A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 24 de marzo de 2011

O DEMOSTROU O DEBATE DA AUTONOMÍA. A GALIZA TRABALLADORA SEN ALTERNATIVA.

Roberto Laxe

O recente debate do estado da autonomía no Parlamento de Galiza demonstrou o certo que é o que alguns chaman o “parlamentiño”. Coa que esta caendo a nivel mundial, cunha crise econômica, politica e social histórica, os nosos dirixentes políticos debaten sobre os temas cumha frivolidade e superficialidade, cumha chea de lugares comuns, como se desde há três anos non mudara nada do mundo.
Fracaso” do PP ou coerencia burguesa
Feijoo nin “fracasou” nin é um “mal xestor”, como din alguns. Feijoo/Frijol acertou de cheo, porque a politica do PP é isso, o desmantalemento total do servizos públicos para deixalos nas mans privadas, a deixacion total das suas responsabilidades sobre o desemprego e a politica cara os traballadores e traballadoras, porque crê que a “man oscura do mercado” vainos sacar  da crise. É a politica que estan a aplicar em Winscosin, Ohio ou Illinois, em Gran Bretaña, Italia ou Franza: o desmantelamento do chamado estado do bem estar em todos os seus aspectos.
Por isso, acusar a Feijoo e o PP de “fracasar” é, alo menos, um autoengano. O PP sabe o que quere, e vai por elo. Que demagoxicamente se escude na critica ao goberno do PSOE, é obvio, é a maneira que tem de quitar espazo ás criticas desde a esquerda: para criticar xá estou eu, din, e chama, loxicamente ao BNG a sumarse ao pacto contra o goberno central.
É ista “falência” nas criticas da oposicion á Xunta o que xera decepcion e sobre todo escepticismo na poboacion. Se o PP “fracasou” ou é “mal xestor”, non deixa de ser un recoñecemento de que no fondo “quere” facer políticas sociais, só que fainas mal. E isso non é certo. O plan da Xunta é o do PP em xeral, rematar definitivamente com todos os direitos sociais e laborais, cós direitos da Muller, a través dunha lei de familia que provoca un estremecimento pola sua semellanza côas recomendacions da Seccion Femenina da Falange no Franquismo: a Muller na casa e na familia.
O plan do PP non é negociar un novo estatuto de Autonomia, porque, e foi dito polo seu “pai” ideoloxico, Aznar, as Autonomias son caras e poren o seu obxectivo real é o de acabar com calquer signo de identidade e autonomia: a lingoa, as seleccions esportivas, as lembranzas históricas próprias (os Irmandiños) ou o que sexa. Queiramos ou non, os nosos símbolos van ser os españois, os Comuneros frente aos Irmandiños, “la roja” frente á seleccion galega, o español frente o galego, que o PP sabe moito do peso dos símbolos cara a reforzar ou disolver umha identidade, sexa de clase ou nacional.
Por todo isto, Feijoo/Frijol (xarda/caballa) enfundarase a bandeira que queira, mas “por moito que a mona vista de seda, mona queda”.
No Parlamento non se escoita a voz da Clase Traballadora
A crueza da crise econômica, que desde o goberno do PSOE e a Xunta do PP estan a descargar sobre as costas dos traballadores e traballadoras, no saqueo dos pobos e o acordo nas operaciones militares, impon subir uns grãos na critica aos gobernos.
Non se pode construir umha alternativa de esquerdas, combinando as criticas superficiais, como se de un mero “fracaso” fose, com propostas de consenso com eles. A estas alturas da crise non podemos estar com simplicidades nin com consensos vácuos com forzas reaccionarias. Cando no mundo árabe extendese a revolucion e a intervencion imperialista, cando un terremoto pon contra as cordas a segunda potencia mundial, pola sua dependência dunha enerxia que só interesa ás grandes multinacionais, niponas algunhas delas, cando em toda Europa só coñecen umha politica para sair da crise, facer retroceder ducias de anos todos os direitos laborais e civis, é preciso, mesmo no parlamento, levantar as bandeiras da transformacion social.
Porque isso é o que falta neste parlamento, a voz da Clase Traballadora como alternativa. O eixo das solucions para os problemas fican nos limites do sistema capitalista: por exemplo, Povisa. É un crime e un insulto aos traballadores e traballadoras e aos vigueses em xeral  que ninguen no Parlamento propoña, Xa, a súa nacionalizacion para garantir os postos de traballo e a atencion sanitária digna. Outro exemplo, Clesa. Falase moito dun Grupo Lacteo Galego, mas isso que signfica, a proposta de que a Xunta, teña a cor que teña, promocione un Grupo Lacteo Galego privado, ou a exixencia da nacionalizacion, xá, de Clesa para garantir todos os postos de traballo e, o tempo, a constitucion pola Xunta dun Grupo Lacteo Galego, non privado.
Cando se fala de que a voz da Clase Traballadora non esta no parlamento é claro que non é porque non se defendan parcialmente as suas reivindicaciones, o BNG em ocasions telo feito. Mas, o problema é o centro da alternativa que ao PP e ao PSOE se lle opon.
