A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 13 de abril de 2009

INDEPENDENTISMO E LOITA DE CLASES

Roberto Laxe




Hai toda unha corrente do anticapitalismo que establece unha ligazón estratéxica entre a loita pola independencia das nacións e o socialismo. Para iso din superar o vello nacionalismo, ancorado nas súas raíces burguesas, ou pequeno-burguesas de esquerdas, como ERC ou o BNG. Teorizan que nas nacións oprimidas, a loita pola independencia nacional é a pedra de toque da loita pola transformación socialista da sociedade.


Evidentemente, a independência é un direito totalmente lexítimo dun pobo na súa loita pola soberanía nacional. De feito, toda loita nacional tende por lóxica interna, á constitución dun estado propio que de forma xurídica á nación. Pero, ligalo dun xeito principista á perspectiva socialista vai un treito.


Para explicalo teñen que obviar, e ata modificar feitos da realidade, facendo abstracción de marcos de loita de clases estatais e internacionais.


Loita nacional e loita de clases


O Manifesto Comunista termina con toda unha declaración teórica e política: Proletarios de todos os países, unídevos.


Esta declaración parte da idea de que a clase obreira é a única clase realmente internacional, que afunde o seu internacionalismo no feito da súa unidade na explotación. Doutra maneira, os e as asalariadas teñen un trazo obxectivo común en todo o mundo, a sua subsistencia depende da venda da forza de traballo por un salario.


En palabras de Marx e Engels no Manifesto Comunista.


“A condición esencial da existencia e da dominación da clase burguesa é a acumulación da riqueza en mans de particulares, a formación e o acrecentamento do capital. A condición de existencia do capital é o traballo asalariado.”


Por isto, a esencia da loita da clase obreira por mellorar as súas condicións de vida e traballo, e de últimas, abolir o traballo asalariado condúcelle á loita contra a clase burguesa.


A partir desta evidencia, non se pode facer abstracción do que Lenin chamou “aristocracia obreira”, é dicer, sectores desa clase obreira que, sobre todo nas potencias imperialistas, viven das migallas que caen da mesa do capital, e permítelles elevarem-se sobre as condicións medias da clase, converténdose deste xeito na base social da dominación sobre o resto dos asalariados e do saqueo dos pobos.


Convértense no “apoio de esquerdas” das burguesías imperialistas, só que os tempos de crise lembralles o seu verdadeiro papel na sociedade, son clase obreira, e vense afetados polas conseqüências do desemprego e a perda de conquistas.


Doutra banda, a clase obreira vive e é explotada dentro duns marcos estatais precisos, onde se produce a acumulación de capital pola burguesía. Uns estados que expresan, tamén, outras relacións de forza, outras loitas entre outros sectores sociais, entre outras clases sociais.


É nestes periodos de crise social, nos que as tendencias “naturais” á concentración e centralización de capital se agudizan, cando a eses sectores condénaselles á marxinación e a miseria, co empobrecimiento de amplas capas rurais e urbanas, campesiños, pequenos comerciantes, semi proletarios, etc.


Aínda que este fenómeno non só prodúcese no chamado Tercer Mundo, senón que afeta cada vez máis ás potencias imperialistas, é nos países oprimidos onde estes sectores buscan unha alternativa propia que vehiculice as suas aspiracións a unha vida mellor, máis libre e máis digna, baixo a forma da loita nacional pola súa soberanía, que, por suposto, inclúe á clase obreira.


Deste xeito a loita da nación oprimida e a loita de clases entrelázanse. Ambas teñen os mesmos inimigos, pero son cualitativamente distintas. A loita nacional ten unha fronteira ben definida, a independencia nacional, e os que ata ese momento eran aliados, converteranse en inimigos; pola súa banda a loita de clases non ten ningunha fronteira, é a loita por acabar con todo tipo de explotación e opresión.


Independencia nacional ou independencia de clase


A esencia da política nacionalista e a súa variante máis coerente, o independentismo, é que para conquistar a soberanía nacional é necesaria a unidade da nación fronte ao opresor, xa sexa baixo a conformación dun bloque de clases xa baixo a forma dun movemento de liberación nacional.


Isto supón nos feitos subordinar todas as reivindicacións das diferentes clases e sectores sociais, baixo o obxetivo primordial da independencia. As fronteiras entre as clases oprimidas polo estado, baixo o término genérico de “pobo traballador”, dilúense trás os símbolos da nación oprimida.


Isto, que podería ter a lóxica da “unión fai a forza”, ten dous problemas: un, fai abstracción do feito de que na decadencia do capitalismo só hai unha clase revolucionaria, a clase obreira; dous, supón disolver as súas reivindicacións e os seus métodos de folga de masas e democracia obreira, nunha suma de “reivindicacións nacionais”, é dicer, doutras clases sociais, que, en moitas ocasións teñen intereses contrapuestos.


A crise económica e social atual pón de novo á orde do día a disiuntiva “socialismo ou barbárie”; é dicer, que fronte ás consecuencias do capitalismo só pódese opor o proxeto social da clase obreira.


Ningún outro sector social, nin obxetiva nin subxetivamente, está interesado en liberar ao conxunto da sociedade da opresión e a explotación. A pelexa entre os demais sectores sociais, pequena burguesía, campesinado, semiproletarios urbanos, etc., ten como obxetivo mellorar as súa situación social e isto condúcelles a enfrontamentos coas grandes multinacionais e os seus gobernos.


Indudablemente este é un enfrontamento progresivo, pero o seu final non é a liberación social. Por exemplo, a soberanía alimentaria ou o comercio “xusto” defendido por amplos sectores da esquerda mundial non garante o direito á alimentación da poboación, senón que ten como obxetivo recoñecido o de mellorar as condicións dos campesiños, gandeiros ou pequenos comerciantes para situar os seus produtos no mercado, buscando a protección de “os seus” estados.


Por este motivo, lígase directamente á loita pola soberanía nacional contra o opresor, pero a súa fronteira política é a protección do mercado nacional, non vai máis aló; non avanza cara á planificación democrática da economía que supere o caos do mercado, porque isto é dar un paso no camiño do socialismo, é dicer, a abolición da propiedade privada dos medios de produción e distribución.


Pola contra, a clase obreira, polo seu papel na produción e distribución de mercancias e servizos, non ten ningunha atadura nin ningún límite, que non sexa subjetivo, nos seus obxetivos sociais. Só ela pode encabezar a loita de todos os oprimidos; mas para iso ten que visualizar se diante da poboación, a condición de manter a súa independencia como clase.


O seu programa social, de expropiación da burguesía e especuladores, de nacionalización baixo control obreiro e social da banca e os servizos sociais, de reparto de traballo para traballar todos, de prohibición do despedimento, dun salario digno para todos, de planificación democrática da economía ao servizo das necesidades sociais, etc., é un programa para o conxunto da sociedade, que na súa maioría (máis do 70% da poboación mundial) é asalariada.


Liberación social e soberania nacional


A soberanía nacional é parte deste programa, posto que a clase obreira fai parte desa nación e polo tanto, da opresión que como pobo sofre. Pero o seu obxetivo non é ficar nos límites nacionais, senón transcrecelos, superalos, e liberándose como clase, permite garantir a liberación como nación.


Calquera outro sector social estará sempre disposto a negociar coas clases dominantes a cambio de se converter en “sócio”, se deixan de ser “súbditos para ser sócios”, como dixo Evo Morales no discurso de toma de posesión como Pte de Bolivia. Os pequenos comerciantes, os campesiños, esquecen rápidamente o seu “nacionalismo”, mentres que a clase obreira só ten que perder as cadeas da súa explotación.


A independencia das colonias ao longo do século XIX e do XX está chea de procesos de liberación nacional que confirmaron a categoría de Lenin no Imperialismo Fase Superior do Capitalismo, “de países dependentes politicamente a independentes, envolvidos polas redes da dependencia financeira e diplomática desde un punto de vista formal, pero, en realidade, envolvidos polas redes da dependencia financeira e diplomática”.


Baixo a fase imperialista do capitalismo só cabo unha independencia nacional, a que vai ligada á expropiación da burguesía, á construción do socialismo, é dicer, a ruptura coas relacións sociais de produción capitalistas nacionais e internacionais.


A liberación nacional das nacións oprimidas é unha das partes fundamentais do programa da revolución socialista, non só na nación oprimida, senón no centro político e económico. A burguesía imperialista e centralista apóiase na división da clase obreira, baixo as fronteiras nacionais, empuxa a unhas contra outras a competir polo traballo e as condicións sociais; utiliza a xenofobia e o racismo, que se basea no medo a esa competencia.


Volvendo a Marx e Engels no Manifesto Comunista, “O traballo asalariado presupón, inevitablemente, a concurrencia dos obreiros entre si”. Por iso, a loita contra a nación opresora ten un compoñente central no camiño da unidade de clase obreira contra a burguesía, posto que a loita entre as nacións é unha das formas que adquire esta “concurrencia” entre os obreiros.


Levar adiante este programa é imposible sen un partido coas mesmas características que a clase á que pertence e á que quere representar, Internacional, que supere as ataduras das clases meramente nacionais, que sitúan as súas fronteiras políticas nas fronteiras das nacións, e levante o obxetivo estratéxico da revolución socialista mundial.


 


 


 



jueves, 9 de abril de 2009

NON TEÑEN REI?

Roberto Laxe


O santo e aceno de todas as correntes independentistas e a maioría das nacionalistas é que os pobos oprimidos do estado “non teñen rei”.


Como expresión do legitimo desprezo cara unha institución opresora imposta polo franquismo, é lóxica, pero como eixo político de denuncia dese réxime é unha abstracción que só pode partir dunha concepción errada do que é un estado burgués, e no concreto o Estado Español.


O estado español é o resultado do fracaso da burguesía “española” de constituírse como clase dominante dunha nación unitaria. Foi incapaz de facer “a sua? revolución burguesa no século XIX que lexitimase a nación española; por iso, cando buscou a unidade do territorio, o fixoo sobre a base da reacción, cuxo exemplo máis brutal foi o franquismo. Deste xeito, o Estado Español constituí-se como unha cárcere de pobos, só unidos pola incapacidade das burguesías periféricas a facer “as suas” revolucións burguesas, e constituírse como estados independentes.


Na guerra civil este mecanismo explodiu baixo as presións da crise social global que terminaron na II Guerra Mundial. Durante cuarenta anos non había delegación; as burguesías periféricas foron derrotadas e tiveron que aguantar a presión ultra centralista do franquismo.


Pero a Transición pon de novo sobre a mesa a cuestión irresoluble do dereito á autodeterminación dunhas nacións que nunca renunciaron a selo, combinado cun ascenso de movilizaciones obreiras sen precedentes. Co efecto engadido de que a clase obreira do Estado facia sua a reivindicación do dereito á autodeterminación, incluíao no seu programa de loita contra o franquismo, e isto asustaba, non só ao poder central, senón ás mesmas burguesías periféricas. A combinación era explosiva, e había que desviala.


A Transición fíxose sobre a base da “construción” dun mecanismo bonapartista, de delegar o poder nunha figura “unificadora” que, mantendo as estruturas represivas fundamentais do franquismo (exército e poder xudicial), puidése construír unha mitoloxía de “unidade na diversidade”: o café para todos das autonomías que disolvera o dereito á autodeterminación.


Para iso, contaron co apoio decidido da maioría das organizacións obreiras, especialmente o PCE e CCOO, que introduciron a división na clase obreira, ao aceptar a “unidade de España” como principio constitucional, e rexeitar rotundamente o dereito á autodeterminación. Deste xeito, a única oposición ao réxime ficou nas mans do nacionalismo e o independentismo.


A figura que permitiu con todas as reservas do mundo especialmente en Euskadi, onde a transición obtivo un rexeitamento de masas, foi Juan Carlos, o herdeiro posto polo mesmo dictador.


Por este motivo, dicer que as nacións “non teñen rei” é, sendo benévolos, un autoengano. Os pobos oprimidos teñen rei, como teñen un estado que os oprime, do que o monarca é a súa figura máxima. Por isto, só tendo claro que a loita pola soberanía nacional pasa pola loita contra o réxime que representa ese rei, pódese construír unha política revolucionaria no Estado Español.


 


Como chegan a esta conclusión


Na frase “non teñen rei” resúmese toda unha elaboración que ten como eixo unha visión do estado, non como “o instrumento do que se serve o capital para explotar o traballo asalariado”, en definición de Engels; senón como un instrumento de opresión dunha nación sobre outras.


Esta é a lóxica que atravesa as súas análises e condúcelles inexorablemente á abstracción respecto ao carácter de clase do estado. É necesario recuperar a concepción de que calquera estado é, en primeiro lugar, un instrumento para a explotación e dominación dunha clase sobre outra, e alí onde existe opresión nacional, un mecanismo de perpetuación desta opresión.


Porque se se lle deixa de considerar un “destacamento de homes armados” para a defensa dos intereses das clases dominantes, para ser un aparello de dominación dunha nación sobre outra, cáese de cabeza, por moito que se rexeite, na mesma lóxica interclasista, nacional, do “vello” nacionalismo, que arrastra a todo un sector dos asalariados no seu ronsel.


Se a clase obreira quere reconstruír a súa unidade fronte ao réxime burgués, centralista, da monarquía ten que facer seu, como precondición, a defensa do dereito á autodeterminación dos pobos. Pero tamén é necesario romper coa concepción interclasista nacionalista ou independentista, para construír un programa anticapitalista, socialista revolucionario, cuxo centro sexa a loita contra o réxime político do que se dotaron as burguesías españolas para a explotación da clase obreira e a opresión dos pobos.


Esta é a tarefa dun Partido Revolucionario no Estado Español.





domingo, 22 de marzo de 2009

SOBRE A CRISE DO RÉXIME

Roberto Laxe


 A crise económica que tensa todas as relacións sociais, arruína burgueses, enfróntaos por mellorar a súa cota na explotación da clase obreira, etc., vén xuntarse á do PP, como reagrupamiento de todos os franquistas que como o mesmo rei, foron amnistiados coa lei do 76.


Os escándalos de corrupción nos que esta inmerso, e que o goberno esta utilizando para desviar a atención da situación económica, é a crise do partido que reagrupou a todos os herdeiros do franquismo arredor á figura do antigo ministro de Franco, Fraga Iribarne. A el incorporáronse, como administradores dos límites que o réxime do 78 impuxo ao movemento de masas, todos os franquistas, falangistas, opusdeístas, e demais axentes da ditadura, todos eles moi interrelacionados coas institucións básicas mantidas na Transición, a xudicatura e o exército.


Alen diso, o PP expresaba os intereses dun sector da burguesía, profundamente ligada ao ladrillo e o capital financeiro (non é casualidade que estale en Valencia e Madrid, dúas das zonas do estado con maior dependencia da burbulla inmobiliaria), que a crise económica veu a levarse por diante.


E nunha sorte de axuste de contas entre burgueses -nos EEUU, nin curtos nin perezosos, van a meter na prision a un dos especuladores máis grandes do mundo-, un sector do aparello xudicial con Garzón á cabeza asume a tarefa de “limpar” de corruptos e especuladores, coma se con iso, limpase ao sistema capitalista.


