A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 22 de agosto de 2020

A FUXIDA DO CHAMADO "REI EMÉRITO" AGRAVA A CRISE DO SISTEMA POLÍTICO DO RÉXIME. A REPÚBLICA COMO PERSPECTIVA DE CAMBIO.


Carlos Dafonte.

Crise económico-social e mobilización popular, creba do bipartidismo e posta en cuestión dalgúns dos piares do réxime, abdicación do antigo xefe do estado insensible ás circunstancias nas que vivía a poboación, posta en cuestión por parte dos cataláns duns dos principios herdados do franquismo, a sacrosanta “unidade da patria”, e a fuxida estes días do “emérito”, cando a xustiza suíza saca a lus algunha das súas actuacións presuntamente delitiva. Estes poden ser algúns chanzos que poñen de manifesto o deterioro do sistema político que ca aprobación da Constitución en 1978 se constituíu no estado español.

jueves, 13 de agosto de 2020

NA GALICIA POLÍTICA NON SE QUERE FALAR DA UNIÓN EUROPEA E O EURO.



Carlos Dafonte.

Coñecemos que o PP e quen o preside en Galicia, nada ten que dicir sobre a estrutura europea e a moeda única que funciona para dezanove países, o euro. O que aproben na rúa Génova ou na Fundación FAES que preside Aznar, será aceptado pola Xunta; aínda que a súa obriga era manter unha política respecto a Europa de defensa dos intereses d@s traballador@s galeg@s e facerlla saber constantemente o goberno central para que eses intereses non se esquezan; o mesmo acontece cos resultados da saída do Reino Unido da Unión Europea, o chamado “brexit”; as institucións galegas e os partidos políticos, sexan sucursais dos do centro, autónomos respecto ó mesmo ou só con estrutura na nación galega, nin nas eleccións pasadas nin nos días das negociacións producidas para o reparto dos 750.000 millóns de euros para paliar a crise económica, pouco ou nada falaron en Galicia sobre estes temas; uns tentaban curar as súas feridas outros andaban de celebración.

lunes, 3 de agosto de 2020

GALIZA NON AGUANTA OUTROS CATRO ANOS DO PP

Roberto Laxe
Ha umha frase que Lenin utilizaba para expresar graficamente a atitude dos soldados rusos ante a decepción da revolución de febreiro. Dicia que, visto o incumprimento por parte do goberno Kerenski da promesa de “sacar a Rusia da I Guerra”, que dera orixe á revolución, os soldados “votaban cos pés”, é dicer, desertaban masivamente deixando baleiras as trincheiras en mans do exercito aleman: estaban fartos de promesas incrumpridas, mas na sua mente ainda non estaba a revolución nin a toma do poder.

sábado, 18 de julio de 2020

EN GALICIA GAÑOU O XESTOR MÁIS EFICIENTE DO CAPITAL.


Carlos Dafonte

Hai tres resultados salientables por enriba de todos os demais: a cuarta maioría absoluta do PP con Feijóo, o que pode consolida-la súa posición como candidato a ririxi-lo partido; o avance moi importante do BNG que se consolida como a segunda forza do arco parlamentar e a desaparición do que hai catro anos era En Marea.

A maioría absoluta do PP
É a realidade, aínda que a moit@s dos seus votantes non lles pareza ben o titular do artigo, pero é a realidade nestes 12 anos de xestión do PP a cuxa fronte se atopa Feijóo. Posiblemente moit@s d@s seus votantes o fixeron pola súa talante moderada, por non dicir unha verba máis alta que outra, ata por algo que é mentira, que moit@s comentaristas proclaman como é o de saber conxugar o seu xeito de gobernar co galeguismo, ou por rachar en certa medida co discurso radical próximo ó da dereita máis extrema da dirección da sede de Génova; todo o anterior pode ser unha realidade para cada un dos seus votantes, pero por enriba de todo elo destaco algo sobre o que ninguén parece ter reparado, nestes anos Feijóo e un gran xestor do capital en Galicia; para calquera persoa que se considere de esquerdas, penso, debe ser a súa caracterización máis salientable.

miércoles, 8 de julio de 2020

"RECONSTRUÍR" E "VOLVER Á NORMALIDADE" INDICA QUE O PODER, O CAPITAL, NON SE ATOPA DISPOSTO A FACER NINGUNHA CESIÓN.


Carlos Dafonte.

            O marco político e social das eleccións en Galicia.
            Ademais da crise económica que se nos botaba enriba, a pandemia do covid-19 veu a  aguzala dende principios do ano en curso, ata extremos insospeitados facéndoa planetaria. Hai moito interese que acubillar esa situación anterior á pandemia, pero por exemplo no mes de agosto de 2019, os índices da actividade manufactureira estaban por debaixo de 50 en EEUU por primeira vez dende o ano 2009, e o mesmo acontecía ca zona euro e Xapón, o que indicaba que unha parte do “centro” do capitalismo mundial entraba nunha recesión manufactureira real. Italia xa se atopaba instalada na mesma e Alemaña, se revisamos os tres primeiros trimestres do ano 2019, estaba a entrar tamén en recesión. Hai moito interese en culpar da crise a pandemia, eles, os gobernantes, parece non foron responsables, pero a realidade é que se non tiveramos sufrido a pandemia de covid-19 atoparíamonos en medio dunha crise, cecáis menos potente, pero crise de difícil solución.

viernes, 26 de junio de 2020

COMO VAN FINANCIAR A SAÍDA DA CRISE?

Roberto Laxe.
Na “cume” que a CEOE está a facer entre os grandes empresarios españois escoitáronse tres eixos, un, en boca do representante de Inditex, “a reforma laboral non se toca”, dous, en boca de Botin e outros, os dereitos dos traballadores e traballadoras, cotizan á baixa, hai que controlar os salarios e as vacacións, “teranas se se pode e o que poida” dixo un, e tres, o representante de Ebro Foods, ademais de cargar contra a “paguita” do IVM, afirmou que “os impostos non deben ter un carácter distributivo” e que “non se poden subir aos empresários”.
Este millonario, fillo de millonarios, que fixeron a súa fortuna con centos de presos políticos do franquismo, puxo branco sobre negro como eles ven que se debe financiar a saída da crise: menos “ociosidade” e que os impostos o paguen os de sempre, os traballadores e as traballadoras.


viernes, 19 de junio de 2020

A COMISIÓN PARA A RECONSTRUCIÓN DA ECONOMÍA, PARA QUEN?


Roberto Laxe
O pasado mes de maio cando as consecuencias da pandemia do Covid 19 xa demostraran a súa profundidade en todo o mundo, coa caída xeral do PIB e o desemprego masivo, o goberno impulso a constitución dunha “comisión para a reconstrucción” que recuperase o espírito de consenso dos Pactos da Moncloa.
O contido deses pactos xa está clarificado noutro artigo, “Que significaron os Pactos da Moncloa”. Sintetizando, foron “un pacto social e político entre as forzas obreiras, a patronal e o partido do réxime, para canalizar unha situación que ameazaba con saírse de nai”. Tiveron principalmente un sentido político, santificar a paz social como mecanismo de saída da crise.