A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 1 de marzo de 2022

A LOITA DAS MULLERES TRABALLADORAS EN GALICIA

Xulia Mirón


O 19 de febreiro estiven en Boiro na manifestación apoiando ás traballadoras/é da Conserva, que a pesar de ser desconvocada por CIG e UXT porque asinaran un preacordo coa patronal o xoves pasado, CCOO mantívoa porque non o asinou.

Despois dun longo percorrido polas rúas céntricas de Boiro, finalizou onde comezou, na praza do Concello. Alí puxémonos os meus compañeiros e eu á beira dunha pancarta portada por mulleres de diferentes idades que dicía “POR UN CONVENIO DIGNO NO SECTOR DÁ CONSERVA XA”, cunhas latas de conserva toda pintada a man. Non podía deixar de pensar a que empresa pertencerían, mentres as escoitaba falar, das súas cousas, das súas quendas de traballo, comentaban o preacordo e algunha delas comentou que para a semana entraba de noite. Outras escoitaban aos dirixentes de CCOO falando e acirrando que non aceptarían a 4 quenda, que o preacordo non acababa coa fenda salarial, aplaudían e gritaban que, elas tampouco o ían a aceptar; e mesmo había unha nena duns 6 ou 7 anos nos ombreiros da súa nai aplaudindo (cousa no que sempre me fixo, desde que son avoa).

Todo iso fíxome lembrar nun tempo pasado, cando comecei a pasar parte das miñas vacacións en Galicia alá polo 1989, fai xa a tira de anos. Algo que me chamou moito a atención é que houbese mulleres de 60 anos conducindo coches, pero aínda máis conducindo autobuses, ou como no rural eran elas en maior medida as que se facían cargo das tarefas da casa, de coidar aos animais e atender a terra, aos fillos e fillas, as mariscadoras nas súas rías, as redeiras, as traballadoras do téxtil que eran moitas as empresas que había, Caramelo, Máximo Dutti, Kina Fernández, Nanos, Adolfo Domínguez, etc., algunhas delas xa desaparecidas; cousa que me chamou sempre a atención porque en Castela onde eu vivín durante moitos anos iso non era o habitual.

Esta realidade levoume durante moitos anos a pensar que nalgún momento puido ser que houbese un matriarcado en Galicia, cousa que non comentei con ninguén naquela época, e que quedasen restos dese matriarcado, non o sei se é así. Despois cando xa me instalei definitivamente en Galicia no 2002 tiven a oportunidade de facer amizade con moitas mulleres e sempre tiven esa dúbida, e mesmo algunhas delas que militaban no movemento feminista chegoume a dicir que si houbo un matriarcado, pero déixoo aquí porque non é o tema deste artigo. O que se quero deixar claro que este artigo si é para plasmar ou tentalo polo menos, o que a min me transmiten esas mulleres loitadoras esa cousa que eu chamo “forza”. Sentino tamén cando no 2007 a empresa Atento (ten as oficinas na Rúa Juan Flórez de Coruña, con moito tráfico), mentres estaba reunida co Comité, negociando non me acordo que, doutra banda, estaba a despedir a traballadoras que levaban traballando alí a tira de anos. Estas traballadoras decidiron deixar os seus postos de traballo e ir baixando a cortar o tráfico da Rúa Juan Flórez, sen consultar ao seu comité. Pero aí non quedou a súa protesta, tal foi a súa mobilización que durante semanas cortaron o tráfico ata que a policía interveu con porras deixando a máis dunha en urxencias. Aínda así non cesaron na súa loita durante as semanas seguintes lograron convocar unha manifestación importante en Coruña chamando a máis empresas que estaban en loita, foi precioso estar xunto a elas nese proceso...non foron readmitidas, pero conseguiron que o seu despedimento fose considerado como despedimento improcedente e que as pagasen 45 días por ano.... Hoxe conservo amizade con algunhas delas.

Outras traballadoras das que sinto esa “forza” son as do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar que levan desde ou 2019 loitando pola súa “fixeza”, mulleres que traballan en Residencias, Centros de Día, Escolas Infantís, desde 2008. Agora a Xunta do PP esíxelles demostrar que saben facer o seu traballo...non hai máis cara dura que esa. Son centros que están esparexidos por todo o territorio Galego, en aldeas, vilas e cidades e un día tras outro fan actividades, cun enxeño impresionante para se facer visíbeis e defender os seus postos de traballo, até conseguiron que as Tanxugueiras compóñanlles unha canción e elas sacaron a súa propia coreografía.

Hoxe cando estaba na praza de Boiro xunto a tantas mulleres traballadoras, pensaba que me gustaría traballar na Conserva, estar dentro do conflito porque sempre defendín a igualdade desde que era unha rapaza e pelexábame no cole cando algún mozo que metíase coa miña irmá dous anos maior que eu, cando aos 15 anos fixen a miña primeira folga no meu centro de traballo, cando me impuxen ao meu pai para que me deixase chegar tarde a casa, cando tome conciencia de entrar a militar nun partido trotskista, digo que me encantaría estar dentro do conflito para poder dicilas ás mulleres que as palabras que dicía a única muller que falou no peche, que este 8 de marzo é importante, que as mulleres non debemos permitir que asinen ás nosas costas que estamos fartas, que somos “maiores” para tomar nosas propias decisións, hai que dicila que se cumpra o que alí gritaban, que hai que acabar coa fenda salarial, que a subida é insuficiente, que a cuarta quenda suporá a non conciliación familiar...., que queremos recuperar o poder adquisitivo que perdemos durante estes anos, que os contratos fixos descontinuos non os queremos, queremos ser indefinidas...

Alguén me comentou na manifestación que se fosen os traballadores de Alcoa ou os do metal de Vigo seguro que eran portadas de moitos diarios, pero unha vez máis temos que dicir que as mulleres traballadoras seguimos estando invisibilizadas polos medios, a non ser que sexas a Ministra de traballo, Iolanda Díaz, Ayuso, Merkel ou a Raíña Leticia...

Cando os meus compañeiros dixéronme que comezaba a loita das traballadoras da Conserva e que eles ían botar unha man nos piquetes e apoiar no que fixese falta, pensei, que pena non poder estar alí. Comenteilles en varias ocasións que sería moi importante facer algunha entrevista a algunha para que nos contasen como o estaban vivindo elas, porque todas sabemos que ser nai, ter unha familia é complicado á hora de facer unha folga e creo que iso tamén forma parte da loita, ao final o que pasa sempre que estás a mil e non ten tempo de nada, e non lograron facer a entrevista. Para iso está crónica miña, que non é o mesmo, pero tentarémolo máis adiante porque a “forza” destas mulleres non acaba aquí, porque seguirán loitando e eu estarei ao seu lado.

Porque este 8 de marzo sexa unha homenaxe a todas aquelas mulleres traballadoras que loitaron e loitan pola conquista dos seus dereitos.

Por ti, avoa que quedaches viúva de guerra e tiveches que criar a dúas fillas e un fillo soa, traballando de sol a sol, facendo pan, repartindo periódicos, e que o Goberno do PSOE non recoñeceuche nunca unha pensión de viuvez.

A ti mama que sempre traballaches no campo, na residencia, nos colexios de limpadora para traer un salario a casa.

Eu sigo o voso legado como muller da clase obreira.


En Galicia no mes de marzo de 2022



No hay comentarios:

Publicar un comentario