Mais pola sua interrelación co aparello xudicial, do que é prácticamente o seu portavoz político, o encarcelamiento de dirixentes do PP, o cuestionamiento de dirixentes de Comunidades Autónomas, etc., esta provocando unha crise moi seria nunha das institucións básicas de calquera réxime, o aparello xudicial e o seu órgano máximo, o Consello de Poder Xudicial.


Os enfrontamentos entre xuíces e fiscais, as denuncias e contradenuncias, xustifican o devandito popular de que “a xustiza é un cachondeo”. Pero as consecuencias son profundas, a principal fonte de legitimación da represión que é o “imperio da lei” e os seus ejecutores, os xuíces, están postos en cuestión por todos os sectores.


E no centro de todo, como case sempre, a Audiencia Nacional, a herdeira do franquista Tribunal de Orde Publico, que con esta guerra contra “a corrupción”, pretende lavarse a cara do seu verdadeiro papel, represora dos dereitos dos pobos e dos activistas independentistas vascos, cataláns e galegos. A exixencia de disolución da Audiencia Nacional é unha das reivindicacións democráticas básicas na loita contra o réxime da monarquía.


Un réxime cuxa institución fundamental, o monarca, esta prácticamente desparecido ante unha crise como a que esta sufrindo a clase traballadora do Estado. Esta claro que o pacto de silencio e amnesia colectiva sobre o que se sustenta o actual réxime, tralos recortes á lei de la “des”memoria historica, renovouse. A burguesía é consciente de que a medida que a loita obreira e popular se agudice e profundice, os choques coas institucións do réxime van estar á orde do día, e para iso é necesario contar coas súas institucións fundamentais intactas diante da poboación.


Por este motivo, xa pasou ao caixón dos esquecementos calquera proposta de reforma da constitución. A unidade en torno ao rei, como única institución aínda non desprestixiada diante da poboación, vai ser determinante no futuro.


Mais a crise, os sufrimentos das masas, o desemprego e a pobreza crecente, vai a abrir un abismo entre unha institución parásita como a monarquía e unha clase traballadora empobrecida por ese mesmo réxime; o que fai que a batalla pola ruptura coa monarquía, pola republica, váiase a poñer no centro do conflito, abarcando a cada vez máis sectores sociais.


21 de marzo de 2009


 



sábado, 7 de marzo de 2009

AUTONÓMICAS 2009. GANEN UNS OU OUTROS, SEMPRE PERDEN OS MESMOS

Carlos Dafonte




A pesares do “empantanamento electoral” do PP, subiu respecto das anteriores eleccións autonómicas un cativo feixe de votos, o bipartito foi derrotado con contundencia polos seus propios electores que lle deran hai catro anos a posibilidade de constituírse como goberno. Agora lle fan perder en conxunto aproximadamente 120.000 votos e dous deputados; un na circunscrición onde se presentaba o Presidente e outro na do Vicepresidente. ¡¡¡Máis claro auga!!! Cos nosos votos e os nosos devezos non se xoga, dixeron posiblemente sectores da vangarda política dos asalariad@s, sectores da esquerda, que votaron ó PSOE e BNG no ano 2005, “co dedo no nariz”, para botar fora da Xunta a Fraga, diante da ausencia dunha forza política que os representara.


Pero estes catro anos de “bipartito” deixoulles claro, que fronte á crise e ás políticas neoliberais estaban indefensos, que @s traballador@s asalariados non tiñan voz no Parlamento galego nin nas institucións que PSOE e BNG xestionaban e seguen a xestionar. E non só iso, que as que levaron adiante desde a Xunta eran políticas continuístas das levadas a cabo polo “PP da boina” e ó servizo dos intereses da burguesía, a do despido libre e a desestruturación do mercado laboral, a dos ERES, a das inxentes ganancias nos pasados anos que agora se apresta a recibir fondos públicos sen que se lles pregunten onde están os beneficios, a que pide a redución dos salarios, cotizacións á seguridade social e rebaixas fiscais para empresas ; por iso milleiros de galeg@s ficaron na casa ou votaron branco e nulo.


Pero o 1 de marzo debe ser tamén o día no que se abra unha nova etapa para a sociedade galega, a da reconstrución da esquerda a cabalo da posición de importantes sectores sociais que dixeron ¡¡basta!! á chantaxe do chamado voto útil, que estes catro anos amosaron que era inútil, e a quen converten a acción política nunha constante farsa, abandona a rúa e os movementos sociais, non fai caso das reivindicacións populares e pensan que con esmolas e bailes de salón, poden gañar votos; en resumo dixeron basta a quen, viñamos denunciando xa hai tempo, pensan que favorece-los sectores burgueses da nosa sociedade é a única forma de crear emprego e conseguir riqueza. No fondo convertéronse en organización políticas da burguesía.


Nestes catro anos o bipartito, ensimesmado na xestión dunhas institucións que só serven ós intereses dunha clase social minoritaria, baleiradas de contidos por Bruxelas e enlamadas na herdanza do fraguismo, foi incapaz de rachar coa dinámica anterior e toda unha serie de proxectos demagóxicos e despilfarradores e dar un xiro, con outra política máis próxima ás necesidades reais do país. E apoiar eses proxectos se que é despilfarro, aínda que a extrema dereita se empeñe en sinalar a reforma duns despachos e a merca dun automóbil, como o exemplo máis salientable do “desmadre” da Xunta bifronte. É curioso ninguén fala nestes tempos de crise, dun gasto que aparece nos orzamentos aprobados en Madrid, “camuflado” entre varias partidas que representan 68 millóns de euros diarios: os gastos militares. Orzamentos que PSdeG e BNG aprobaron para conseguir esmolas con que continuar as políticas neoliberais en Galicia.


Para que queremos un AVE a Madrid, cando temos unha rede ferroviaria obsoleta, sen electrificar nunha grande parte, sen dobre vía, incompleta para a vertebración de Galicia e con tres aeroportos?. Repetimos os erros da Lei de Ferrocarrís de 1855; si, dixen ben 1855, no chamado Bienio Progresista, na que o tendido do camiño de ferro reflictía a estrutura dun estado centralista en que todo tiña que pasar por Madrid. Pero agora estamos nun proceso de descentralización do estado e ¿non sería máis eficaz, no caso de que houbera que construír un AVE, facelo cara Euskadi, a Rioxa, o val do Ebro, Cataluña e Francia, onde se atopa unha parte da economía máis activa do estado? ¿Como non paralizaron a “come cartos” da Cidade da Cultura? Ou ¿como con dous portos exteriores próximos en construción, Ferrol e Coruña, agora establécese Vigo como punto de almacenamento da autopista atlántica en dirección Francia? ¿E como se van sacar todas esas mercadorías coas deficiencias do noso ferrocarril?¿Por estrada cando o que se tenta con esta autopista do mar e libera-las estradas de camións?


Plan acuícola e eólico, canteiras no Courel, etc. Toda Galicia ó servizo dos intereses capitalistas. Carencia de planificación, falla de transparencia na xestión, privatización de numerosos servizos públicos, consolidación das Deputacións, tamén onde as gobernan, alonxamento do administrado, da veciñanza, son entre outros, elementos que axudan a comprende-lo voto do 1 de marzo.


Pero que ninguén se deixe enganar por este “novo PP”, o do “birrete”, segundo a denominación acuñada hai anos, para diferenciar o PP dos baróns provinciais, do “de Madrid”, do de Rajoy. Coñecémolo ben despois dos anos do fraguismo. Tra-la renovación das persoas, como non podía ser doutro xeito, seguen as mesmas ideas de facer paga-l@s traballador@s a crise do capitalismo, de recorta-las liberdades, de ataca-las singularidades dos pobos do estado, de privatizalos servizos, etc. Coñecémolos o suficiente para saber que non cambiaron.


Nunca se debe deixar de loitar por unha sociedade máis xusta. Nesta perspectiva hai que converte-lo voto de castigo ós farsantes, nun voto pola reconstrución da esquerda; sempre é o momento, pero agora o camiño se vai clarexando, de abrir un debate entre os que queremos transforma-la sociedade, poñerlle fin ó capitalismo depredador, para atopar estruturas organizativas comúns que pulen este devezo. E abandonade toda esperanza de rectificación do PSOE e BNG, da posibilidade dun “xiro a esquerda”.




En Galicia no mes de Marzo de 2009







miércoles, 25 de febrero de 2009

GOBERNE QUEN GOBERNE...A LOITA CONTINÚA

RobertoLaxe


 


As eleccions do 1 de marzo ao que esta convocado o pobo traballador galego son um feito político importante, pois decidese cal vai ser o Xunta para os vindeiros 4 anos; mas a situacion atual de profunda crise econômica e póla experiência ata o de agora, o feito é que non van resolver os problemas fundamentais dos traballadores e as traballadoras, e do pobo galego no seu conxunto.


Mas, a voz das clases traballadoras non se escoitan nos parlamentos, o único que se escoitan son voces que dabaten sobre o AVE ou a Cidade da Cultura, sobre como resgatar empresas, financeiras, construtoras, automobilísticas ou gandeiras, sobre planos alleos ás necesidades sociais e obras faraônicas,


O mais parecido son as medidas asistenciais propostas por Touriño ou Quintana de garantir os salários dos traballadores e as traballadoras afetadas pólos EREs ou estabelecer um seguro asistencial ao desemprego. Mas, qué é unha “tirita” fronte os anos de sobre explotacion e de subsídios da administracion recibidos pólas empresas, para que agora veñan com que teñen que despedir?  


A crise, que so esta comezando a mostrar as súas fauces diante da clase traballadora, vai pór ao goberno que saia diante da disiuntiva: ou se vai á causa mais profunda da crise, o lucro das empresas e os bancos, que, segundo a CIG, na ultima década acadaron um incremento do 73%, ou se vai a gobernar para eles, mentras a xornada laboral real mantense nas 10 horas diarias, a precariedade supera o 30% e os salários perden poder adquistivo.


E hoxe non serven medidas intermédias, pois, goberne quen goberne vai ter que enfrentar unha crise que xá destruiu miles de postos de traballo, e ameaza outros miles a traves dos EREs e do goteo de despedimentos individuais; vai ter que enfrontar unha nova reforma laboral pedida póla patronal e o Banco de España, com dous eixos, um, abaratamiento do despido, dous, aumento da xornada laboral.


Em fin, a nova Xunta vai ter que elexir entre facer unha política para a patronal com ou sem “tiritas” -esta é a diferencia entre o PP e os do Bipartito- e fale o idioma que fale, ou para a clase traballadora.


Mas, a clase traballadora non precisa medidas asistenciais “mentras dure a crise”, ou planos de desenvolvimento mentras a patronal recupera os seus lucros co diñeiro de todos. Precisa um plan seu para sair da crise, que rexeite os EREs e os prohiba por lei, que garanta um reparto de traballo entre todos côa reduccion da xornada, e non a ampliacion da xornada, que garanta um salário digno para viver, que garanta a estabilidade no emprego e proíba a precariedade.


Tampouco precisa planos como o acuicola ou o eólico, pensados para que os capitalistas, os galegos como Jacinto Rey, Tojeiro, Feiraco, Pescanova, Isidro de la Cal, Amancio Ortega, Jove, Mendez ou Gaioso, ou os alleos, como Endesa/Enel, saian da crise sem grandes danos nas “súas” economias, e non para cubrir as necesidades sociais alimentarias ou de enerxia.


A clase traballadora e o pobo traballador precisa planes reais de desenvolvimento baseados nas súas necesidades, alen da construccion de hospitais e centros para terceira idade, xardins de infância e centros de ensino, um plan de transportes integrado en toda Galiza, todo elo embaixo control publico, das organizacions obreiras e sociais, e rexeitando esa falácia privatizadora dos servizos que é “a xestion privada dos servizos públicos”.


A clase traballadora e o pobo traballador galego precisam, tamen, a defensa dos seus direitos democráticos como nazon (língua, cultura, etc.), que se resumen no dereito a autodeterminacion. O fracaso da reforma do Estatuto non se pode achacar ás resistências do PP e á ambiguedade do PSOE.  


É pedirlles o que non son. Ningun dos dous esta interessado em defender os direitos nacionais da Galiza, por isso, só levantando com forza a exixencia do dereito á autodeterminacion, pode avanzarse na resolucion da opresion nacional da Galiza.


Por outra banda, algunhas forzas políticas incorporan alguns dos elementos centrais desta proposta, mais non teñen um aspecto determinante na loita de clase traballadora, a unidade da clase obreira do Estado Español contra o rexime do 78.


O rexime do 78 é a maneira que teñen as burguesias do Estado para garantir a acumulacion de capital. É um cadro xuridico e legal construído sobre a reforma do rexime franquista e a amnésia coletiva dos crimes da ditadura, garantindo à impunidade das súas principais institucions, a xefatura do estado, o exercito e a xudicatura. Por elo, a unidade da clase obreira do Estado é fundamental para súa derrota, e ista unidade só pode construirse sobre o recoñecemento da existência de nacions oprimidas no Estado Español.


Por todo elo, sexa o que fose o 1 de marzo, as ameazas contra os traballadores e as traballadoras van tomar corpo de lei, nunha nova “reforma laboral”, pactada ou non côas direccions de CC OO e UXT.


Ollamos que no conxunto de Europa, a clase traballadora xá comezou a respostar a os planes “anticrise” do seus gobernos e da EU, como foi a Folga Xeral em Grecia, os centos de miles em Roma ou a folga xeral Francesa, alen dos levantamentos obreiros e populares nos países do Leste Europeo (os ex comunistas), avanzando na unidade na resposta a crise capitalista.


Neste cadro, e a pesar da vontade das direccions de CC OO e UXT, esta crecendo a necesidade dunha folga xeral contra a crise, unha folga xeral no Estado Español que de um paso na necesidade dê xuntar forzas a nível europeo contra os acordos anticrise dos gobernos da Union Europea.


Mais o gran freo ao desenvolvimento da mobilizacion social contra a crise é político. É a inexistência dun referente político que aposte póla mobilizacion das masas traballadoras contra a crise, que rompa côa loxica burguesa da xestion do que há e da negociacion de esmolas co estado, dun bloque da esquerda anticapitalista e autodeterminista que situe no centro do debate a única saída á crise, a transformacion socialista da sociedade.


O 1 de marzo resolverase quen vai gobernar na crise social atual, e para CV a clase traballadora e o pobo, ao dia seguinte e goberne quen goberne, van ter que sair á loita para defender os seus dereitos a as súas condicions de vida e traballo, e contra os gobernos do capital. Para que ista loita avance é precisa que a súa voz sexa escoitada em todos os âmbitos, desde o centro de traballo, a fábrica, a facultade ou instituto, o barrio ou a vila, ata os parlamentos, e para isso é necesario a construccion do seu referente político, próprio e independente do aparello do estado e do goberno.


Por estes motivos, nestas eleccions o chamado voto “útil” é o voto máis “inutil”, pois ao dia seguinte, a realidade vaise impór ás ilusions, e a loita contra a crise, por umha saída obreira e popular, vai ser o central para a clase traballadora e o pobo.


 


Na Galiza, a 25 de febreiro de 2009


 


 


 



viernes, 6 de febrero de 2009

GAZA: UN FITO MÁIS NO XENOCIDIO DO POBO PALESTINO



Carlos Dafonte


Desde hai máis de sesenta anos o pobo palestino mantén unha loita heroica contra do imperialismo que situou a un dos seus peóns fundamentais, o sionismo, constituído como estado de Israel, nos territorios do antigo “protectorado británico”, xurdido do tratado Sykes-Picot entre Francia e Gran Bretaña en 1916. Este tratado é asinado en plena guerra mundial, pero cando xa era previsible a derrota do imperio turco que “administraba” extensos territorios na zona. No territorio que hoxe chamamos Palestina, conformados por Cisxordania, Gaza e Israel, a poboación a principios do século XX era de 700.000 persoa aproximadamente; un 80% de musulmáns, un 10 % de cristiáns e un 8% de xudeus, e o resto doutras crenzas. A poboación xudía aumentou entre ambas guerras ata acadar unha cifra aproximada ó 31 % do total cando se proclama dun xeito ilegal a existencia do estado de Israel, sobre todo a partires do inicio das persecucións por parte dos nazis.


É necesario desmontar unha das mentiras creadas polo sionismo; a formulada como a existencia “dun territorio sen pobo e dun pobo sen terra”. Sobre o territorio de Palestina discorría a vida, desde había milleiros de anos, de centos de miles de palestinos non xudeus e desde que os británicos o ocuparon, loitaron contra do “protectorado” para constituír un estado propio; e a actitude dos escasos xudeus da zona, foi a de colaborar cos imperialistas para reprimir todos estes movementos. O caso máis exemplificador foi o da sublevación palestina iniciada en 1936, que combinou folgas xerais, resistencia civil ó pago de xuros e loita guerrilleira. A represión levada a cabo polo exército británico en colaboración con organizacións xudías, permitiu a estes últimos expulsar a numerosos palestinos das súas terras e ensaiar métodos de terror que utilizarán máis tarde.


O estado de Israel nace o 14 de maio de 1948 dun xeito ilegal, e como un estado confesional, en contra da resolución da ONU número 181, aprobada o 29 de novembro de 1947; resolución que recollía os intereses sionistas, e entregaba máis do 56% do territorio, das mellores terras, a unha poboación minoritaria e que nunha grande parte acababa de chegar. Nos contidos desta resolución vai ter moita influenza o lobby sionista norteamericano e o abandono cobarde e cómplice, das autoridades británicas, que se enfrontaron a unha campaña terrorista moi intensa levada a cabo polos xudeus a traveso das organizacións Irgún, Haganah e Stern, contra británicos e palestinos, na que destacaría a voadura do hotel Rei David, onde morreron centenares de militares británicos e o asasinato masivo de palestinos como o levado a cabo en Deir Yessin. A partires do ano 1948 estes grupos terroristas incorpóranse ó exército. É nestas circunstancias cando por primeira vez na historia do terror ensáianse métodos como o coche e a carta bomba, e toda outra seria de barbaridades a maior parte das veces contra dos civís.


Pero a pesares de ser unha resolución favorable ós seus intereses, do mesmo xeito que levan facendo desde hai sesenta anos, despreciárona e impuxeron á comunidade internacional os seus criterios e a súa política de feitos consumados. Como seguen a facer hoxe.


Pode haber alguén que xustifique o terror utilizado polos xudeus naqueles tempos, por ser moit@s recen chegados de Europa e atoparse baixo o schock que debeulles producir o coñecemento das cifras do holocausto e afectad@s pola perda de numerosos familiares, amigos, etc., e dispost@s a utilizar calquera método con tal de conseguir un estado que os protexera e puidera evita-la repetición do sucedido baixo o dominio nazi. Non hai xustificación algunha para a ocupación violenta do territorio, a “limpeza étnica” que seguiu a esa ocupación e obrigar a un sector importante da poboación palestina a vivir en verdadeiros campos de concentración que moitas veces convértense en campos de exterminio. En momentos en que unha grande parte da comunidade internacional estaba a favor da creación dun “fogar xudeu”, eles utilizaron o terror e a violencia desprezando a vía diplomática e a negociación.


Abraham León sostuvo, ó marxe de que o xudeu é un pobo-clase, que o sionismo é a ideoloxía da burguesía xudía oprimida entre o feudalismo en ruínas e o capitalismo en decadencia, polo tanto non é un produto do desenvolvemento das forzas produtivas. Mentres a creación dos estados nacionais son consecuencia do pulo do capitalismo, o sionismo é da etapa da súa decadencia e polo tanto a creación do estado xudeu, como produto da burguesía sionista, nunca vai conseguir os seus obxectivos. Este si que é un “estado fallido” utilizando a terminoloxía dos EEUU e os seus aliados imperialistas.


Estado que despois de tantas décadas, non poden seguir utilizando o argumento de que as súas accións criminais contra d@s palestin@s, teñen por obxecto garantir a supervivencia do estado de Israel. A súa supervivencia esta garantida en primeiro lugar, e o ten amosado en todos estes anos, por ter un exército e un servizo de intelixencia dos máis poderosos do mundo, dotados de tecnoloxía punteira e capaces de defende-lo seu territorio de calquera ataque; pero en segundo, e non é un argumento menor, as potencias imperialistas mundiais son garantes da existencia do estado de Israel e intervirían con todo o seu potencial militar, para protexelo. Seguir recorrendo o mito da súa seguridade non deixa de ser un argumento mentireiro, pois todos sabemos, e podiámolo poñer como un terceiro aspecto, que mantén relacións diplomáticas con Exipto e Xordania, antigos inimigos, e Siria desde a desaparición da URSS, pouco debe preocuparlle a Israel. Outro antigo inimigo Iraq, tampouco esta hoxe en condicións de representar perigo algún. Polo tanto hoxe os seus inimigos son menos numerosos que hai uns anos, e se existen é pola intransixencia e a conculcación sistemática que o estado de Israel fai do dereito internacional.


Israel é unha peza clave da estratexia imperialista de control das fontes de enerxía e para impedir saídas democráticas para moitas ditaduras da zona.


Pero non só defende os intereses estratéxicos dos EEUU na zona, senón que é e foi tamén un pión importante ó servizo deses intereses noutras partes do mundo. Israel apoiou o réxime racista de Sudafrica e lle suministraba armamento nos momentos do boicote mundial; tamén a Irán na guerra con Iraq, como axente intermediario dos EEUU; e á “contra” nicaragüense, os partidarios da ditadura somocista desaloxados do poder pola revolución sandinista, así como á Xunta Militar de Guatemala, acusada de xenocidio contra a poboación; asesores militares de Israel asesoran ó narco-goberno colombiano e os paramilitares, e cada vez máis os intereses dos EEUU no continente africano teñen na política dos sionistas, un piar fundamental. Comezando polo apoio a Marrocos e a construción do muro, onde se utilizaron técnicas moi sofisticadas de control e detección, que divide os territorios do pobo saharaui.


A loita do pobo palestino ten pois, dúas vertentes, a loita polo dereito de autodeterminación para acadar un estado propio, pero este obxectivo vai ligado ó debilitamento do sionismo e polo tanto ten un forte contido antiimperialista que de trunfar trastornaría en parte, os obxectivos das grandes potencias na zona e o seu control da mesma. A Israel non lle interesa un “estado palestino viable”, necesita do importante exército de reserva que hoxe son @s palestin@s; a constitución do seu estado, con capacidade política, pero sobre todo económica, poñería fin a unha situación que tanto o beneficia a nivel económico e onde o militarismo perdería parte da súa influencia. Israel necesita manterse en guerra permanente, os EE.UU e o sionismo necesitan esta situación, para que os militares sigan a constituír o espiñazo do estado e, aducindo razóns de seguridade, a democracia sexa deturpada dun xeito cotiá.


Porque esa e outra das mentiras que o sionismo e os seus órganos de propaganda, moi poderosos, difunden de cote. Que son a única democracia nunha zona onde florecen as ditaduras e os integrismos. Israel non é un país democrático, non o pode ser o que permite a tortura, o que establece normas étnicas e relixiosas para gozar de dereitos, o que non permite a concorrencia dos partidos da minoría palestina ás eleccións, nin que unha parte da súa poboación se poda expresar politicamente, onde a información é manipulada, onde os militares e os integristas relixiosos teñen o poder desde a súa fundación, onde as actuacións de carácter nazi-fascista é a norma nas relacións internacionais, lembremos a actuación do fascismo italiano e o nazismo alemán na Sociedade de Nacións; cando unha parte importante dos seus habitantes pensan que son “o pobo elixido de deus” e mantéñense polo tanto, na irracionalidade máis absoluta que conduce ás súas actuacións.


A vitoria electoral de Hamás, vitoria limpa, democrática, que expresa a vontade do pobo palestino, foi considerada polos “demócratas” da Unión Europea e do goberno dos EEUU como inaceptable. O curioso é que durante a ocupación israelí dos territorios palestinos o número de mesquitas creceu de cinco ou sei ducias a varios centenares; a estratexia israelí foi potencia-los movementos relixiosos para enfrontalo á laica OLP á que alcumaban de “comunista”. Sempre, e ten relación co anterior, lembro unha anécdota relatada polo profesor Samir Amín, cando a Nasser, na súa presencia, coméntanlle a celebración do I Congreso Islamista Mundial, e o presidente exipcio o valora como a resposta dos EEUU á celebración da Conferencia de Bandung, onde se creara o movemento coñecido como “Non Aliniados”. O apoio ó integrismo relixioso, foi a resposta ós devezos dos países árabes que nos últimos sesenta anos, tentaron dar alternativas ás saídas neocoloniais; unhas veces de carácter nacionalista burgués e outras de carácter socialista.


Non hai xustificación algunha para a barbarie cometida en Gaza polos sionistas nos dous meses pasados; nin para a complicidade, co terrorismo de estado, dos gobernos da Unión Europea, o do estado español incluído.


O que menos importan nestes momentos son as razóns aducidas, se uns foguetes caseiros, se o partido de Barak, ministro de defensa e membro da Internacional Socialista, necesitaba votos para as próximas eleccións ou si Obama...o que non debe soportar a comunidade internacional, mellor dito os pobos deste planeta, xa que a maioría dos gobernantes son os seus aliados, é a existencia dun “estado matón” que non cumpre norma algunha do dereito internacional nin das convencións sobre dereitos humanos, guerra, etc.. E a todo pobo fronte a unha ocupación de carácter xenocida, se lle debe recoñecer o dereito á resistencia.


Polo tanto a mobilización contra do sionismo e en solidariedade co pobo palestino, ten que ser unha actividade non só dos revolucionarios e antiimperialistas, senón dos demócratas e os que defendan os máis elementais dereitos humanos.


Mobilización para boicotear os produtos procedentes de Israel, de capital xudeu e daquelas empresas que apoien ó sionismo; presión para que o Tribunal Penal Internacional xulgue e condene ós dirixentes e os que teñan intervido nos actos de xenocidio; sobre os gobernos “democráticos”, para que non se comercie con Israel, cese a venda de armamento e instrumentos de represión así como se tomen medidas diplomáticas de illamento contra do estado terrorista; para que a Unión Europea lle retire o estatuto de “país favorecido”; para que se lle faga pagar a Israel todos os danos producidos tanto materiais como en vidas humanas e corra cos costos da ocupación.


E solidariedade co pobo palestino, comezando por espalla-los contidos da súa loita para facer fronte ás campañas de desinformación dos medios e das axencias de noticias e facerlles chegar, desde todos os lugares de Galicia, a posición firme de que estamos con eles, que lles respaldamos na súa loita e que case tod@s @s galeg@s sentímonos palestin@s.





En Galicia no mes de febreiro de 2009




miércoles, 24 de diciembre de 2008

INTERVENCIÓN NO "FORO SOCIAL GALEGO" NO DEBATE "POR UNHA ALTERNATIVA Ó MODELO CAPITALISTA"

Carlos Dafonte



Celebramos este Foro nun marco de crise xeral do sistema capitalista, perceptible por todos os sectores sociais, e que por primeira vez en moito tempo afecta ó conxunto do centro do sistema, ós eslavóns máis poderosos da cadea imperialista e como consecuencia, a todo o planeta e non só, como en outros momentos, á periferia; é unha etapa máis da crise que deu comezo a finais dos anos sesenta do século pasado. Podemos falar, pola extensión do capitalismo á totalidade de áreas económicas do planeta e do xeito en que afecta a todos os estadios da vida, de crise de “civilización”. Da crise da civilización burguesa.




Pensamos que ten importancia, en primeiro lugar caracteriza-la crise, distingui-lo que é fundamental do accesorio, o estrutural do conxuntural, causas, pois da caracterización da mesma dependerán, como activistas sociais ou políticos, as nosas propostas programáticas á sociedade, as nosas tarefas como movemento anticapitalista, as alianzas e o tipo de organización que necesitamos.




A crise de hoxe ten os seus inicios na segunda metade dos anos 60 do século pasado, nas recesións dos anos 67 e 69-70, que explican as mobilizacións populares, desde Francia a Xapón, de México a Italia, dos EEUU a Alemaña, resposta ó inicio do estancamento económico, inflación, desemprego etc.; situación que a suba do prezo do petróleo de principios da década dos 70, deixa ó descuberto con toda a súa crueza.


A partires desa data, numerosos economistas, sinalan a concatenación de fondas crises económicas mundiais, que as veces se poden caracterizar como recesións, nos períodos 1973-75, 1979-82, 1991, 1997-98, 2001 e a actual, que comeza a partires de 2007.


Intercaladas algunhas veces, e outras poñéndolle nome, atopámonos coa chamada crise da débeda dos primeiros anos 80, que situou na picota ó sistema monetario mundial, a do dólar de 1985, o “crac” das bolsas de 1987, a chamada “crise do tequila” de México de 1994 con todas as implicacións para a economía dos EEUU, a asiática de mediados dos 90, a de Rusia e Brasil de 1998 e a chamada das “puntocom” de principios de século. E sobrevoando sobre todas elas o estalido da burbulla financeira e inmobiliaria de Xapón de principios da década dos anos 90 do século pasado, á que non atopa saída e que fai caer á súa economía en longos períodos de deflación.


Como podemos observar é unha crise moi ampla, que afecta con ciclos moi curtos de recuperación, ás principais potencias do sistema capitalista, que ten repercusións en todo o planeta e xera, cada vez que se manifesta a onda recesiva, millóns de parad@s, marxinad@s, fament@s, tamén naqueles países que hai poucos anos eran o modelo a copiar por gozar dunha boa saúde económica, por aceptar, dicían, as recomendacións do Fondo Monetario Internacional. Refírome ós chamados “tigres asiáticos”.




As políticas de toda índole chamadas xenericamente neoliberais, teñen por obxectivo darlle pulo o proceso de acumulación, cargando sobre os traballadores e traballadoras asalariad@s todo o peso da crise, aumentando os índices de explotación, pero esquecendo a advertencia de Marx de que os límites á produción capitalista son superados “con medios que volven a levantar diante dela os mesmos límites aínda con maior forza”. Neste senso, a superación do proceso de crise actual, levará a outra máis fonda, que destruirá maior número de forzas produtivas que no período anterior.




Atopámonos pois cun futuro, en ausencia de enfrontamentos armados directos entre as grandes potencias, de crises moi fondas con períodos de recuperación moi curtos, nos que os máis poderosos van a extremar o grao de explotación e marxinación dunha parte moi importante do planeta e no propio centro do sistema capitalista, que tamén conta con centro e periferia, como pode ser a Unión Europea, propostas como a chamada Directiva Bolkestein ou a xornada de 65 horas semanais, pódense converter na realidade cotiá. Todas as consideracións anteriores e as crises ecolóxica, enerxética, alimentaria, da democracia, etc., permiten afirmar que nos atopamos diante dunha crise estrutural do capitalismo. Non é estrano que algúns falen de refunda-lo capitalismo.




Estes días estase a falar moito das causas que producen a crise; fálase de crise de sobreprodución, de crise de subconsumo; algúns chegan a dicir de que as causas están na falla de ética de determinados dirixentes financeiros, como se o capitalismo fose ético, e outros que si é o exceso de capital financeiro ou bótanlle a culpa ó propio neoliberalismo. Neoliberalismo que, como xa sinalamos, foi a receita aplicada pola grande maioría dos gobernos como solución para paliar o descenso da taxa de ganancia, e a política que permitiu a súa recuperación aínda que sexa por períodos curtos.


Porque a realidade é que ningunha das devanditas, desde o meu punto de vista, é a xénese da crise, aínda que en toda crise prodúcese subconsumo e sobreprodución. A crise é o resultado da contradición que xera o propio proceso de acumulación, contradición entre o capital que se valoriza coa explotación d@s traballador@s e a introdución constante de maquinaria que a competencia intercapitalista obrígalles a empregar para abarata-los custes. Mentres o traballo vivo, os traballadores e traballadoras, é a única fonte de plusvalor, o capitalismo leva adiante o seu proceso de acumulación tendendo a substituír man de obra por maquinaria, facendo mingua-la fonte do mesmo. Marx clasificaba a inversión que realizan os burgueses en capital variable “v”, salarios para compra-la forza de traballo, e capital constante “c”, para a compra dos outros factores. A relación entre “v” e “c” era ó que Marx chama composición orgánica do capital. Deste xeito a taxa de ganancia tende a descender conforme avanza o proceso de acumulación. A tendencia ó descenso da taxa de ganancia, é a expresión máis radical da contradición que trae consigo o desenvolvemento das forzas produtivas baixo o capitalismo.



Este é un sistema tan inxusto, pensa tan pouco no ser humano, que canto máis se progresa, cando grazas ó traballo humano, que tamén permite as mellores técnicas, é posible mellora-las condicións de vida de toda a humanidade, por estar este progreso e o froito deste traballo, en mans dos propietarios do capital, por non estar socializado, as clases dominantes, as oligarquías que dominan o planeta, conseguen que o progreso se volva contra os traballadores e traballadoras, deixando na desocupación, a precariedade, a miseria, a unha parte maioritaria da poboación do planeta, cando as condicións están creadas para poder avanzar cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.




O atranco fundamental para o benestar da humanidade é o propio sistema capitalista; ese é a orixe das crises e mentres non se lle poda substituír por outro sistema, a humanidade, @s traballador@s de todo o planeta, estarán sometidos ás consecuencias das constantes crises que eles non xeran pero teñen que solucionar, con máis horas de traballo, con menor salario, con pensións máis baixas, con peores servizos públicos, con menor cobertura de paro, etc. O capitalismo nunca estará ó servizo do ser humano. Non hai máis que observa-lo planeta para comprobalo.


E non hai posibilidade algunha dunha nova “era keynesiana”, cargada de reformas, como queren facernos crer algúns. Non hai saída socialdemócrata á crise; o capitalismo precisa das políticas neoliberais para recupera-la taxa de ganancia e non hai partido nin organización política que acepte o sistema capitalista, que este disposto a levar adiante unha política distinta á que establecen os centros de poder económico.


A experiencia nos di, que na fase en que as forzas socialdemócratas foron dominantes, non se lograron reformas fondas e duradeiras na estrutura da sociedade. E coa chegada da vaga neoliberal, os antigos socialdemócratas integráronse perfectamente na nova corrente e moitas veces foron, e son na actualidade, os máis intransixentes na aplicación desas políticas. Independentemente que nestes tempos, algúns partidos tenten “vendernos” unha solución política que nos últimos anos rexeitaron, tanto cando estaban no poder como na oposición.


Nesta situación, que non é produto do noso maxín, unha utopía, que é real, os alicerces para unha acción transformadora, revolucionaria, para avanzar cara a unha nova sociedade, están creados. Nunca creouse tanta riqueza, nunca houbo tantos adiantos, e nunca tan poucos gozaron de tanto.




Considero que neste Foro Social, convocado por primeira vez en Galicia, débese ratificar dun xeito nidio o carácter anticapitalista do mesmo, e a mellor forma de levalo a cabo, non é facendo só unha declaración, senón discutindo o que para algúns sectores sociais convértese nunha demanda: que alternativa presentamos desde Galicia, fronte á realidade capitalista; non como reformamos o capitalismo para darlle unha faciana máis humana, cuestión imposible, senón de que xeito traducimos á realidade o coñecido lema “outro mundo é posible”. Conscientes de que para edificar esa nova sociedade non hai formularios nin receitas. Só experiencias, e en moitos casos, falladas, negativas.




Podémonos facer unha primeira pregunta; ¿debémoslle poñer nome a esa sociedade alternativa á sociedade capitalista?. Coido que si, aínda que o termo socialismo esta cargado de connotacións históricas non moi favorecedoras, pero mentres o capitalismo expresa a realidade de hoxe, o dominio dunha minoría, do capital, sobre a sociedade, sobre a maioría, o termo socialismo expresa o que debe se-lo poder da grande maioría, obxectivo prioritario para nos. Porque a diferencia do capitalismo onde o económico determina o resto das esferas da sociedade, e é un sistema de explotación que ten como único obxectivo conseguir beneficios para unha minoría, que oprime ó resto da sociedade no seu conxunto e o individuo como tal, na sociedade socialista o obxectivo debe ser o benestar das grandes maiorías e polo tanto non poden estar presentes nin a explotación económica, nin a opresión política e a liberdade, a igualdade e outro xeito de entende-la democracia deben se-los alicerces sobre os que se edifique.


Así pois, fronte os liberais que pulan o individualismo a privatización de todas as esferas da sociedade e polo tanto que a competitividade e a insolidariedade sexan a base de como entenden o progreso social, e os que poñen o estado como motor e centro de toda actividade económico-social e instrumento central da emancipación humana, debemos levanta-la bandeira do control pola sociedade de tódalas esferas da vida e que a transformación da mesma, sexa obra da actuación consciente, solidaria e voluntaria das persoas que compoñen esa sociedade, a traveso dunha verdadeira revolución da maioría. E quero facer fincapé na idea de que o socialismo non pode ser unha sociedade con dominio do estado, onde todas as decisións se toman nos chanzos superiores e as iniciativas corresponden ós funcionarios do goberno. A sociedade socialista ten que ser democrática e participativa.




