Eusebio López
O xuízo contra Willy Toledo, os presos
cataláns, o 155 e as bandas quitalazos, Valtonic, as declaracións
de Toni Cantou sobre a desaparición do castelán en Galiza (este tío
non pisou Ferrol, Coruña ou Vigo, onde facer vida normal en galego é
imposible, somos “imigrantes na nosa propia terra”), Casado e a
sua “pistola sobre a mesa”, a provocación da subida do 1.5% á
casa Real “coma se fosen funcionários”..., (pero que oposición
aprobaron?) e a inviolabilidade do anterior rei... O verdadeiro
carácter da xustiza, ademais de burguesa (“está feita para os
robagaliñas”) é neofranquista (a maioría dos altos cargos son do
OPUS DEI), e máis que quedan no tinteiro, non son actitudes da
caspa, de “indivíduos” ignorantes,...
Non é un problema de maior ou menor cultura, como ás veces podería parecelo; é un problema político de primeira orde. Son as institucións dun réxime en decadencia, que se defenden como gato bandullo arriba. O 69% da poboación, segundo o CIS, quere unha reforma da Constitución… Case dous de cada tres dos enquisados e enquisadas por un organismo oficial di se á “reforma”.
Xa coñecemos como se cociñan estas
enquisas; así que a esquerda, se quere realmente exercer de tal debe
enfrontar, non a reforma dunha constitución irreformable, posto que
os mecanismos parlamentarios establecidos fano imposible sen contar
co “búnker”; senón a ruptura con ela, pondo sobre a mesa a
necesidade de abrir un verdadeiro proceso constituínte, que encare
de maneira democrática os principais problemas sociais e políticos
dos pobos do estado e a clase obreira.
O contrario da súa actual
actitude de converterse no que está a ser, a muleta “social” do
réxime apoiando ao goberno, que é a “muleta política” do
réxime; que xunto á “muleta xudicial” neofranquista e á
“institucional” (Casa Real e exército), dan estabilidade a unha
forma de estado que todo o mundo considera esgotada. Ser
esa “muleta social” convérteos en parte do problema, e non da
solución.
A ruptura co réxime e a apertura dun
proceso constituínte, non caerá do ceo como froita madura, senón
só como consecuencia da mobilización social que poña no centro a
resolución das necesidades sociais e políticas da poboación
traballadora; non só de salario vive o ser humano, vive da cultura,
das liberdades, das relacións libres e iguais entre as persoas. É
máis, o recorte das liberdades e a represión élles imprescindible
para impor os recortes sociais e laborais: “o poder está na punta
do fusil”,... ou da porra e o cárcere.
Todos os ataques aos dereitos laborais,
sociais e políticos desde o búnker do réxime, dinnos que este non
vai ceder os seus privilexios porque se lles convenza nun debate
dialéctico nin a través dunha mera votación parlamentaria. Só a
mobilización unitaria, sostida no tempo, con obxectivos claros e
precisos, sen claudicaciones aos cantos de sirena dos que se din de
“esquerdas” e fan políticas de “dereita” en defensa dese
réxime, poderase conquistar a ruptura co réxime e a apertura dese
proceso constituínte.
En Galiza no mes de
outubro de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario