Roberto Laxe
Todos os médios,
despois dos resultados electorais do pasado domingo em Grecia, saíron coa mesma
teima, “Europa respira, o euro salvase”; numha asociacion de ideas mentireira,
europeísta=defensor do euro e da Union Europa, como se non colleran mais
alternativas á Europa.
Mas, a que
Europa refirense em realidade, porque umha semana antes a Union Europea e o
goberno español anunciaban o “resgate” (ou como lle queiran chamar) da banca
española, xunto com ameazas da Sra do FMI, corroboradas polo responsable de
Competencia da Union Europea, Almunia, de que tiñamos que pensar em baixar os
salários dos funcionários, da empresa privada e asumir unha suba do IVE.
Enton, trás as
eleccions gregas, qué Europa respira. Porque é evidente de que falamos de duas
Europas.
Umha Europa é a
dos grandes bancos, teñan a nacionalidade que teñan, pois as interrelacions
entre eles é moi grande, e o sistema de prestamos do BCE á banca privada, para
que este preste os Estados, é un negocio redondo para eles; a das
multinacionais e grandes empresas europeas que vem crecer os seus lucros a
partir das reformas laborais, a perda de direitos dos traballadores e
traballadoras e as rebaixas de salários.
Esta é a Europa
do Tratado de Maastricht, no que se acordou umha politica econômica que mentras
houbo diñeiro, non semellaba moi agresiva. De feito, tiña un certo aspecto que
favorecia o nível de vida das masas traballadoras ao por limites á inflacion, é
dicer, a perda de poder adquisitivo. Obviamente isto era umha falácia, pois o
tempo que limitaban a inflacion, os salários reais da clase traballadora da
Union Europea baixaban dun xeito significativo.
Os limites que
em termos de debeda publica (o 60% do PIB) e de déficit (o 3%), semellaban non
demasiado agresivos - os limites impostos ao desemprego parecen non importalle
a ninguen-. Habia diñeiro, e poren, esse 60% e esse 3% chegaban para manter
certos níveis de proteccion social. Mas chegou a crise, e os ingresos do estado
baixaron em toda a Union Europea e nomeadamente em aqueles onde a construccion
era o eixo do seu crecimento, Irlanda, Estado Español, Grecia, Italia, etc.
A queda dos
ingresos véu acompañada dos sucesivos resgates á banca e ás empresas, com miles
de millons de euros entregados para tapar os buracos, que van ás contas
publicas e pagamolas todos e todas.
Refirénse á
Europa que, trás as aseguradoras e os bancos, entran a tropel na xestion dos
servizos públicos, nas nosas pensions, enchendo os ocos no estado do Bem estar
que vai deixando a politica de “austeridade” decidida desde Bruxelas e Berlin.
Queren resolver a sua queda de lucros na industria privada co saqueo dos
servizos públicos e a sua posta no mercado.
Tras o
resultados gregos, temporais e inestables, os donos da actual Europa, da Union
Europea, si respiraron... umha noite. Porque as eleccions gregas non resolveron
o problema de fondo, qué Europa queren construir; ou mais precisamente, quen
domina a “nova” Union Europa, cuxa estructura estan renegociando.
O capitalismo é
um sistema que se basea na imposicion pola forza dun sector da sociedade sobre
outro, e non se cingue á explotacion da clase traballadora. Esta caracteristica
da utilizacion da forza para impor a suas condicions trasladase ás relacions
entre os mesmos capitalistas.
A frase, “o
peixe grande come o cativo” é a definción das relacions intercapitalistas.
Alemaña, como “peixe grande” da Union Europea quere comerse os “peixes
cativos”, comezando pólos mais debiles, Grecia, convertida xa numha colônia do
“IVº Reich”. Irlanda e Portugal van no mesmo camiño, aqui haberia que incluir
un sócio inesperado para os alemans, o Estado Español, primiero acreedor de
Portugal. Italia xa tem un goberno de “protectorado”, imposto desde Bruxelas. E
o Estado Español, por moito que diga que non esta intervenido, é como aquél que
prefire suicidarse a que lle mate o seu asasino; o goberno anticipase ás
medidas que lle van a impoñer coa intervencion.
