Carlos Dafonte.
Hai xa moitos anos a un dos maiores especuladores do planeta, amigo e votante de Trump, preguntáronlle sobre a existencia de clases sociais e a loita de clase e como parecía que o peridista dubidaba da súa existencia, contestou afirmando que existían as clases, a loita de clase e que eran eles, os ricos, quen a estaban a gañar. Esta contestación debemola ter sempre presente cando facemos análise sobre o que acontece no planeta e as razóns de determinados movementos que producíronse nos USA coas últimas eleccións presidenciais.
Parece que algúns comentaristas despois das mesmas e da formación do goberno por parte de Donald Trump, “descubriron América”. Que pasa, que cando Clintón, Obama ou Biden estaban na cima do goberno non gobernaban algúns dos mesmos que hoxe o queren facer directamente?. Quen leva financiando todas as campañas nos USA dende tempo inmemorial?, os máis ricos; os que non o son, axudan cos seus votos a que o grande negocio que é ese país pareza unha democracia. Pero é só unha apariencia.
Os servos europeos permitiron que controlasen os USA o grupo de Visogrado e que co golpe do 2013 en Ucraína e co boicot aos acordos de paz entre ucraínos e rusos, non permitiron que se cumpliran os do ano 2014, 2015 e 2022, posto que levaban á paz, querían unha situación de guerra, e hoxe a teñen e unha UE servil que pasou de ver a Rusia como un amigo que axudaba cos seus prezos baratos dos combustibles ao desenvolvemento da economía europea a que hoxe sexa un inimigo nunha Europa desvastada económicamente polo prezo que teñen que pagar polo gas e o petróleo, esquecéndose que a UE necesita de Rusia e de China se quere desenvolver unha politica independente.
O camiño escollido por Van der Leyen e Borrell, levaron a UE a unha situación de ruína que só beneficia as grandes compañías dos USA, como amosou o informe Draghi. Ás que levan gobernando dende sempre e o van seguir facendo agora.
Xa sei, vaime recordar algún, antes non eran tecnolóxicas e agora si; non debemos prestarlle ao feito moita importancia, sempre as empresas punteiras dos USA gobernaron o país, o “goberno profundo” lle chaman, agora tócalles a estas como antes tocoulle a outras, pero estas van tentar de beneficiar tamén ás outras.
A súa intervención directa no goberno trumpista só indica unha cuestión da que nunca se fala, a situación de crise a todos os niveis do país que quere seguir sendo o “hexemón” planetario e que non está disposto a perder esa condición fronte ao avance do seu principal adversario, China e os BRICS, que buscan un mundo máis plural, multipolar onde o poder do “anglo” non sexa tan abafante. E nesta situación de crise, a oligarquía dos USA, enfróntase a oligarquía da UE e lle indica que non está disposta a seguir gastando cartos en beneficio de quen fai moi pouco para satisfacer as súas necesidades.
Dos dous elementos de xeopolítica máis salientables que os USA estableceron hai tempo, “quen domine Eurasia dominará o planeta” e “América para os americanos”, para os do norte, claro, sobre o primeiro teñen conseguido seguir influindo por medio dos seus servos europeos e as súas bases para “defendernos do inimigo ruso” e boicotearon unha alternativa distinta, baseada nunha UE desenvolvéndose en tres eixos de relacións priorirtarios, cos Usa con China e con Rusia. Os USA prefiren o “vello estilo”, crearlles inimigos para que dependamos deles na nosa defensa, pois de seguir avanzando nas boas relacións entre Reusia e a UE, para qué as bases USA en Europa?. Neste senso a “operación Ucraína” saiulles ben e teñen garantido durante anos a intervención na UE. Tan ben que agora Trump reivindica conseguir Groennlandia, quitándolle esta enorme illa a administración de Dinamarca. Teñen tan sometidos, aos membros da UE, son tan servis cos USA, que aínda non escoitei unha declaración contudente contra ese intento claramente imperialista nin da presidenta da Comisión dona Úrsula nin a “ministra de exteriores” Kallas. Por certo destas dúas mulleres con tanta responsabilidade, en algúns medios non otanistas, dícese que pertencen á CIA.
As propostas de Trump de quedarse con Groenlandia, de que Canadá pase a ser un estado máis da Unión, comprar o canal de Panamá e cambiarlle de nome ao golfo de México son cuestións que non debemos considerar como unha baladronada, teñen contidos xeoestratéxicos importantes. Groenlandia goza de autonomía e cando se aprobou a mesma tamén se lle recoñeceu o dereito de autodeterminación; non son máis de 50.000 habitantes, teñen numerosos minerais estratéxico, os Usa teñen unha base e parte do comercio de Rusia e China vai pasar polo artico e máis despois da perda de xeo da zona. Polo tanto para os USA controlar ese punto é fundamental. Que pasaría se a cada habitante lle ofrecen 1 millón de dólares por cambiar de administración?.
Onde o teñen bastante dificil é en America Latina; 22 paises teñen acordos comerciais con China que construiu un grande porto no Perú para facilitar a entrada e saída de mercadorías procedentes de Asía, porto que o comando sur dos USA, ao frente do cal atópase unha xenerala, considera que pon en perigo a seguridade nacional do seu país. É dicir, a seguridade nacional da Federación Rusa non esta en perigo pola entrada na OTAN dunha Ucraína nuclearizada, pero a existencia deste porto e que China instale unha fábrica de coches eléctricos en México, atentan contra a seguridade nacional dos USA. Relacións internacionais con dúas varas de medir; situación á que hai que poñer termo o máis axiña posible.
En Galicia no mes de febreiro de 2025.
No hay comentarios:
Publicar un comentario