A comezos de cada mes,
baixo este título, destacaremos aqueles feitos relevantes ó noso
entender, acontecidos principalmente no século XX, para as xentes de
esquerdas.
Unhas veces serán
mobilizacións sociais, creación de organizacións, fitos
importantes das mesmas, outras nacementos, mortes ou asasinatos de
dirixentes populares que contribuíron ca súa vida, ca súa obra, ó
avance das ideas de transformación social, de loita contra o
capitalismo .
Tamén aqueles outros
feitos que nos permitan facer unha mellor interpretación da
historia. O imperialismo, o capitalismo globalizado, tamén co seu
monopolio da cultura e da memoria, quere deixar os pobos e @s
traballador@s, orfos do seu pasado, das súas loitas.
Sabemos que faltarán
moitos acontecementos e persoeiros, esperamos que os visitantes
destas páxinas nos axuden na nosa tarefa de completalos.
MES DE XUÑO
Día 4,
1932. Proclámase
en Chile a república socialista presidida por unha xunta na que se
atopan Marmaduke Grove, xefe da forza aérea e dirixente do
movemento, os xerais Carlos Dávila e Arturo Puga e Eugenio Matte,
estrana alianza de mozos esquerdistas e antimilitaristas con xerais,
unidos para poñer fin á ditadura de sucesor do ditador Ibañez.
Todas estas faccións confluirán un ano máis tarde no Partido
Socialista de Chile. Nos 12 días que durou, aprobouse unha lei de
amnistía para os presos e exiliados políticos, obrigouse á Caixa
de Creto Popular a devolver a todos os empeñantes os artigos de uso
doméstico e de traballo, ó Banco Central a conceder cretos a
pequenos industriais, mineiros e agricultores, así como tamén se
tomaron medidas a favor dos traballadores. Apróbanse fortes impostos
ás grandes fortunas, se establece o monopolio do estado no comercio
exterior e créase un Ministerio de Saúde Pública. Os estudantes
toman a universidade e crean soviets Tamén se iniciaron relacións
diplomáticas ca URSS. A oligarquía asustada deu un golpe,
apoiándose na Mariña, e rematou ca primeira experiencia de
república socialista en América.
Día 7.
1914. Iníciase
en Italia a “semana vermella”, un período, do 7 ó 14 do mes, de
manifestacións e folga xeral, resposta dos traballadores italianos á
morte de tres traballadores que se manifestaban contra a entrada do
país na Iª guerra mundial. Benito Mussolini, como director do
periódico do PSI, Avanti!, xogou un certo papel nestas
mobilizacións; tamén Enrico Malatesta, dirixente anarquista. O
presidente do goberno, Salandra, tivo que empregar máis de 100.000
soldados para poñer fin a insurrección.
Día 9.
1923. Bulgaria,
golpe militar de carácter fascista contra o goberno agrario, cuxo
presidente é asasinado.
1964.
Inicia en Perú a súa actividade a guerrilla do Movemento de
Izquierda Revolucionaria (MIR), dirixido por Luís de la Puente
Uceda.. A primeira acción guerrilleira a leva a cabo a fronte Tupac
Amaru, comandada por Guillermo Lobatón, que operaba na rexión de
Junin, ca toma da facenda Ronatullo e o asalto á mina Santa Rosa.
Día 12.
1929.
Comeza en Bós Aires a Iª Conferencia de partidos Comunistas de
América Latina. Asisten delegacións de 15 partidos comunistas e
obreiros así como de grupos comunistas. Había delegados de
Arxentina, Brasil, Bolivia, Colombia, Cuba, Chile, Ecuador, El
Salvador, Guatemala, México, Panamá, Paraguay, Perú, Uruguay e
Venezuela. Tamén asistiu o Partido Comunista dos EEUU. Trataron dúas
cuestións; o esforzo de caracterización da revolución
latinoamericana segundo o marxismo-leninismo e a determinación das
forzas motrices da mesma. A revolución en America Latina se
caracterizará como democrático burguesa, agraria e
antiimperialista. As forzas motrices debía se-la alianza entre o
proletariado e o campesiñado baixo a hexemonía do primeiro.
Considerouse tamén o papel da pequena burguesía e da burguesía na
loita antifeudal e antiimperialista, poñendo énfase que estas
clases nun momento da loita, sempre vacilaban e acababan pactando co
imperialismo.
Día 14.
