A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 5 de julio de 2021

PARA PREPARAR O 25 DE XULLO.

Roberto Laxe

Nestes meses están a se producir na Galiza umha sucesión de mobilizacións na defensa dos servizos públicos. Foi a manifestación na defensa da Universidade Pública ou a folga no Consorcio de Igualdade e na Administración contra a precariedade e en defensa dos servizos públicos, son as mobilizacións contra o desmantelamento da Atención Primaria e da Sanidade Pública; están as loitas contra a privatización das pensións publicas e o Pacto de Toledo, etc.

Co pano de fondo das loitas dos traballadores e traballadoras de Alcoa/AluIberica, que na defensa dos seus postos de traballo están a esixir a intervención/nacionalización da empresa. Son moitos os sectores que están en loita contra un novo retroceso en direitos sociais e laborais como o metal de Vigo a sanidade privada da Coruña, a limpeza.

A UE prometeu a entrega ao Estado Español de 140 mil millóns de euros, dentro do plan Europeo de mais de 750 millóns de euros para “reconstruír” a economía; mas con moitas condiciónsUn, presentar planes que inclúen a privatización das pensións, cuxos eixos son o retraso da idade de xubilación, a desindustrialización co peche de industrias sen planes de “transición” mas baixo a xustificación da “transición ecolóxica”, etc.

E dous, a metade deses millóns, 70 mil, non son a fondo perdido, mas tamén pola vía de créditos. Da crise do 2007/8 xa se sabe o que significan estes créditos, mais débeda pública e novos recortes nos servizos públicos co desmantelamento dos que eles consideren non rendibles, como os servizos de dependencia, ou a sua privatización. Feijoo dixo con orgullo que nos 12 anos que leva na Xunta non criou nin umha soa praza publica nas residencias de maiores; todo foi nas empresas privadas.

Frente a uns plans comúns, acordados e aceptados por todos os gobernos das UE, desde a Comisión Europea ate a Xunta, non se pode facer o “sálvese quen poda”; ou comeza a construírse desde a base umha frente común para umha mobilización sostida no tempo ate rematar cos planes de retroceso, ou co “divide e vencerás” irán impoñendo, sector a sector, empresa a empresa, eses planes.

A Xunta é o xestor dos intereses do gran capital, español e galego, e faino moi ben para manter a situación de opresión da Galiza, é urxente unir as loitas para botala canto antes, a través da mobilización na rúa. Galiza non pode esperar nin seis meses mais, a este paso non vai haber “galiza” que defender.

É tarefa das organizacións políticas, sindicais e sociais poñerse máns a obra de construír a unidade desde a base, para que as loitas do pobo traballador galego non fiquen como meras accións simbólicas, á espera dumhas hipotecas eleccións salvadoras. A experiencia dinnos que dentro dos marcos deste réxime non é posible mudar nada, todo pasa por un pacto cun partido do réxime, o PSOE e os seus aliados políticos e sindicais.

Mas é obvio que as vías para a defensa dos servizos públicos e os direitos laborais non son alleos ao que acontece no resto do Estado e de Europa. A unidade non só é interna, dentro da Galiza, senón con todos aqueles que no Estado e na Europa están a loitar polos mesmos obxectivos.

Este 25 de Xullo, dia da Patria Galega, sería un bó día para que todos os traballadores e traballadoras galegas em loita contra os recortes sociais e os retrocesos laborais, poñan de manifesto o rexeitamento ás políticas que desde a Xunta, o Goberno Central e a UE están a desenvolver.

A patria galega son as suas persoas, os traballadores e traballadoras en loita polos seus direitos, a veciñanza que ve como a tolemia especulativa dos eólicos atenta contra proxectos si ligados a umha transición ecolóxica, como foi o rexeitamento á candidatura da Riberia Sacra á Patrimonio da Humanidade, umha verdadeira emenda á totalidade da política da Xunta no rural.

Por iso este 25 de Xullo ten que se poñer en valor a combatividade do pobo galego na defensa dos seus direitos sociais e nacionais. A defensa dos direitos sociais do pobo traballador galego están indisolublemente unidos á loita contra o réxime do 78 e pola soberanía nacional.

Galiza, no mes de xullo do 2021


No hay comentarios:

Publicar un comentario