A crise destapou
o que nunca desaparecera, as contradiccions interburguesas e interimperialistas
que existen na “vella” Europa, que estan na orixe da su incapacidade para
resolver o problema da unidade. Ate o Tratado de Utrecht do século XVIII sae de
novo a relucir polo conflicto entre os pescadores andaluces e o colonialismo britânico
em Xibraltar.
Esta é a Europa
que suspirou unha noite (suspirou, non respirou, porque os problemas siguen
igual); mas há outra Europa, a verdadeiramente europeísta, que ve como as
opcions para un arreglo electoral dos problemas alonxase.
Grecia desmonstrou,
umha vez mais, que as eleccions burguesas non son a solucion para a crisis
“existencial” do capitalismo europeo. A pirrica victoria, á desesperada, de
Nova Democracia, o ascenso de Syriza e a entrada do fascismo no parlamento
sitúan a poboacion traballadora grega nunha disiuntiva, que cós seus ritmos, é
a disiuntiva de toda a clase traballadora Europea: cómo paramos os ataques do
capital europeo, e sobre todo, sobre que carris poñemos a saída da crise.
O capital tenno
claro: a guerra social contra a clase traballadora, devolver-la como din os
gregos “os anos 50”, desmantelando todas as conquistas dos últimos 60 anos.
Esto situa a resposta nun nível que só tem un camiño, o dos anos 40, a
revolucion em Europa.
O final da
guerra Mundial em toda Europa produciuse umha oleada revolucionaria que tivo os
seus picos mais importantes na revolucion iugosalva com Tito á cabeza, na
revolucion italiana e francesa, coa toma de terras e fábricas e a organizacion
do doble poder, so derrotadas pola entrega que fixeron os PCs respectivos aos
gobernos burgueses, especialmente no caso italiano, na guerrilla antinazi grega
que só foi desarmada e derrotada pola intervención militar britânica trás a
ocupacion nazi, e na expropiacion da burguesia em Polonia, Checoeslovaquia,
Rumania e Bulgaria.
A Europa que non
respirou trás as eleccions gregas, foi a Europa traballadora, a que tem nas
suas mans a construccion de unha verdadeira unidade europea sobre outras bases
que non sexan as dos Merkel, Rajoys, Hollandes, etc. etc.; é dicer, que non se
basee sobre a explotacion e o empobrecimento.
Mas esa Europa
ainda tem un camiño longo por diante, o de superar o que desde todos os
aparellos institucionais se introduce, os “nacionalismos” de via estreita; as
solucions nacionais a unha crise que é de conxunto, de modelo e de alternativa
social.
A solución a
crise grega é a solución á crise da “vella” Europa; umha é inseparable da
outra. A clase traballadora europea tem que ser consciente de que é umha soa
clase obreira enfrentada polo vértice á clase capitalista. Mentras os aparellos
da esquerda tradicional manteñan as divisions nacionais nesta loita, a clase
obreira estará á defensiva.
Frente a ela há
un proxeto “europeo”, o proxecto do Tratado de Maastricht, do Euro e do domínio
do capital aleman sobre os demais, domínio nos feitos aceptado xa por casi
todos. So cando os sectores mais conscentes da clase traballadora asuman que
desta crise ou saímos todos ou caemos todos, estaremos em posicion para pasar á
ofensiva contra os planes de desmantalemento e empobrecimento.
Hoxe a única
saída é pular pola construccion dunha Europa dos Traballadores/as e os Pobos,
que rompa co Tratado de Maastricht e o euro.
Esto tem unha
precondicion, romper cós aparellos da esquerda ancorados nas fronteiras
“nacionais”, e comezar a construccion dunha ferramenta politica e sindical que
teña o vértice na loita pólos Estados Unidos Socialistas de Europa.
Este é o
verdadeiro europeísmo, e non o que se basea na explotacion e a opresion.
Galiza, 20 de
xuño de 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario