Roberto Laxe
As clases
dominantes, conscentes da debilidade que o goberno de Rajoy tem para levar
adiante o pacote de medidas que desde a Union Europea, o BCE e o FMI exixenlle,
procuraron dar lexitimidade e lustre ao consello de ministros do vernes 13, côa
presenza do monarca.
Ate o de agora
sempre deralles resultado sacar o rei da burbulla, das suas cacerias e o “duro
traballo de reinar”. Asi foi cando a final dos 70 os gobernos da UCD aprobaron
os decretos de reconversion industrial para entrar no que agora é a Union
Europea, que despois serian aplicados pólo PSOE nos 80; asi foi trás o golpe de
estado do 23F.
Asi, tamen, cando o goberno de UCD e despois o do PSOE, menteronnos na OTAN.
O longo de todos
estos anos a figura do rei, e da família real directa, foi protexida dos
avatares da política cotia, e só nas ocasions anteditas, ou em crises fortes
pólos atentados de ETA, a monarquia cumpria o papel para o que foi destinado
nos pactos da transicion, garantir a estabilidade do aparello do estado herdado
do franquismo, nomeadamente o exercito e o poder xudicial, e a ligazon co
rexime xurdido na constitucion do 78. Para algo é o xefe de todos os Exércitos,
e preside todos os anos –salvo este, por motivos de todos coñecido- o comezo do
ano xudicial no acto oficial do Consello do Poder Xudicial.
Este pacto incluía
o acordo das organizacions das burguesias bascas e catalanas a través do PNB e
CiU, e as cúpulas das organizacions sindicais e politicas, como o PCE, CCOO e
UXT. De feito, non é de extranar a reaccion de Toxo trás a presencia do rei no
Consello de Ministros do 13, afirmando que non coñecia os seus contidos, e que
cando o fixera, rexeitariaos. O segredario Xeral de CCOO foi contestado polo
monarca desde o extranxeiro: as medidas adoptadas son as “unicas posibles”.
Dalgun xeito, a
monarquia, e as institucions que preside, o exercito e o poder xudicial, é o
partido da burguesia española. O seu redor xiran as diferentes fraccions da
capital, representados no PSOE e no PP; sendo o seu reaseguro em caso de crise
destos dous partidos. Por isso, o rei e a casa real baixan á terra, saen da sua
vida “de traballo”, cando é preciso avaliar côa sua figura o que os partidos
institucionais non podem facer, sem abrir umha profunda crise política.
Mas como din a
cancion, “o tempo pasa”, e no 2012
a figura da monarquia, e do rei, xá non tem o lustre e a
lexitimidade que tiña non hai tanto tempo.
A constitucion da
Union Europea, o feito de que o 60% da lexislacion dos estados membros veña
determinado pólas Directivas Europeas, agudizado agora póla política de
resgates e intervencions directas, teñen debilitado o seu papel institucional e
nucleador dos interesses do capital. Este papel bonapartista, por cima das
contradiccions de clase e sociais, esta sendo asumido póla Comision Europea e
Bruxelas.
Neste cadro, as
burguesias nacionalistas procuran um reacomodo na nova arquitectura europea,
que se esta a facer a partir da crise, e comezan a dar signos de desapego cara
os pactos da Transicion.
Por outra banda, há
um elemento interno que é o que o debilita diante da poboacion, a implicacion
em casos de corrupcion da família real, e a sua própria decandencia individual.
A crise esta poñendo branco sobre preto o verdadeiro papel do rei e a
monarquia, como parte da clase capitalista, mesmo destapando a sua cobiza
individual.
Nestas condicions,
o intento de avaliar o pacote de medidas acordado o pasado 13 de xullo côa
presenza do rei só podem ter o efecto contrario, que é o de ligar a loita da
poboacion traballadora contra as suas consecuencias, contra a suba do IVE, a
supresion da paga extra, os recortes no desemprego, etc., á loita contra o
rexime que garantiu a estabilidade burguesa o longo destos anos.
Na sua
desesperacion por impor a poboacion os costes da crise, a situacion do goberno,
o final, pode ser um xogo de nenos diante do que puxeron em perigro, a mesma
estabilidade do rexime, pois a meirande parte dos que hoxe loitan e denuncian
esas políticas, os funcionários, os militares e policias, son a base social desa
monarquia e dos seus partidos.
Para enfrentar com
garantias de victoria os recortes que desde o goberno da monarquia queren
impor, as loitas dos traballadores/as, dos sectores da poboacion afectados non
chega com enfrentar o goberno de quenda: a decision non é coxuntural, senon que
o intento de facer retroceder 50 anos nos nosos direitos é um proxecto do
conxunto do capital español e europeo, do seu rexime, pase o goberno que pase,
teña a cor que teña.
A crise esta
destapando o verdadeiro caracter da monarquia, como a columna vertebral dun
rexime antiobreiro e antipopular, e as organizacions obreiras e populares non
podem seguir ocultando esta relacion que esta comezando a facer augas.
A crise de
lexitimidade do rexime da monarquia, abre a perspectiva cara a realizacion
dunha asemblea constituiente onde a poboacion traballadora e os pobos do estado
decidan o seu futuro político, econômico, social e o xeito de relacionarse co
resto de Europa. Porque, queriamolo ou non, a saída da crise ou é de conxunto
ou gañaran os poderosos e as clase dominante.
19 de xullo de 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario