A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 21 de abril de 2025

SOBRE AS MEDIDAS ECONÓMICAS TOMADAS POLO GABINETE DE TRUMP

Carlos Dafonte


Escribía Michael Roberts no ano 2019 na revista Sin Permiso: “No momento xusto, cando tiña lugar o cume dos líderes das principais economías capitalistas (G7) en Biarritz, China anunciou unha nova rolda de aranceis por valor de 75.000 millóns de dólares para as mercadorías importadas de Estados Unidos. Unha represalia ante a nova rolda de aranceis aos produtos chineses que os EE.UU. teñen prevista para decembro. O presidente de EE.UU. Trump reaccionou con anoxo e inmediatamente anunciou que ía aumentar os aranceis xa existentes en 250.000 millóns de dólares para os produtos chineses e impoñer máis aranceis por valor de 350.000 millóns de dólares ás importacións de China. O presidente de Estados Unidos tamén dixo que ordenaba ás compañías de Estados Unidos buscar a maneira de abandonar as súas operacións en China. «Non necesitamos a China e, francamente, sería moito mellor sen ela», escribiu Trump. «Ordeno, por tanto, ás nosas grandes empresas estadounidenses comezar inmediatamente a buscar unha alternativa a China, incluíndo como traer de volta a casa as súas empresas e fabricar os seus produtos nos EE.UU.»”.

Esto dos aranceis é un tema vello, a ninguén debía tomarnos por sorpresa e como sinalaba nun artigo recente no xornal El País Mark Blyth, os dous partidos que se turnan no poder e representan á oligarquía dos USA, levan tempo que actúan contra a liberdade de comercio. Moitos aranceis que Trump impuxo no seu primeiro mandato, foron ratificados ou aumentados por Biden. Como podemos aprezar o tema da volta das empresas a territorio norteamericano temén estaba nun primeiro plano. Pouco ten cambiado a situación, só que pasaron 26 anos e a economía dos USA cada vez vai a peor.

domingo, 13 de abril de 2025

A PROPOSTA DECOLONIAL (II)

A teoría da revolución permanente nas semicolonias e nacións oprimidas


Trotski, cando desenvolveu a teoría da revolución permanente, partiu dunha consideración histórica básica, a lei do desenvolvemento desigual e combinado dos procesos sociais, que teñen “un carácter dual ou, mellor devandito, é unha fusión de dúas leis intimamente relacionadas. O seu primeiro aspecto refírese ás distintas proporcións no crecemento da vida social. O segundo, á correlación concreta destes factores desigualmente desenvolvidos no proceso histórico” (George Novack, A lei do desenvolvemento desigual e combinado da sociedade).


O seu descubrimento e formulación non cae do ceo, senón que é os resultado anos de estudos da realidade. Así, Marx facía énfase no primeiro aspecto da lei, o desenvolvemento desigual da sociedade, e dividía o mundo entre os países “civilizados” (capitalistas) e “atrasados” (o resto, fosen feudais, esclavistas, o que chamaba “sociedades asiáticas” ou os cazadores recolectores que na súa época aínda existían en moitas partes do mundo) concluíndo co esquema de que os primeiros eran o “espello” onde se debían mirar os segundos; esquema que empeza a modificar cando se autocrítica da súa posición ante a cuestión irlandesa.