Carlos
Dafonte
Levamos
anos afirmando que a potencia hexemónica imperialista, os USA,
atópanse nunha crise de difícil solución; Larry Summers antigo
Secretario do Tesouro, denomínoulle “estancamento secular”, que
senón é maior, e por ser capaces a traveso da súa moeda e outras
medidas, de traspasar parte da mesma ó resto dos compoñentes da
cadea imperialista.
Hai
algúns datos que destacaba o “The Washington Pots” hai un tempo,
que é necesario coñecer sobre a que se considera a primeira
potencia mundial e que poden estar a amosa-lo inicio dunha nova
crise. En primeiro lugar, un 45 % dos estadounidenses en edade
adulta, carecen dun “colchón financeiro” para permitirse un
gasto inesperado de 400 $. En segundo, o 43 % dos fogares non poden
enfronta-los gastos de vivenda dunha sociedade do digamos “primeiro
mundo”, comida, escolarización infantil, transporte, sanidade,
conexión a internet. En terceiro, durante o ano 2017 algo máis do
25 % non acudiu a recibir asistencia sanitaria por non poder pagala.
E en cuarto lugar, un 22 % non gañan o suficiente para pagar todas
as facturas a finais de mes e unido a isto, só o 38 % d@s
traballador@s que se atopan en activo, consideran que os seus aforros
para a xubilación, nun país sen pensións públicas, vanlle
permitir cubrir as súas necesidades unha vez se teña xubilado.
Hai quen di non entender as políticas dos USA hoxe pola súa agresividade, pero é unha constante ó longo da historia recente; lembremos o abandono do “patrón ouro” por parte de Nixon e as repercusións que tivo na economía mundial e a súa posta manifesta por gaña-la guerra en Vietnam; as guerras chamadas de “baixa intensidade” que a administración Reagan sementou por todo o mundo e a súa loita contra os sindicatos e a súa capacidade de negociación; o chamado “acordo de Wasingthon” de Clinton e as intervencións en Iugoslavia, Libia, Sudán; a “guerra contra o terrrorismo” de Bush, que levou ás intervencións en Afganistán e Iraq, e tamén a unha política extraordinariamente agresiva cara os cambios que se estaban a producir en América Latina; os intentos de controlar e enfeblece-la UE de Obama, e o enfrontamento con Rusia e China ó mesmo tempo, situación que se lle atragantou, pero conseguiu a traveso da crise de Ucraína que as relacións da UE con Rusia sufriran un quebranto importante; e sobre todo as súas realacións co grupo estable de países, hai anos pertencentes o espazo URSS, o chamado grupo de Visegrado, capaces de crear importantes contradicións internas no espazo imperialista e competidor europeo. Non esquezamos que os países que o forman, foi nos que Alemaña dende finais da década dos 80 do século pasado, iniciou a relación que se coñece como “tráfico de perfeccionamento pasivo”, é dicir produtos fabricados en Alemaña se lles daba o acabado neses paises e despois regresaban. Hai economístas que desminten, Stephen Gross por exemplo, que sexan as leis aprobadas por Alemaña, as chamadas Leis Hartz de precarización do mercado detraballo en 2003 e 2005, as que lle permiten a situación actual, senón a explotación deste grupo de países nos que os USA tentaron en tempos de Obama conseguir uns aliados fronte á UE. Sen esquece-la intervención en Siria e Libia e a destrucción, no segundo dos casos do seu estado, que permitiu a implantación do islamismo radical na “froteira sur” de Europa.
Todas
estas políticas e as que agora pula Trump, baixo a consinia “América
o primeiro”, teñen un claro contido de clase, non tentan que os
cidadás dos USA vivan mellor, senon que amparándose en que China
roba tecnoloxía, cuestión que daña ós accionistas de determinadas
empresas pero beneficia os traballadores do país, pois poden mercar
a menor prezo produtos realizados con esa tecnoloxía. Trump tenta
seguir a permitir que grupos e empresas dos EEUU sigan a ter a
hexemonía mundial; son respostas, que non pasan de ser parches a
unha crise manifesta, que vese aumentada estes anos pola aparición
dunha nova potencia, a China, que busca a hexemonía, co que eu
cualifico “imperialismo de baixa intensidade”; sen utilizar polo
momento a súa forza militar e o establecemento en países baixo a
súa hexemonía, de bases militares; algunhas ten, pero sen chegar ás
preto de 200, como no caso dos USA, que cubren a totalidade das
rexións do planeta.
