A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 16 de agosto de 2021

O PAPEL DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

Eusebio López

Cando o goberno de Rajoy aplicou o 155 en Catalunya descobriu-se a utilidade do Senado, esa cámara parlamentaria elixida de maneira antidemocrática que parecía non servir para nada, onde a dereita garante-se sempre unha maioría e que era obxecto de bromas. Pois non, a burguesia non dá pontada sen fio, e o Senado que normalmente é bastante inútil xurde como a principal ferramenta para garantir a “unidade de España”, pois é el e non o Congreso dos Deputados, o que está capacitado para suspender os dereitos autonómicos e aplicar o 155.

Agora, coa sentenza contra o Estado de Alarma ante a pandemia por vulnerar o dereito á libre circulación, descobriu-se definitivamente a utilización do Tribunal Constitucional como unha "terceira cámara" que sustenta o réxime do 78.

Ao TC non lle importa o que o pobo ou os seus representantes parlamentarios votaran; eles deciden o que é “democrático”, equiparado a “constitucional”, e o que non. Desde o "cepillado" do Estatut, o TC converteu-se nunha ferramenta que ninguén votou para ir recortando as liberdades democráticas; por certo, un TC caducado pola súa non renovación e convertido no búnker da extrema dereita como o Consello Xeral do Poder Xudicial.

Así, sobre unha base aparentemente garantista dos dereitos da cidadanía, o TC establece unha teoría que en mans de Vox e o PP, levaríanos de cabeza á declaración do estado de excepción, que é o que o Tribunal propón que se debería facer no seu momento. E isto se sería un verdadeiro machadazo ás liberdades nun período de crise política.

O estado de alarma só suspende, e con condicións, certos dereitos como a libre circulación; o estado de excepción suspende durante 60 días todos os dereitos democráticos, non só o de libre circulación, son o de reunión, folga ou manifestación. Pequena diferenza.

O poder xudicial como ferramenta política

Non é que sorprenda que as institucións xudiciais son parte do poder político da clase dominante, iso sábeo calquera marxista, e recoñéceno dous representantes da xustiza española, desde o dereitista Lesmes, presidente do CGPJ, cando afirmou que as "leis están feitas para os rouba galiñas", até o progresista Joaquim Bosch, de Xuíces para a Democracia, que fixo a seguinte reflexión, "ás veces teño a amarga sensación, como xuíz, de que as leis son telarañas que collen ás pobres moscas e deixan pasar a avispas e abellóns".

Esta consideración da xustiza como parte do poder da clase burguesa, con leis feitas á súa medida para "deixar pasar a avispas e abellóns", mentres se centra nos “rouba galiñas", non é ningunha novidade en ningún país do mundo. O que se é excepcional é o estado español, onde froito dunha Transición que traizoou as ansias de liberdade dos pobos do estado tras 40 anos de ditadura, o capital garantiu-se que non só as leis, senón as institucións xudiciais, mantivesen-se tal e como se configurasen no franquismo.

Para darlle unha pátina de democrática, inventáronse ese organismo que en realidade é a "terceira cámara" do parlamentarismo español, o Tribunal Constitucional. Desta maneira, e como se fai todo no estado español, non rompe co pasado - a burguesía non fixo a súa revolución que rompese coa aristocracia, senón que fusionaron-se, a ditadura non desapareceu só fusionou-se ás institucións parlamentarias-, engadíuselle á cúpula do aparello xudicial, composto polo mesmo Tribunal Constitucional, o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Tribunal Supremo e a Audiencia Nacional. Todo isto sen contar a xurisdición militar.

Así, mentres a xustiza española nos seus organismos de base, xulgados de primeira instancia e demais, atópase colapsada, e xa sabemos que unha xustiza lenta é inxusta, na súa cabeza hai un exceso de organismos de poder. Na xustiza española "hai máis oficiais que soldados"

As cousas non suceden sen motivo

Primeiro por un motivo histórico, a transición deixou incólumes todos os aparellos do réxime franquista, só cambioulles o nome e así o Tribunal de Orde Pública, que xulgaba delitos políticos, transformou-se o mesmo día de xuño do 77 na Audiencia Nacional, con exactamente as mesmas competencias, agora adornadas de “antiterrorismo” e “anticorrupción”.

O proxecto orixinal da burguesía, a chamada Reforma Política de Suárez de 1976, que precedeu á Constitución do 78, non era unha democracia homologable á francesa, inglesa ou italiana; senón que era "homologar" as institucións do franquismo cambiando os nomes para non cambiar nada. De feito, en 1977 a mesma burguesía non tiña para nada claro como ía terminar a Transición e se non ía necesitar un tribunal político como a AN.

Posteriormente, cando aprobou-se a constitución do 78, e para darlle unha forma democrática a todo isto engadiron outro Tribunal que ten como competencias a limpeza constitucional do réxime, ao que chamaron pomposamente Tribunal Constitucional. Así engadiu-se outro organismo xudicial de control político máis.

A falsa independencia xudicial

O poder xudicial conforma-o as leis, a "tea de araña" á que se refire Joaquim Bosch, as institucións (CGPJ, TS, TC, AN, Fiscalía, e demais) e as persoas que as compoñen. Son estas persoas, con ollos, caras, procedencia social e ideoloxía as que as ditan; son os xuíces e maxistrados.

Se combinarmos unha lexislación feita para “os rouba galiñas" cunhas persoas que acceden aos xulgados e ao poder xudicial desde sectores sociais non obreiros nin populares, senón con pedigree familiar na xustiza; todo cocido no caldo dunha transición que non só librou aos xuíces franquistas de responder o pobo polos seus crimes, o resultado non pode ser máis deprimente: a xustiza española é neo franquista pola súa orixe, clasista pola lexislación que aplica e antidemocrática pola forma de elección...

Na cúspide deste armazón político- xurisdiccional está o Tribunal Constitucional, que como un “tribunal da inquisición” acha-se máis aló do ben e do mal, é o que pode modificar as decisións do pobo acorde cos intereses que eles defenden.

Ao cocido engádeselle que non hai quen "vixíe ao vixiante". Os xuíces españois son como deuses, que emiten sentenzas que supoñen desafiuzamentos, prisión para mozas e activistas, ou "cepillados" de leis aprobadas por parlamentos e referendos como demostrou toda a política levada desde o poder xudicial contra Catalunya.

Como o sistema xudicial español, e europeo, esixe que para chegar aos tribunais da UE hai que esgotar todas as vías estatais, este TC non deixa de facer trampas. Por exemplo, atrasou unha resolución sobre os recursos de presos e exiliados cataláns, para evitar que o Tribunal de Estrasburgo puidese emitir un fallo a tempo de que se puidesen presentar a unhas eleccións, porque o propio TC sabía que lle ía a prexudicar. Iso é prevaricación; pero como o fan os maxistrados do TC ninguén lles pide explicacións.

Democracia sen lei, lei sen democracia

Hai uns días, no Parlamento, o presidente do PP Pablo Casado afirmou coa autoridade que lle dá acabar a carreira de dereito en dous anos, e sen pisar a facultade, que a guerra civil foi unha loita entre “os que defendían unha democracia sen lei, fronte aos que defendían a lei sen democracia”; coma se a República non tivese leis e constitucións.

Pero esta non é a discusión de fondo, pois a república non deixou de ser unha república burguesa con leis burguesas; senón que a afirmación de Casado expresa moi ben que entende a imensa maioría da xudicatura española sobre as leis e a súa relación coa democracia, e que se traslada ao conxunto da sociedade; só levou ao extremo o argumento do TS para condenar aos dirixentes políticos cataláns e que Rajoy, outra lumbrera do dereito, axitou durante anos: o respecto ás leis é a esencia da democracia.

Está claro de onde veñen estes Sres, son fillos do franquismo que non consideran a democracia como o centro da vida social, senón o respecto ás leis. Por iso Casado é capaz sen despeitar-se de pór ao mesmo nivel os que defenden a democracia, con ou sen lei, e os que defende “a lei”, con ou sen democracia. Só coa formulación concreta da disxuntiva visualízase a mentalidade franquista de Casado: a aplicación da lei, sen democracia, chámase ditadura.

A democracia é unha palabra grega que ten dous partes, “demos”, pobo, “cracia”, poder; poder do pobo imos. A palabra “lei” non aparece por ningún lado; a lei é unha derivación do poder do pobo, non ao revés. O que diferencia á democracia doutros sistemas de organización política é, xusto, como se elaboran esas leis, porque normas sempre houbo.

Desde o código de Hammurabi hai 4000 anos, as sociedades de clases organizáronse a través de leis e normas de funcionamento; como e quen as elabora é o que lles diferencia. O respecto á lei nunca pode ser o centro da democracia, pois a convertería nunha mera formalidade outorgando-lle todo o poder non a quen as elabora, o pobo, senón a quen as executa, os xuíces e a magistratura.

Desta maneira a columna vertebral do sistema pasaría dos órganos electos como os Parlamentos, ou no caso dun estado obreiro, os Consellos Obreiros / Soviets, a estruturas non electas como a xudicatura ou no segundo caso, os funcionarios do estado. Nestas condicións a democracia non deixa de ser un simple trapo que tapa unha ditadura discrecional de funcionarios non elixidos nin controlados por ninguén.

A limpeza do aparello xudicial

Pois ben, sendo isto o que pensan a imensa maioría dos xuíces e maxistrados do estado español, que a democracia sen lei é o caos, e equiparable á ditadura, é que é imprescindible unha limpeza de arriba abaixo de todo o aparello xudicial español; está gangrenado do virus franquista. Unha limpeza que debe comezar pola disolución de todas as institucións xudiciais cun claro contido político, como a Audiencia Nacional ou o TC, que só serven para a persecución política.

Nunha democracia capitalista non poden existir xurisdicións especiais, políticas, posto que se supón que con base na democracia, os problemas políticos resólvense pola vía do voto e o acordo. Non caben delitos políticos dentro dunha democracia burguesa, e por iso non caben xurisdicións especiais como a Audiencia Nacional ou o Tribunal Constitucional.

Hai un segundo paso, quizais máis complicado, que é o de depurar as institucións xudiciais de xuíces neo franquistas, que en cada sentenza que emiten se trasluce unha prevaricación antidemocrática: habería que establecer un mecanismo segundo o cal se puidese establecer que un xuíz franquista non pode exercer na xudicatura baixo ningún concepto.

Non é un problema “ideolóxico” como o queren presentar os “negacionistas” dos crimes do franquismo. Da mesma maneira que en Alemaña negar o Holocausto ou en Italia facer apoloxía do fascismo é delito, e por tanto incompatible co cargo de xuíz, no Estado Español negar os crimes do franquismo e a súa equiparación coa actuación da república, debe ser motivo para afastalo inmediatamente da xudicatura.

O franquismo, como o fascismo ou o nazismo foron os causantes directos de millóns de mortos, de delitos contra a Humanidade e xenocidio, e ninguén que xustifique isto está capacitado para exercer como xuíz. No Estado Español non se poderá falar de democracia, nin tan sequera burguesa, mentres os “xestores” da xustiza que a través dela “vixían” á sociedade, sexan persoas e institucións que negan o principio básico da democracia, a soberanía do pobo a través do voto.

A diferenza dos neo franquistas como Casado ou os xuíces do TS, un demócrata na disxuntiva entre “democracia sen lei, e lei sen democracia” non o dubida nin un momento; democracia para loitar por unhas leis, e as institucións que as apliquen, ao servizo da maioría social, que é a clase obreira e os oprimidos polo capital.

Na Galiza no mes de agosto do 2021


No hay comentarios:

Publicar un comentario