Xulia
Mirón e Roberto Laxe
O
PP
convocou as eleccións do 21 -O para desviar as constantes
mobilizacións da poboación cara o
xogo electoral onde pouco ou nada vaise resolver,
e tentar avaliar nas urnas o que é rexeitado na rúa, as políticas
de recortes e privatizacións.
O
goberno de Rajoy, e con
el a Xunta de Feijoo, esta atrapado entre as presións da UE para
desenvolver mais ataques á poboación traballadora, e as
mobilizacións. Na
sua desesperación esta adoptando a liña da represión e
criminalización da resposta social,
como o 25 S ou coa detención e agresión o Secretario Xeral da CIG
Ferrol. Os
ataques aos direitos sociais e laborais da clase traballadora levan
da man o recorte nos direitos políticos para frear á poboación.
Estes
recortes traducense nun proceso
de “recentralización” do estado,
cun ataque frontal ás CC AA e nomeadamente ás nacións oprimidas,
que ven cercenados os seus direitos nacionais para engordar mais o
capital central. Este proceso ten efectos demoledores nunha nación
como Galiza, que históricamente ten sufrido nas suas carnes a lacra
da emigración, a causa dumha desindustrialización planificada desde
o Estado.
O
rexime
da Monarquia
estase a descoser polas costuras das nacións,
que desde a Diada Catalá é un dos buratos polos que entra a
mobilizacion de sectores da poboación; mobilizacion que cada
dia mais vai confluindo coas da clase traballadora e os pobos do
resto de Europa contra as mesmas políticas.
Nestas
condicións chega o dia das eleccións, onde ademáis dos partidos do
xogo do bipartidismo, presentanse duas formacións que disputan ser a
alternativa de esquerdas, o BNG e a Alternativa Galega de Esquerdas
(AGE). Ambas suliñan que vivemos
nunha situación de “emerxencia” social
e procuran o voto
como a saída,
a “revolución polo voto” como din AGE, para despois non
profundizar no que significa esas palabras frente á Union Europea e
o rexime do 78.
A
situación de
emerxencia social, política e económica ven definida por unha Unión
Europea capitalista, que so serve para destruir as conquistas sociais
dos pobos; e un rexime monárquico que desde a súa institución mais
elevada ate o poder xudicial, estan implicados na corrupción, nas
políticas de axuste e nos recortes de direitos.
Unha
verdadeira alternativa ten que partir do rexeitamento da Unión
Europea e do rexime da Monarquía, alem dos gobernos que aplican as
suas políticas, é dicer, que só derrotando
ao Goberno de Rajoy e rachando a Union Europea se pode avanzar na
verdadeira transformación da sociedade, na Europa dos
Traballadores/as e os pobos.
Para
elo, mais alo dos resultados electorais, hai que defender un
verdadeiro programa que situe as bases dunha Saida
Obreira e Popular contra a Crise que
parta do non
pagamento da debeda,
da súa auditoria, da nacionalización
da banca e as industrias chaves e as privatizadas baixo control
obreiro,
da reducción da
xornada sen reducción de salario
para traballar todos/as, da recuperación dos
servizos privatizados baixo control
social, dumha política fiscal
progresiva na que “pague quen mais ten”,...
Para
CV a alternativa so pode vir da unidade da clase obreira e o pobo, da
construcción dumha Fronte
Clasista para a Defensa dos seus Direitos Sociais e Políticos,
que fortaleza a sua autoorganización pola base, baixo tres eixos
fundamentais: un,
a exixencia da
derrogación de todas as medidas de guerra social desatadas polo
PPSOE,
dous,
a defensa
de todos os direitos
da poboación traballadora, en especial o direito
á autodeterminación
da Galiza como expresión da sua soberania, tres,
a confianza que só
a mobilización unitaria e sostida da clase traballadora pode
derrotar os planes
dos gobernos e a Union Europea.
Non
esta en xogo um mero “recambio” na Xunta, senon o futuro das
vindeiras xeracións, hoxe abocadas o paro e a emigración. A
alternativa para superar a situación de “emerxencia” non colle
na perspectiva na que todos se moven, dumha reactivación económica
baixo parámetros da propriedade capitalista dos medios de
producción, senon da sua expropiación, que é o que significa o
berro anticapitalista: “a crise ca pague quen a criou, o capital”.
Por iso, novamente a clase obreira, os asalariados/as, van ficar sen
representación no parlamento.
Porque
sabemos que a abstención é umha resposta pasiva á gravidade da
situacion, é que chamamos nestas eleccións tramposas a manifestar o
rexeitamento co voto nulo e a preparar as mobilizacions que, de
seguro, van vir nos vindeiros meses.
Galiza
19 de outubro de 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario