Carlos Dafonte
Unha nova ameaza, e no
capitalismo son constantes, sobrevoa ó sector do traballo
asalariado, a maioría da poboación, unha parte da cal son @s unic@s
creador@s de riqueza no planeta;
coñécese co nome da “mochila austríaca”, que se está a
ensaiar nese país centroeuropeo dende 2003 e é unha nova estratexia
para conseguir que os bancos xestionen os cartos dos traballadores
para a súa xubilación e polo tanto, dun xeito diferente a como se
fai hoxe en día na maioría dos países da U.E.
A meados de outubro, o goberno en funcións enviou un documento á U.E. que entre outros aspectos referentes á situación económica, fala das “contas individuais de capitalización” que teñen como obxectivo “xerar dinamismo laboral e aumenta-la produtividade” do noso país. Este documento, nese punto concreto, se debe remitir a un organismo da Unión Europea, o “Structural Reform Support Programme” que vai realizar o estudo sobre o mesmo; estas contas de capitalización das que se está a falar moito na U.E., o modelo máis famoso é o que se coñece vulgarmente como a “mochila austríaca”.
O primeiro que hai que
coñecer é que en Austria, non existe sistema público de pensións
nin indemnización por despedimento; un traballador que sexa
despedido para sobrevir ata atopar novo posto de traballo, pode
recuperar o necesario da súa “mochila” ; polo tanto esta
“mochila” é unha conta de aforro individual que debe ter toda
traballadora e traballador e que se vai formando ó longo da súa
vida, “cargándoa” , en Austria co 1'53 % do seu salario bruto,
atópese na mesma empresa ou teña cambiado.
Este aforro e xestionado
pola banca e especuladores e no caso de que esa xestión sexa
deficiente, como acontece en moitos casos, ou o traballador/a perde
parte ou a totalidade dos seus aforros cos que debía vivir cando se
xubile, ou coma sempre, o Estado ten que saír a facer fronte á mala
xestión privada; as ganancias son para os especuladores, as perdas
se socializan e as paga por medio do Estado, toda a sociedade.
Que vai significar para
@s asalariad@s a imposición deste
novo sistema no caso de que se implante no estado español? . Varios
elementos todos eles moi prexudiciais; en primeiro lugar que o
despedimento vai ser libre, co que iso pode ter de relevancia nunha
economía moi distinta da austríaca onde hai pouco paro e os
salarios son máis altos; en segundo lugar se pon fin a antigüidade
no emprego e en terceiro as indemnizacións por despedimento serán
moi cativas e con toda seguridade pagadas polo traballador/a.
Coñecemos que dende hai
anos a banca, especuladores e os gobernos, utilizan toda clase de
métodos, prensa escrita, radio, televisión, “expert@s”
nestas cuestión, que actúan ó servizo de quen lles paga, e moi ben
por certo, para convencernos de que o sistema actual de pensión que
hoxe representa ó ano o 8% dos orzamentos, nun horizonte de corenta,
outros din trinta e cinco, o computo total das pensións será o 15 %
e o sistema actual non será viable e quebrará; polo tanto e
necesario previr esta situación e buscar un novo sistema para
garantir as pensións e como quen paga manda, estes medios de
comunicación, expertos, etc, indican que o sistema de
capitalización, con un modelo como o de Austria ou parecido, e o
mellor para solventa-la situación que se poda dar.
Hai que denunciar que
nos atopamos, en contra do que se di, nun debate eminentemente
ideolóxico, na loita de clases non só se produce loita social tamén
política e ideolóxica, cheo de trampas, de trolas, onde os
partidari@s da “capitalización”
non contestan nunca a aquelas posición que formulan reparos ás
contas que fan estes “expertos”, como que non é aceptable e é
unha trampa, afirmar que o 15 % de dentro de varios anos, os que
sexan, leva a quebra ó sistema; no fondo consideran , e por iso e un
tema que non estudan, que se vai producir cunha produtividade como a
de hoxe; dentro de 30 anos o 40 esperemos que a produtividade no
traballo teña medrado o suficiente como para que o 15 % naquel
momento, represente menos que o 8 % que se levan hoxe as pensións.
Sobre o tema da produtividade nunca queren entrar, néganse polo
tanto a falar en serio e cientificamente do que pode acontecer dentro
de 35 ou 40 anos. É imprescindible falar da produtividade e que
medidas tomamos para que nun horizonte determinado, suba o necesario
para que o noso sistema público de pensións se poda manter.
O Psoe leva varios anos
preparando o terreo; xa no 2010 cando aprobou a súa reforma laboral,
fixo súa esta proposta e a incluíu como elemento a estudar. Pp e
Ciudadanos a levaban nos seus programas electorais do ano 2011 e
tamén apareceu nos pactos asinados entre Psoe e Ciudadanos que
querían que Podemos lle dera o seu consentimento.
A principios de abril o
Psoe abstívose na votación celebrada no Parlamento Europeo para
aprobación do “Regulamento do Produto Paneuropeo de Pensións
Individuais” que se considera a chave para que os estados cambien
os seus sistemas de pensións e o substitúan por fondos privados de
capitalización.
É de xeral coñecemento
que a señora Calviño, que segundo Pedro Sánchez vai ser no futuro
goberno a vicepresidenta económica, é firme partidaria do sistema
establecido en Austria no tema das pensións; esa referencia illada
sobre quen ocupará posto tan importante, ten o obxectivo de
tranquiliza-la á oligarquía financeira, asegurándolle que a
pesares da entrada de Unidas Podemos no goberno, os obxectivos deste
sector hexemónico na sociedade, se van ver satisfeitos.
Que vai facer agora
Unidas Podemos respecto a este proxecto? Pois visto o comportamento
respecto á “lei mordaza dixital” que declaraban se atopaban en
contra e se abstiveron, pode acontecer cando este tema da “mochila
austríaca” se poña a debate, e tarde ou cedo se vai poñer,
calquera posición.
Polo tanto é necesario
iniciar o antes posible a presión para que un sistema de
capitalización non sexa aprobado, que se debata, que se prema ós
partidos e organizacións e toda a sociedade ten que comprometerse
nesta loita; @s máis nov@s os primeiros,
son os máis afectados, pero o resto temos a obriga de non deixarlle
a nosos fillos e netos, xa que non fomos capaces de enfrontar a
agresión do capital contra a natureza, polo menos garantir que os
nosos descendentes no tema das pensións, van ter nesa etapa unha
vida digna.
En Galicia no mes de
decembro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario