iñoranza do que sucede, o que sería moi
grave, ou a un intento pueril de centrarse “no que corresponde”,
facendo o que fai o avestruz. Con esa actitude, o único que
conseguen é engana-la xente propondo toda unha serie de
investimentos, que a causa da situación económica mundial, europea
e estatal, os teitos de gasto, a modificación do artigo 135 da
Constitución e as políticas de austeridade, non se van poder levar
a cabo. É pan para hoxe e fame para mañá. A xente hai que
explicarlle a realidade na que viven e as consecuencias que o marco
vai ter nas súas vidas.
Posiblemente para non
entrar no que hai que entrar, algúns políticos e os medios de
comunicación, nos tiveron entretidos falando de quen vai se-lo
“leader” da oposición no Congreso, si agora o Pp recupera o
centro político ou si o “trifachito” que sostén o goberno en
Andalucía se vai disolver e se convocarán nesa comunidade, novas
eleccións nun prazo non moi longo. O último entretemento e o
rexeite do nomeamento de Iceta como senador por Cataluña, e os males
que o acontecido se cernen sobre tod@s nós, ou si os presos
políticos cataláns van ser despoxados do seu cargo; primeiro lles
permiten presentarse e despois non lles deixan exercer.
As valoracións da
situación por partedo FMI.
A
principios de anos Christine Lagarde, directora deste organismo,
dicía que “a economía mundial esta a entrar en zona de risco” e
que “ hai só dous anos, o 75 % da economía mundial experimentou
un repunte. Este ano temos previsto que o 70% da economía mundial
experimente unha desaceleración” afirmou nunha conferencia na
Cámara de Comercio dos EEUU.
A
realidade económica que recollía Michael Roberts nun dos seus
últimos artigos, era para preocupar a calquera político cunha
certa perspectiva e capaz de saca-la cabeza do burato; segundo os
economistas de J.P. Morgan para o primeiro trimestre do ano en curso,
a produción industrial global cae dun xeito importante, tamén o
comercio e a produción de bens e servizos. O investimento e o
comercio global atópase nun período de estancamento, o mesmo que as
vendas minoristas nos EEUU.
Dentro
deste contexto o que acontece en Corea do Sur, ca maior contracción
económica dende a crise, con importante repercusión no sector
tecnolóxico e unha queda do investimento empresarial do 10,8 % só
igualable á da crise dos “tigres asiáticos” de 1998, da que
Xapón aínda non se recuperou; ou os graves problemas que están a
pasar as economías de Turquía e Pakistán, que rexeitaron os
préstamos do FMI polas condicións inaceptables que se lles querían
impor, ou a crise na Arxentina cuxo goberno encabezado por Macri,
tivo que aceptar un creto de 57.000 millóns de $, o maior concedido
polo FMI, o que supón un maior padecemento para os traballador@s
e outras capas populares, xa empobrecidas polas políticas de
austeridade do actual goberno.
Ou
sen afastarnos moito de Arxentina, o que acontece en Brasil, onde os
anos do presidente Temer e agora de Bolsonaro levan a diferentes
organismos económicos a corrixir as expectativas de crecemento de
hai uns meses. Nestes catro anos de políticas neoliberais onde o
presidente Temer limitou o gasto público nos próximos 20 anos e non
conseguiu rematalo “déficit público excesivo”; no 2013 a débeda
pública atopábase no 50 % do PIB, hoxe no 76,7 %. No cuarto
trimestre do ano 2018 o crecemento foi do 0,1 % e no primeiro do 2019
o índice de produción industrial descendeu un 2,2 % . A produción
de vehículos, caeu no mes de abril o 52,1 %, e os beneficios de
Petrobras, minguou no primeiro trimestre deste ano, o 42 % respecto a
primeiro do ano anterior. Con estes datos e outros máis, é lóxica
a revisión para Brasil dos seus índices de crecemento para 2019.
Asi CEPAL rebaixa as súas previsións de 2,10 % a 1,80; unha enquisa
do Banco Central de Brasil, do 2,64 ó 1,49; o Banco Itaú-Unibanco,
do 2,50 % ó 1,30; e o FMI, fai unha rebaixa menor, do 2,40 % ó
2,10, pero é normal, Brasil aplica as súas políticas e non quere
recoñecer que leven ó país a ruína.
E
claro se os dous colosos económicos de América do Sur atópanse
nunha difícil situación e se bloquea ata límites xenocidas, a
economía de Venezuela, por parte do imperialismo encabezado polos
EEUU, todo proxecto de independencia do subcontinente, respecto á
potencia hexemónica, se vai vir abaixo. E coñecemos o que este
feito vai producir: maior miseria na zona.
O
Director Xeral da Organización Mundial do Comercio, Roberto Azevedo,
afirmou a principios de ano, que “O comercio non pode desempeña-la
súa función de pula-lo crecemento diante niveis tan elevados de
incerteza. É cada vez máis urxente que resolvamo-las tensións e
nos centremos en trazar unha vía favorable para o comercio mundial
que responda ós verdadeiros desafíaos da economía actual, como la
revolución tecnolóxica e a necesidade imperiosa de crear emprego e
pular o desenvolvemento”. As medidas proteccionista e os novos
aranceis fixeron baixa-las estimacións do crecemento do PIB mundial
dun 2,9 % ó 2,6 % nos anos 19 e 20. Espero que en non moito tempo
isto sexa corrixido á baixa.
Unha situación
preocupante nos EEUU.
A
principios deste ano, o destaca Eduardo Lucita, a FED formulou dous
cambios na súa actuación destes tempos; non aumenta-la taxa de
referencia en todo o ano en curso, e limita-la súa absorción de
liquidez do mercado. No seu conxunto indican sinales de debilidade,
que a economía medraba por enriba das súas posibilidades grazas á
reforma fiscal de Tremp e as vantaxes impositivas que permitiron
repatriar aproximadamente 7 billóns de dólares, o que tivo como
resultado un pulo da economía que está a chegar ó seu final. A
formación bruta de capital foi do 11% na primeira metade do ano
2018, pero no terceiro trimestre do mesmo descendeu, segundo Angela
Klein ó 0,8 %.
E as
medidas da FED son para evita-lo recalentamento da economía e a suba
do dólar que faría medra-lo déficit comercial, o maior en dez
anos, da orde dos 620.000 millóns de dólares, dos que 593.000 son
con China e 126.000 millóns de dólares ca UE. Chegando a débeda
pública a 21, 8 billóns de $
Este
recalentamento do dólar foi o que levou ós problemas monetarios en
Turquía, Arxentina e Brasil, pois capitais especulativos deses
países marchan cara a EEUU na busca de refuxio, pero deixan
maltreita as moedas respectivas.
Moit@s
podémonos preguntar, se a economía dos EEUU non vai moi ben, como é
posible que a bolsa teña importantes beneficios? As explicación que
ofrecen algúns economistas é sinxela: as grandes empresas utilizan
a financiación barata para merca-las súas propias accións, subir
así o seu prezo e aumenta-lo valor da empresa no mercado. Neste tipo
de operacións, no ano 2018 investíronse 1,18 billóns de $, más do
dobre do que investiron as empresas en capacidade produtiva.
Ademais
nos EEUU prodúcese o que se chama a “inversión da curva de
rendementos”, que establece o beneficio da débeda; é dicir o tipo
de interese da mesma cos seus diferentes prazos de vencemento. O
normal e que canto máis tempo pase o interese sexa maior, tamén o
risco é maior; a prazos de devolución da mesma máis afastados no
tempo, maior interese exixido polos acredores.
Pois
ben a realidade hoxe nos EEUU é que os intereses a curto son máis
elevados que a longo prazo, o que preocupa, pois esta mesma situación
se deu pouco antes da crise das “punto.com” e da crise das
“subprime”. É en momentos de perigo, un xeito de actuar dos
especuladores.
Na unión Europea a
crise se ten instalado dun xeito permanente.
En
primeiro lugar pola posición dos EEUU e o seu enfrontamento con
China e a cuestión dos aranceis, en segundo polo “brexit” que se
descoñece como se vai solucionar, en terceiro pola crise italiana
que hai un mes, unha das economías máis fortes se consideraba
estaba entrando en recesión e por último que a locomotora económica
da UE, Alemaña ten gripado o seu motor. No 4º trimestre do ano
pasado evitou entrar en recesión por moi pouco, o seu PIB medrou o
0'02 %.
Este
descenso, segundo Ángela Klein débese a queda da industria
automotriz, que representa un 15 % de todas as exportación e se ve
afectada polo descenso decrecemento en Asia e sobre todo en China, o
que conduce que por segundo ano consecutivo, as exportación foron
menores que as importación. Segundo o Instituto de Economía Mundial
de Kiel, esta tendencia ira a peor neste ano.
O
Consello de Expertos do Goberno Federal, calcula que o PIB en Alemaña
aumentará en 2019 un 0'8 %, despois do 2'2 % en2017 e o 1,5 % en
2018.
Tamén
se desacelerou a economía no conxunto da U.E, do 2'4 % no 2017 ó
1'9 % no 2018. A eurozoa ficou rezagada respecto a UE-28.
O
panorama económico, o miremos como queiramos non é bo, pero aquí,
consumimos os períodos electorais en falar de cuestións que non
molesten ós votante, como sería explicarlles a realidade na que nos
atopamos e as consecuencias nas que os traballador@s
se poden ver inmersos ó curto prazo.
Cecais
preferimos utilizar a expresión de Nassim Taleb, profesor de
“Ciencia de la incerteza” na universidade de Massachusets, o
“cisne negro”, para explicar a próxima crise e a próxima
recesión. Como un fenómeno inesperado, como si nunha noite
estrelada sen nubarróns, se produce un furacán. Pero algo
aprendimos das anteriores crises, que é o capitalismo teña o
apelido que teña, socialdemócrata, neoliberal... quen as produce e
a súa xestación ten toda unha serie de elementos, que a maioría
dos economistas e políticos non queren ver. Sería tanto como poñer
en cuestión a súa xestión e algo máis absoluto, que o capitalismo
as necesita, son algo consubstancial co sistema.
En
Galicia no mes de xuño de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario