A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 9 de julio de 2008

SÓ A MOBILIZACIÓN POPULAR PODERÁ FREA-LA AGRESIÓN NEOLIBERAL

Carlos Dafonte



A agresión contra dos traballadores asalariados do estado español e da Unión Europea, é cada vez máis patente.


Pero vai medrar, PSOE e PP, Rajoy no congreso partidario recen clausurado ofreceulle todo o apoio ó goberno para “saír da crise”, prepáranse a unir forzas e tomar medidas en favor dos máis poderosos, neste momento en que a recesión económica golpea os seus intereses; no sistema capitalista, os asalariados que somos a maioría da poboación, padecemos constantemente de situacións de crise, unha veces porque a economía vai ben e debémonos apreta-lo cinto para que siga así, e outras, cando as cousas van mal para supera-la crise na que nos meteron. E non podía ser doutro xeito nun sistema baseado na explotación dunha maioría por parte dunha minoría.


O Banco Santander vai ter máis de 10.000 millóns de euros de beneficio para o exercicio de 2008 e ninguén lle pide sacrificios. O mesmo ocorre co resto da empresas transnacionais, petroleiras, eléctricas, roupa, etc. Aínda estou por coñecer a un goberno que lles pida sacrificios, mellor dito que lles esixa sacrificios, por exemplo que parte dos seus beneficios os invertan en creación de emprego, rebaixando o número de horas traballadas por semana sen redución salarial.


Todas as medidas que o goberno vai tomando, din que para palia-la crise, están orientadas a mante-lo marxe de beneficio das grandes empresas, sobre todo daquelas que maior plusvalía acadaron nos derradeiros anos. As construtoras poden estar satisfeitas cun goberno que se convirte en inmobiliaria para tentar vende- los stock de difícil venda, despois do pinchazo da burbulla do sector, e das dificultades para acadar unha hipoteca por parte de posibles compradores. Construtoras que agora trasladan os seus negocios a África, Asia e países de Europa do leste, onde teñen mercados millóns de metros cadrados de superficie. E nalgúns casos acolá pechan as empresas sen oposición algunha, e sen que se lles esixa nada, ¡¡como se non fora co noso suor e comprando a nosa forza de traballo a prezos de miseria como obtiveron esas plusvalías!!.


E nesta situación atopámonos cun goberno que defende uns intereses de clase moi definidos, con algúns ministros que fan declaracións situadas no campo da estulticia, que tenta soluciona-lo problema dunha posible protesta ofrecendo 400 euros para estimula-lo consumo, que só cobrarán unha parte dos cidadás e non precisamente os máis necesitados a nivel económico; un goberno que pasou meses falando dun “colchón ante-crise” que agora recoñecen gastado en máis dun 80%, e aínda non entramos de cheo no proceso.


As últimas noticias aparecidas nos medios non presaxian nada bo para a nosa clase: goberno, empresarios e os dous sindicatos maioritarios no estado, xuntos, no Palacio da Moncloa. Estas xuntanzas sempre foron o limiar de medidas contra os nosos intereses.


E da Unión Europea tampouco debemos esperar nada; a aprobación das 65 horas semanais e da Directiva sobre “Procedementos e normas comúns para o retorno...”, coñecida a nivel popular como a “Directiva que crea campos de concentración” para os sectores da clase obreira procedente doutros países, indican que os neoliberais que nos gobernan no estado e na U.E., están dispostos a conculcar os dereitos humanos máis elementais, para que os especuladores financeiros, os grandes emporios económicos, os branqueadores de cartos do narcotráfico e da venda ilegal de armamento, os garantes dos paraísos fiscais, os que especulan co petróleo e os alimentos, os que fan subir ó seu antollo a inflación e a utilizan no seu beneficio, os que controlan os organismos internacionais, Organización Mundial de Comercio, Banco Mundial, Fondo Monetario, etc, salgan indemnes da crise que eles xeraron. Os mesmos que están a xerar novas burbullas especulativas, agora co petróleo e os alimentos, como noutros momentos fixeron coas empresas tecnolóxicas, coñecidas como “ puntocom” e despois cos mercados inmobiliarios de diferentes países.


Os políticos a quen eliximos están manexados na grande maioría dos casos, por estes “poderes na sombra”, antidemocráticos, sen control que enchen Bruxelas con máis de 10.000 empresas, lobbys, que sobornan e dirixen a actividade política dunha grande parte de a quen nos lle damos o voto. Polo tanto a actual situación para máis do 80% das sociedade non ten saída se pensamos que os que gobernan na actualidade ou os que serven para alternarse con eles no poder, van facer algo por todos nós. Eles son copartícipes da actual crise e non deben saír politicamente indemnes da mesma.


Para os traballadores debía ter certa lóxica esixir ós gobernos que o peso da lei caiga sobre os que xeneraron esta situación ¿ou non hai responsables?. Pero ¿que lei?. A realidade é que as leis no sistema capitalista están a favor dos especuladores, dos axiotistas, están en suma ó servizo de quen fai posible a actual situación. Si sobre os bancos centrais non hai control político nin democrático e non corrixen as actuacións do capital especulativo é consecuencia de que un grupo de políticos así o decidiron. Políticos do PSOE e PP, no caso do estado español, polo que non debemos permitir que nos digan que “non poden facer nada pois depende de Bruxelas”; dous partidos que realizaron os seus congresos sen falar a fondo da economía, da crise, do paro, do endebedamento familiar, da suba dos prezos dos alimentos de primeira necesidade, etc., e esqueceron aínda que era a súa obriga plantearlle a quen piden os votos, as alternativas para saír da actual situación. E iso é así, porque a axenda económica do goberno e a oposición, diríxena os grandes grupos económicos.


Os asalariados debemos ter moi claras nestes momentos as seguintes cuestións: que a crise débela pagar quen a xerou e se isto non é así e recae sobre nós, é pola complicidade de quen goberna e a maioría das forzas de oposición. En segundo, que só a mobilización pode para-las agresións sobre a clase traballadora; pero unha mobilización que sabemos esta chea de dificultades pola posición dos sindicatos maioritarios a nivel de estado e da U.E. En terceiro que a actual crise pon en evidencia a magnitude da debacle da esquerda nos países do centro do sistema. En momentos en que compróbase, percíbese, por parte dunha grande parte da humanidade, que o capitalismo é un sistema corrupto, ineficaz, que só beneficia a unha minoría que se apropia da riqueza producida por todos, non aparece unha alternativa político-institucional ó sistema, nin hai o debate nas sociedades sobre que tipo de sistema debemos construir entre todos, que desplace o sistema capitalista e que permita un reparto máis equitativo da riqueza que hoxe producen os traballadores, que é moita. En suma hoxe é máis imprescindible, aínda que moitos o teñan esquecido, falar do socialismo e do comunismo, o que nos debe levar a organizar o debate ideolóxico -cultural, como unha das partes centrais do traballo de todo revolucionario.




En Galicia no mes de xullo de 2008



miércoles, 18 de junio de 2008

TEMPO DE CONGRESOS

Carlos Dafonte

 


Estamos en tempo de congresos. O PP celebra o seu dentro duns días e o PSOE no mes seguinte, a primeiros de xullo; IU prepara a súa asemblea. E aínda que esta última non o é, creo pertinente, pois parece se ten esquecido, reflexionar sobre que é un partido.


¿O resultado da vontade dun grupo de individuos unidos por lazos de amizade, que viven nun territorio definido, con afinidades culturais, coas mesmas ou parecidas aficións, ou os partidos seguen a expresar os intereses dunha clase social ou fraccións da mesma, mergullada na loita de clases, polo tanto na loita política, económica e ideolóxica, para impoñe-los seus intereses sobre todo os económicos? Sigo convencido que a última afirmación é o que guía a existencia dos partidos; o resto soluciónase con outro tipo asociacións que a lexislación permite.


Traio isto a colación, pois para ser capaces de analizar o que acontece no PP é preciso mirar por enriba dos feitos diarios, dos enfrontamentos persoais, que tamén os hai, e tentar distinguir entre que é o fundamental e o accesorio neste enfrontamento, que ocupa as cabeceiras dos medios de comunicación.


A burguesía española, a clase dominante no estado, exprésase politicamente a traveso de dous partidos de ámbito estatal, PSOE e PP e varios das nacionalidades, CiU, PNV, Coalición Canaria, UPN...Existencia de diferentes partidos que expresan as contradicións propias no seo dunha mesma clase social nun intre determinado; non son os mesmos intereses os do capital industrial que o do financeiro, por exemplo, nin os das empresas petroleiras e eléctricas que os da adicada ós medios de comunicación e a chamada “industria cultural”; nin os da burguesía centralista e as periféricas; contradicións que se aguzan en tempos de crise, como na que hoxe nos atopamos. Pero estas contradicións non son antagónicas, como as existentes entre a burguesía e o proletariado, entre os propietarios dos medios de produción e os que venden a súa forza de traballo. Elemento que hai que ter moi en conta.


O actual estadio da crise económica inaugura tamén un novo ciclo político que é o da colaboración dos dous grandes partidos da oligarquía, PSOE e PP, cuxa posta en escena foi o acto de investidura de Rodríguez, despois de gaña-las eleccións celebradas o 9 de marzo. Os congresos confirmarán este feito.


E sobre a crise é preciso sinalar que levamos mergullados nela moitos anos, pero o aumento da taxa de explotación dos asalariados e o “tirón” dalgún sector da economía, permitían acadar crecemento, baixo, pero crecemento, outro dos grandes mitos da economía capitalista, e agora entramos nunha etapa sen crecemento ou con crecementos moito máis baixos, próximos á recesión e o que é peor, con inflación. A temida estanflación.


Estou convencido que Rajoy segue ó pé da letra a partitura que escreben os verdadeiros poderes que dominan no estado español, e os enfrontamentos con baróns e baronesas do seu partido non son máis que expresións da resistencia persoal á nova situación. Lara, o maior editor do estado, deixouno claro nun foro económico celebrado hai poucos días en Barcelona, afirmando que é tempo de colaboración entre os dous grandes partidos estatais.


Os medios de comunicación que seguen a apostar por “outro PP” cambiarán de postura cando algún gran emporio económico ameace con retira-la publicidade de non “practica-la ortodoxia”.


Ogallá do seu congreso o PP saia roto e fragmentado, máis feble, os asalariados bastante temos con loitar contra as políticas neoliberais de quen nos goberna.


E en xullo o Congreso do PSOE. ¿Haberá debate? Non o creo, a pesares da situación do planeta e do estado, mergullados nunha crise económica global que afecta de diferentes xeitos a unha grande parte da cidadanía e crise alimentaria que leva producida numerosos balbordos en países da periferia; da especulación que eleva os prezos do petróleo e dos alimentos ata niveles insospeitados hai poucos meses; a pesares da construción europea antidemocrática, levada a cabo de costas ós pobos, ¿como é posible que dos 27 estados que forman parte da U.E. só en un sométase a referendo o novo texto “constitucional” aprobado en Lisboa, e onde foi ratificado polos parlamentos sexa descoñecido?; da nova xornada de 65 horas que tentan impoñer, da entrada pola porta de atrás da directiva Bolkestein, das numerosas intervencións das tropas en lugares de conflito ó servizo do imperialismo norteamericano e europeo, da responsabilidade que como partido de goberno ten nestes momentos, estou convencido que amosando unha vez máis o foxo que se esta a abrir entre o sistema e unha grande parte do pobo, no congreso do PSOE non se van discutir a fondo os temas que preocupan, nin se van producir voces discordantes que reclamen centrarse na realidade. Sería saírse do guión marcado.


Unhas verbas finais sobre a próxima Asemblea Federal de IU. A crise é no fundamental unha crise do PCE. As discusións e os desencontros son produto das diferentes visións que hai entre os membros do propio partido. No PCE hai hoxe dous proxectos, un neoliberal, disposto a colaborar co PSOE na gobernabilidade do país, que se esconde baixo o eufemismo de “facer xira-lo PSOE cara a esquerda”, é o proxecto que encabeza Llamazares, e outro que sen moverse fora dos límites do capitalismo, poderíamolo considerar “socialdemócrata de esquerdas”, que pula a maioría da dirección. Tamén fican restos, cada vez máis inconexos e febles, do que se pode considerar un proxecto comunista, pero non vai ser determinante na futura asemblea.




En Galicia no mes de Xuño de 2008




 



martes, 27 de mayo de 2008

FINANCIACIÓN AUTONÓMICA, A PELEXA POLO DIÑEIRO.

Roberto Laxe 


O debate da financiacion autonomica é un dos puntos onde se pon de manifesto a debacle da esquerda, xa nacionalista, xa estatal, ao centrar o debate no "reparto" da torta fiscal, como pode facer calquer neoliberal do PP ou do PSOE, sen cuestionar o fondo da inxustiza dun sistema fiscal baseado nos impostos indirectos, no IVE, nos impostos o consumo das gasoliñas ou o que sexa, que veñen a sustituir as reabaixas no IRPF, trasladando a financiacion pública dos petos dos que máis teñen aos que menos teñen.


Alen diso, non se discute o carácter regresivo do sistema fiscal español, de maneira, por exemplo, que os desempregados teñen que pagar o fisco.


Fica claro cal é o verdadeiro contido da discusion. Non é unha discusion a favor do pobo traballador galego, senon unha discusion sobre cantos diñeiros imos consequir, para logo, ademáis, facer uns investimentos que pouco o nada teñen que ver coas necesidades sociais.


En vez de falar do transporte publico, do tren de proximidades, faise o AVE, que van utilizar os catro executivos para chegar a Madrid.


En vez de falar da contratacion MASIVA na saúde de persoal sanitario e non sanitario que resolva dunha vez as listas de espera, gastanse 600 millons no Mausoleo Fraga Iribarne, chamado Cidade da Cultura de Gaiás.


En vez de facer investimentos no ensino, mellorando a calidade e ampliando o servizo, seguimos financiando a Igrexa pola vía dos conciertos e demáis.


En vez de facer un plan publico de construccion de vivendas para aluguer, e un control de prezos, subvencionase aos consumidores, para que os propietarios poda subir os prezos e teñan máis lucro.


Este debate, en fin, pon de manifesto o verdadeiro caracter do debate, todos fillos da mesma ideoloxia, o neoliberalismo.


Pois ten no esquecemento a reivindicacion historica da esquerda, "que pague, quen máis ten", e de oposicion a imposicion indirecta, pois grava igual as rendas máis altas e as máis baixas.


Demostrase nos feitos que, hoxe, non ha unha verdadeira esquerda, que temos que construila.


Galiza no mes de maio de 2008


 



jueves, 22 de mayo de 2008

O AUMENTO DA EXPLOTACIÓN DOS ASALARIADOS É O ÚNICO XEITO QUE TEN O CAPITALISMO PARA SAIR DA CRISE

Carlos Dafonte


Escoito unhas poucas frases do presidente do goberno Rodríguez, no programa de TVE “59 segundos”. Todo son banalidades pero hai unha que fica gravada na miña memoria pois hai máis dun lustro foi tema de debate entre un grupo de militantes que analizábamos o temas das crises periódicas do capitalismo. O presidente dixo “ a saída da crise será socialdemócrata” e engadiu algo parecido a con amparo ós afectados...Levantou os brazos como si fora a voar e esbozou ese sorriso parecido ó de Toni Leblanc nesa película na que practicaba o timo coñecido como o “tocomocho”.


Algo temos avanzado; xa recoñece que atopámonos nunha situación de crise, cando hai trinta días negábao. Posiblemente a afirmación do presidente fora a última contribución do señor Tagoas, asesor económico presidencial, con categoría de Secretario de Estado, antes de iniciar a súa etapa como presidente da patronal SEOPAN, onde agrúpanse unhas decenas de entre as maiores empresas da construción, considero uns dos maiores grupos de presión existentes no Estado. Prepara con Rodríguez a aparición televisiva e despois vai concretar as verbas presidenciais, a saída socialdemócrata, dende o cumio dunha das patronais que máis se teñen enriquecido nestes anos e que destaca pola súa intransixencia cos traballadores e controlar un dos sectores produtivos con maior grao de explotación. ¿A quen quere enganar o presidente con semellante afirmación? ¿Como é posible que un presidente que ten como principal asesor económico a unha persoa que vai presidir unha patronal da construción, poda falarnos de pular unha saída socialdemócrata á crise dende o goberno que preside?. Algún inxenuo pódese preguntar como un asesor presidencial que coñece interioridades, proxectos, futuras decisións, etc., pode marchar a presidir un organismo do sistema oligárquico español. ¿Pode haber alguén que pense que o poder político que representan PSOE, PP e os nacionalistas burgueses, é independente do poder económico?¿Xa esquecemos, o acontecido non hai tantos anos, en que a gran banca pagaba a empresas tapadeiras de determinados partidos, cantidades importantes de cartos por informes inexistentes?


Pero ademais non debemos esquece-lo apoio do PSOE ó tratado de Maastricht, onde se plasmaron as políticas neoliberais e contra os traballadores, que leva adiante a Unión Europea. Tratado onde se admiten como verdades inamovibles, principios ideolóxicos que o son da dereita e onde a tríada PRIVATIZACIÓNS, DESREGULACIÓN E COMPETIVIDADE é a base da globalización que ninguén no PSOE pon en cuestión.


¿Pensa o presidente Rodríguez que xa esquecemos a campaña do referendo para un Tratado Constitucional Europeo, onde PSOE e PP foron da man para darlle rango constitucional ás políticas neoliberais? ¿Ou que eurodiputados do PSOE como Enrique Barón e Manuel Medina apoiaron publicamente a Directiva Bolkestein que consagra o principio de que as leis laborais son as do país de orixe da empresa?. ¿Ou que nunha U.E. onde máis do 60% das decisións económicas se toman en Bruxelas, hai posibilidades dunha “saída socialdemócrata” á crise?


¿Pero que é unha saída socialdemócrata á crise?. Hai decenas de anos, as políticas socialdemócratas eran unha alternativa, reformista, pero alternativa, ás políticas do capital. Por medio de reformas do capitalismo poderíase pasar, pensaban eles, a unha nova sociedade a sociedade socialista, incluída a transformación do estado. Os que en tempos foran socialdemócratas en Europa, e tiveron posibilidades de confronta-las súas políticas coas do neoliberalismo, dende finais dos anos sesenta, buscaron a posibilidade de non enfrontarse directamente coas necesidades do capital e “teorizaron” o que se chamou “terceira vía”, un xeito de renderse ó neoliberalismo pero que parecera que non o facían. Os teóricos da terceira vía acolleron as políticas de Toni Blair en Gran Bretaña o chamado “novo laborismo”, e as falcatruadas do Clinton nos EEUU, como a plasmación práctica dun novo xeito de facer política e de interpretar as necesidades da xente. O balanzo final non pode ser máis desolador; a terceira vía non pasou de ser o tatcherismo con outra faciana e o imperialismo de sempre e dicir, políticas neoliberais contra os traballadores e os pobos.


No estado español non houbo nin intento de enmascarar as políticas neoliberais, aplicáronse e se seguen a aplicar contando co fervor dun poderoso coro de medios informativos, que repite constantemente que se o PSOE foi, e polo tanto é, cuestión discutible, un partido da esquerda, as políticas que implementa tamén o teñen que ser.


Hoxe sería unha saída socialdemócrata, as solucións propostas por Keynes hai moitos anos, partindo de que nas crises o elemento fundamental e a queda da demanda e esta era resultado da queda investidora e do emprego. Fronte o derrubamento do investimento privado debía se-lo estado quen investise cunha política activa de intervención para loitar contra as recesións, aumentando o gasto público.


O problema do déficit solucionábase co aumento da demanda non só polo importe investido, pois ese gasto inicial transformado en salarios e bens, xeraba unha nova demanda, o chamado multiplicador keynesiano, sobre outros sectores.


Ademais o estado sempre aumentaría os ingresos grazas a maior entrada de impostos que xeraba a actividade económica; podíase gravar, tamén, máis ós máis ricos, anulando deste xeito o déficit público inicial.


Se analizamos as medidas tomadas ata o de agora polo goberno para enfrontarse á desaceleración, ou á “desaceleración acelerada” dos últimos días, búscanse todo tipo de eufemismos para non falar de crise, vemos que teñen máis que ver con poñer o estado ó servizo dos grandes emporios económicos, e dar esmolas, o que facía o franquismo, que con políticas socialdemócratas, imposibles de levar adiante nunha Unión Europea neoliberal. Flexibilidade laboral, rebaixa de salarios ós traballadores, non aumentan nin o monto da inflación, polo tanto rebaixa, e rebaixa tamén dos impostos ós máis ricos, privatizacións de servizos públicos, política de fusións, nestas circunstancias os peixes máis grandes cómense ós máis cativos, e toda unha serie de compensacións ós empresarios, serán os alicerces da saída a crise; a favor dos poderosos e contra os asalariados e dentro dos mesmos contra da clase obreira.


