A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 20 de marzo de 2011

DEFENDAMOS Ó POBO LIBIO. DENUNCIEMOS A AGRESIÓN IMPERIALISTA.


Carlos Dafonte

O imperialismo, con toda a súa poderosa maquinaria militar, ataca de novo. Esta vez a utiliza contra o pobo libio; e afirmámolo, porque a súa intención, con esta nova intervención, non é satisface-la vontade popular de liberarse do autoritarismo de Kadhafi, que ademais espolia parte das riquezas que producen os traballador@s libios e os que chegan doutras partes do continente, se non para impoñerlle un goberno antipopular constituído por numerosos “kadhafistas” que abandonaron o barco do seu xefe hai poucos días.
Hoxe os argumentos do imperialismo e os seus acólitos, xa non nos collen por sorpresa; son parecidos ós que utilizaron para invadir Iraq, Afaganistán ou a ...illa de Grenada. Sempre os mesmos; van liberar un pobo dun xenocida e impoñe-la democracia, pero os feitos desdín estas afirmacións. As súas intervencións deixan sanguentos rastros de decenas ou centos de miles de mortos civís, destrución da economía, roubo das riquezas, forte división social, aniquilamento das vangardas intelectuais e asentamentos de réximes corruptos que nada teñen que ver con participación e control popular e limpeza electoral. Iraq e Afganistán son bos exemplos de todo o anterior.
O presidente Rodriguez, facendo gala da súa miserable integridade política, desdise de todo canto argumento utilizou cando outro liliputiense político, o presidente Aznar, meteunos na guerra de Iraq; acepta agora o papel de “bo sipaio” ó servizo duns intereses espurios que teñen como único obxectivo rouba-las riquezas do pobo libio. Faino por que máis que un presidente que represente os intereses dos habitantes dun estado, representa os intereses das grandes empresas e dos capitais transnacionais; esta disposto a que asumamos entre tod@s, os cuantiosos gastos que esta aventura militar vai representar para os orzamentos, en momentos de crise e cando se recortan salarios e servizos sociais, para unha grande parte da poboación.
Aínda que as dificultades sexan moitas, hai que dar unha resposta; a sociedade civil galega non pode mirar para outro lado diante desta brutal agresión do imperialismo. Aquel@s que quizais hoxe en Libia, se sintan liberados pola intervención imperialista, pronto van coñecer de primeira man, que representan os conceptos de democracia e liberdade cando os aplican na práctica estes xenocidas. Que @s libi@s lles pregunten ós habitantes de Tunisia, de Exipto, de Iemen, de Marrocos, de Arxelia, de Arabia Saudí, de Iraq.....
A liberación do pobo libio dos seus tiranos ten que ser obra do pobo libio.

En Galicia no mes de Marzo de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario