A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.
G. Lukács
martes, 13 de mayo de 2014
miércoles, 7 de mayo de 2014
O AGRAVAMENTO DA TENSIÓN EN UCRAINA
Carlos Dafonte
Despois do golpe de
estado contra a lexitimidade existente no país, os acontecementos
vanse desenvolvendo cun rumbo que posiblemente o imperialismo
encabezado polos norteamericanos non tivese valorado, como aconteceu
noutros casos recentes, como Iraq, Afganistán, Libia ou Siria.
En primeiro lugar porque
posiblemente colleunos desprevidos a resposta contundente dada por
un dos elos fortes da outra cadea imperialista, Rusia, que respondeu
con prontitude diante dos acontecementos e incorporou Crimea ó seu
territorio, despois dun referendo multitudinario, onde ten bases
militares imprescindibles para o control de zonas consideradas
xeoestratéxicas. Crimea pertencía a Ucraína desde hai poucos anos,
foi un regalo de Krutchov, o substituto de Stalin, en 1954 e levouse
a cabo dun xeito ilegal, contrario á lexislación vixente na URSS,
pois non se solicitou a opinión da cidadanía. Por outra banda, as
autoridades de Crimea utilizaron o mesmo procedemento que as de
Kosovo cando se separou de Serbia, que naquel momento foi aceptado
polos organismos internacionais.
En segundo lugar, e
posiblemente a actitude rusa en Crimea axudou a tomar conciencia, a
poboación de cultura rusa do leste, maioritaria e celeiro de votos
do presidente ilegalmente expulsado do seu cargo, reaccionou diante
do golpe dun xeito lóxico, en defensa da orde constitucional e polo
non recoñecemento do goberno ilexítimo. Aspectos todos estes
reforzados pola implicación no golpe dos dous partidos máis
importantes de carácter neonazi, Svoboda (Liberdade) e Pravy Sektor
(Sector Dereito) en cuxos programas aparece dun xeito nidio a
persecución da cultura rusa e dos xudeus. Non hai que esquecer que o
primeiro conta con tres ministros no goberno ilexítimo e que unha
das primeiras medidas deste goberno foi que a lingua rusa deixe de
ser oficial naquelas rexións do país onde tiña esa consideración.
miércoles, 30 de abril de 2014
A CONSTRUCIÓN DO MODELO DE ACUMULACIÓN.BREVE PERCORRIDO POLA ECONOMÍA ESPAÑOLA DOS ÚLTIMOS CORENTA ANOS
A crise e as súas
consecuencias de paro, desafiuzamentos, rebaixa de salarios e
pensións, ataque os dereitos sociais, laborais e políticos, etc,
abriu un período no que a xente fala e discute sobre a economía,
sobre as causas da crise, as súas consecuencias, tamén as razóns
de por que afecta máis ó noso país, a determinadas clases e
sectores sociais; as xentes opinan pero forman o seu criterio moitas
veces influenciados polos medios que tentan dar unha versión moi
nesgada do que está a acontecer.
Polo tanto, creo
importante fomenta-la discusión sobre o tema, sobre as razóns que
fan que o noso modelo de explotación, ou de acumulación, se vexa
máis afectado pola crise que outros moi próximos o que tradúcese
en consecuencias máis prexudiciais para a poboación; sería bo
abrir unha discusión sobre o modelo, chamémoslle “español”,
que se foi xerando desde finais do franquismo ata a actualidade.
A FINALIZACIÓN DA ETAPA
EXPANSIVA.
Debemos partir dunha
afirmación que hoxe case ninguén discute; a finais da década dos
anos sesenta do século pasado, o modelo de acumulación, que
permitiu unha importante etapa de expansión mundial desde o final da
II ª Guerra Mundial, chega ó seu final cas recesións de 1967 e de
1969-70.
lunes, 21 de abril de 2014
120 MIL MOZAS E MOZOS GALEGOS "VOTAN COS PES", EMIGRAN
Roberto
Laxe
Como se fose un escaldazo
na fronte, nestes días cuantificase a perda de poboación moza da
Galiza: en 6 anos saíron 120 mil persoas novas cara a emigración.
Xa non se ven as imaxes dos anos duros do século XX, cando centos de
miles de galegos e galegas colleron o camiño da emigración, mas iso
non quer dicir que non exista. O drama é moi profundo, pois expresa
a renuncia da xuventude a cambiar a sociedade que lle tocou vivir, e
adopta a solución individual, mas masiva, de abandonar.
