Carlos Dafonte

Polo tanto vamos
presenciar nos próximos meses como monarcas e raíñas, xefes de
estado e de goberno, primeiros ministros, chanceleres, presidentes de
partidos que se autodenominan de esquerdas, por suposto os de
dereitas, algúns sindicalistas, intelectuais...medios de
comunicación falados, escritos, televisións, en resumo, todos os
aparellos ó servizo dos que mandan, vanse poñer en movemento para
convencernos da importancia do evento.
E claro que son importantes sobre todo pola posibilidade de abrir, ca nosa actitude fronte o proceso electoral, dous camiños ben diferenciados, sobre os que teremos que escoller por cal vamos transitar ca nosa actitude, co noso voto.
Un primeiro é o que nos
conducirá a seguir atrapados e en certa medida “paralizados”,
polo institucionalismo burgués, o camiño de continuar a amosar unha
ilimitada confianza de que por medio do funcionamento destas
institucións podamos resolve-los problemas que acosan a maioría das
sociedades da U.E. Concrétase este camiño en dúas posturas: os que
teñen confianza na actual UE e os que non a teñen pero pensan que
“desde dentro se poden cambia-las cousas”.

E se falamos das
institucións europeas, ás que nestes seis anos de crise, aínda sen
pretendelo, non lles quedou máis remedio que amosa-la súa
verdadeira faciana, podémolas cualificar como antidemocráticas,
contrarias ós intereses das grandes maiorías sociais que poboan a
U.E., que lexislan e toman acordos ó servizo das súas oligarquías
máis poderosas; a de Alemaña fundamentalmente, que a traveso do seu
goberno e da chanceler Merkel, situou como prioridade fundamental
para unha saída da crise, a salvagarda dos seus intereses bancarios.
As institucións e os gobernos nacionais, aceptaron dun xeito
vergoñoso esta imposición.
No caso do estado
español, PP e PSOE, do mesmo xeito que actuaran unidos para que se
aprobara unha Constitución Europea antidemocrática e imperialista,
dobregáronse submisos ós intereses de Alemaña e modificaron a
Constitución de 1978, impoñendo o pago da débeda como prioritario
por enriba dos gastos en servizos sociais fundamentais, ensinanza,
sanidade, dependencia, pensións, seguro de paro, etc.

Pero tamén quedou clara
a actitude, que merece unha condena unánime nestes anos de crise,
do Parlamento Europeo, a institución que din representa @s cidadáns,
que non foi capaz de enfrontarse, podemos dicir sen medo a
trabucarnos, que foi cómplice das políticas que mandaron a millóns
de europe@s ó paro, a marxinación e a
unha parte á miseria, sen posibilidade algunha de recuperar o seu
nivel de vida anterior ó comezo da crise. E que fixo dentro dese
parlamento o grupo do Partido da Esquerda Europea?. Pois ou nada, ou
como nada se pode facer, aparecer tamén ós ollos das grandes
maiorías como cómplice, aínda que non fora a súa intención.

Este tipo de propostas,
de cambio desde dentro, deben ser rexeitadas por todo@s os que se
consideren de esquerdas e pola maior parte dos traballador@s
asalariad@s que amosarían ca súa
actitude que aprenderon algo do acontecido nestes anos.
O segundo camiño tamén
ten dúas alternativas salientables, dentro da idea de non manter
confianza algunha nas institucións actuais e a imposibilidade de
cambialas a elas e a política que levan adiante.
Nun primeiro grupo
articularíanse os que teñen unha idea revolucionaria da
participación nas institucións burguesas, pois consideran que
participando desde dentro das mesmas accédese a unha situación
privilexiada para facer propaganda contra o sistema, presentar un
proxecto alternativo, socialista, denunciar a ineficacia das mesmas
para soluciona-los problemas das maiorías e dos traballador@s
asalariad@s e as corruptelas e os
vínculos cos poderes na sombra. Séguese en certa medida aquela
frase de Lenin de que o “parlamento burgués e como un montón de
esterco, súbete a el para que te vexan e te escoiten, pero non caias
nel”.
Postura que poderíamos
aceptar se os que teñen esa mentalidade e quizais se presenten ás
eleccións, constituíran unha forza revolucionaria que tivese fortes
alicerces na sociedade, unha capacidade de loita e de proposta
acreditada e un programa alternativo ó capitalismo para espallar na
sociedade capaz de aglutinar ós numerosos sectores sociais que hoxe
desorientados, observan a agresión constante que sofren, e cando se
mobilizan, fano dun xeito defensivo.

Se esa forza existise,
significaría que unha parte da clase traballadora emprendera, o
labor de organiza-la súa propia forza política e a traveso dela e
das alianzas necesarias, estar disposta a xogar o papel que lle
corresponde na sociedade, habería transformado a conciencia en
sí, en conciencia para sí. E estaría disposta a loitar
pola hexemonía, é dicir, preocuparse tamén polos problemas do
resto das clase explotadas e ser capaz de enfrontarse a clase ou
fracción de clase burguesa hoxe dominante, para desprazala do poder
político, derrotala no campo ideolóxico e organiza-la sociedade
para acadar ese fin.
Nesas circunstancias
podíase dicir que nos atopábamos inmersos nun enfrontamento entre
as dúas clases antagónicas da sociedade capitalista: a burguesía e
a clase traballadora asalariada. Desde o meu punto de vista sería
apropiado darlle o voto a esa forza política o próximo mes de maio.
Pero esa non é a
realidade actual e non a debemos confundir cos nosos devezos. Polo
tanto a maior derrota que se lle pode infrinxir hoxe os
explotadores, que crearon e dominan a UE e amosarlles que vamos
aprendendo a lección do que significan a súa democracia e as
institucións que a representan, é participar activamente na campaña
e pedir para o día da votación, voto en branco, creo que é
o que mellor traduce o rexeite ou o nulo. Ámbolos dous, ó
contrario da abstención que podes absterte xa que pensas que as
cousas van ben, son votos de activista. Pero sobre esta cuestión do
voto escribiremos de novo máis adiante.
En Galicia no mes de
xaneiro de 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario