Carlos Dafonte.
Facendo bo o afirmado por Robert Kennedy fillo de fiscal xeral e sobriño de presidente ambos asasinados, cando afirmou que abandonaba o Partido Demócrata e pasábase ao bando ou banda de Trump, por converterse o seu partido no "partido da guerra e estar dispostos a levarnos á terceira guerra mundial", a administración encabezada por Biden tenta por todos os medios que as dificultades sexan máximas para a próxima administración, cando tente resolver a complexa situación internacional que vai herdar, sen importarlles as consecuencias que as súas medidas poidan carrexar.
En primeiro lugar, permitindo que os especialistas, ianquis, británicos e franceses dende territorio ucraíno lancen os mísiles de largo alcance sobre territorio da Federación Rusa, nunha escalada na guerra que seguro vai dificultar poñer fin á mesma; en segundo, levando a cabo un novo intento de crearlle problemas á Federación Rusa nunha zona moi sensible para a súa seguridade, nun país como Xeorxia tentando que entre na órbita da OTAN a imitación do acontecido en Ucraína no ano 2013, golpe de estado que hai uns meses afirmou a señora Victoria Nuland, custoulle ao erario público 5.000 millóns de euros. Espero que algún día digan cal foi o custo dos reiterados intentos en Xeorxia, e en terceiro promovendo, non cabe dúbida algunha un golpe de estado en Siria utilizando para o mesmo a forzas terroristas islamistas, agora denominadas “rebeldes” cando son os mesmos, pero con outras facianas que voaron as torres xemelgas, os que levaron a cabo os atentados en Londres e París e destruíron os trens en Madrid. A forza fundamental dentro deste grupo onde hai tayicos, uzbekos, chechenos, turkomanos, etc e algúns sirios, e o grupo Hayat Tahir al Sham (HTS) declarado “terrorista” polos USA, Reino Unido e grande parte da Unión Europea. É máis, e necesario coñecer que no ano 2013 ofreceron unha recompensa de 10 millóns polo seu lider Abu Mohamed al-Golani, que agora combiou de nome e é o home forte de Siria. Tampouco debemos esquecer que tentan por todos os medios “branquear”, espero que se me entenda o que quero dicir, a este terrorista e ao seu grupo precipitadamente, pois ata aos aliados demócratas do terrorista reconvertido en “rebelde”, parécelles pouco recomendable seguir mantenendo a súa caracterización; e digo precipitadamente pois Nelson Mandela declarado polos USA tamén terrorista, tardou 18 anos dende que saiu do cárcere en que lle levantaran esa cualificación.
Xa se sabe na guerra a primeira derrotada é a verdade e neste caso o “branqueo” do terrorismo debíalles causar vergoña aos que montan patraña sen igual. E digo golpe de estado pois non é normal que 30 ou 40.000 terroristas por moi ben adestrados, armados e dirixidos pola OTAN-UE que estivesen, pouco podían facer fronte a un exército sirio de preto de 1 millón de homes que conta ademais coa axuda das brigadas chiitas e brigadas como a “tigre”. Moitos cartos tiveron que gastar para neutralizar á maioría dos xenerais e altos cargos da administración siria para que permaneceran ao marxe de todo o conflito.
Estes acontecementos tamén poñen de manifesto a falla de calquera tipo de principio éticos ou morais dos actuais dirixentes da OTAN-UE, que lles invalida para estar ao fronte de calquera sociedade democrática.
A maior operación de manipulación da maioría dos medios é afirmar a queda da ditadura ao tempo que o goberno ditatorial de Al Assad o terrible ditador, sexa o que se converte en goberno provisorio co apoio de todos os “demócratas” que entendo, debían deterlos a todos o e xulgalos polos graves delitos que lle achacan a Al Assad. De seguir como gobeno e de supor para seguir mantendo a suposta ditadura e para convencelos de que é fundamental a democracia á europea, chegan os terroristas islamistas a negociar con eles para que se convertan en demócratas.
En fin, de non ser unha traxedia o que acontece en Siria onde en moitas cidades ocupadas polos terroristas ás mulleres imponlles os usos de velos e gurkas, secuestran algunhas para convertelas en escravas sexuais, de ningunha de estas cuestións informan a fondo os medios das democracias, nin das masacres aos cristiáns ou alauitas; o que está acontecendo parece un guión deseñado por un tolo moi difícil de ser aceptado por sociedades democráticas e si aceptan maioritariamente ese guión, quere dicir que atopámonos diante de sociedades completamente manipuladas carentes de espíritu crítico. Hai moito tempo alguén falou de “cidadáns servos”.
Que obxectivo último ten o golpe de estado en Siria?, varios; en primeiro lugar favorecer aos xenocidas sionistas israelitas permitíndolles sen protesta algunha a ocupación de territorio sirio fortalecendo a súa posición; en segundo rachar o eixo da resistencia, Irán-Siria-Libano-Palestina; en terceiro premer sobre a Federación Rusa que posúe en Siria unha base naval e outra aérea; en cuarto apropiarse definitivamente por parte de Turquía e os USA do petróleo e o gas sirio que veñen comercializando dende 2011.
Que puido acontecer para chegar a esta situación? Posiblemente a explicación teña moito que ver coa xuntanza realizada en Qatar hai pouco tempo na que participaron países árabes da zona, máis Irán, Turquía e Rusia e que segundo parece manifestouse o interese de Al Assad en abandonar o poder nun país empobrecido polas sancións internacionais, o célebre “plano Cesar”, e o non poder contar co gas e o petróleo que dende hai máis de dez anos róubanlle como xa dixen, os USA e Turquía; ademais nunha situación de guerra prolongada que manteñen, non a oposición ao réxime, senón potencias estranxeiras. Hai moitas posibilidades de que Al Assad coñecera do golpe de estado que estaba en marcha e non tivera instrumentos para paralo. Segundo parece so esixiu para a súa marcha unha condición, que a transición fose pacífica. Os medios de manipulación da información prefiren dicir que é a “ditadura de Al Assad” a que empobreceu ao pobo sirio e non a realidade que é outra moi distinta, o empobrecemento da poboación ten moito que ver, coa guerra prolongada, as sancións económicas e o roubo de elementos fundamentais para a economía do país.
Observaremos con moita preocupación como evoluciona a situación en Oriente próximo e medio pois o que hoxe parece o trunfo, teñen ventaxa no taboleiro da zona os sectores otanistas, os partidarios dun mundo unipolar, axiña sendo os responsables de garantir a súa estabilidade, eles crearon as condicións actuais, poden atoparse con que a situación os desborda e os aliados de hoxe, os terroristas islamistas, pode que se convertan nos inimigos a curto prazo. Xa lles pasou dúas veces, con Al Qaeda e co ISIS.
En Galicia no mes de decembro de 2024.
No hay comentarios:
Publicar un comentario