A
irrupción de China no taboleiro mundial, permitiu o crecemento do
sistema mundial, pulou as economías exportadoras de materias primas,
pero tamén sentou as bases da inestabilidade económica colaborando
co seu exceso de producción á baixada das ganancias.
Segundo
parece este enfrontamento USA-China a nivel económico, polo de agora
se traduce na existencia de aranceis para determinados produtos: é
dicir os campeós do libre comercio e da apertura dos mercados, da
globalización económica, agora se converten en proteccionistas.
Trump chega a propor zonas de libre comercio para determinados países
ricos, e curiosamente, é dentro do campo da socialdemocracia
convertida al keynesianismo, onde máis contradiccións se
atopan. Nun artigo recente Michael Roberts analiza este feito
sinalando que o keynesiano británico Wolf ataca as medidas do novo
presidente dos USA e D. Rodrick as defende. Tamén Dean Baker
considerado en ese mundillo económico como un “economista de
izquierdas”, sinala que non todo o mundo gaña co libre comercio e
afirma, respaldando a Trump, que foi co libre comercio como se
perderon os postos de traballo nos USA. Afirmación equivocada,
perdéronse pola substitución de capital vivo por morto, e dicir man
de obra asalariada por tecnoloxía e a deslocalización de empresas;
unhas medidas tomada dende a conciencia de clase da que o é
hexemónica, pois non só acumulan máis capital, senón que lle
declara a guerra á clase obreira do seu país, a disciplina, a
ameaza, e crea un enorme exército de reserva que pode precarizar
cunha moi cativa resposta.
Medidas
proteccionistas sempre se puxeron en vigor e son resultado da
contracción do mercado mundial como é o caso actual, o mesmo que as
“políticas de sancións”, por exemplo as que se tomaron contra
Rusia, Iran ou Venezuela. Pero non nos enganemos, tamén son medidas
proteccionistas, salva-las entidades financeiras ou que o Banco
Central Europea compre centos de miles de millóns de débeda pública
ou privada.
Estas
contradiccións entre keynesianos son lóxicas, o propio Keynes na
década dos anos vinte do século pasado era un convencido partidario
do libre comercio e na dos trinta cando Gran Bretaña e o capital
nacional, perdera cuota de mercado, fíxose proteccionista. Nada novo
baixo o sol, os economístas burgueses a favor sempre da burguesía.
Hai algún economista que analice a situación dende o punto devista
da clase obreira, e a súa opinión chegue ás maiorías sociais ?
Se
a política de Trump e o seu enfrontamento comercial con China, o
“América o primeiro”, como si el representase a toda América, é
un dos elementos da política mundial, que pode levar a unha
catástrofe económica, non esquezamos que a débeda China no análise
máis moderado ronda o 270 % do PIB e que nestes anos enxendrou
unha formidable burbulla bursatil, bancaria e inmobiliaria, que poden
explotar en calquera momento; outro é o enfrontamento con Alemaña e
a súa “maldita idea de exportar”, así como o avance no seo da
UE dos partidos e organizacións políticas que introducen con éxito,
polos resultados electorais, a saída da mesma nos seus programas,
creando unha situación de inestabilidade permanente; ou a crise dos
chamados países emerxentes e as consecuencias que para o estado
español pode ter.
Respecto
a que avancen os partidarios de saír da UE, unha estrutura
antidemocrática e imperialista, e que sexan organización xenófobas
e de ultradereita quen se poñan ó fronte desta necesidade, é
resultado da incapacidade dos progresistas e sectores de esquerda, si
é que en Europa existen, para tomar nas súas máns o que está
asumido por parte de sectores importantes das respectivas sociedades:
que pertencendo a este entramado imperialista, que dirixe Alemaña,
non hai saída algunha para @s traballador@s, como non sexan os
recortes de todo tipo, a pobreza, aprecariedade o que definen nas
altas instancias de Bruxelas, como “políticas de austeridade”.
A
realidade é que nos países centrais do capitalismo, a pesares das
enormes axudas non se ten conseguido que a economía produtiva
remonte, que o consumo abandone o encefalograma plano e poñer freo ó
desemprego e á precarización.