O PP e o PSOE teñen, cada un o seu xeito, políticas da clase á que pertencen, a burguesia, o capitalismo. As suas alternativas, que teñennas diferenciadas, estan á procura da mellora das condicions para a explotacion da clase traballadora e os pobos. Un ó bestia, outro misturando “palabrerio” progresista com medidas antiobreiras, mas os dous co igual obxectivo. Frente a eles non se lles pode opor alternativas interclasistas, de “pais”, que misturan acordos com sectores da dirixencia das Caixas de Aforro com a defensa de interesse da clase traballadora, que misturan chamados a subvencionar aos empresários (os chamados emprendedores) com apoios ás folgas xerais, com exixencias de AVEs e infraestructuras que afortalan o centralismo e a desconexion interna da Galiza com a defensa do “país”.
Non collen termos médios, pois só benefician aos poderosos: quen levante unha proposta interclasista remata concedendo nas reivindicacions dos traballadores e as traballadoras, para non “asustar” aos burgueses ou pequenos burgueses que nalgun caso podem marchar con nós. Por non “asustarlles”, rebaixase o nível das exixencias do pobo traballador, a isso conduce o interclasismo. Ou se esta côa xestion privada dos servizos publicos, admitida por lei no Bipartido, e cós “emprendedores/empresarios” que son beneficiados pólas condicions laborais que se impón á clase traballadora. Ou se esta contra o capitalismo, os seus gobernos e as suas leis, que procuran umha saída da crise sobre a base da mellora dos lucros empresariais.
As reivindicacions da Clase Traballadora non podem ficar nun segundo plano, nin no Parlamento nin na rua. Esto é o primeiro a pór sobre a mesa no Parlamento: quen esta polo capitalismo e as suas crises, e quen esta por umha saída obreira e popular á crise.
A saída parlamentar non serve
Há outro aspecto no debate parlamentar que alonxa a súa realidade das necesidades da poboacion traballadora: o marco da resolucion das reivindicacions sociais. Para a oposicion son as resolucions parlamentarias, é o parlamento quen vai resolver os problemas da sociedade, da clase traballadora. Os seus discursos non chaman á mobilizacion, dirixense á Feijoo/Frijol co animo de “convencelo” de que pode facer outra politica, que a súa fracasou. No mellor dos casos, é o vello reformismo de pór a mobilizacion social o servizo dun proxecto electoral.
A crise actual, a virulência das leis aprobadas nos parlamentos demonstran os limites do parlamentarismo. As conquistas da clase traballadora son as que conseguiron côa loita, que, froito desa mobilizacion, convertironse em lei. Non é o camiño o invés. Alem máis, a defensa desas conquistas tampouco é posible desde o Parlamento, senon só a mobilizacion social pode facelo.
O parlamentarismo, a participacion parlamentar, non é a ferramenta da transformacion social, senon que é unha ferramenta da loita social para a transformacion. A actual oposicion no parlamento, tal e como se viu no debate, tem no parlamentarismo o principio e o fin da sua actividade politica, e pon ó seu servizo a mobilizacion social.
Na Galiza actual é preciso reconstruir umha forza politica que poña no centro a incorporacion da clase traballadora, do pobo traballador, á actividade politica a partir das suas reivindicacions concretas, reparto de traballo para traballar todos, pensionazo ou contra as privatizacions, etc., e os seus métodos de loita, a folga e a manifestacion, democráticamente decididas em asembleas.
Mas non so isso. A crise afecta a todo o mundo, desde o pobo xapones, victima dunha politica enerxetica allea ás suas necesidades, ate os traballadores e traballadoras dos Estados de EE UU, levantados contra os seus dirixentes, pasando pólos pobos árabes, enfrentados ás dictaduras pro imperialistas e á agresion imperialista; e o pobo traballador galego, como os demais, esta a sufrir nas suas carnes as consecuencias desas políticas. Os debates nun parlamentiño como o feito na Galiza, fican “pequenos” e “superficiais”. Non se pode respostar á umha crise da profundidade e do calado internacional da actual desde o illamento nacional.
A forza politica a construir tem que levantar o liston da loita politica cara a súa implicacion e coordinacion a nível estatal e internacional, poñelo onde tem que estar, contra o capitalismo, responsabél directo e único do que esta acontecer, e nas bandeiras da transformacion socialista da sociedade.
 Isto ten que escoitarse nas fabricas e centros de estudo, e no Parlamento, nos concellos e nas asembleas veciñais.
Galiza, 23 de marzo do 2011


No hay comentarios:

Publicar un comentario