Roberto Laxe
A
crise económica esta golpeando especialmente en Europa por un motivo
non económico, senón político. A
Unión Europea construída a raíz do Tratado de Maastricht e do Euro
é, nunha xa coñecida definición, “un xigante económico cos pés
de barro”
Esta
contradiccion esta poñendo en serias dificultades o conxunto do
capital europeo, pois esta diante da disiuntiva de ou dar un paso na
unidade europea, ou retroceder aos anos 40 ou 50. Como alianza de
imperialista que é a UE, cada um quere arrimar a sardiña a sua
ascua; que se Eurobonos a troques de soberania, que se resgates de
estados, intervencions desde o BCE e Bruxelas. Marean a perdiz do
problema central, porque queren impedir umha verdadeira unidade
europea; todos queren controla-la para o seu beneficio, e aqui saltan
as chispas e as contradiccions entre as burguesias nacionais.
A
Unión dos 27 é hoxe a maior potencia comercial do mundo, por encima
da EE UU; o euro mesmo, a pesar da súa debilidade, en 10 anos de
existencia fíxose co 27% do mercado mundial, ameazando a hexemonía
absoluta que até ese momento gozaba o dólar, que viu retroceder a
súa capacidade de manobra como moeda de intercambio.
Así
por exemplo, cando Bush II declarou o “eixo do mal”, este
casualmente coincidiu con países que decidiran deixar de utilizar o
dólar como moeda para os pagos internacionais e pasar parte das suas
reservas en dólares a moedas alternativas, especialmente euros.
O
imperialismo norteamericano é consciente, e así o reafirman
absolutamente todos os analistas burgueses, de que a súa fortaleza
provén non do seu PIB nin da súa capacidade produtiva, senón da
súa hexemonía sobre o mercado mundial a través do dólar, e a súa
superioridade militar esmagadora. O armamento dos marines son
a garantía de que ninguén se atreve a cuestionar ao dólar, e polo
tanto, o dominio yanki.
Ademais,
a diferenza do dólar, o euro non esta apoiado por un estado
unitario, centralizado en torno ao goberno federal. Senón non se
entendería porque cando un estado como California -a sexta potencia
económica do mundo- entra en quebra técnica, os especuladores (os
“mercados”) non se lanzaron como voitres contra o dólar, coma se
fixeron cando Grecia case suspendeu pagos.
California
foi salvada por unha política económica e fiscal “nacional”,
que acudiu ao seu rescate, e como os bonos do Tesouro norteamericano
véndense en dólares, a quebra de California (como doutros Estados
de USA) foi superada a base de exportar a crise ao resto do mundo. De
feito, o rescate federal deses estados, unido á utilización da
“maquina” de facer dólares da Reserva Federal para gañar en
competitividade por parte da economía yanki pon ao mundo ao bordo do
colapso, pois é o estado máis endebedado do mundo; como un dos
acredores importantes do Tesouro norteamericano esixa o pago dos seus
bonos, a economía mundial vaise polo desaugadoiro.
Pola
contra, a Union Europea non dispón dunha soa medida que unifique a
resposta burguesa, os chamados “eurobonos”, senón que hai 27
bonos, tantos como membros; e nun período de caida da taxa de
ganancia, onde o investimento produtivo brilla pola súa ausencia, a
especulación con estes bonos converteuse na fonte principal do xogo
financeiro.
Se
a iso unímoslle un Banco Central Europeo limitado polo seu Estatuto,
fillo do Tratado de Maastricht, que lle gravou a lume que o seu gran
obxectivo é evitar a inflación; e o demais secundario. Un BCE cuxo
papel, ademais de controlar a inflación, é dicir, evitar políticas
de crecemento á conta do que sexa, non é outro que o prestar
diñeiro aos bancos privados, para que estes sómense a ese xogo
especulativo comprando bonos e débeda soberana dos estados membros,
esta claro que a Unión Europea, Alemaña e o BCE están a actuar
como o “bombeiro tolo”, botando gasolina ao lume.