A
SITUACIÖN NO ESTADO ESPAÑOL
Estes
días temos coñecemento que as forzas armadas españolas atópanse
de manobras en Estonia, dentro da estrutura da OTAN, para defende-la
súa fronteira en caso dun ataque de Rusia, a todas luces moi
improbable; pero aí nos atopamos, fieis seguidores das políticas
agresivas que os USA establecen; pero é moi curioso, os faladoiros
tanto das TVs como das radios séguennos a machacar con Quim Torra e
Cataluña, os masters e esquecen temas tan importantes como a nosa
pertenza na OTAN, a presenza das nosa forzas armadas en numerosos
países do planeta, supoño que igual que en Afganistán, para
“reconstruír e levar a democracia”, espero se aprecie a ironía,
o que obriga a ter un exército cunha grande capacidade de
agresividade, armado dun xeito determinado o que é moi custoso e
herdanza do exministro Morenés, que se adicaba ó negocio
armamentista; neste senso hai un certo “tufo franquista” de non
poder falar do exército cando non hai razón algunha, xa que hoxe
atópase sometido, polo menos na teoría, ó poder civil. Ou esquecen
tamén, a desaceleración da nosa economía, que debía dar lugar a
un bo número de programas de TV e radio que ten como consecuencia, a
maior precariedade e estacionalidade do traballo, o aumento do paro e
a cada vez menor afiliación á Seguridade Social e como enfrontarnos
a este novo reto, cun mercado interior moi floxo e unha queda na
actividade turística. Cando van economistas son neoliberais, ningún
plantea problemas co euro nin ca UE e sempre exixen máis reformas
laborais, en definitiva, seguir cargando sobre as costas d@s
traballador@s a crise sistémica.
Para
os grandes medios, a crise da economía mundial, a da nosa, cunha
débeda do 100% do PIB, os gastos militares e as intervencións
constantes en “zoas quentes”, nada ten tanta importancia como
Cataluña, que a ten, pero que non se atoparía a estes niveis de
enfrontamento, se o PP tivera feito outra política e Ciudadanos non
actuara de bombeiro pirómano. Ou os “masters” de determinados
políticos, que nun país cunha democracia burguesa normalizada, que
non é o caso, debían atoparse en casa castigados, estudando as
materias que lles foron regaladas.
É
certo, a economía española sen ter saido da crise ten moitas
posibilidades de entrar noutra nova, cando desaparecen os “ventos
de cola” que lle deron un certo pulo, tipos de interese cero,
baixada do petróleo, aumento do turismo e un dólar forte. En cifras
macroeconómicas non acadamos os niveis de antes da crise e pode que
se cumpla o que escribín hai preto de 10 anos neste blog, de que
cada vez as recuperacións ían ser máis curtas e as crises máis
fondas e longas. Os afectados pola pasada aínda a están a sufrir e
xa se albisca o comezo doutra; o índice de producción industrial
ten descendido segundo o INE, dun xeito alarmante cun forte deterioro
dos compoñentes de bens de consumo; estase a producir “un
debilitamento do sector industrial”. Por outra banda a formación
bruta de capital tamén segundo o INE descende, e segue a
tendencia a crear burbullas sobre todo no sector inmobiliario, e as
entidades financeiras e compañías transnacionais do estado español,
moi asentadas nos mercados e países emerxentes, sofren como van
sofrir estes países.
A
tendencia ó estancamento dos países centrais do capitalismo e a
propia China, van facer caer dun xeito importante os prezos das
materias primas, agás o petróleo para o que se establece nun ano,
un horizonte dos 100 euros barril, e iso significa que os países cun
modelo económico extractivista poden sumirse en fondas crises.
Neste
panorama e non creo ser alarmista, debemos seguir nas nosas casas,
observando atónitos como se discute de masters? , que hai que
facelo, @s corrupt@s e as institucións corrompidas deben estar fora
da política e do estado, ou do traslado dos restos do ditador?, que
hai que sacalos de onde se atopan, pero só se debe discutir deses
temas? Non hai na situación actual doutras cousas das que informar e
discutir?
En
Galicia no mes de setembro de 2018.
Grazas Carlos polas túas análises que nos axudan a entender mellor o que está a pasar
ResponderEliminar