Lenin, cando o exercito
tsarista no 17 desertaba masivamente, dixo que os campesiños
vestidos de soldados “votaban cos pés”, desertaban. Hoxe é o
que podemos dicir da xuventude galega coa súa masiva emigración,
vota “cos pés”: ningunha das grandes opcións políticas que se
presentan, o xeito de facelo, levantan a menor perspectiva de cambio.
martes, 15 de abril de 2014
DE 14 DE ABRIL A 14 DE ABRIL
Roberto Laxe
En 1931, tras a vitoria da coalición
Republicano-Socialista en case todas as zonas urbanas e industriais,
proclámase a II Republica... abrindo un proceso revolucionario que
culminaría en 1936/37.
Para moitos é unha data histórica superada polo
tempo... Pero, e isto é o decisivo, as causas estruturais que provocaron
a proclamación da Republica e despois a revolución española non só
seguen sendo basicamente as mesmas, senón que se agudizaron.
O capitalismo español segue sendo un imperialismo
de “segunda” división, dependente das subvencións do estado, como
demostra a corrupción galopante que atravesa o Réxime do 78, agora atado
a un organismo supra estatal, a Unión Europea, que profunda nas causas
estruturais que deron orixe ao 14 de abril de 1931.
O problema da terra mantense cunha Política Agraria
Común que segue favorecendo aos vellos e novos terratenientes; unha
estrutura ultracentralista do Estado, que a UE apoia sen fisuras, e un
capitalismo que segue baseado na máxima “que inventen eles”, mentres
baixamos salarios e destruímos as conquistas do pobo traballador.
As ilusións populares de 1931 foron frustradas pola
II Republica; nesta ocasión non pode repetirse a historia, por iso hai
que levantar un programa que apunte directamente ao corazón dos
problemas, ao capitalismo español e europeo, ao dereito dos pobos á
autodeterminación e á resolución do problema agrario; é dicir, o
programa do socialismo na forma dunha Federación de Republicas Ibéricas
no marco dos Estados Unidos Socialistas de Europa.
En Galiza no mes de abril de 2014
lunes, 14 de abril de 2014
14 de ABRIL DE 2014: SAÚDE E REPÚBLICA!
Carlos Dafonte
O 14 de abril de 1931
proclámase a república en todo o estado español; os primeiros
lugares foron Redondela e Eibar, o día 13. Cataluña proclamou a
República Catalá e Manuel Azaña tivo que negociar cas autoridades
para que acordaran deixa-la declaración sen efecto ata a aprobación
dunha constitución. Unha vez aprobada en novembro do mesmo ano, e
como se establecese un novo proxecto de estado, onde se lles daba
resposta a moitos dos seus devezos, os catalás decidiron permanecer
dentro do estado español. O novo proxecto de estado que se
configuraba, permitía gozar de autonomía a Cataluña, País Vasco e
Galicia e aprobación de estatutos despois dunha serie de trámites.
A República buscou e atopou, naquel intre, solución para o problema
do estado multinacional español.
miércoles, 2 de abril de 2014
NA MORTE DE ADOLFO SUAREZ. ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS SOBRE TEMPOS PASADOS E A XORNADA DO 22-M
Carlos Dafonte
Á maior parte dos
noticiarios, novas, tertulianos e comentaristas que estes días
apareceron nos diferentes medios de comunicación, para falar sobre a
“obra política” do segundo presidente do goberno despois da
morte do ditador, co gallo do seu falecemento, serviu para varios
obxectivos.
En primeiro lugar,
para restarlle moito tempo a comentar o desenvolvemento das
diferentes marchas, que saíndo desde algunhas comunidades autónomas,
confluíron en Madrid o día 22 xuntando a máis dun millón de
persoas. A morte de Suárez tapou este acontecemento que amosou dun
xeito moi nidio a argamasa dun posible dobre poder, que aínda
necesita, entre outros aspectos, dotarse de programa e articularse
organicamente, pero que é a vangarda, moi grande e vigorosa, dun
movemento de descontento non só contra as políticas neoliberais que
impón a “troika” e que levan adiante os seus “homes de palla”
fundamentais no estado español, o PP e o PSOE, senón tamén contra
o xeito como estes dous partidos as concretan, marxinando e non
permitindo que as maiorías sociais afectadas, poidan dar a súa
opinión.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