Non haberá saída socialdemócrata á crise, xa que a xénese da mesma non é unha queda da demanda senón a queda da taxa de ganancia, xerada polas contradicións internas do propio capitalismo. Os grandes emporios económicos non o ían permitir. O que necesitan é un maior exército de reserva, os traballadores atados de pes e mans, polo que con toda seguridade nos atopamos en portas doutra nova reforma laboral


Que ninguén espere que o capitalismo se derrube a pesares das crises cíclicas que padeza por graves e fondas que sexan; aínda que non tivera tan bos garantes como PSOE e PP, no estado español, a Unión Europea, e como recurso final ó xendarme estadounidense, se os sectores populares non se organizan e empurran, o edificio do capital, aínda con crise no sector do ladrillo, non cae.


Unhas consideracións finais; estes días púxose en marcha dende os medios de comunicación unha operación de adormecemento dos pobos do estado; a calquera hora do día o PP e o seu próximo congreso, ocupa todos os espazos. Aínda que o voten moitos asalariados é un partido conservador, representante dun sector da oligarquía española que ten amosado o longo dos anos ser un inimigo declarado dos traballadores, polo tanto pouco nos debe interesar o que lle aconteza, e canto peor lle resulten as cousas, mellor para a grande maioría do pobo español. Pola contra o partido do goberno ten próximo o seu congreso, para xullo; escoitei que xa aprobaron a ponéncia política, ¿vímola en algún medio sendo como é o principal responsable das medidas en relación á delicada situación económica na que nos atopamos? ¿Ou non van discutir sobre a situación económica?. Iso si que nos interesa ós asalariados e hai un sospeitoso manto de silencio sobre o tema nos medios.


O mesmo acontece co declive político e a desaparición institucional da esquerda no estado; non é un feito anecdótico, a grande maioría dos cidadás estamos obxectivamente interesados na información do que pasa na actualidade nos diferentes sectores da esquerda, na perspectiva da súa reconstrución, pero ós propietarios dos medios non o ven do mesmo xeito e tamén o silencio é absoluto. Os poderes fácticos fan todo o posible para que a idea da necesidade da existencia dunha esquerda forte, alternativa ó sistema capitalista, explotador da humanidade, despilfarrador de recursos, non se espalle entre quen máis necesita da existencia da mesma.




En Galicia no mes de maio de 2008



jueves, 24 de abril de 2008

O DEBATE DE INVESTIDURA ABRE UN NOVO PERÍODO

Carlos Dafonte



Nestes meses estase a pechar un ciclo económico onde o modelo de explotación español amosou a súa eficacia; os traballadores, grazas ás condicións de explotación crearon grande cantidade de riqueza pero non houbo un proceso de redistribución da mesma. Goberno, sindicatos, oposición e outras estruturas do estado capitalista, encargáronse de que “a parte do león” fora para os mais poderosos economicamente.


O modelo de crecemento español entra en crise coincidindo cunha posible recesión a nivel mundial. ¿Entramos no estado español tamén nun novo ciclo político?.


Rodríguez, o presidente do goberno en funcións, acaba de formar novo goberno despois dun debate de investidura soporífero e onde todo parece camiñar a darme a razón na opinión vertida nunha tertulia de radio, onde analizábamos os resultados electorais, de que o PSOE gobernaría só coa anuencia do PP; debate de investidura onde o candidato á presidencia do goberno, quizás por medo ou incompetencia, foi incapaz de situar ós diferentes pobos do estado, diante da grave situación económica e explicar un programa claro de medidas; unha situación, que no económico se degradaba día a día camiño da recesión, que vai agravar a xa feble economía dunha parte importante da poboación, con máis paro, perda de poder adquisitivo, de dereitos sociais, suba das hipotecas, etc,; e onde se percibe un certo reponte da mobilización social. Estas circunstancias e os propios resultados electorais, facíanme pensar nun acercamento das posicións do PP e PSOE, prescindindo nos labores de goberno de todas as demais organizacións políticas. E foi ese o elemento clave do debate de investidura, dende o meu punto de vista.


Rodríguez prescindiu de todo tipo de apoios, tamén de contraer compromiso algún e compareceu no Congreso dos Deputados dun xeito do que que durante a lexislatura se acusou ó PP, illado de todos e incapaz de concordar con alguén.


Todo o seu discurso e o debate posterior estivo inzado de requirimentos ó PP para levar adiante acordos, recibindo por parte do partido conservador, replicas no mesmo senso. O que interpreto, con todas as prevencións que o caso require, é que nas condicións económicas, políticas e sociais polas que esta a pasar o estado español, os chamados poderes fácticos, os que verdadeiramente mandan, dan cretos e perdoan débedas, poñen os medios de comunicación ó servizo dos partidos, etc, apostan por unha recomposición do bloque oligárquico, evitar fisuras para facer fronte máis unido ós próximos anos de forte crise económica e social.


Do que se trata é de tomar medidas para recompoñer o antes posible a xeración de plusvalor dos grandes emporios económicos, cuxos intereses e investimentos hai que defender no mercado interior e no exterior. Ese obxectivo acádase mellor co apoio, nos parámetros básicos, do principal partido da oposición.


Os cambios acontecidos no PP van nese camiño e os nostálxicos dende os medios de comunicación, dos catro anos pasados, pronto serán convencidos da necesidade da nova realidade, onde vai seguir exercéndose unha oposición dura en determinados aspectos, ou principiará un proceso de marxinación.


Polo tanto é previsible que os enfrontamentos no próximo congreso do PP, de producirse, non van poñer en cuestión a nova etapa que abriu o debate de investidura.


Nesa mesma lóxica está a constitución do novo goberno, carente de personalidade, mal estruturado e onde os ministerios de Economía e Industria teñen un papel relevante e os demais a non poñer atrancos, a dicir a todo amen. E se o importante é que se recupere a taxa de lucro ¿para que un ministerio de medio ambiente?. Tampouco debemos esquecer que o novo ministro de Industria, Turismo e non se sabe cantas cousas máis, antes de ser asesor persoal do presidente Rodríguez, tiña un alto cargo no BBVA. En tempos de crise bancaria, todas as axudas son poucas.


Este tipo de acordo entre grandes partidos non é novo na UE de hoxe, exemplos témolos en Alemaña e no “revolto” partidario do que Sarkozy sacou o seu goberno.


Por último, verdade que o discurso de IU, de forza-lo “xiro a esquerda” e do BNG, da importancia dos seus votos en Madrid para “conseguir”, soan un pouco a...?


