A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 17 de agosto de 2023

A XUNTANZA DOS BRICS DO 22-24 DE AGOSTO. DEFINIR UNHA NOVA DINÁMICA MUNDIAL.

Carlos Dafonte.

    Estes tres días en Johannesburgo vanse xunta-los BRICS, é dicir Brasil, Rusia, India, China e Sudáfrica, que só con dicir que representan o 43 % do PIB mundial, fronte ao 25 % do G-7, indica a importancia da xuntanza nun planeta cada vez máis dividido entre dous bloques. Como levo dicindo dende hai uns anos, en dúas cadeas imperialistas con xeitos distintos de interpreta-lo seu poder e polo tanto, en como o sofren os países elos máis febles de ámbalas dúas cadeas.

Nesta xuntanza vaise poñer de manifesto, unha dinámica dende hai anos imparable, a unipolaridade que ata aquí impuxo o bloque anglosaxón rematou e agora temos outros actores e outros agrupamentos. Durante moito tempo coñecimos como actuaba quen mandaba, impuña os seus criterios, invadía, daba golpes de estado, sancionaban economicamente, e todo o que coñecemos dende hai tempo; os BRICS formulan outro tipo de saídas aos problemas presentes.

Descoñezo cal é a razón de que os partidos políticos e outro tipo de organizacións, empresariais, sindicais, etc non saen a explicarlle a sociedade, é a súa obriga, o que pensan desta xuntanza e as consecuencias que a mesma pode ter. Comprendo que a constitución das Cortes, a configuración da mesa do Congreso dos Deputados e as alianzas para o debate de investimento do próximo presidente do Goberno son cuestións importantes, pero atopámonos nun mundo globalizado, onde todo é interdependente e o avance dos BRICS vai a afectar dun xeito moi importante  a todo o que aconteza de aquí en diante.

Non esquezamos que, algúns analistas internacionais consideran que preto de 40, outros falan de outros números máis altos, tentarán entrar, pero a realidade é que dúas decenas de países xa formalizaron a súa petición de entrada nos BRICS, e é posible que nesta xuntanza próxima, certo número deles pode ser admitido no grupo, o que elevaría por enriba do 55 % o PIB mundial o controlado polos mesmos. Fálase de Indonesia, Exipto, Barhein, Emiratos Ärabes, Senegal, Arxentina, Venezuela, Nixeria... e casos como o de Turquía que tenta entrar na U.E e tamén nesta nova asociación. 

Un analista da London School of Economics, dixo que entrar nos BRICS permitía que os “estados pasaran de servos a ser libres” pois neste agrupamento, ao contrario de depender dos USA, permíteselles a neutralidade, cuestión que non acontece no outro bloque.

É posible de que despois desta xuntanza, o Banco BRICS siga avanzando o que permitiría a determinados países renegociar a débeda co FMI que os afoga. Se vai continuar o proceso de desdolarización de intercambios comerciais e si o yuan vai xogar un papel máis importante ou avánzase na creación dunha moeda propia.

Estes temas debiamolos de estar discutindo, así como si baixo a presidencia de España, a UE vai seguir dun xeito cerril unindo o seu destino ao dos anglosaxóns e os USA, que só pensan en eles e o único que lles importa é afastar a Europa de China e Rusia, obxectivo número 1 da guerra de Ucraína, para seguir tendo influenza en Eurasia, aínda que cada vez sea menor. E xa sabemos que quen domine Eurasia, domina o planeta.

Creo que,  en certa medida, a Europa burguesa e oligárquica, debía seguir a senda da señora Merkel. Unha maior independencia dos USA, considero, tamén beneficiaría nesta etapa aos traballadores europeos, que poden aprecias como neste últimos 15 anos a renda nacional da UE medrou por debaixo do 1%.


En Galicia no mes de agosto 2023.

No hay comentarios:

Publicar un comentario