Roberto Laxe
Sen dúbida o holocausto
xudeu foi un dos acontecementos máis tráxicos e salvaxes da
historia, non só pola cantidade de mortos nas cámaras de gas nazis,
senón no escaso lapsus de tempo en que se produciu.
O capitalismo na súa
fase imperialista, na 1ª Guerra, trasladara a capacidade produtiva
das fábricas aos campos de batalla. Mentres os xenerais de todos os
bandos seguían cos esquemas militares de séculos anteriores,
grandes cargas de cabalaría, ataques en liña da infantaría, ... a
industria capitalista atopara un novo mercado, o da guerra, coas súas
metralladoras, cos gases, os seus tanques e os rudimentos da
aviación, así como os ataques aéreos cos Zeppelines. A matanza era
inevitable
Hai a dramática anécdota
que nunha deses ataques en liña da infantaría inglesa contra
posicións alemás, os soldados xermanos, armados con metralladoras,
saíron das trincheiras a gritarlles aos ingleses que non cargasen,
que os ían a esnaquizar. O mando inglés mantívose no seu trece, e
miles de soldados morreron. Era a maneira “industrial” de matar.