1894. Nace
en Moquehua, Perú, José Carlos Mariátegui. O seu pai, Francisco
Mariátegui era un empregado público de ascendencia vasca e a súa
nai, Mª Amalia La Chira, unha mestiza filla de pequenos
agricultores. O pai abandonou á familia e a súa nai quedou na
miseria con catro fillos. Estudou na escola de Huacho ó norte de
Lima e destacou polo interese pola poesía e o idioma francés. Nesta
época sofre un golpe no xeonllo esquerdo que lle deixa con serias
dificultades para desprazarse. En 1909 comeza a traballar nos
talleres do diario A Prensa, de aprendiz primeiro e despois de
axudante de linotipista. Máis tarde entra a formar parte da
redacción e escrebe crónicas de sucesos, hípica e outras columnas
secundarias. Os primeiros artigos asinados, aparecidos en 1914,
fainos baixo o alcume de “Juan Croniqueur”. En 1916 comeza a
traballar no diario “O Tempo”, para realiza-la crónica
parlamentar o que lle permite coñece-la vida política do país.
Vive unha vida bohemia que o leva á cárcere; entre os seus amigos
cóntanse Abraham Valdelomar, César Falcón, Felix del Valle e
César Vallejo, “compañeiro da mala sorte”, “da bohemia
involuntaria”. Nesta época destaca pola súa posición
antiacadémica e a rebelión fronte ós canons artísticos
convencionais, posición que terá o seu canle na revista “Nosa
Época”, “unha revista de combate”, que codirixe con César
Falcón; só publicarán dous números debido á reacción do
exército o seu artigo “O deber do exército, o deber do
estado” que o leva a recibir
varias malleiras por parte de oficiais, unha na propia redacción do
diario onde traballaba o que lle leva a abandona-lo mesmo, diante da
insolidariedade do director. Nesta época ca revolución soviética
en marcha en Rusia, comeza a acercarse as teses socialistas e funda,
xunto cun grupo de obreiros e intelectuais o “Comité de propaganda
e Organización Socialista”, que durará pouco tempo; como lembra
nunha carta a Samuel Glusberg “Desde 1918, nauseado da política
crioula (como periodista, e durante algún tempo redactor político e
parlamentar, coñecín polos adentros os partidos e vin en zapatillas
ós estadistas), orienteime dun xeito resolto cara ó socialismo”.
Tamén o diario “A Razón”, “diario do pobo para o pobo”, que
dirixe conxuntamente con César Falcón e que unha vez chegada a
ditadura de Augusto Leguía, a partires do 4 de xullo de 1919, se
converte no diario antigubernamental máis importante do país. Agora
recollen os conflitos sociais, moi numerosos, pola mellora nas
condicións de vida, pola xornada de oito horas, fundamentalmente dos
obreiros e as mobilizacións estudantís pola reforma, na
universidade, o que leva a súa detención o 8 de outubro e a aceptar
unha beca para Europa; Falcón marchará a España, Mariátegui a
Italia; para uns é unha traizón as súas ideas e a súa
traxectoria, para outros unha deportación encuberta. Permanecerá en
Europa, ata 1923. Escreberá crónicas sobre arte e política para O
Tempo, que asina de novo como Juan Croniqueur. En 1921 asiste en
Livorno á fundación do Partido Comunista e baixo a influenza do
pensamento de Gramsci, funda cun grupo de peruanos unha célula
comunista que durará pouco tempo e non terá repercusión algunha,
como non sexa a de asumir por parte de Mariátegui o marxismo. No
mesmo ano casa cunha italiana, Anna Maria Chiappe, ca que terá catro
fillos. Viaxa por Alemaña, Hungria e Austria, entrevistándose con
políticos da esquerda e intelectuais. Seguirá atentamente a
evolución da república soviética en Hungria. Cando regresa ó Perú
en 1923, seguían as mobilizacións estudantís e se producira unha
aproximación entre sectores obreiros e estudantes. Haya de la Torre,
naquel momento un dirixente estudantil sen unha ideoloxía moi
definida, funda a Universidade Popular e encarga a Mariátegui
dirixir unha das cátedras; desenvolve o tema, ó longo de varias
conferencias e seminarios, de “A crise mundial e a revolución”,
onde toma partido dun xeito nidio pola alternativa comunista. A
terceira conferencia titulouna “O fracaso da IIª Internacional”
e a traveso das 17 conferencia amosase un firme partidario da
revolución soviética. Inicia a participación na revista
“Variedades” e despois da detención de Haya de la Torre,
coordina “Claridade” que era a revista da Universidades
Populares á que lle da unha orientación obreirista . En 1924
ampútanlle a perna esquerda e pasa a convalecencia en Chosica, preto
