A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 25 de febrero de 2014

SIRIA E O EFECTO BOLBORETA



Roberto Laxe

O ano pasado o “trio lalalá", Obama, Hollande e Cameron anunciaron a bombo prato que tras o masacre perpetrada polo réxime de Al Assad atacarían Siria, si ou si.... cun dobre obxectivo, desmontar a revolución e retomar o control dun aliado firme do expansionismo chinés-ruso. Ao final, a base militar rusa en Siria, os 12 barcos de guerra que Putin enviou a Siria e os sistemas antimísis que forneceu a Al Assad cumpriron o seu papel: dixéronlle a USA/ Franza/ GB que o paso seguinte era a guerra.

viernes, 21 de febrero de 2014

NOVO MODELO PRODUTIVO, DECRECEMENTO E SOCIALISMO.



Roberto Laxe
Mover ficha”, o programa que deu orixe á candidatura de Podemos, abriu varios debates na esquerda, desde o organizativo/lideranza, pola forma na que apresentou-se na sociedade, ao redor dunha figura mediática, até o programático/político pola maior ou menor ambigüidade nas súas alternativas, ou o teórico/de proxecto social coa proposta “por un novo modelo produtivo”, baseado nunha reconvención ecolóxica, a nacionalización e socialización das empresas enerxéticas e a soberanía alimentaria.
Todo o que se diga sobre o organizativo, o político ou o programático non só é importante, é decisivo posto que aí é onde morren as palabras. Que política, que programa e que organización se desenvolve para conseguir o que nos une a todos, a transformación da sociedade, é o que dá forma á loita por un proxecto social; e non nos confundamos, a forma política e organizativa é determinante para alcanzalo, porque é a maneira de expresar eses obxectivos sociais nun momento histórico concreto.

miércoles, 12 de febrero de 2014

O GRANDE ENGANO


Carlos Dafonte

Cada vez máis o PP, o seu goberno e unha importante cantidade de medios de comunicación, comezan a falar de que o estado español atópase no bo camiño para saír da crise. Un ministro que participou naquela, xa por min comentada, rolda de prensa do 26 de abril do ano pasado, Montoro, cando xunto ca vicepresidenta e o de Economía, por unha vez dixeron a verdade e debullaron un negro panorama para a economía e a sociedade nos anos 2014 e 2015, agora, por tratarse dunha consigna de cara as eleccións ó Parlamento Europeo, atrévese a dicir que “España vai ser quen tire da economía da UE e que xa se pon como exemplo en todo o mundo”. Se a frase non é así literalmente, o contido non cambia.
Algún partido da que se autotitula oposición, tamén admite que as cifras macroeconómicas comezan a ser boas; e neste “novo panorama” os datos que aporta a última Enquisa de Poboación Activa (EPA), volven a situa-la cuestión no seu xusto termo; un tertuliano que a analizaba un deste días pasados, dicía, e penso que con razón, que era comparable á dun país en guerra, pola sangría de poboación que ten marchado ó estranxeiro e a caída do número da que é activa en máis dun millón cen mil persoas.

martes, 4 de febrero de 2014

LA DEUDA O LA VIDA.LA U.E. Y SUS GOBIERNOS CONTRA LOS PUEBLOS.



Ángeles Maestro

(Por dificultades técnicas suprimíronse toda unha serie de gráficos)
1. La mayor mortalidad de la clase obrera, una constante en la sociedad capitalista.
Desmintiendo una vez más a los postmodernos de la “ciudadanía” o de la “nube de mosquitos”, la división de la sociedad en clases y la categoría lucha de clases son las que explican la esencia del funcionamiento social. Y lo hacen de la forma más dramática e incuestionable: mediante diferencias muy importantes en la mortalidad entre las clases sociales.
Una vez más las doctrinas judeocristianas yerran. Las personas no sólo no somos iguales, es la desigualdad lo que nos caracteriza y sobre todo a la hora de morir. La desigualdad social es el rasgo definitorio de la vida en el capitalismo y la muerte prematura en la clase obrera es su expresión más dramática.

lunes, 27 de enero de 2014

CRISE NA INDUSTRIA DA ENERXÍA. A EXPLOSIÓN DO OLIGOPOLIO




Roberto Laxe

O goberno, asustado ante a reacción social que podería provocar o anunciado “tarifazo” do 11% no prezo da electricidade, sumado ao 63% desde o comezo da crise, decidiu anulalo. O goberno da liberalización total da economía para “saír da crise” fíxose intervencionista anulando a poxa do 19 de decembro, e impuxo por decreto un prezo notablemente inferior, o 2.3% no trimestre.
Nesa decisión influíu o que remata o período de “graza” electoral que o PP tivo estes dous anos. En 2014 son as eleccións europeas, un verdadeiro referendo das políticas de recorte e axuste, e no 2015 son as municipais, onde este referendo pódese concretar na perdida de poder de concellos e deputacións.

lunes, 20 de enero de 2014

NO MES DE MAIO ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO EUROPEO. UNHA PRIMEIRA APROXIMACIÓN.


Carlos Dafonte

A maquinaria de propaganda das oligarquías nacionais estase a poñer en marcha para convencernos de que as próximas eleccións ó Parlamento Europeo, a celebrar a finais de maio do presente ano, van ser moi importantes para tod@s nós. Aducirán entre outras razóns, que nos atopamos nun momento histórico, que vai ser o primeiro que asuma as modificacións introducidas no chamado “Acordo de Lisboa”, que outorga maiores competencias a esta institución, e un longo etc de argumentos. Pero no fondo o que se está a xogar nestas eleccións e si a cidadanía recupera certa confianza nas institucións europeas, pequena antes da crise, ou si continuou o proceso de deterioro das mesmas.
Polo tanto vamos presenciar nos próximos meses como monarcas e raíñas, xefes de estado e de goberno, primeiros ministros, chanceleres, presidentes de partidos que se autodenominan de esquerdas, por suposto os de dereitas, algúns sindicalistas, intelectuais...medios de comunicación falados, escritos, televisións, en resumo, todos os aparellos ó servizo dos que mandan, vanse poñer en movemento para convencernos da importancia do evento.

viernes, 3 de enero de 2014

GALICIA NO SEU LABIRINTO


Carlos Dafonte

Recoñezo non terlle pedido permiso a García Márquez por utilizar un título dunha das súas novelas para inicia-lo presente artigo; pero pareceume adecuado sitúa-lo noso país nun labirinto de difícil saída a pesares dos “mantras”, consignas ou quizais é mellor chamalas fantasías, que acotío repiten tanto o presidente da comunidade, como conselleiros e militantes do PP, anunciándonos a “boa nova” de que a economía galega atópase, grazas as medidas por eles tomadas, no bo camiño para a saída da crise, o que vai acontecer denantes e en mellores condicións que no resto do estado.
Habería que preguntarlles en primeiro lugar, que entenden eles “por saír da crise” no sistema capitalista. Posiblemente non nos poñeríamos de acordo, do mesmo xeito que non nos poñemos nas medidas que se están a tomar; en particular opino que para os traballadores asalariados, a grande maioría da sociedade galega, como veño repetindo desde hai tempo, só se sairá da crise se cambiamos de modo de produción e o capitalista deixa de ser hexemónico na formación social galega.