A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 3 de julio de 2015

UNHA SITUACIÓN CATASTRÓFICA, AGÁS PARA OS MEDIOS OCCIDENTAIS, QUE NON SE DAN POR ALUDIDOS




 Roberto Laxe

Imaxinemos que Grecia vota non no referendo, e os falcóns do BCE directamente bótanos da UE. É obvio que a economía grega resentiríase, seria enganar ao pobo dicir que non ía sufrir; pero esta claro que Grecia recuperaría a posibilidade de se rexer polas súas necesidades e non polas dos capitalistas e banqueiros europeos, enfundados nunha crise da que seguen sen saber como saír salvo dando lapotes de cego.
Esa posibilidade ten unha precondición, que sexa a clase traballadora e o pobo quen o encabecen. Se son os mesmos capitalistas gregos que levaron ao país á ruína actual, a autarquía non serviría de nada. Unha autarquía burguesa só conduce a máis pobreza, posto que o mundo segue sendo capitalista.
Hai outra perspectiva que non existía cando Arxentina entro en “default” a comezos do milenio; a existencia de China e Rusia. Que son o 120 mil millóns de euros que, din, Grecia debe aos bancos europeos, comparados cos 3 billóns de euros que a EE UU débenlle a China?. Que son o 120 mil millóns se o Estado Español débelle a China, segundo o ministro de exteriores Margallo, 300 mil millóns, o 30% do PIB?
China, de feito, xa é dona do porto do Pireo.

Se Grecia abandona a UE podería ser empuxada aos brazos de China e Rusia, que acaban de crear unha alternativa ao Banco Mundial (onde participan, por certo, todos os países e estados europeos, con Alemaña á cabeza), modificando a correlación de forzas nunha zona tremendamente quente.
Neste cadro enténden-se os chamamentos de Obama a que a UE faga unha quita da débeda e peche a crise xa mesmo... Obama está a dicirlle aos provincianos europeos, enredados como sempre no seu localismo, que o que hoxe está en xogo non son 120 mil millóns de euros, senón o control do mercado mundial, dos beneficios xerados pola clase traballadora que caen nas arcas dos banqueiros e capitalistas norteamericanos e, secundariamente, europeos.
Iso é o que lles di a estes, deixarvos de parvadas e rapazadas, que a cousa é moito máis seria que uns miles de millóns: é o dereito a explotar e saquear. E para reforzar a súa mensaxe, acumula soldados en Rota, armamento pesado en Polonia (lembran o chiste de Woody Allen, de que "cando escoita a Wagner -pobre Wagner-, danlle ganas de ocupar Polonia, pois iso, que non soe Wagner en Whasington), envía os seus destrutores ao mar Negro e os seus portaavións ao Mar de China.
Hoxe en Grecia, como en Ucraína, como en Siria, o mundo xógase moito, as condicións de vida da clase traballadora de cada país e do mundo, ou as condicións de explotación no futuro.
Obama non quere perder o seu papel hexemónico no mundo, pois é a garantía de que o 6% do PIB mundial vaia ás arcas norteamericanas sen necesidade de mover un dedo, só controlando o desbastar e aos marines, bástalle.
Pero se Grecia, pola actitude infantil dos europeos, vaise aos BRICS, ese dólar caería como unha pedra. E xa a temos leada, porque sairían os marines a evita-lo
Iso é o que Obama di, evitemos chegar a ese transo, porque Rusia/China, militarmente falando ("o poder está na punta do fusil"), non son Iraq nin Siria. Sabe que sería un choque que faría boas as palabras de Einstein, "non se como será a Terceira Guerra Mundial, pero a cuarta será con pedras".
Obama non se feito pacifista, senón que sabe das limitacións que ten nun tipo de enfrontamento como o que xerminando dunha maneira inexorable.
É a crise capitalista a que empurra, gústelles ou non, a ese choque. Son as leis da produción capitalista as que están no fondo desta deriva de choque, e só acabando con elas poderase evitar o choque. O capitalismo é como o conto do alacrán e a ra; para cruzar un río, o primeiro pídelle á segunda que lle leve. Esta dille, pero vasme a picar e afundirémonos os dous. O alacrán contesta, non vouche a picar, porque morrería eu tamén... A ra, visto o visto, accede, e sobe ao alacrán ás costas. A metade de rio, o alacrán pica á ra, e esta grita. que fixeches, agora morreremos os dous!. O alacrán contesta: síntoo, pero está na miña natureza.
Afortunadamente, na realidade existe un terceiro personaxe, a clase obreira, que pola súa posición na sociedade -nas súas condicións de traballo e de vida sintetiza todas as opresións, e por iso, só pode liberarse se rompe todas as estruturas sociais-, que pode coa súa loita, se quere, evitar derívaa de choque na que estamos inmersos.
Pero para iso é preciso que comecemos a falar claro -a pesar das leis mordaza, a Acta Patriótica, etc.-, a crise capitalista non terminou, só cambiou de formas, a espuma, parte visible da onda, é parte da onda: agora é unha crise política -a política como economía concentrada-, polo control do mercado mundial, e non caben medias tintas.

En Galiza no mes de xullo de 2015


No hay comentarios:

Publicar un comentario