da cordilleira. Colabora na revista “Mundial”. En 1925 funda a
editorial Minerva e publica a súa primeira obra “A
Escena Contemporánea” onde
agrupa artigos e conferencias en sete capítulos; o primeiro titulado
“Bioloxía do feixismo”. Manten unha intensa correspondencia con
numerosos intelectuais de todo o país, nas que insiste na necesidade
de afondar no teme indixenista. Tamén con persoeiros de México,
Chile, Bos Aires, Córdoba, Montevideo, Cuba, Costa Rica, a Nicaragua
de Sandino, con quen mantén correspondencia, etc. Son anos de
persecución por parte da ditadura, que asalta súa casa en varias
ocasións, lle rouba os papeis, pero como dixo o seu amigo Waldo
Frank, “O espírito que se atopa nunha cadeira de rodas, comeza a
radiar máis aló dos Andes”. En 1926 funda a revista “Amauta”,
que publicará 32 números ata 1930. Pero vai sufrir todo tipo de
persecucións e será pechada, en xullo de 1927, despois do número
9; Mariátegui e outros colaboradores privados de liberdade, baixo a
acusación de complot comunista. A reacción en toda América Latina
foi moi importante, non só por parte de numerosos intelectuais,
senón tamén por parte de sectores da esquerda. Nesta época
prodúcese a ruptura definitiva con Haya de la Torre, o lider do
APRA. En outubro de 1928 funda o Partido Socialista de Perú, partido
marxista -leninista, da clase obreira, do que Mariátegui é elixido
secretario xeral, e a fins de ano aparece a súa obra fundamental
“Sete ensaios de interpretación da realidade peruana”,
o ensaio marxista máis certeiro sobre a realidade non só do país,
senon de toda América Latina. En 1929, segue colaborando en
“Mundial”, “Variedades” e “Labor”, revista adicada á
clase obreira e dirixindo “Amauta”, onde publica o seu manifesto
dirixido ó Congreso Obreiro Latinoamericano, en Montevideo.
O
Partido Socialista do Perú participa no Iº Congreso de Partidos
Comunistas de América Latina celebrado en Bos Aires; os documentos
foron redactados por Mariátegui e atacados por unha parte dos
asistentes, por consideralos heterodoxos. A finais de ano, a
represión da ditadura lle obriga a estudar a posibilidade do seu
exilio na Arxentina. Morre o 16 de abril de 1930. Entre os seus
traballos inéditos que se publicarán máis tarde, destaca “En
defensa do marxismo”
1928. Nace
Ernesto Guevara de la Serna, máis coñecido polo alcume de “Che”,
en Rosario, no seo dunha familia da pequena burguesía liberal. É o
maior de cinco irmáns e toda a súa vida sufriu de asma o que lle
obrigou a grandes esforzos para levar unha vida de normalidade. Desde
moi novo foi un grande lector e xogador de rugbi e xadrez.
Entre
os anos 1950 e 1954 fixo tres viaxes por América ó tempo que
estudaba menciña. No último, cando se atopaba en Guatemala
participando no proceso de democratización, prodúcese o golpe
terrorista dos EEUU contra o goberno de Jacobo Arbénz, e ten que
pedir asilo na embaixada arxentina; marcha cun salvoconduto cara a
México, onde coñecerá a Fidel Castro e o seu grupo de
revolucionarios cubanos. Participa na viaxe do barco Gramma e forma
parte do grupo que se interna na Serra Mestra, para loitar contra a
ditadura de Batista, acadando o grao de “comandante”.
Despois
da toma do poder, é director do cuartel da Cabaña, onde se celebran
xuízos populares contra os esbirros da ditadura; escrebe “A
guerra de guerrillas”; foi nomeado Director do Departamento de
Industrialización do Instituto Nacional de Reforma Agraria, Ministro
de Industria e Presidente do Banco Nacional. Ademais representou a
Cuba en numerosos eventos internacionais. Foi creador da axencia
Prensa Latina, xunto con Massetti, Walsh, García Marquez, Galeano e
outros, e impulsor do “traballo voluntario”.
Como
comunista, internacionalista e comprometido cos pobos oprimidos,
abandona Cuba clandestinamente e tentar axudar no Congo a loita
contra a ditadura. Fracasada esta experiencia, escrebe “Pasaxes
da guerra revolucionaria.Congo”. Despois
dun tempo en Tanzania e Praga, onde escrebe “As
anotacións e comentarios ó Manual sobre Economía Política”
regresa clandestinamente a Cuba e do mesmo xeito parte para as selvas
de Bolivia, para crear un movemento guerrilleiro que poña fin á
ditadura militar, e crear en America Latina, “un, dous, tres
Vietnams”, nunha clara posición antiimperialista que chocaba ca de
“cohesión pacífica”. Ë asasinado pola CIA despois de ser
capturado polo exército boliviano, o 8 de outubro de 1967
Día 16.
1976. Na
República Sudafricana, onde a maioría negra se rebelaba contra a
segregación racial imposta polo goberno de brancos, ese día pola
maña, milleiros de estudantes negros de Soweto, un área próxima a
Johannesburgo, a pesares das represivas leis impostas polo réxime de
segregación racial, saíron á rúa a protestar contra a imposición
do goberno racista, que obrigaba a estudar no idioma afrikaner nas
escolas: era o idioma do opresor, constituído por unha base do
holandés antigo, con algúns elementos de diversas etnias africanas.
A brutal represión da protesta deixou máis de 500 mortos e
milleiros de feridos. O primeiro escolar e morrer foi Hector
Pieterson, un neno de 13 anos que se converteu nunha icona da loita
da mocidade. Todos os 16 de xuño celébrase o “Dia dos nenos
africanos”. No exterior do país, as imaxes da matanza tiveron un
enorme impacto, aínda que unha grande parte dos países
imperialistas continuaron apoiando o “réxime do apartheid”, que
recorría á represión máis brutal para afoga-los devezos de
liberdade da maioría negra.
Día 18.
1882. Nace
Jorge Dimitrov na aldea de Kovachevtsi, en Bulgaria, no seo dunha
familia de artesáns pobres que se trasladan axiña á capital,
Sofía. Ós doce anos comeza a traballar como aprendiz de tipógrafo
e desde moi novo pertence a organizacións obreiras. Autodidacta,
adica moito tempo á súa preparación teórica e en 1902, atópase
militando no Partido Obreiro Socialdemócrata Búlgaro.
En
1909 é elixido membro do seu Comité Central e Tesoureiro da Unión
Xeral de Sindicatos. A partires de 1917, co trunfo da revolución
soviética en Rusia, coñece a obra de Lenin e convértese nun
dirixente da Internacional Comunista e desde a súa creación, en
1921, da “Internacional Sindical Vermella”. Despois do golpe
militar fascista do 9 de xuño de 1923 en Bulgaria, escrebe
diferentes artigos nos que propón a formación dunha fronte única
para poñer fin ó fascismo, ó tempo que o PCB prepara a primeira
insurrección popular contra a ditadura permanente do capital, que
se leva a cabo en setembro, resultando un fracaso. Diante da
represión desatada contra os comunistas, Dimitrov exíliase e vive
clandestinamente en Viena, Berlín e outras cidades europeas, adicado
a tarefas internacionalistas. No XII Plenario do Comité Executivo da
Internacional Comunista celebrado en setembro de 1932, deu a
coñece-lo seu informe sobre a formación das Frontes Únicas e a
acción dos traballadores contra o fascismo. No mesmo ano participa
na preparación e realización do Congreso Internacional Antibélico
celebrado en Amsterdam.
O
9 de marzo de 1933 é detido en Alemaña e acusado, xunto os seus
camaradas B. Popov e W. Tanev, do incendio do edificio do Parlamento
Alemá. Xulgado en Leipzig, converte o xuízo nunha tribuna contra o
nazismo como ditadura ó servizo do capital e fixo un chamamento a
unidade dos traballadores e forzas antifascistas e democráticas,
para opoñerse ó seu avance e consolidación ó tempo que acusaba ós
nazis de ser quen incendiaran o parlamento; o xuízo levouse a cabo
en medio dunha grande campaña internacional pola súa liberdade,
sendo absolvido e marchando á URSS onde desempeñará o cargo de
Secretario Xeral da Internacional Comunista desde 1935 ata 1943. No
VII Congreso da Internacional Comunista celebrado en 1935, presenta o
seu famoso informe “A ofensiva do fascismo e a tarefa da
Internacional Comunista na loita pola unidade da clase obreira”.
Ten unha grande participación
na creación da “Fronte da Patria” en Bulgaria, unión das forzas
na loita contra a ditadura monarco-fascista e a creación do
exército guerrilleiro, que expulsa ós nazis en setembro de 1944. A
Asemblea Nacional o elixe primeiro ministro da República Popular de
Bulgaria, cargo que desempeña ata a súa morte o 2 de xullo de 1949.
Día 19.
1965. Prodúcese
en Arxelia un golpe militar contra o presidente Ben Bella, a causa
dos enfrontamentos internos dentro da Fronte de Liberación Nacional,
o partido único segundo establecía a constitución, organización
onde se agruparon as forzas que loitaron contra o colonialismo
francés desde 1955 ata a independencia en 1962. É substituído polo
coronel Boumedian.
Día 20.