27
bonos do tesouro e débeda soberana flotando no espazo da
especulación é un agasallo para todo financeiro e empresario que se
queira facer rico sen despeitearse. Que para iso hai que destruír
conquistas sociais e afundir estados, non importa: como dixo o poeta,
“ande eu quente, e ría a xente”.
Son
a solución os “eurobonos”?
Desde
un sector dos chamados progresistas, e tras a vitoria de Hollande en
Francia, comezouse unha campaña de acoso á política defendida por
Merkel de “austeridade” e “axuste” duro. Para
iso enarboran dúas bandeiras, unha as políticas activas de
crecemento, dous, o euro bonos.
As
políticas activas de crecemento, desde o New Deal de Rooswelt até o
Plan E de Zapatero xa as coñecemos, diñeiro para que as
administracións contraten a traballadores/as para obras publicas,
que no seu maior caso non son máis que un parche ante a gravidade da
crise. No 29 contratáronse na EE UU a 10 millóns de traballadores
para facer gabias, e logo enchelas; ZP fixo un Plan E igual, só que
en pequeno. Puxéronse a uns centos de miles de traballadores/as a
arranxar beirarrúas e pouco máis.
En
ambos os casos, se soslayó o problema central da crise, a caída da
taxa de ganancia, ou o que é o mesmo, a inexistencia dun/vos
sectores produtivos que xeren a suficiente plusvalía como para ser
máis atractivos aos investidores (os “mercados”) que a mera
especulación con débeda soberana, con obras de arte ou co que sexa.
A
crise exploto porque os sectores produtivos que tiraron do
investimento, a construción e o petróleo/automóbil, terminaron
convertidos nunha pirámide investida. Sobre os beneficios que
xeraban, fóronse construíndo unha sucesión de débedas e de
produtos financeiros, especulativos, a cada cal máis “toxico”. A
pirámide caeu cando a base produtiva deixou de xerar os beneficios
suficientes como para alimentar a todos os “tóxicos” que se
crearon ao seu ao redor.
Obviamente
as políticas “activas” de crecemento que non encaren este
problema son un “saúdo á bandeira”. E o capitalismo actual,
onde os sectores ligados aos vellos aparellos produtivos
(construción/banca e automóbil/petróleo) son os determinantes a
nivel mundial, é incapaz de dar un cambio, a non ser que devasten o
mundo outra vez: apliquen a cínica máxima de Schumpeter da
“destrución creativa”. Ou dito en termos marxistas, unha
destrución masiva de forzas produtivas, comezando polas dous
fundamentais, o ser humano e a terra.
O
primeiro é valido para todo o mundo. Nestas condicións, non hai
políticas activas de crecemento que valla, se non se atenta contra a
propiedade privada dos medios de produción.
Pero
nesta contradición aparecen os problemas concretos de Europa. Se o
anterior é valido para o conxunto da economía mundial, que dicir da
UE. Pois para os sectores progresistas xa hai unha saída, os
“eurobonos”.
Da
mesma maneira que ZP quixo pór freo á sangría do desemprego co
Plan E e a Política Económica Sustentable, cando o aparello
produtivo estaba a irse ao garete, e todo resulto nun lume de
artificio; agora nosos “progresistas” cren que ese “xigante con
pés de barro” que é a UE pódese salvar cun parche: os eurobonos.
É
certo que fronte á situación caótica actual de 27 bonos estatais
competindo entre si polos favores dos mercados, 27 bonos que
responden a economías entrampadas, salvo a alemá (que casualidade
que sexan eles os que se neguen rotundamente), e que teñen que pagar
uns intereses que nin o Mercador de Venecia, establecer un só bono,
apoiado por unha economía única, sería pór un pouco de
racionalidade en todo isto.
O
drama da proposta é que non vai acompañada dunha decisión
política, porque unha economía única presupón un goberno central,
un Banco Europeo, unha tendencia á unificación fiscal,
orzamentaria, etc. É
dicir, avanzar cara aos Estados Unidos de Europa.
Falar
dos “eurobonos” e non mencionar este camiño, é simplemente
facer demagoxia.
Pode
o capitalismo dar este paso
É
xa case unha perogrullada falar da “unidade europea”. Desde 1789,
cando a moi burguesa Inglaterra aliouse con regimenes feudais como os
principes alemáns, o zarismo ruso ou o Imperio Austrohungaro contra
a burguesa Francia revolucionaria, é un feito que a unidade europea
é un obxectivo burgués incumprido.
Tentárono
ao besta Napoleón, os prusianos na guerra Franco Prusiana de 1871, a
I guerra mundial (que en realidade comezou como unha guerra civil
europea) e Hitler e a súa ?espazo vital?, que provocaron a II
guerra. En todos os casos, tentouse a unificación europea pola vía
militar, e en todos os casos foi un fracaso; só agudizáronse as
tensións nacionais.
Aínda
así a unidade europea contra revolucionaria é un feito. A xa
mencionada Santa Alianza para defende-lo absolutismo fronte ás
revolucións burguesas; en 1871 o exercito prusiano vitorioso sobre o
francés, axudou aos versalleses (a reaccion burguesa) contra a
primeira revolucion obreira da historia, a Comuna de Paris. No Estado
Español, a intervención dos “100 000 fillos de San Luís”
franceses, axudaron a acabar co chamado “trienio liberal” na
época de Fernando VII.
No
século XX a revolucion rusa foi atacada por 21 países, 19 europeos,
e dous non europeos (EE UU e Japon), e só a determinación da clase
obreira e o pobo ruso o freo. No Estado Español non foi suficiente
para evitar a vitoria de Franco e os seus aliados europeos, Italia e
Alemaña. En
Grecia, en 1945, tras a liberación do nazismo, foron os británicos
os que interviñeron para evitar a vitoria da guerrilla comunista.
Esta
unidade reaccionaria demostra que a unidade europea é factible, é
unha posibilidade que a mesma burguesía realiza unha vez e outra.
Agora por exemplo, coa aplicación das políticas de axuste que
ninguén cuestiona, nin tan sequera EU en Andalucía; o máis que
critícase é o calado e as formas.
Ao
situar o debate sobre os “euro bonos” e sobre as “políticas
activas de crecemento” e non criticar as bases capitalistas da
Unión Europa, a necesidade de ir a unha unidade europea crecente, é
dicir, ao non pór sobre a mesa o problema político central, o
Estado Unidos de Europa, a fracción “progresista” do capital
demostra que non ten a menor intención en avanzar cara a unha
resolución da crise que favoreza á clase traballadora e os pobos.
Limítanse a lavarlle a cara ao engrendo que é a Unión Europea.
Pero
si é preciso avanzar na solución da crise
A
unidade contrarrevolucionaria burguesa renovouse de novo: todos están
de acordo en que a crise a paguen os traballadores/as e os pobos coas
súas conquistas laborais e sociais, con reformas laborais, con pagos
da débeda aos bancos e privatizacións, etc. etc
Para
enfrontar esta unidade, a clase traballadora europea ten que avanzar
en confluencia política e organizativa. O ECOFIN é “a sección da
Internacional burguesa en Europa”, onde se deciden e acordan as
medidas que se van a adoptar. A
clase traballadora e os pobos precisan do seu “ecofin”, que
centralice as loitas e os obxectivos.
A
discusión dos “eurobonos” ten a virtualidade de pór no centro a
discusión de que Europa pódenos sacar da crise, se a actual Unión
capitalista Europea, ou unha Federación libre de Estados Europeos.
A
realidade demostra que os Hollandes non teñen a menor intención de
cuestionar esa UcE. É a clase traballadora e os pobos europeos quen
coa súa mobilización e organización deben ter a palabra,
destruíndo a actual UcE, condicion sine qua non para a
transformación socialista da sociedade.
Agora
que o debate sobre o futuro do euro e a mesma Unión Europea
golpeados pola crise, están na sociedade, a clase traballadora e os
pobos europeos non poden admitir que o seu futuro se decida en
Bruxelas e co capital financeiro, senón que teñen que tomar eles os
destinos de que Europa queren, ou a do capital, ou a dos
traballadores e os pobos.
Galiza
08 de xuño de 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario