Carlos Dafonte
Levábamos tempo en
campaña electoral, agora o que se definiu é cando se van
celebra-las eleccións. O réxime, é dicir as principais
institucións políticas e a propia Constitución, as políticas
económicas neoliberais e de austeridade fronte ás crises que se
suceden, e o dominio social, político e económico da oligarquía
financeira, sen estar en perigo, as forzas que o seguen a apoiar son
moi numerosas, atópase incómodo despois do retroceso do
bipartidismo e a aparición de novas forzas políticas; e aínda que
non son “tan feros como parecían”, para enfrontar os próximos
retos con que a oligarquía se atopa, continuar co proceso de
acumulación e a concentración e centralización do capital nunha
situación de crise de moi longa duración, atou todos os cabos e
recomendou ningún pacto que poda abrir fendas, aínda que sexan
cativas, no réxime.
E despois dunha potente
“preparación artilleira” levada a cabo polos medios de
comunicación, co obxectivo da demolición de Unidas Podemos e a
denuncia de Ciudadanos como un partido de “chiquilicuatres”,
oportunista, que cambia de posición constantemente, con graves
problemas internos, que todo é certo, convócanse novas eleccións
para tentar que os dous partidos hexemónicos na transición
política, aínda que un cambiase varias veces de nome, a dereita
progresista, o Psoe, e a dereita conservadora, o actual PP, consigan
o pulo e os votos necesarios para iniciar de novo a senda
bipartidista.
Con Vox, na longa campaña electoral iniciada a finais de abril e que continuará aínda por un mes e uns días, ninguén se meteu, se lle necesita, como a Ciudadanos, con menos votos pero como un elemento disuasorio que faga reflexionar sobre os perigos que se atopan presentes se rachamos co esquema trazado no ano 78 e unha lei electoral manipuladora.
E un Ciudadanos aínda
que reducido en votos e escanos, tamén é un perigo para un PP, que
si abandona o guión, agora coñece que un financiamento eficaz cuxo
proceder non se vai coñecer e a permisividade nos medios, en
calquera momento pode repetirse o acontecido electoralmente en abril
do presente ano. É dicir, que o PP consiga os peores resultados
cuxos votos van parar a C's.
Na campaña contra
Unidas Podemos, faltaba a “traca final”, convencer a Errejón que
se debe presentar, non só en Madrid, onde despois de traizoar a
Podemos que o elixira candidato á presidencia da Comunidade
Autónoma, fundou Más Madrid, senón que agora sen estrutura
orgánica, cartos para a campaña, programa nin discurso, o incitan
desde diferentes medios de comunicación, a que se presente en todo o
territorio do Estado. Os que o incitan supoño estarán comprometidos
a pagar e axudar.
Un elemento moi
subliñable nesta campaña, e que os medios de comunicación
manexaron, é que nada do que eu considero importante e resumo nas
anteriores liñas, é certo; senón houbo acordo é pola culpa dos
políticos que todo o cifran nos seus intereses persoais, e son polo
tanto mesquinos e inmaduros, que o único ó que aspiran e ter bos
postos, bos salarios e practica-lo nepotismo, montando “chiringuitos”
que para nada valen, como non sexa para enfeblece-lo erario púbrico.
Téntase debilita-los
partidos e dun xeito subliminal de fortalece-la Monarquía, pois o
acontecido nestes meses, leva a pensar, se o xefe de estado, é dicir
o rei, pertencera a un partido, teríamos neste momento un problema
maior. Menos mal que non é así e que o que temos é independente
dos partidos políticos, que amosaron a súa incapacidade para dar
solución ó problema. E como esta campaña a levaron os grandes
medios de comunicación que son todos propiedade da oligarquía, pois
se deben sacar, algúns partidos os primeiros, conclusións e canto
antes mellor.
Algúns e algunhas dirán
“¡Ah, unha nova teoría da conspiración!”. Non, nada
relacionado con conspiracións; é o normal nas sociedades divididas
en clases, onde a clase o fracción de clase hexemónica utiliza todo
o seu poder para que trunfe o que chaman “o sentido común”, que
non é outra cousa que o seu xeito de pensar. Dende hai anos fíxolles
pensar a unha parte importante da sociedade, a moit@s
que só tiñan o seu salario para vivir, que se converteran en clase
media; tod@s éramos da clase media, pero
cando chegou a crise viuse que non era así, aínda que para
aparentar coherencia e non sentirse enganados, afirmaron que a crise
se cargara sobre as “costas da clase media”; a crise cargouse
sobre as costas dos traballadores asalariados e a clase obreira.
Os que montaron esta
complexa campaña, cuxo obxectivo é reforza-lo réxime e polo tanto
á Monarquía, o bipartidismo e as políticas neoliberais, non lles
importa ser contraditorios e facerlles perder forza e prestixio a
outro dos piares desta decrépita democracia: os partidos políticos;
nin o que moitas veces estes mesmos medios consideran a festa da
democracia, as eleccións. Verdadeiramente levan meses dicindo que a
xente esta farta de votar e que ademais esta inestabilidade política
non é consonte ca boa marcha da economía. Como alguén pode estar
farto de votar? Como pode haber xente que diante dunha situación
como a que estamos a vivir, cunha nova recesión que nos ven enriba,
en vez de facer pactos as súas costas e renunciar a aspectos do
programa presentado, que é o contrato que o partido fai cos seus
electores, se enfaden por se lles convocar de novo para que decidan?
Ninguén que se considere un demócrata se debe considerar cans@ por
votar. “E que ademais é moi molesto ter o buzón con propaganda
electoral”, pois tírela e non a lea, que tdos os días as grandes
áreas comerciais o fan e ninguén protesta.
Ogallá nos convocaran
cada poucos meses e puidéramos intervir moito máis en política,
por medio do referendo, para temas que nos afectan e que ninguén
pregunta, como o cambio do 135 da Constitución, por exemplo.
E respecto a situación
económica, tampouco se lle debe dar creto ás verbas que se escoitan
estes días; nos últimos anos pasamos por momentos de inestabilidade
política cando o PP tiña maioría relativa, crise da Monarquía,
crise no Psoe e do Pp, moción de censura e inestabilidade ata hoxe;
pois ben, os datos macroeconómicos do conxunto do Estado son dos
mellores dentro da U.E, non entro a analiza-las razóns, mentres que
outras economías como a alemana, que deron estabilidade a situación
política ca “grande coalición”, entra en recesión. Que non nos
mintan.
O que está en xogo nas
próximas eleccións, é afortala-lo réxime, cheo de corrupción,
cunha feble democracia burguesa e polo tanto cada vez menos
participativa e recortada, seguir cas políticas de austeridade que
pula a UE, permitir que poderes que non se presentan ás eleccións
sigan a impor os seus criterios, recortes en servizos públicos e
privatización dos mesmos, mingua nos dereitos sociais e laborais,
etc, ou abrir, aínda que só sexa abrir, e recuperar nas
institucións, un espazo político ó que temos que obrigar a estar
presente na rúa, para o que se necesita organización e
mobilización, que poda se-lo xermolo dun dobre poder que hai
que construír se queremos se produzan algún día, cambios
estruturais importantes.
En Galicia no mes de
setembro de 2019
(,...) abrir, e recuperar nas institucións, un espazo político ó que temos que obrigar a estar presente na rúa, para o que se necesita organización e mobilización, que poda se-lo xermolo dun dobre poder que hai que construír se queremos se produzan algún día, cambios estruturais importante".... Un espazo nas institucións que axite desde elas pola apertura dun verdadeiro proceso constituínte que rompa con rexime do 78 e as suas políticas de recortes e austeridade, dando ás nacións o direito a decidir cal é a relación que queren manter co resto dos pobos.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
EliminarConcordo
ResponderEliminar