1933. Morre
Clara Zetkin. Nacera como Clara Eissner en Wiedenau en 1857 e morre
en Arjansqueslskoie, antiga URSS. Cambiou o seu apelido cando casa co
revolucionario ruso Ossip Zetkin. Estudou maxisterio en Leipzig e
desde moi nova pertenceu ás xuventudes do Partido Socialdemócrata
de Alemaña. A partires de 1881 exiliase na Suiza e París e
participa no congreso fundacional da IIª Internacional en 1889. De
regreso a Alemaña, edita en Sttugart o periódico das mulleres
socialistas “Igualdade” que se publicou entre 1892 e 1917. En
1907 é unha das promotoras do Congreso Internacional Socialista da
Muller e en 1910, noutro congreso de mulleres, fai a proposta, que se
aproba, de que o día 8 de marzo fora o Día Internacional da Muller
Traballadora. Amiga persoal de Lenin e Rosa Luxemburgo, organizou a
Conferencia Internacional de Mulleres contra a guerra en 1915.
Cofundadora da Liga Espartaquista en 1916 e do Partido
Socialdemócrata Independente de Alemaña en 1917, únese ó Partido
Comunista en 1919 sendo deputada no Reichtag, por este partido desde
1921 ata 1933. Así mesmo foi membro do Comité Executivo da IIIª
Internacional e en 1923 elixida presidenta da asociación de
solidariedade “Socorro Vermello”.
Día 22.
1921.
Inaugúrase o IIIº Congreso da Internacional Comunista, no que
participan 605 delegados de 103 organizacións de 53 países. É un
congreso no que se produce un grande debate ideolóxico sobre a
situación internacional , tese que redactaron Trotski e Varga e
sobre o problema da táctica, onde se aborda o fracaso da
insurrección obreira en Alemaña de marzo dese mesmo ano, e o cambio
na situación mundial despois dos fracasos en Hungria de 1919, de
Italia en 1920, e da derrota do exército vermello en Polonia.
Afirmase “Hoxe por primeira vez, vemos e sentimos que non estamos
próximos ó obxectivo, a saber, da conquista do poder, da revolución
mundial. En 1919 nós dicíamos 'é unha cuestión de meses'. Hoxe
nós dicimos 'é unha cuestión de anos'”.
Produciuse
un enfrontamento entre Lenin e Trotski por un lado, con Radek, Kun,
Zinoviev e dirixentes do Partido Comunista de Alemaña, holandés,
británico e italiano, que chegan a acusar de “dereitistas” ós
primeiros, polo tema da sublevación proletaria en Alemaña, en marzo
Deféndense diferentes posturas, a da necesidade de creación dunha
Fronte Ünica, Lenin-Trotski e os que consideraban a necesidade de
proseguir ca ofensiva revolucionaria. Os primeiros afirmaban que o
acertado era consolida-los partidos comunistas, gañar posicións no
movemento obreiro e participar nas loitas defensivas dos
traballadores. Nestas circunstancias definiuse a política da Fronte
Única. Diante da ofensiva da burguesía, chegar á base obreira
socialdemócrata e adoptar unha política defensiva que unise ó
movemento obreiro. O que se dicía de “golpear xuntos, marchar
separados”; respectando sempre a independencia do programa
comunista.
Día 23.
1936. Nace
Carlos Fonseca Amador en Matagalpa, Nicaragua, no barrio El Laborio,
fundador e máximo dirixente ata a súa morte en combate, da Fronte
Sandinista de Liberación Nacional de Nicaragua.
Entre
1945 e 1952, dada a pobreza da súa familia, estuda e traballa en
diferentes oficios, vendendo caramelos, diarios, como mensaxeiro,
axudante nunha adega, vendedor de follas de parra para familias
árabes, etc. En 1952 participa na primeira folga, no instituto onde
cursaba estudos, a favor da retirada no edificio da Universidade de
León dunha estatua do ditador Somoza García.
En
1953 comeza a ler a Marx e Engels na vella librería do poeta Samuel
Meza. En 1954, funda con outros compañeiros a revista “Segovia”
e participa en círculos de estudo onde discutían sobre o Manifesto
do Partido Comunista e artigos sobre a Revolución Industrial,
periódicos obreiros, etc. Vendía polas rúas o periódico “Unidade”
do Partido Socialista Nicaraguense. En 1955 finaliza o bacharelato e
contrátano como director da Biblioteca do Instituto Ramirez Goyena,
en Managua, combinando o traballo cos estudos na Escola de Economía
da Universidade Nacional . Ingresa no Partido Socialista. O ano
seguinte trasládase a León e traballa na axencia A Prensa.
