A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 23 de diciembre de 2024

A ADMINISTRACIÓN DEMÓCRATA DOS USA TENTA CREARLLE A TRUMP DIFICULTADES.

Carlos Dafonte.

Facendo bo o afirmado por Robert Kennedy fillo de fiscal xeral e sobriño de presidente ambos  asasinados, cando afirmou que abandonaba o Partido Demócrata e pasábase ao bando ou banda de Trump, por converterse o seu partido no "partido da guerra e estar dispostos a levarnos á terceira guerra mundial", a administración encabezada por Biden tenta por todos os medios que as dificultades sexan máximas para a próxima administración, cando tente resolver a complexa situación internacional que vai herdar, sen importarlles as consecuencias que as súas medidas poidan carrexar.

En primeiro lugar, permitindo que os especialistas, ianquis, británicos e franceses dende territorio ucraíno lancen os mísiles de largo alcance sobre territorio da Federación Rusa, nunha escalada na guerra que seguro vai dificultar poñer fin á mesma; en segundo, levando a cabo un novo intento de crearlle problemas á Federación Rusa nunha zona moi sensible para a súa seguridade, nun país como Xeorxia tentando que entre na órbita da OTAN a imitación do acontecido en Ucraína no ano 2013, golpe de estado que hai uns meses afirmou a señora Victoria Nuland, custoulle ao erario público 5.000 millóns de euros. Espero que algún día digan cal foi o custo dos reiterados intentos en Xeorxia, e en terceiro promovendo, non cabe dúbida algunha un golpe de estado en Siria utilizando para o mesmo a forzas terroristas islamistas, agora denominadas “rebeldes” cando son os mesmos, pero con outras facianas que voaron as torres xemelgas, os que levaron a cabo os atentados en Londres e París e destruíron os trens en Madrid. A forza fundamental dentro deste grupo onde hai tayicos, uzbekos, chechenos, turkomanos, etc e algúns sirios, e o grupo Hayat Tahir al Sham (HTS) declarado “terrorista” polos USA, Reino Unido e grande parte da Unión Europea. É máis, e necesario coñecer que no ano 2013 ofreceron unha recompensa de 10 millóns polo seu lider Abu Mohamed al-Golani, que agora combiou de nome e é o home forte de Siria. Tampouco debemos esquecer que tentan por todos os medios “branquear”, espero que se me entenda o que quero dicir, a este terrorista e ao seu grupo precipitadamente, pois ata aos aliados demócratas do terrorista reconvertido en “rebelde”, parécelles pouco recomendable seguir mantenendo a súa caracterización; e digo precipitadamente pois Nelson Mandela declarado polos USA tamén terrorista, tardou 18 anos dende que saiu do cárcere en que lle levantaran esa cualificación.  

domingo, 22 de diciembre de 2024

COMO A LOITA DO POBO SAHARAUI CUASTIONA Á UNIÓN EUROPEA

Roberto Laxe

A finais do setembro pasado o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) puxo en solfa toda a política que desde a Comisión Europea teñen na súa alianza estratéxica co réxime marroquí, e, especialmente, os gobernos francés e español.

A sentenza é resultado dun recurso presentado pola Fronte Polisario contra os acordos sobre pesca e agricultura entre a UE e Marrocos; anúlanse porque para a súa firma non contaron co “consentimento do pobo saharauí” a través do seu representante, a Fronte Polisario, ao que recoñece como portavoz lexítimo dos seus intereses.

A contestación da Comisión Europea é lapidaria, a pesar da sentenza seguirá traballando «estreitamente con Marrocos en todos os ámbitos nos que ambos os socios manteñen relacións de colaboración. Pola súa banda, o ministro de agricultura español, nunha entrevista, foi máis lonxe; os acordos co réxime marroquí, diga o que diga a sentenza, están “moi por encima” da anulación dos acordos, que é o que se di nela.

martes, 3 de diciembre de 2024

É NECESARIA OUTRA CONFERENCIA DE ZIMMERWALD?

Roberto Laxe

Hai 118 anos un pequeno grupo de revolucionarios internacionalistas que, segundo testemuñas presenciais, “cabían en dous taxis”, e en nome dos pequenos grupos dispersos que non habían claudicado tras a bancarrota da II Internacional, reuníronse en Zimmerwald (Suíza) para aprobar un manifesto contra a guerra interimperialista co que cambiaron o curso da historia: todo camiño comeza cun primeiro paso.

Xorde a pregunta máis que obvia; un século e pouco máis despois, nunhas condicións onde as contradicións interimperialista agudízanse até extremos de guerra aberta en zonas do planeta, coas forzas que rexeitan esa deriva dispersa, non chegaría o momento de dar ese paso? A resposta de millóns de persoas ao xenocidio palestino, que é parte desa guerra máis ampla, pon de manifesto que hai millóns de seres humanos que rexeitan a deríva militarista do capitalismo en decadencia.