Polo tanto socialismo debe significar expresar dun xeito distinto a como se veu facendo ata hoxe, toda unha serie de valores relativos ás relacións do home e a muller na sociedade e co medio no que viven, coa natureza, como individuo inserido na produción, na actividade política e no respecto polas diferentes culturas. Expresouno moi ben Guevara, do que se trata é da creación dun home e unha muller nov@s, dunha nova cultura e un novo tipo de sociedade, caracterizada pola ausencia de todo tipo de opresión e explotación, onde a solidariedade sexa o fundamental, a creba da división entre o poder constituinte, a sociedade, e poder constituido, os gobernantes, sexa unha realidade e a reconciliación do home e a muller, como xa sinalamos, coa natureza, un feito. O socialismo pois non é unha forma de capitalismo, un capitalismo con faciana humana como moitas veces dan a entender os que se seguen a chamar Partidos Socialistas.


Quero, aínda que sexa só para sinalalo, non vou entrar nese debate, que desde o meu punto de vista, debémoslle chamar socialismo a un proceso e non a unha etapa cara ó comunismo, e como todo proceso ten unha saída que é a vella sociedade, con todos as súas chatas e defectos e, como dicía Marx o principal defecto era a natureza dos seres humanos orixinada na antiga sociedade. Un primeiro atranco con que se van a atopar os que participen no proceso é que a maioría da sociedade non vai actuar como xa se ten dito moitas veces, como unha familia humana e se van tentar solucionar-los problemas en función dos intereses propios de cada un e cada unha.


Polo tanto o socialismo debe ser un proceso de construción e destrución; de destrución da vella sociedade e construción do home e a muller nova. E actuaremos como unha familia humana cando aceptemos que o benestar dos demais nos beneficia a todos e a todas.


Como dicía Karl Marx, hai que construir unha sociedade de produtores asociados, onde tod@ssexamos capaces de desenvolver todos os nosos potenciais creativos e o obxectivo fundamental sexa o desenvolvemento de todos os factores que ten o ser humano e onde as distintas funcións sociais, para este novo individuo, van ser diferentes modos de actividade das que se ocupará sucesivamente.


Só ca practica revolucionaria se edificará esta nova sociedade e nacerán os novos seres humanos.


Hai en resumo, que poñer fin á dinámica capitalista de producir persoas fragmentadas e parceladas e rachar dunha vez por todas ca división entre o que se fai e o que se pensa.


Pero para levar adiante toda esta serie de novos valores, é necesario plasmalos nun proxecto, que sexa recollido nun programa e chegue á sociedade a traveso dun discurso, claro, diáfano, nidio.




Algúns elementos desa nova sociedade, sen os cales non se poderá falar de avanzar cara a unha sociedade socialista, deben ser:






  1. A propiedade colectiva dos medios de produción e da banca, único tipo de propiedade que permite avanzar á sociedade a un estadio superior. Onde todos os recursos se poñan ó servizo da sociedade e non da obtención do beneficio particular. Na época do imperialismo, da transnacionalización das empresas, das deslocalizacións, esta premisa toma maior relevancia como única forma de devolver ós pobos a capacidade de decisión fronte ós grupos económicos deslocalizados que dominan o mundo.




  2. A planificación centralizada da economía, que só pode ser efectiva se os medios de produción están en mans da sociedade. Pero para que esta medida sexa eficaz, o control e a participación democrática de tod@s debe ser un feito, así como o grao de centralización do plan. É o único xeito para aproveita-lo maior número de recursos de todas as ramas da produción e no maior número de países. Os capitalistas planifican para unha minoría, as grandes empresas e uns miles de oligarcas; xa é hora de que se planifique para a maioría e pensando no seu benestar.




  3. Un novo concepto de democracia, baseado na participación e control por parte da sociedade de todos os aspectos da vida, comezando por democratiza-la produción, o control dos elixidos e a garantía dunha información veraz. O que se ven a chamar “democracia participativa”, onde coexistan formas de democracia directa e indirecta.




  4. O establecemento dunha “nova xeración” de dereitos humanos, tanto no aspecto social, cultural, das crenzas, etc., como no económico e político.




  5. A sociedade debe ir asumindo funcións do estado. Xa o dixo Marx hai moitos anos, o estado capitalista non serve para construi-la nova sociedade.




  6. Autoxestión. Só será posible co compromiso d@s traballador@s. E debemos ser conscientes que sen democracia na produción non haberá nin nova sociedade, nin o “home e a muller novos”.


    Este compromiso significa combina-la concepción do traballo coa súa execución.




E produción, na nova sociedade que se quere crear, non debe ser considerada só a actividade que se realiza na fábrica ou no centro de traballo; na nova sociedade, a diferencia da sociedade capitalista en que a produción esta orientada á obtención de beneficio individual, debe ser considerado todo o que este orientado ó autodesenvolvemento da persoa, e só a traveso dun proceso en que estean involucradas nas tomas de decisións que lles afectan, as metas da produción poden ser asumidas como as metas do pobo.




E para ir finalizando unha longa cita de Lebowitz: “No mundo que queremos construir hai toda unha serie de características e relacións que coexisten simultaneamente e apóianse entre si. A toma de decisións democráticas no traballo, substituíndo á dirección e a supervisión capitalista; a dirección democrática nas metas de actividade por parte da comunidade, no lugar da dirección capitalista; a produción co propósito de satisface-las necesidades, no lugar do obxectivo da ganancia privada; a propiedade común dos medios de produción, en lugar da propiedade individual ou dun grupo;unha forma de goberno democrática, participativa e protagónica, en vez dun estado todopoderoso e por enriba da sociedade; a solidariedade baseada no recoñecemento da nosa común humanidade, en vez da orientación cara ó interese persoal; o enfoque cara o desenvolvemento do potencial humano, en lugar de cara a produción de bens. Todas estas características son parte dun novo sistema orgánico: a verdadeira sociedade humana.




E por último, algunhas reflexións sobre o suxeito revolucionario. A manifestación con moita forza nos últimos anos, de toda unha serie de movementos sociais, ó tempo que os partidos da esquerda anticapitalista, que recollían en grande medida os intereses obxectivos dos traballador@s asalariad@s entraban nunha fonda crise, abriu as portas a toda unha serie de reflexións sobre as contradicións fundamentais no capitalismo actual e polo tanto o cambio no suxeito revolucionario; pasouse de analizar este cambio en función de intereses de clase social, que clase ou capas sociais son as máis interesadas en poñer fin ó sistema capitalista e van esta-la fronte do proceso, das mobilizacións e disposta ós maiores sacrificios para que ese cambio se produza, a facelo en función de movementos sociais, interclasistas, que hoxe teñen determinada capacidade para mobilizar sectores da poboación.


Desde o meu punto de vista, e a situación na que estamos inmersos, penso o ratifica, a contradición capital-traballo segue a se-lo eixo central, o centro, a que ocupa o lugar preeminente no capitalismo globalizado, no imperialismo. @s traballador@s asalariad@s son a grande maioría da sociedade, e dentro desta clase o núcleo duro da mesma, a clase obreira, o traballador e traballadora da industria, os máis interesad@s en poñerlle fin a unha situación que lles fai cargar co peso da crise que outros xeran, e que cando se produce unha etapa de expansión é a quen se lle obriga tamén ós maiores sacrificios para que esta dure o máximo posible. Pero hai que aceptar que a clase traballadora sufriu transformacións, que sempre se producen cando varía a composición orgánica do capital. Pero tan clase traballadora é o que traballa como o que non o fai, ou se lle obriga a converterse, en determinadas circunstancias, en autónomo.


Polo tanto o proceso cara o socialismo precisa que o máis axiña posible, se recompoña a esquerda e dentro da mesma o seu eixo fundamental, o movemento obreiro nas súas dúas vertentes, a sindical e a política; e o que coñecemos como movementos sociais terán un papel importante como aliado, de quen sen dúbida vai levar o peso das transformacións sociais, a clase traballadora.




En Galicia no mes de decembro de 2008