A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 31 de mayo de 2025

CARA A ONDE CAMIÑAN OS USA?


Carlos Dafonte

Levo uns días recompilando datos de economistas e xornalistas norteamericanos para facerme unha idea de cal pode ser a saída da súa economía despois do baile de aranceis a que ten sometido Trump ao planeta. A realidade coa que me atopo é que todos eses aranceis por moito que diga Trump o contrario, quen os vai a pagar non é China ou Xapón ou Alemaña. Eses países non van pagar nada; cada vez que un empresario xaponés, chinés ou alemán, no caso de China a maioría das veces norteamericanos, queiran vender un produto en USA, terá que pagar o arancel que inmediatamente repercutirá unha parte no prezo do produto, é dicir que os consumidores norteamericanos van pagar máis polo mesmo, nunha situación das súas economías con débedas por todos os lados, da tarxeta de crédito, pola falta de pagamento do coche ou da hipoteca pola casa. Economistas como Wolf e Hudson e algún xornalista alternativo é o que destacan cando falan do seu país, que a unha parte importante están a bloquearlles as tarxetas, quítanlles os coches e as casas e crece como non podía ser doutro xeito, o enfado contra o seu presidente que hai poucos meses recibiu un apoio moi importante. Tamén pódese destacar que o Partido Republicano, sempre loitando contra dos impostos, agora por medio dos aranceis os impón ao pobo norteamericano.

Polo tanto unha pregunta pertinente é, por que votaron dunha forma tan masiva por Trump? As explicacións poden ser moitas e algunhas hilarantes, pero volvendo ao contexto no que se celebraron, a maioría dos norteamericanos era consciente da situación real que padecían e fronte ao Partido Demócrata empeñado en dicir que todo marchaba moi ben e o discurso de Trump de que esa non era a realidade, que a situación económica de moit@s norteamerican@s era moi mala, escolleron a quen era capaz de describir con visos de realidade o que lles pasaba e se Kamala Harris e o Partido Demócrata descoñecía o padecimiento de millóns de compatriotas, malamente podía ter solución aos problemas que lles afectaban. O que non fixeron ningún dos dous partidos que competían, foi falar do declive da súa hexemonía, nin falar dos BRICS e como facerlles fronte; o negacionismo sobre o que está a pasar e non controlan, invade as altas esferas dos dous partidos.

Trump, ou non está ben informado polos seus asesores, ou non lles cre ou pensa que o posto vai acompañado de coñecementos económicos circunstancia que non é certa, ou minte con descaro, cando dí que os obxectivos programados polo seu equipo de economistas, devalar o euro e facer que moitas empresas que saíron do país a producir fora para beneficiarse de salarios máis baixos e condicións legais máis favorables, impoñendo aranceis se van a conseguir.

Debe quedar claro que os aranceis os vai pagar o consumidor, polo menos unha parte como sinalei máis arriba; pero tamén debe quedar moi claro que o “baile de aranceis” que Trump propón non pode animar a ningúen a volver coa súa empresa. Supoñamos que un empresario estuda a imposición dun arancel do 20 % e despois de analizar todo o que debe analizar decídese a instalar de novo a empresa no territorio dos USA; pero...dentro dun mes ou dun ano, a ese país imponlle Trump unha suba do arancel ata o 40% . O empresario para facer o traslado necesita certezas de que as condicións, dado o costoso do proceso, non van cambiar durante un prazo importante de tempo, e iso Trump non é capaz de garantilo polo “seu estilo” de exercer a presidencia, máis que un presidente é un negociador ameazante con moi cativos coñecementos de economía.

E hai un pero mais en todo este proceso, o da importancia da preparación da forza de traballo que necesita nestes tempos do avance da robótica e a intelixencia artificial, especialistas moi cualificados se queres competir no mercado, pois ben, mentres nos paises de Asia cada vez creánse máis centros tecnolóxicos e universidades dos que sairán especialistas que serán absorvidos polo mercado, nos USA pechanse universidades posto que moitas mozas e mozos non poden estudar polo elevado custo e non querer quedar endebedados por décadas. O ano pasado pecharon 20 e en dous ou tres anos está en proxecto pechar 29 universidades máis. Poderán os USA con este panorama ser competitivos?

Por último teñen o importante problema da débeda que non saben como solucionar; un PIB de 25 billóns de dólares e unha débeda de 35; déficits de billóns de dólares ano tras ano e a débeda das grandes corporacións tamén é enorme e segundo sinala Richard Wolf o 20 % das corporacións foron etiquetadas como “corporacións zombis”, non teñen beneficios suficintes como para pagar a débeda e seguen adiante pedindo prestado. Ata cando?

Hai que sinalar que aínda que os USA non queiran discutir do asunto, económicamente atópanse nun claro declive, e tamén no que respecta ao poder militar, perderon a guerra de Vietnam,  Afaganistán, Iraq e agora a OTAN e a súa cabeza máis visible, os USA, están a perder a guerra en Ucraína; son derrotas contra países menos poderosos militar e economicamente.

A situación polo tanto é moi complexa e os chinos que teñen moita paciencia, coñecen que Trump marchará en tres anos e fan todo o posible para frear que os USA recurran á solución militar.


En Galicia no mes de maio 2025

No hay comentarios:

Publicar un comentario