Matricúlase na Facultade de Dereito e integra con Silvia Mayorga,
Tomás Borge e o guatemalteco Heriberto Carrillo unha célula
identificada cos principios do proletariado. Cando o ditador Somoza
García é axustizado, e detido durante dous meses, en Matagalpa.
O
3 de xullo de 1957, trasládase a Moscova para asisti-lo Festival da
Mocedade. Viaxa á República Democrática de Alemaña e volve á
URSS e despois viaxará a Praga. A súa volta a Nicaragua é detido
no aeroporto. En 1959 publica un pequeno libro, Un
nicaraguense en Moscova. Como
secretario de relacións da Universidade Nacional Autónoma, organiza
en novembro, mobilizacións contra a ditadura e pola liberdade dos
presos políticos, sendo apresado en Managua. No mes de marzo de 1959
organiza a “Xuventude Democrática Nicaraguense”, que inicia unha
campaña de mobilizacións e de denuncia da Unión Nacional Opositora
(UNO), controlada polo Partido Conservador. Na represión que se
desata é capturado de novo o 2 de abril, con Silvio Mayorga e
Ferando Ampié e deportado a Guatemala. Marcha a Honduras e se
integra na columna guerrilleira “Rigoberto López Pérez” que é
masacrada no Chaparral, cando tentaba entrar en Nicaragua, e Carlos
Fonseca ferido de gravidade. Se recupera na Habana. En 1960 viaxa a
Venezuela para asistir a unha xuntanza da Fronte Único
Nicaraguense; detido no aeroporto de Maiquetía, é deportado a
México. En xuño entra clandestinamente en Nicaragua pero é detido
e encarcerado; deportado a Guatemala, as autoridades o confinan no
Petén, na aldea Upman, onde fai amizade con Luís Augusto Turcios
Lima, futuro comandante das Forzas Armadas Revolucionarias de
Guatemala; escapa ó Salvador e máis tarde a Cuba; en decembro volve
a Nicaragua e contacta ca Xuventude Patriótica Nicaraguense.
En
1961 funda o Movemento Nova Nicaragua e no mes de xuño propón a
creación da Fronte Sandinista de Liberación Nacional na que se
deben integrar todas as forzas que actúan contra a ditadura. Publica
“O primeiro ideario de Sandino” No
ano 1962 viaxa con Santos López, antigo loitador con Sandino, polas
montañas de Nicaragua para atopa-lo lugar idóneo onde instalar un
“foco” guerrilleiro; o lugar escollido é a confluencia dos rios
Coco e Bocai. O ano seguinte viaxa por Centroamécica entrando e
saíndo de Nicaragua segundo as necesidades da organización; os
primeiros comunicados asinados como Fronte Sandinista son de setembro
-outubro de 1963; en xuño do 64 e capturado en Managua xunto con
Víctor Tirado, escrebe o folleto “Desde a cárcere eu
acuso á ditadura”
. A principios do ano 65 e expulsado e marcha a México e a finais de
ano esta de volta en Nicaragua. O ano 66 será de potenciación do
movemento estudantil e das organizacións de base nas barriadas e se
acorda prepara-la loita armada tamén nas cidades; en xuño atópase
na montaña preparando unha base da guerrilla.
En
1967 racha ca esquerda tradicional nicaraguense; en abril entra de
novo na montaña e en setembro desátase unha forte represión contra
os campesiños que apoian á guerrilla, e unha das tres columnas que
operaban é aniquilada en Pancasán.
En
1968, a pesar da división interna dentro do sandinismo en “Larga
marcha”, “Guerra popular prolongada” e “Terceira vía”, se
lle recoñece como o principal xefe político e militar da Fronte
sandinista.
Detido
en Costa Rica xunto cun grupo de compañeiros e liberado e marcha a
Cuba despois dunha operación de intercambio de reféns. En Cuba
vivirá ata 1975 escribindo artigos e axudando á reorganización da
Fronte. En 1976 volve á montaña nicaraguense para integrarse na
guerrilla; escrebe “Notas sobre a montaña” e “Notas
sobre alguns problemas de hoxe”. O 7 de novembro morre en
combate na rexión de Zinica.
Día 27.
1954. Os
EEUU de Norteamérica executan un golpe de estado contra o presidente
democrático de Guatemala Jacobo Arbenz. Non podían aceptar que en
centroamérica houbera estados democráticos, como era o caso de
Guatemala, que tentaba mellora-las condicións de vida dos seus
habitantes. En 1901 chegou a United Fruit Company (UFCO), poderosa
compañía norteamericana que axiña fíxose con enormes extensións
de terreos, tamén controlaba compañía de vapores e ferrocarrís. O
seu proxecto expansionista levouna a absorver outras compañías
froiteiras doutros países centroamericanos e a controla-la produción
de enerxía eléctrica. En 1944 instaurase en Guatemala un goberno
democrático tra-la expulsión por un movemento popular do ditador
Ubico, en xuño e do seu substituto o tamén ditador, Ponce, o 21 de
outubro. Se fai co poder un trunvirato militar, formado por Francisco
J. Arana, Jacobo Arbenz e Jorge Toriello. Convocadas eleccións
democráticas no mes de decembro é elixido o pedagogo Juan J.
Arévalo, que leva a cabo numerosas reformas na educación; no último
ano do seu mandato, o de educación foi o orzamento máis elevado.
Tras novas eleccións democráticas foi elixido Jacobo Arbenz que
choca cos EEUU pola súa proposta de formar unha Federación
Centroamericana, tachada polos ianquis como comunista, que tampouco
consideraban aceptable a legalización do Partido Guatemalteco dos
Traballadores (comunista) e sindicatos; a Lei de Reforma Agraria
presentada como anteproxecto en 1952, que afectaba a algunhas terras
improdutivas da UFCO, levounos a intervención militar por medio dun
exército de mercenarios e das ditaduras de Nicaragua e Honduras. O
xeral Armas fíxose co poder e deixará sen efecto as reformas
iniciadas no período democrático. Ernesto Guevara de la Serna,
coñecido como o Che, que se atopaba en Guatemala observando o
proceso de reformas, ten que refuxiarse na embaixada arxentina e
partirá, cun salvoconduto, cara a México, onde entrará en
contacto con Fidel Castro e o seu grupo.
Día 28.
1920. En
México, Pancho Villa, o afamado xeral revolucionario da División do
Norte do Exército Constirucionalista, asina o armisticio. Os seus
homes reciben unha recompensa e retírase á finca “O Canutillo”,
onde vivirá ata o día do seu asasinato, por un grupo de sicarios,
en 1923.
Día 30. No
acto da “transmisión de poderes”, despois da declaración da
independencia da antiga colonia belga do Congo, Patricio Lumumba,
primeiro ministro do goberno da República do Congo presidida por
Kasavuvu, le inesperadamente un discurso, fora do protocolo, diante
do rei Balduino de Bélxica e todos os políticos invitados de
diferentes países, que se considera a súa sentenza de morte. Afirma
con determinación:
“A
vosa Maxestade,
Excelencias, señoras e señores,
homes e mulleres congoleses,
loitadores da independencia, que hoxe sodes vitoriosos,
saúdovos en nome do goberno congolés.
Pídovos a todos, amigos meus que loitastes incesantemente ao noso lado, que o trece de xuño de 1960 sexa conservado como unha data gravada indeleblemente nos vosos corazóns, unha data cun significado que ensinaredes con orgullo aos vosos fillos, para que eles, á súa vez, transmitan aos seus fillos e aos seus netos a historia gloriosa da nosa loita pola liberdade.
Porque aínda que a independencia do Congo é celebrada hoxe co acordo de Bélxica, unha nación amiga coa cal estamos en pé de igualdade, ningún congolés digno dese nome poderá esquecer xamais que foi coa loita que gañamos a independencia, cunha continua e prolongada, ardente e idealista loita, na cal non aforramos a nosa forza nin as nosas privacións, os nosos sufrimentos nin o noso sangue.
Desta loita de bágoas, lume e sangue estamos orgullosos ata as raíces máis profundas do noso ser porque foi unha loita nobre e xusta, absolutamente necesaria para acabar coa infamante escravitude que nos foi imposta pola forza.
Este foi o noso destino durante os oitenta anos de goberno colonial; as nosas feridas están aínda demasiado frescas e son aínda moi dolorosas para permitirnos borralas da nosa memoria.
Coñecemos o traballo deslombador que se nos esixía a cambio de salarios que non nos permitían satisfacer a nosa fame, vestirnos ou aloxarnos decentemente, nin criarmos aos nosos nenos como as amadas criaturas que son.
Coñecemos a burla, os insultos, os golpes, sometidos mañá, tarde e noite, porque eramos negros. Quen esquecerá que a un negro se lle dirixía a palabra con termos familiares non por certo como a un amigo, senón porque as formas máis corteses estaban reservadas aos brancos?
Coñecemos a expoliación das nosas terras en nome de supostos textos legais que en realidade só recoñecían o dereito do máis forte.
Coñecemos que a lei non era nunca a mesma, tratásese dun branco ou dun negro; que era benévola cun, cruel e inhumana co outro.