A burguesía apréstase ós vindeiros combates, a enfrontarse ó desenvolvemento da loita de clases neste novo período, nas mellores condicións posibles para impoñe-las solucións de acordo cos seus intereses; ¿como organiza-la loita dos asalariados, con que instrumentos? Ese é o grande reto da esquerda no estado e na Galicia.




Abril de 2008




 




lunes, 21 de abril de 2008

A CRISE E A PERSPECTIVA PARA A ESQUERDA

 


As eleccions do 9 de marzo foron a confirmacion dun fenomeno que non é só galego ou español; senon europeo e mundial: a “via parlamentaria” da esquerda tradicional desaparece eleccions tras eleccions.  Foi nas francesas, foi nas españolas (que tiveron a súa expresion na Galiza, coa perda do voto urbano do BNG), e, hai uns días, nas italianas, coa desaparcion de Refundacione Comunista e outros partidos, que como IU no Estado Español, foron o apoio dos gobernos “progresistas” de Zapatero e Prodi.


Mentras, o mundo vai de cabeza cara unha crise economica, que esta a xerar unha resposta na rúa dos traballadores e os pobos. Poucos días despois das eleccions francesas, onde a esquerda parlamentaria retrocedera, miles de traballadores saíron a loita. A derrota da “esquerda” italiana foi precedida de folgas e mobilizacions. O retroceso urbano do BNG e a queda de EU veu precedido dunha importante manifestacion o 17 de febreiro, Galiza Non se Vende, e dous anos de folgas obreiras como a dos metalúrxicos vigueses ou o telemarketing coruñes.


Calquer analisis das perspectivas para a reconstruccion dunha esquerda anticapitalista, non parlamentaria, sexa galega, española ou internacional, ten que partir dunha caracterización o máis precisa posible do que é o signo da situacion actual: a crise economica, e as súas consecuencias para as condicions de vida dos traballadores, a carestía e a inflacion, alen da ameaza de desemprego.


Dende os economistas burgueses e os gobernos, tentase de responsabilizar, como fai sempre que o capitalismo entra en crisis, a un sector da burguesía, aos “maos” do capitalismo, para salvar o conxunto do sistema. Asi foi no 72 cando a chamada “crise do petroleo” desmontou o crecemento economico da posguerra mundial: a culpa foi dos produtores do petroleo, dixeron, non dun sistema que ciclicamente ten crise. Na crise dos 80, foron os “bonos lixo”, os especuladores na bolsa os que tiñan a culpa, non o sistema.


Nos 90, despois da suposta victoria do capitalismo sobre o comunismo coa queda do muro de Berlin, foron os que se fixeron ricos coas famosas “.com”, é dicer, as empresas de internet. Mais ista crise levouse por diante unha das grandes da electricidade mundial, a ianqui EnRon. Tampouco foi o sistema quen estivo en crise, só os que quixeron lucrarse coa especulacion das “.com”; como se os propagandistas do sistema non fixeran campaña de publicidade sobre os beneficios de internet e as “.com” para o mundo.


E agora, coa nova crise detonada pola queda das hipotecas “subprime” (lixo, como os bonos dos 80 ou as especulacions a redor das “.com” de comezos de seculo), a culpa non a ten o sistema, senon que é dos que quixeorn lucrarse coa burbulla inmobiliaria.


Os especuladores levan sempre a culpa,.... mais nas costas dun especulador sempre ha un banco, e os bancos son a columna vertebral do sistema capitalista. Por iso, ista crise afecta non ás extremidades, como foi noutros casos (a crise mexicana, a rusa ou a arxentina), senon o corazón financieiro do sistema, nunha das dúas grandes potencias económicas do mundo, os USA.


Mas, porqué se os especuladores son os que teñen a culpa da crise, as medidas dos gobernos van contra os traballadores e os pobos?


A especulación ten unha lóxica que non é allea a estructura do sistema capitalista, senon que é unha consecuencia natural dele, polo que Marx descubriu hai xa máis de 150 anos, a lei da tendencia decreciente da taxa de lucro. Dunha maneira simple -e polo tanto perdendo os matices que haberia que profundizar-, co nivel de desenvolvemento das forzas productivas (tanto na capacidade productiva do ser humano como na maquinaria e tecnoloxía necesaria para pór en funcionamento unha empresa), é ingente a cantidade de capital necesario para manter a taxa media de lucro que lle compense ao capitalista facer o investimento. Por iso, vaíse ó diñeiro facil, á especulación, sexa os “bonos lixo” dos 80, as “.com” dos 90 ou as hipotecas do 2000.


Mais, a sociedade capitalista é unha sociedade de produccion de mercadorías, e se istas baixan o seu valor -que non é o mesmo que prezo, con iste podese especular, co valor, é dicer, o seu custe de produccion, non, pois o custe de produccion fundamental é o salario do traballador e a máis-valia do empresario, e isto é a loita de clases-, é dicer, sufren unha deflacion, deixan de ser rentabéis, agudizando a tendencia a especulacion. Ao final, producese un “fenomeno de tixolas”, onde o diñeiro ficticio non se corresponde co xerado pola explotacion dos traballadores, polo que devalúase, e rompe a economia, detonando a crise.


O ano pasado, a ruptura deuse nas hipotecas “subprime”, mais, como a crise é do sistema, de queda da taxa de lucro, o que só foi o detonante, esta extendendose polo mundo pola vía da queda da bolsa, da inflacion, da crise das inmobiliarias, etc.


Na Union Europea onde o control dos estados sobre os bancos é un pouco maior que nos USA (ista é unha economia absolutamente desrgulada), a crise estase manifestando coa inflacion, pois é a maneira que os capitalistas europeos queren recuperar a taxa de lucro. Neste sentido son “vulgarizacions” interesadas as que responsibilizan da crisis á queda no consumo; se realmente fora así, non despedirían, non baixarían os salarios, non precarizarían o emprego.... senon todo o contrario.


Tampouco podemos crer nas versions que din que a inflacion xurde en abstracto, como se ninguen decidira a suba dos prezos; a “man obscura do mercado” de Adam Smith ten ollos e cara, son os burgueses, os capitalistas, as súas organizacions patronais e os gobernos que suben as tarifas electricas, telefonicas, etc., ou ollan para outro lado mentras iso acontece. Tampouco son os salarios os que xeran a inflacion -iste é un argumento que asumen as direccions sindicais para manter a súa politica de pactos sociais e contencion salarial-, senon a ambicion do lucro polas empresas e os empresarios; é unha manifestacion da queda da taxa de lucro.


O Estado Español é unha mistura das consecuencias da crisis “á europea”, a inflacion, cos efectos da especulacion hipotecaria como nos USA, e estan ameazados miles de postos de traballo na construccion. O novo goberno do PSOE ten como unha das súas prioridades facer o que lle pediu a patronal o longo das eleccions: un plan de choque para recupera a economía. E xa coñecemos que cando a patronal exixe un plan de choque, quen pagan son os traballadores.


 


O caso galego ten a súas caracteristicas


 


Evidentemente non escapa a crise mundial, directamente, pois é parte da economia capitalista con multinacionais como Inditex, Pescanova, Bluesens, Televes, Calvo, etc., como pola súa dependencia da construccion, como acontece en xeral no Estado Español. Así, a inflacion bate nuns salarios de media máis baixos que os do conxunto do estado, ou a ameaza de desemprego na construccion é un feito ao que temos que sumarlles aqueles que emigraron, e agora teñen que voltar.


Mais, pola súa condicion de nacion “periferica” a especulacion urbanística que permitiu o desenvolvemento da España mediterranea e madrileña non afecta tanto. De feito, no PIB galego a construcción, a diferenza do resto do estado, esta despois dos sectores industrias como o metal (estaleiros e automovil), o textil e a conserva, e mesmo dos sector servizos (o comercio, especialmente). Mentras no estado é (era) o primeiro xerador de emprego, na Galiza non o é. Alen máis, na conxuntura xerada polo Prestige, estase a xerar unha expansion na industria da construccion naval, con Vigo e Ferrol construindo barcos como nos mellores tempos dos 70 (a ría de Vigo é hoxe a primeira potencia de construccion naval civil de Europa e unha das máis grandes do mundo).


Tal e como recoñece a prensa portuguesa, o “efecto Nunca Máis” tivo, e ten, un efecto expansivo, liberandoa do corse do caciquismo fraguista. Os investimentos da Xunta xa non van par o asfaltado dos puticlubs dos amigos dos alcaldes ou para subvencions de redes caciquiles; senon que estan o servizo do desenvolvemento burgués, tanto no rural como no urbano.


De feito, ha anos qaue asistimos a desaparicion do vello labrego e gandeiro galego, e no 2007, por primeira vez na historia, os empregos dependentes do agro e o mar baixaron dos 100 mil; o cal non significa unha queda na produccion do leite o do peixe. As empresas galegas no mar son unha das potencias mundiais, tanto pola pesca directa como no acuicola, establecendo “factorias coloniais” en Namibia, El Salvador, Arxentina, Islas Salomon, etc., ou desenvolvendo a tecnoloxia acuícola dende Pescanova ou Isidro de la Cal.


O caso do leite é máis complexo, pois a politica de Fraga de liquidar o sector, deixouno baixo minimos no que fai a transformacion, mais o gandeiro galego, hoxe, ten unha capacidade productiva cualitativamente superior ao que era a vella produccion gandeira; así, só unha empresa gandeira, Usgama de Boimorto, produce 2.5 millons de litros ó ano con 250 ou 300 vacas, e tiñan un plan de expansion para chegar aos 3 millons, que teñen paralizado pola queda dos prezos do leite.


Os conflitos coas grandes empresas envasadoras e distribuidoras é un conflito entre o pequeno e mediano burgués, o gandeiro, que exixe prezo rentable para a súa mercadoría e polo tanto máis lucro, dandolle o mesmo o prezo ao que chega ao consumidor (é dicer, ó conxunto dos asalariados), e os burgueses das envasadoras e distribuidoras, que queren baixar os custes de produccion, e así incrementar o seu lucro. O resultado deste conflito, como calquera conflito interburgués, é da concentracion da produccion en menos máns, coa desaparicion das explotacions que non esten preparadas para entrar na liberalización do mercado e o fin do sistema de cotas.


Porén, dende un punto de vista de clase, aos traballadores tanto nos ten que suban ou baixen o prezo do leite en orixe (casi mellor que non o suban), pois o que chega ó mercado non se corresponde coa suba dos salarios.


Como sempre dixemos, a Galiza de hoxe é unha Galiza asalariada e urbana. Mais é unha nacion oprimida no centro do capital imperialista, a UE, cunha contradiccion de ferro entre o seu papel imperialista a traves das grandes empresas galegas e a súa relacion de opresion co estado español, o que sen lugar a dubidas vai xerar enfrontamentos, mesmo da pequena e mediana burguesía como os gandeiros, ou outros sectores populares, co goberno central e a Xunta. O BNG apuntase a ser o seu representante politico, mais quen vai representar politicamente os intereses e as condicios da maioria asalariada da poboacion galega?.


 


A perspectiva da reconstruccion


 


Nese cadro de crise economica, e polarizacion social, os gobernos demostran o que son, xestores das necesidades dos capitalistas, para os que fan todas as politica; e atopamosnos co feito ineludible da desaparicion da esquerda institucional tradicional, como a demostracion do fin de calquer posibilidade de “reformas” cara un capitalismo de rostro humano. Non ha “xiro social” nos gobernos, diante da crise non son posibles concesions á maioria da poboacion traballadora, só politicas que abertamente defendan os lucros dos capitalistas.


Mais, tamén é un feito que os traballadores e os pobos non fican calados; respostan e loitan, fan folgas e mobilizacións contra as consecuencias da crisis, nunha perspectiva de que, coa agudizacion da crise, imos ter máis loitas e convulsións sociais.


O que esta a acontecer na America Latina, que esta a cristalizar en procesos de reagrupamentos internacionais e nacionais de organizacions politicas e sindicais. A situacion italiana, incapaces de estabilizar un goberno que leve adiante os planos da burguesía; as folgas en Grecia contra a inflacion, etc. Mesmo o que acontece nos USA, onde o “exito” de Obama só é a punta do iceberg do que esta a pasar na sociedade ianqui, con folgas obreiras contra a guerra, etc. Lembremos á pasada que Obama foi o unico representante que no Congreso dos USA votou en contra da guerra de Iraq, e no seu pasado esta a súa ligazon cos sectores radicais dos negros norteamericanos, polo que un sector da burguesía ianqui, asustada polo que pode pasar con outro Bush, aposta claramente por unha saída “popular”, polo Zapatero ianqui. E a Galiza non é “periferica” nesto; o contrario.


Fronte a crise capitalista, a maioria da poboacion traballadora faise máis receptiva aos mensaxes de loita contra as súas consecuencias. A loita polo socialismo comeza a non ser alleo á resolucion das necesidades das masas traballadoras e, mesmo, das súas aspiracions, senon que aparece como algo ligado á unha saída á crise capitalista. O problema é que isto non se corresponde co nivel de organización da esquerda, e se non se resolve ista contradiccion, todo pode ficar nun fogo de artificio e nunha nova derrota do pobo traballador. 


Por que, ha masa critica para a reconstruccion da esquerda. As consecuencias de Nunca Máis, a experiencia de loita que foi para miles de xovenes e traballadores galegos esta gravado a fogo nas conciencias; e o bloco social da manifestacion do 17 de febreiro demostrouno.


