Hai poucos días, e como agasallo do Nadal, a vice presidenta do goberno fixo unhas declaracións que viñeron confirmar o que é publico e notorio, a independencia xudicial no Estado español é unha entelequia. Dixo, literalmente, que "Rajoy tiña descabezado o soberanismo catalán". En que quedamos sra vicepresidenta, ou son os xuíces os que aplican a lei, ou é o sr Rajoy (e o seu goberno). Polas súas palabras é obvio que os xuíces son os que asinan as sentenzas... que escriben outros. E iso é todo, menos independencia xudicial.
A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.
G. Lukács
sábado, 27 de enero de 2018
A "DITADURA" DOS XUÍCES: INDEPENDENCIA XUDICIAL E DIVISIÓN DE PODERES?
Hai poucos días, e como agasallo do Nadal, a vice presidenta do goberno fixo unhas declaracións que viñeron confirmar o que é publico e notorio, a independencia xudicial no Estado español é unha entelequia. Dixo, literalmente, que "Rajoy tiña descabezado o soberanismo catalán". En que quedamos sra vicepresidenta, ou son os xuíces os que aplican a lei, ou é o sr Rajoy (e o seu goberno). Polas súas palabras é obvio que os xuíces son os que asinan as sentenzas... que escriben outros. E iso é todo, menos independencia xudicial.
viernes, 12 de enero de 2018
AS ELUCUBRACIÓNS INCONSISTENTES DA "MENSAXE DE ANO NOVO" DE "M.RAJOY
Carlos Dafonte
Estamos dominados polo
“pensamento único”; o discurso alternativo ó oficial é moi
dificil que apareza na sociedade ca insistencia necesaria para que
cre unha tendencia asentada; o debate ideolóxico está moi limitado
e non se permite que as alternativas, por outro lado desorganizadas,
cheguen amplos sectores sociais. Ven esto a conto pola razón de que
hai poucos días o Presidente convocou unha rolda de prensa para
destaca-los enormes logros do seu goberno no ano 2017 en
materia económica e social. Unha grande cantidade de postos de
traballo creados, nunca tantos afiliados á Seguridade Social, un
crecemento económico adecuado para proseguir por esa senda trunfal e
un só atranco para continuala: os problemas de Cataluña.
lunes, 1 de enero de 2018
O TEITO DE CRISTAL "DEMOCRÁTICO" DA CONCIENCIA DE CLASE
Roberto
Laxe
A pesar dos clamorosos silencios dos medios de
comunicación de masas,
controlados como están polo gran capital financeiro, as loitas dos pobos
e dos traballadores e traballadoras son un feito. No últimos catro meses
deste ano asistimos a grandes mobilizacións obreiras en Francia contra
os plans de Macron, o comezo dunha revolución democrática en Catalunya e
o Estado Español, a crise política e social de Honduras e as
manifestacións obreiras arxentinas que conseguiron rexeitar o plan de Macri.
"A loita de clases existe", como afirmaba o financeiro Warren Buffet, e
"vana gañando (eles)" porque teñen claro, son conscientes do seu papel
na sociedade: son burgueses, son capitalistas; son os donos e xestores
dos medios de produción, distribución e financeiros. E como burgueses
que son, teñen pánico a que a clase obreira tome conciencia do seu
papel, e do seu poder, na sociedade.

lunes, 25 de diciembre de 2017
CAVILANDO SOBRE A XORNADA ELECTORAL DO 21-D EN CATALUÑA
Carlos Dafonte
Comecemos
esta reflexión con algúns datos que son obxectivos e que se
atopaban no centro do debate nos últimos meses. Os partidarios ata o
de agora, da vía da independencia unilateral, derrotaron en votos e
escanos ós partidarios de aplica-lo artigo 155. Os primeiros suman
2.063.361 votos e 70 escanos e os segundos 1.889.176 votos e 57
escanos. Se ca convocatoria de eleccións por parte do PP queríase
soluciona-lo problema, segue sen ser solucionado.
En segundo
lugar, a participación foi moi alta, o 81,94%, a maior en toda a
serie histórica de eleccións autonómicas dende a desaparición da
ditadura. Case podemos dicir que foi unha votación plebiscitaria.
En terceiro
lugar os partidarios do dereito a decidir tamén son unha ampla
maioría. Sen facer especulacións sobre se moit@s ou pouc@s dos
votantes de C's e PSC contestarían afirmativamente si se lles
preguntara. Fago a consideración que tod@s
os que votaron por estas dúas forzas, teñen posicións contrarias a
este dereito.
miércoles, 6 de diciembre de 2017
REFLEXIÓNS SOBRE A SITUACIÓN MUNDIAL E O PROCÉS
Carlos Dafonte.
O chamado procés que se
está a levar a cabo en Cataluña, necesita ser enmarcado, entendo
eu, nun espazo máis amplo que o do Estado Español, para
comprende-los seus cando, como e porqué; e neste senso paréceme que
se levou a cabo dun xeito bastante improvisado, máis que para
constituir unha nova legalidade en Cataluña, como un modo de presión
sobre un réxime que se atopa con serias dificultades internas e nun
contexto europeo, como veremos máis adiante, tamén moi difícil e
de clara debilidade do proceso de construción oligárquico e
imperialista.
O procés, como xa dixen
noutras reflexións, deixou espido ó réxime; amosouno como o que é,
feble e carente de recursos como non sexa a violencia, a represión,
carente tamén dunha grande parte do consenso social co que se
instaurou hai preto de 39 anos e onde Psoe e os conservadores, tanto
AP como PP, foron construíndo grazas ós votos da poboación, a
realidade que hoxe sufrimos.
viernes, 24 de noviembre de 2017
PALABRAS VACIAS NO PACTO DE ESTADO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Xulia Mirón
As estadisticas da violencia machista non deixan de
crecer (malos tratos, violacións,...), aínda que lles gustaría que
fose un problema individual, cinguido ao ámbito familiar; desde hai
uns anos converteuse nun problema político de primeira orde. A
derrota que supuxo para o PP a retirada da contrarreforma da lei do
aborto (a única vitoria en todos estes anos de recortes e
retrocesos), xunto coa dimisión de Gallardón, viuse ratificada coa
potencia do movemento de mulleres que se manifestou no pasado 8 de
marzo.
Era evidente que o réxime en crise non se podía
quedar quieto e desde o goberno puxeron en marcha, como noutros
sectores, un “pacto de estado” contra a violencia de xénero,
onde integren politicamente o que xa teñen pola vía das
subvencións, aos colectivos feministas.
viernes, 17 de noviembre de 2017
LOS COMUNISTAS ANTE EL AGUJERO NEGRO DEL NACIONALISMO ESPAÑOL
Ángeles Maestro
Lo que más temen la oligarquía del
Estado español es que la clase obrera vuelva a descubrir que los representantes
políticos de quienes le destrozan la vida a diario son los mismos que
disfrazados de patriotas aplastan los derechos nacionales de los pueblos.
Ellos, plenamente conscientes de sus intereses de clase, en el conflicto de
Cataluña están usando a fondo en los medios de comunicación a su servicio a
personajes de la izquierda española para intentar impedir que conciencia de
clase y derecho de autodeterminación se aúnen, como hicieron en la lucha contra
la Dictadura.
Para ello están contando con el
impagable, o no, apoyo de Alberto Garzón, coordinador de IU y Paco Frutos, ex
secretario general del PCE, reeditando el papel de apagafuegos desempeñado por
ambas organizaciones desde la Transición ante situaciones que dificultaran el
control por parte de las clases dominantes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)