Carlos Dafonte.
A xenreira sempre estivo presente nas nosas vidas, ata nas épocas da inocencia, nun maior ou menor grao; ó rapaz que me gañaba todas as bolas, pois iso, ou o que me daba o golpe máis forte no cu, cando xogábamos as apandas, ou ó simpático e agraciado que tiña éxito ca rapaza que te gustaba.
Pero hoxe quero falar doutra xenreira que vexo moi presente e que ten moito que ver cas clase na que se divide a sociedade actual. É a que manifesta a clase explotadora, as veces non todas as súas fraccións, cando sospeitan que os de abaixo, cuxa misión segundo a visión da clase hexemónica é ser explotados no seu beneficio, nun momento determinado pensan que poden estar a perde-lo control de determinadas institución que sempre tiveron o obxectivo de protexelos a eles, e consideran, que aínda que sexan esmolas, se levan a cabo determinadas reformas a favor dos de abaixo, e polo tanto xa non teñen tan claro estas institución o papel que deben xogar; están a perder de vista que nunha democracia burguesa é á burguesía a quen deben axudar, e hai indicios e acordos que levan a pensar, a dreterminados sectores da oligarquía, que o actual goberno perdeu esa perspectiva.