Para elo é necesario que organismos politicos como Causa Galiza, ou os foros sociais -cada  ún a súa maneira, reflicten a necesidade da reconstruccion da esquerda anticapitalista- partan das necesidades e inquedanzas da clase traballadora e o pobo, da loita contra a carestía da via e a crise, contra a privatizacion do ensino e a universidade (a LOU, a Lei de Calidade e o seu orixe, o proceso de Bolonia), a loita polos dereito democráticos (autodeterminacion, aborto, etc.), a solidariedade internacionalista cos traballadores e os pobos do mundo en loita; e sitúen no centro a denuncia e a mobilizacion social contra os gobernos do capital


Isto é, recuperen a politica como o que é, a ferramenta para a resolucion dos problemas do ser humano nunha sociedade de clases, rompendo coa “politica” da esquerda institucional, preocupada polo seu posto e o salario oficial. A crise capitalista non se vai resolver cun novo reformismo institucional, o capital non ten marxe de manobra para facer concesions, como foi na posguerra mundial; hoxe a crise do capitalismo só ten unha saída, bater duro sobre as condicions de vida dos traballadores e os pobos. Poren, a reconstruccion da esquerda anticapitalista convirtese no nú Gordiano da situacion.


 


Galiza, 20 de abril de 2008


 


 


Roberto Laxe


 


 


 



viernes, 28 de marzo de 2008

GALICIA HOXE



Hai, entre outros, tres procesos sobre os que é necesario reflexionar: a mobilización levada a cabo por milleiros de galeg@s o 17 de febreiro, a constitución e perspectivas de Causa Galiza e os resultados electorais do 9 de marzo.


A mobilización efectuada o día 17 en Compostela baixo o lema GALIZA NON SE VENDE, abre un proceso político-social novo, complexo, que é necesario analizar a fondo, pois de non ser así, pode ocorrer que non sexamos capaces de atinar cos novos elementos do mesmo.


O primeiro obxectivo político de quen apoiou a mobilización, debe ser poñerlle nome ó que se criticou, as políticas neoliberais, e os beneficiarios das mesmas, os emporios capitalistas galegos en primeiro lugar, foráneos en segundo e quen perde e esta a ser enganado pola Xunta bipartita nestes anos que culminan na mobilización GALICIA NON SE VENDE, os traballadores e traballadoras asalariados e sectores da pequena burguesía galega.


Pódese afirmar, sen medo a trabucarse, que foi unha mobilización interclasista, na que participaron traballadores industriais e de servizos, traballadores autónomos do mar e labregos, empregados públicos, profesións liberais, etc., é dicir sectores estes últimos que podemos identificar como pequena burguesía. Estaban presente os compoñentes básicos do que debe se-lo bloque social de avance cara ó socialismo.


A mobilización expresa un elemento central da situación de Galicia, a frustración, despois de tantos anos de goberno do PP, do entusiasmo de numerosos galegos e galegas pola chegada á Xunta do PSOE e BNG; frustración coas políticas, coas actitudes destas dúas formacións políticas e non dunha elite, dunha vangarda, senón dunha parte importante da poboación, que se decata que as políticas neoliberais seguen a dominar e o aguzamento da crise económica vailles endurecer as condicións de vida, sen que os que gobernan tomen medida algunha.


As declaracións de Paco Rodríguez nun diario ourensán, tentan desvia-los obxectivos da mobilización, reconvertela; de ser unha protesta contra da Xunta do bipartito, transformala nunha protesta contra as políticas das Consellerías do PSOE, cousa que non é verdade; o BNG recibiu o día 17, unha dura crítica pola súa actuación na Xunta e dende sectores moi próximos. A mobilización pon de manifesto as contradicións existentes no seo do sector maioritario do nacionalismo, que por primeira vez fanse explícitas na rúa. Contradicións que deben aumentar despois da campaña electoral última, e a renuncia expresa a presentar un programa, substituído pola proposta de liga-lo futuro do BNG no Congreso á vitoria do PSOE e a necesidade que poda ter dos seus votos.


Esta manobra “dialéctica” do dirixente nacionalista, indica o dano que produce a mobilización nas fileiras do BNG e o papel que tenta xogar Paco Rodríguez coa súa volta a Galicia. Disciplinar á UPG e adecuala á nova situación de controlar algunhas institucións do “poder galego”, para poñelas ó servizo de articular unha burguesía nacional. A miña opinión é que non volve para tentar cambia-lo rumbo á política do BNG e da Xunta, senón para cohesionar a organización da que é secretario, para poñer atrancos á crítica interna.


 


Pero esta mobilización é moi difícil que se traduza, transforme, en conciencia política que relance o proceso de loita de clases por causa da incapacidade da esquerda tradicional conectada a nivel estatal, para levar adiante este labor; sen dirección política o seu destino é o de ser unha expresión máis de cabreo, das moitas que se dan en Galicia, para finar diluíndose.


Por iso penso que Causa Galiza, como colectivo de forzas políticas galegas, onde concorren numerosos activistas, unha especie de vangarda política, ten unha enorme responsabilidade no momento de analiza-las contradicións que percorren a sociedade galega e establece-los obxectivos estratéxicos.


Hai que estudar o seu papel hoxe en Galicia, se acepta o reto de encabeza-lo movemento de frustración e darlle contido político e perspectiva, tamén orgánica, ou se mantén ó marxe do mesmo con posicións políticas que a maioría da cidadanía non comprende, que están lonxe das súas necesidades inmediatas, e nin lle levan, como colectivo de activistas, a participar nos conflitos sociais, nin axudan a facer avanzar a conciencia política.


Causa Galicia ten o risco de consolidar o que cada un dos seus compoñentes é: formacións grupusculares en moitos casos sectarias, homoxeneizadas por unha ideoloxía determinada, pero incapaces de ter influenza social; naceu con ese risco e hai que facer esforzos para que non aconteza. Como recorda sempre alguén, en política non hai ocos, non hai espazos baleiros, axiña son ocupados, por outras forzas políticas. Se Causa Galicia perde a oportunidade, de darlle a todo este movemento dirección política e estrutura orgánica é dificil que se poda atopar cunha conxuntura parecida en tempo.


Por iso creo que a determinación de constituír Causa Galiza ó redor do dereito de autodeterminación, pode chegar a ser un erro. A loita por este dereito, debe estar ligada ás necesidades da loita de clases. Introducilo coma se fixo, sen unha conciencia social, produto da loita, ligado á mesma é facelo dun xeito ó marxe da cidadanía. Ademais hoxe, nas situación de crise económica, nas que se manifestan máis descarnadamente as contradicións interburguesas, a loita polo dereito de autodeterminación, para que teña un senso proletario, debe ir ligado á loita pola superación do capitalismo e o avance cara o socialismo. De non ser así pode ser utilizado por sectores burgueses como expresión das devanditas contradicións. A loita polo control do mercado interno.


A loita polo dereito de autodeterminación hoxe é, en Galicia, un obxectivo estratéxico, a longo prazo; pero é necesario expoñer con claridade os obxectivos tácticos, a curto prazo, que nos van permitir avanzar.


Gústenos ou non, a xente entende a necesidade dun Estatuto, forma parte da súa cultura política e a pouco que se traballe politicamente, explíquese, se espalle un contido alternativo, que recolla as necesidades do pobo asalariado, que recolla o que se denunciaba o día 17, pódense abrir perspectivas de traballo político moi ligado ós devezos da maioría da poboación ca bandeira dun Estatuto para o pobo traballador. Que sería un avance incuestionable.


¿Pero enténdese do mesmo xeito a loita polo dereito de autodeterminación, entre os sectores populares? ¿Por que os traballadores asalariados galegos, os labregos, etc., precisan deste dereito hoxe e se teñen que mobilizar ata acadalo?. Sexamos realistas, na situación actual é moi dificil que os traballadores da industria, da construción, servizos, mariscadores, labregos, etc., entendan como obxectivo fundamental, central, da súa loita o dereito de autodeterminación, cando en Galicia non hai un proceso de loita de clases, só loitas espontáneas.


Por iso, o xeito como Causa Galiza fai a proposta pola autodeterminación paréceme vangardista e que a sitúa ó marxe das loitas, das inquedas e devezos do pobo traballador.


Dende o meu punto de vista Causa Galiza non debe ser unha forza autodeterminista que antepón os intereses da construción da nación ós intereses de clase; debe ser unha opción da clase traballadora asalariada. O seu obxectivo non debe ser “facer xirar á Xunta cara a esquerda”, senón construír unha forza de esquerdas. Polo tanto Causa Galiza non debe se-lo lugar de encontro de todas as forzas que loitan pola autodeterminación, senón onde conflúan todos os que loitan contra as políticas neoliberais e loiten contra do capitalismo e polo socialismo. Loitar polo socialismo é loitar polo dereito de autodeterminación dos pobos. Pero loitar polo dereito de autodeterminación, non leva indefectiblemente á superación do capitalismo e a loita polo socialismo.


E aínda que non sexa determinante, a loita dos traballadores galegos polo dereito de autodeterminación, para trunfar, debe contar co apoio das traballadoras e traballadores do estado español.




AS ELECCIÓNS DO 9-M EN GALICIA.


Se fora periodista e tivera que facer un titular co acontecido o 9 de Marzo, probablemente sería “O PSOE avanza, o PP baixa pero segue a ser maioría, o BNG mantense respecto as anteriores e EU-IU segue a perder votos”. Pero despois de contrastado o que pasou é necesario analiza-las causas e as consecuencias das devanditas afirmacións, aínda que o faga dun xeito resumido.


Unha primeira conclusión é que a esquerda, como forza que tenta un cambio de estruturas e avanzar cara a un novo tipo de sociedade superando a capitalista, ten desaparecido do panorama político galego. Os seus restos, EU-IU, non foi quen de aproveitar unha conxuntura favorable como é que o BNG deixe grandes espazos pola súa esquerda, mergullado no proceso de fabricación polo sistema da esquerda que precisa, tamén nas nacionalidades, para reafirma-lo consenso ó redor do estado capitalista, a monarquía e a “electocracia”, que non democracia, existente.


A perda de votos de EU-IU, nunha etapa sen crise interna e nunha deriva cara a dereita do BNG só se explica pola falla de dirección política que organice o traballo na sociedade, nas organizacións de base, carencia que leva a un proceso acelerado de seitarización, de pecharse sobre se mesmo.


O único traballo visible é o que se leva a cabo nos poucos concellos nos que se ten presenza. Algunhas veces preferindo gobernar, aínda que as políticas dende os equipos de goberno sexan moi dereitizadas, emprégase o argumento xustificatorio de “forzar un xiro á esquerda”, que facer unha oposición ligada ós problemas da sociedade, percorrendo os barrios, dando alternativas, facendo propostas, recollendo os problemas da maioría, forzando a participación cidadá, amosando “que hai políticas municipais de esquerda”.


Un segundo aspecto é que non se discute sobre os problemas de Galicia, que sitúe os intereses dos traballadores no centro do debate político, que chegue a conclusións e homoxenice a toda a organización.


A impresión é dunha perda de soberanía, séguense as directrices de Madrid e cando o que destila a dirección federal é seguidismo respecto á política do goberno central, en Galicia non hai política de oposición, como non sexa co tema de pedir que se abra a man para participar nas institucións; unha democracia burguesa nunca vai favorecer a presenza das forzas de esquerda nas súas institucións, só se lles permitirá participar dun xeito restrinxido, para que non se diga. E cando favoreza esta presenza dun xeito proporcional ós votos acadados, será por non representar un perigo para o sistema; indicará que esa forza política forma xa parte do propio sistema.


O BNG fixo unha aposta perigosa; centrar a súa proposta política na vitoria do PSOE sen maioría absoluta e converterse nunha “organización conseguidora” de fondos a cambio dos seus votos no Congreso. Unha proposta que lle deu en tempos, certa preponderancia a CiU de Cataluña durante uns anos. Pero conseguidora de fondos ¿para que políticas?. O autogoberno galego non permite ser impermeable ás políticas implementadas dende o centro e en segundo lugar é o partido minoritario dunha coalición no que o máximo poder o ten o mesmo partido que goberna en Madrid. Non ten nada que ver coa situación de CiU que gobernaba con maioría absoluta e a necesitaban tanto PSOE como PP, para darlle estabilidade ó goberno do estado, cando non acadaban maioría absoluta. Se o PSOE prescinde dos seus “servizos” e vai cara a un pacto que lle de maior estabilidade, co PNV por exemplo, vaise apreciar a falsidade do planteamento.


Pódese afirmar que aínda que o BNG conseguiu non perder representatividade e votos, entrou definitivamente nunha nova etapa do seu quefacer político que é a culminación dun proceso iniciado por Beiras, de abandono do campo da esquerda alternativa e aceptar ser unha “esquerda dentro do sistema”; se o diagnóstico non esta errado, nos próximos tempos, aínda que o poder homoxeneiza, veremos que as contradicións internas fanse máis evidentes.


Outro aspecto a subliñar é a perda de votos nas zonas urbanas, a ruralización da súa base electoral, continuando o proceso constatado nas eleccións municipais.


O PSOE non conseguiu despraza-lo PP do primeiro posto a pesares da perda importante de votos e da mingua constante nas áreas urbanas. Iso pon en evidencia a dificultade para derrotar un bloque de poder como o configurado nos anos en que o PP dominou a Xunta e a maior parte das institucións galegas, con fortes alicerces sociais, institucionais, culturais e orgánicos. Se a isto engadímoslle que non hai unha política alternativa, só perspectivas de alternancia, que sectores populares non atopan na actual Xunta solución ós seus problemas, a cuestión de votar PSOE ou PP, para unha grande parte dos electores, aínda non esta tanto en función do programa político como no costume, fidelidades personais, a amizade, a dependencia da rede caciquil, etc. Para derrota-lo PP é condición necesaria a súa derrota electoral, pero non é suficiente; é preciso derrota-las políticas que o PP asentou en Galicia nos anos en que controlou as institucións e para iso é imprescindible a reconstrución da esquerda galega.




Galicia marzo 2008




Carlos Dafonte