Carlos Dafonte.
A perda da hexemonía dos USA e os seus intentos para manter a hexemonía unipolar.
Os USA teñen moi claro que o inimigo fundamental, quen compite con eles en todos os campos, político, económico, militar, tecnolóxico, etc é a República Popular de China, a quen din algúns analistas como John Mearsheimer, os USA axudaron no seu desenvolvemento para que así chegara a aceptar os beneficios da democracia liberal, e visto o fracaso do intento, entraron na etapa de “contención” na primeira administración de Trump e atopámonos na etapa actual que esperemos non sexa de claro enfrontamento, que pódenos levar á terceira guerra mundial.
Para entender o que acontece é necesario destacar que a maioría dos políticos do G-7, formado polos USA e algúns dos seus vasalos europeos, británicos, franceses, alemás, italianos, canadianos e xaponeses, que cada vez teñen menos peso na política, a economía e a demografía planetaria, formáronse na etapa posterior á guerra fría, á dinámica de bloques, o mundo bipolar, é dicir, na etapa unipolar onde os USA era a potencia hexemónica. E parece que lles é moi difícil aceptar que hoxe hai tres grandes potencia USA, China e a Federación Rusa, cousa xa aceptada por Trump na súa anterior etapa na presidencia, e outras potencias menores pero tamén moi importantes, como India, Brasil, Irán e Turquía, que a pesares de estar na OTAN, actúa como un “verso ceibo”. Non son capaces de recoñecer que todo cambiou e pasamos da unipolaridade á multipolaridade.
Tamén hai que sinalar que estratexicamente os USA son un desastre; si do que se trata é de conter a China e evitar o seu dominio sobre Asia, estratexicamente é un erro moi importante, levar políticas adiante que fagan que India e Rusia acepten o liderado de China; sería máis correcto deseñar políticas que permitiran as boas relacións entre Rusia, India e os USA para tentar illar a China.
Por iso, a idea de seguir avanzando coa OTAN despois dous dos grandes avances anteriores, no 2008 cara as fronteiras da Federación Rusa, foi unha idea moi negativa para os intereses dos USA, os rusos a consideraron unha liña vermella que non aceptarían, pois estaba en xogo a súa existencia e despois do golpe de estado en Ucraína, a limpeza étnica dos habitantes de cultura rusa e do fracaso dos intentos de paz en Minsk e Estambul, cando todo hai que dicilo ucraínos e rusos estaban de acordo, foron afianzando o seu acercamento a China.
Algo parecido aconteceu coa India a quen a política de Trump de aranceis do 50 % aos seus produtos, como castigo por seguir mercando petróleo e gas ruso, así como o intento de que os produtos agrícolas dos USA entraran libremente no país, para competir cos que na India producen 700 millóns de campesiños que a competencia dos estadounidense arruinaría completamente, onde esta a base electoral do primeiro ministro Narendra Modi; esta política de imposicións de Trump levou á India ao acercamento a China e Rusia.
Unha nova e perigosa estratexia dos USA.
As eivas na estratexia dos USA en relación á contención de China, a ausencia de apoios a non ser a UE, leva aos USA a unha estratexia moi perigosa, rachar coa vella formulación de unha soa China, que eles potenciaron e pode converter a Taiwán nunha nova Ucraína.
Neste senso lembro o que dícia Henry Kissiguer co seu cinismo característico, respecto a amizade ou non dos países cos USA, “Ser inimigo dos EEUU é perigoso, ser amigo é fatal”. Amiga era Ucraína e facerlle caso aos USA a esta a levar a ruína completa; Taiwan debe aprender da lección de Ucraina.
Na grande illa que atópase fronte as costas da República Popular de China, a poboación mantén diferentes posicións respecto a China continental; unha parte arredor do partido KMT, consideran necesario manter o actual “status quo”, é dicir seguir como ata o de agora, asinando tratados coa parte continental, entenderse coa súa “poderosa irma” ata cando sexa posible.
Outra parte son partidarios de iniciar a integración na República Popular de China, posiblemente cun status parecido ao de Hong Kong, de “unha China e dúas economías”, respectando algunhas das particularidades de Taiwán, económicas e políticas.
Hai unha terceira que gaña agora as eleccións representada polo Partido Progresista Democrático (DPP) e son claramente partidarios da independencia. Partido que contan co apoio dos USA, que está vendendo a Taiwán armamento dun xeito totalmente incontrolado. Véndelles armamento pero non hai acordo algún que permita afirmar que en caso de conflito vaian defendelos, que é o que afirma o partido vencedor nos últimos comicios.
Así planeado o tema, no caso de que os USA e Taiwán soborden as liñas vermellas establecidas pola República Popular de China, teremos un conflito de carácter convencional que os USA non poden gañar e que pode conducir a Taiwán a súa destrución. Neste senso paréceme importante reproducir aquí as verbas de Lawrence Wilkerson antigo xefe de gabinete de Colin Powell, con motivo dunha visita que fixo un senador demócrata por Australia, Filipinas, Taiwán e Xapón e a posterior xuntanza que tiveron con el, “os militares, como dicimos no exército, estivéranlle vendendo fume durante toda a viaxe. Falaba de como tiñamos a China rodeada, de que tiñamos aliados por todas partes, de que había xente que se encargaría de China se ocorría algo negativo no mar de China meridional con Taiwan ou onde fose, e fixemos todo o posible por quitarlle esa sabedoría que o Pentágono transmitíralle. Porque a verdade é que se fósemos á guerra no mar de China meridional, os chineses daríanos unha malleira moi rápido. Fora cal fora a circunstancia, gañaríannos porque teñen unha base industrial moito máis grande e robusta”. Ademais, engado, están moi lonxe da súa casa.
É necesario saber, máis ben barallar a posibilidade, que si os USA fosen derrotados nunha guerra de carácter convencional, sen utilizar armas nucleares, no mar de China e arredores, sempre habería quen planeara a necesidade de escalar o conflito, é dicir utilizar armas nucleares, pois a derrota convencional levaría a perda de aliados e influenza en Asia.
E parece que os USA están dando pasos cara a nova estratexia que permitiría atacar primeiro, resistir calquera represalia e sobrevivir. Segundo a prensa os submarinos nucleares tipo Virxinia xa os estableceron nunha base en Australia outros chegaron a portos de Filipinas.
¿Que poden facer @s traballador@s para evitar a catástrofe nuclear?. Coido é un debate que debemos comezar o antes posible.
En Galicia, mes de outubro 2025.
No hay comentarios:
Publicar un comentario