Coñecemos o atroz sufrimento daqueles que foron encarcerados polas súas opinións políticas ou as súas crenzas relixiosas; exiliados no seu propio país, o seu destino foi peor que a mesma morte.
Coñecemos que nas cidades onde había magníficas casas para os brancos e chozas destartaladas para os negros, que os negros non eran admitidos nos cines ou restaurantes, que non podían entrar nos negocios chamados "europeos", que, cando un negro viaxaba, era na adega máis baixa do barco, aos pés do branco acomodado na súa cabina de luxo.
E, finalmente, quen esquecerá os aforcamentos, ou as escuadras incendiarias, polas que pereceron tantos dos nosos irmáns, ou as celas onde eran brutalmente arrebolados aqueles que escapaban das balas dos soldados, eses soldados que os colonialistas converteron en instrumento da súa dominación?
Todo isto, irmáns, fíxonos sufrir profundamente.
Pero todo isto, porén, nós, que polo voto dos vosos representantes electos debemos guiar ao noso amado país, nós que sufrimos na nosa carne e no noso corazón a opresión colonialista, nós dicímosvos: todo isto terminou desde hoxe.
A República do Congo foi proclamada e o noso amado país está agora en mans dos seus propios fillos.
Xuntos, irmáns meus, comezaremos outra loita unha loita sublime, que levará ao noso país á paz, á prosperidade e a grandeza.
Xuntos estableceremos a xustiza social e aseguraremos a cada home a xusta remuneración polo seu traballo.
Ensinaremos ao mundo o que o negro pode facer cando traballa en liberdade, e converteremos ao Congo no centro de África.
Vixiaremos que as terras da nosa nación beneficien realmente aos fillos da nosa nación.
Reexaminaremos as leis anteriores, e faremos outras, xustas e nobres.
Terminaremos coa supresión do libre pensamento, e faremos que todos os cidadáns poidan gozar totalmente das liberdades fundamentais establecidas na Declaración dos Dereitos do Home.
Suprimiremos a discriminación -calquera que fora- e outorgaremos a cada individuo o xusto lugar a que lle dá dereito a súa dignidade humana, o seu traballo e a súa devoción cara ao seu país.
E para todo isto, amados compatriotas, podedes estar seguros de que contaremos, non só coas nosas enormes forzas e inmensas riquezas, senón tamén coa asistencia de numerosos países estranxeiros que a súa colaboración aceptaremos mentres sexa honesta e non intente impornos ningún sistema político, calquera que sexa este.
Neste terreo, aínda Bélxica, que comprendendo finalmente o sentido e dirección da historia cesou de oporse á nosa independencia, está disposta a brindarnos a súa axuda e amizade; asinamos, a este efecto, un tratado como dous países iguais e independentes. Estou seguro de que esta cooperación será proveitosa para ambos os países. Pola nosa banda, e aínda cando sigamos vixiando, saberemos como respectar os compromisos contraídos libremente.
Así, nos asuntos internos como nos exteriores, o novo Congo que o meu goberno creará será un país rico, libre e próspero. Pero para chegar pronto a este obxectivo, pedireivos, lexisladores e cidadáns congoleses, que me axudedes con todas as vosas posibilidades.
Pídovos que esquezades as vosas disputas tribais que consomen as nosas enerxías, e que arriscan converternos no obxecto de desprezo das demais nacións.
Pido á minoría parlamentaria que axude ao meu goberno mediante unha oposición construtiva, e que permaneza dentro dos límites estritos da legalidade e a democracia.
Pídovos a todos que non esixades dun día para outro aumentos desconsiderados de salarios, antes de que poida pór en marcha un plan xeral mediante o cal espero asegurar a prosperidade da nación.
Pídovos que non evitedes ningún sacrificio para asegurar o triunfo da nosa magnífica empresa.
Pídovos, por fin, que respectedes incondicionalmente a vida e a propiedade dos vosos concidadáns, e a dos estranxeiros establecidos no noso país. Se o comportamento destes estranxeiros deixase ás veces algo que desexar, a nosa xustiza apresurarase a botalos do territorio da República; se, pola contra, a súa conduta é satisfactoria, non se molestarán porque tamén traballan para a prosperidade do noso país.
E isto, os meus irmáns de raza, os meus irmáns no conflito, os meus compatriotas, é o que eu quería dicirvos en nome do goberno, neste magnífico día da nosa independencia soberana e completa.
O noso goberno -forte, nacional, popular- será a salvación deste país.
¡Honremos aos Campións da Liberdade Nacional! ¡ Viva o Congo Independente e Soberano! “

(
Tradución XMGR)
No hay comentarios:
Publicar un comentario