A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 3 de marzo de 2022

OPINIÓN SOBRE O CONFLITO E GUERRA EN UCRAÍNA

Carlos Dafonte.


En 1997 Zbigniew Brzezinski publicou “O grande taboleiro mundial”, un dos libros máis importantes de xeoestratéxia política escritos ó final da “guerra fría” e onde establecía con claridade cales eran en ese tema os intereses da nación que lle deu acollida, os EEUU de Norte América. Quen é o home con nome e apelido tan difíciles, un polaco que o foi todo en diferentes administracións, asesor de numerosos presidentes, dende Kennedy e na época da presidencia de Carter, Secretario de Estado, ministro de asuntos exteriores.

Deixa claro dende as primeiras liñas que ó longo da historia, “Eurasia foi o centro do poder mundial” e considera que despois da queda da URSS, “Eurasia segue a manter a súa importancia xeopolítica. Non só a súa periferia occidental, Europa, sigue a se-lo onde grande parte do poder político económico e mundial está localizado, senón que a súa rexión oriental,  Asia, converteuse recentemente nun centro de crecemento económico vital e con crecente influencia política. por iso é polo que a cuestión de como deben enfrontarse uns Estados Unidos con compromisos globais ás complexas relacións de poder euroasiáticas, e particularmente se iso impide a emerxencia dunha potencia euroasiática dominante e antagónica, segue sendo fundamental en termos da capacidade estadounidense de exercer a primacía global”. Máis claro auga.

En segundo lugar, pola miña parte unha afirmación, o territorio que hoxe ocupa Ucraína é resultado da revolución bolxevique; con anterioridade parte destes territorios foron do grande ducado de Kiev, que co transcurso do tempo se vai afianzando como imperio dos tsares, ducado de Polonía, hatmanato tártaro, e con anterioridade pertenceu, repito partes do que hoxe é Ucraína a outras entidades, pero nunca cas fronteiras actuais foi unha nación, como nos queren facer crer moitos dos participantes en faladoiros, “politólogos e expertos” que hoxe aparecen na maioría  dos medios de información ca idea, supoño, de facer propaganda máis que tentando informar. Houbo sectores que loitaron por elo, pero non o conseguiron.

As actuais fronteiras do país se establecen despois da queda do tsar e da guerra civil, en Ucraína foi moi virulenta pois non so participaron tsaristas e traballadores e labregos pobres bolxeviques, senón que tamén participaron nacionalistas, terratenentes e os célebres exércitos de Maknó, que podemos cualificar como anarquistas, que unhas veces loitaban cos comunistas e outras en contra dos mesmos. Certo é que anarquistas e bolxevique loitaron xuntos e derrotaron ós sectores burgueses e terratenentes, ós exércitos brancos.

Segundo o que coñezo, pero podo estar trabucado, a Ucraína actual se formou con territorios do imperio ruso, algúns pertenceran a Polonia, ó que se lle agregou en tempos de Lenín ó principio dos anos vinte territorios de cultura rusa, onde se atopaban minas de carbón e se lle deu saída ó mar, zona de Odessa,; outra parte na época de Stalin nos anos 30, a finais, que se lle restaron a Moldavia; por certo, o goberno moldavo leva tempo reclamándolle a Ucraína ese territorio e por último se lle engadiu a República Autónoma de Crimea en 1954, onde se atopaban as maiores bases navais da URSS. Unha “xenialidade” de Kruvchef.

É dicir, foi un país construído con “retais” para facelo viable, onde se mesturaron dúas culturas, maioritaria a ucraína, pero en determinadas zonas moi superior en número a rusa, Por iso se fala dun país “dividido e inviable política, económica e socialmente”. 

O que ninguén pensaba cando se facían estas cesións territoriais para crea-la República Socialista de Ucraína era que nalgún momento, e isto é importante para entende-lo conflito, a URSS podía desaparecer e Ucraína proclamara a súa independencia. 

Pero aconteceu, na época en que Yeltsin era presidente da República de Rusia e Gorbachov presidente da URSS, o primeiro co apoio dos USA no tempo de Clinton, leva a cabo un golpe de estado, bombardea o Parlamento, asasinan a varios deputados, desmembran á URSS e Ucraína, que foi moi cauta en todo iste proceso, pois coñecía ben que tiña no seu interior unha bomba de efectos retardados. Cando máis tarde que outras repúblicas da URSS se lanza polo camiño da independencia, en 1989 e se crea a “Fronte Popular pola Perestroika”, con moita incidencia no oeste e no que participa na súa fundación Lech Walesa, pión do papa Juan Pablo II e dos USA; cando lin a noticia naqueles tempos, pensei que algo ía ir moi mal en Ucraína, a realidade é, que como Polonia, se converteu nun satélite dos USA. Como expliquei en facebook, polo menos en unha das aventuras do imperialismo no mundo, en Angola as armas dos rebeldes procedían de Ucraína e soldados ucraínos participaron na mesma;  testemuñas de guerrilleiros de América Central, tamén deixaban claro que algúns asesores dos exércitos das ditaduras, eran ucraínos.

Tampouco hai que esquecer a importante colaboración dunha parte da sociedade de cultura ucraína ca invasión nazi da URSS e que bastantes deles xogaron papeis represivos nos campos de concentración do Reich. Aínda hoxe sobre todo nas “revoltas do Maidan” se viron moitos carteis e seguidores de Stephán Bandera ucraíno, que nalgunhas fotografías aparecía con uniforme das SS nazis que non tivo reparo algún en apoia-lo asasinato de máis dun millón de xudeus ucraínos; moitos dos seus seguidores participaron nos feitos. 

No ano 2010 o presidente saínte de Ucraína Viktor Yúshchenko otorgou a Stephan Bandera o título de “Heroe Nacional”, feito condenado polo Parlamento Europeo, o polaco e o ruso e por numerosas entidades xudeas e foi declarado ilegal polo presidente Yanukovich, que foi derrocado polo golpe do ano 2014.

Os movementos como Svoboda e Pravi Sektor, que entraron no goberno “democrático” a partires do golpe de estado de 2014 contra o presidente constitucional pro rusoViktor Yanukovich, se declaraban seguidores de Bandera e foron os que por aqueles tempos asaltaron os sindicatos en Odessa, sacaron en vida os ollos a numerosos sindicalistas, cortaron linguas, os tiraron polas fiestras e a algunhas ducias os pecharon e queimaron vivos. 

E unha vez no poder, comezaron a prohibir falar ruso e que o ruso se estudara nas escolas; a maioría impuña a minoría cuestións que non deben ser aceptadas. Fixeron algo as democracias occidentais?

Quen podía ser tan estúpido, no senso de confuso, que ten pouca claridade, como para pensar que Rusia unha vez que recompuxera parte das súas alianzas e  unha vez que a garantía da existencia dun presidente pro ruso que protexese á minoría nos seus dereitos, fose substituído por “otanistas” e seguidores de Bandera, non se ía entrar en conflito?. No mesmo ano 2014, no leste do país nas zonas mineiras, proclamaron a independencia e se converteron en repúblicas de carácter socialista. A oligarquía que se atopa detrás de Putin e o estado ó seu servizo, puido neutralizalas e no 2017 varios dirixentes de esta tendencia foron asasinados. Quen o fixo? Uns consideran que a autoría é de Rusia e outros que foi o goberno ucraíno. O que é certo e que dende que declararon a independencia, os ataques son constantes contra a poboación, con coches bomba, e todo tipo de métodos que ten producido máis de 14.000 mortos sen que a UE teña dito absolutamente nada. Por ser unha independencia non recoñecida, se poden levar a cabo todo tipo de represión?. Un aspecto é que esa declaración sexa legal ou non, e outro que se poda en 8 anos producir semellante carnicería sen que os “demócratas” digan nada e busquen solucións ó conflito. Os acordos de Minks que podían garanti-la paz, nin a UE nin a OTAN están dispostos a que se cumplan.

E como se pode tamén ser tan estúpido, como para non pensar que a poboación de Crimea, rusa nun 92 %, despois do golpe, en cuxo territorio se atopan unha parte das bases navais permanecería impasible?. Algúns tertulianos falaban de que os exércitos rusos entraran en Crimea, non o necesitaron están na península instalados dende sempre.

Ós USA todo isto seguro o tiña calculado e formaba parte dos seus planos que teñen dous obxectivos, provocar a Rusia ca utilización da ampliación da OTAN a Ucraína e como consecuencia da súa torpe resposta, como pode se-la invasión actual, obrigar á UE a frear o seu acercamento  a Rusia-China e seguir téndoa sometida ós seus intereses. Verdadeiramente o ten conseguido.

Que é en puridade dende a miña idea, o que esta a acontecer e que paga a poboación civil?, o enfrontamento entre dúas cadeas imperialista, a liderada polos USA e a de China-Rusia; dúas oligarquías enfrontadas, unha que avanza e outra que retrocede e utiliza a OTAN no seu beneficio. Nun espazo xeoestratéxico, como afirmaba Brzezinski, moi importante no taboleiro mundial. 

E falamos da “Organización do Atlántico Norte” (OTAN), cuxas armas se instalan moi lonxe desa área xeográfica, que defende exclusivamente os intereses dos USA pero obriga ós demais membros da cadea que polo de agora lidera, a manterse fieis ó “macho alfa” decadente. 

Na miña opinión o que debemos facer, como non é posible que estes grupos oligárquicos se entendan, as contradiccións intercapitalistas existen e nos levaron no século XX a dúas guerras mundiais e outras moitas de “baixa intensidade”, xa que polo de agora non os podemos vencer, é avanzar na unidade d@s traballador@s de todos os países, para que preman e lle fagan saber ós seus gobernos que está en contra da OTAN, que non é unha organización que loite pola paz, é unha organización cuxa existencia serve para desestabiliza-lo mundo multiplural actual; lle digan ós seus gobernos que non están dispostos a que estes enfrontamentos se salden co derramamento do noso sangue. Que o goberno que permite que a OTAN se instale no seu territorio, teña bases no mesmo, non actúa ó servizo do pobo, non actúa para defendelo, e que o mellor xeito de loitar pola paz e a disolución da OTAN. 

Hoxe o pobo ucraíno tiña que ver con claridade que foi enganado, nin o seu país foi admitido na UE e agora está a xoga-lo papel do “tonto util”, é o que pon o sangue nas rúas e as súas vidas van ser modificadas moi fondamente. Como poido pensar, que seguindo ó seu goberno títere, e pondo en perigo a seguridade de Rusia ó entrar na OTAN e instalando no seu territorio misis, non ía producirse unha resposta como a que agora sofren?. Nunca pensaron na reacción dos USA, se unha potencia nuclear non amiga, instalara armas na fronteira de México? Ou en Nicaragüa?

Advertía Brzezinski en 1997, que os USA tiñan que ter especial delicadeza co tratamento dos países bálticos e Ucraína pois era unha zona moi sensible para Rusia; en fin, como un elefante nunha cacharrería, pero o resultado non o van pagar eles, se van beneficiar.


En Galicia no mes de marzo de 2022.



No hay comentarios:

Publicar un comentario