A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 20 de marzo de 2016

VAN RESOLVE-LOS PACTOS COS PARTIDOS DO RÉXIME A SITUACIÓN D@S TRABALLADOR@S?



Carlos Dafonte

Iníciase o ano 2016 co deterioro da situación económica.
Pechamos a nivel económico o ano 2015, no medio dos debates e da aparición de diferentes estudos que a nivel internacional falaban de atoparnos no que Alvin Hansen chamou hai moitos anos, o “estancamento secular”. As medidas económicas que sempre deran resultado en tempo de crise,  agora non o producen, diante da incredulidade de moitos economistas; e as perspectivas do ano recen iniciado non son boas; só dous datos para “abrir boca”: nos 10 primeiros días do mes de xaneiro as bolsas mundiais perderon 4 billóns de dólares e a mediados de febreiro, as perdas elevábanse a 16 billóns.
No meu anterior artigo sobre o tema, “De novo o debate sobre o “estancamento secular” da economía capitalista”, publicado o 4 de decembro, citaba a algúns dirixentes económicos mundiais, mellor dito, a algúns persoeiros que ocupan cargos en organismos económicos, amosa-la súa incapacidade para explicar o que está a acontecer; supoño que a evolución da economía nestes meses transcorridos dende aquela data, aínda os debe mergullar máis no desacougo.

domingo, 13 de marzo de 2016

SEÑOR BUITRÓN, É A POLÍTICA...!




 Roberto Laxe

O sr Buitron, un dos voceiros actuais de Podemos Galiza, na súa xestora,
dinnos despois do discurso de En Marea no Parlamento Español, que a
"autodeterminación" non é a prioridade.
A estas alturas, dicir que a emigración galega, a desindustrialización /
industrialización forzada, a precariedade inducida por unha estrutura
produtiva ao servizo do de sempre, a produción de materias primas para
a industria allea, cunha estrutura financeira pública, as caixas,
desmantelada e vendida ao capital, cunha "clase" política que é como din
Beiras, "unha brigada de demolición", ... Cun atraso brutal nas conexión
ferroviarias, postas ao servizo do capital Central, cun capitalismo
galego dependente do capital castizo -La Voz de Galicia é o seu
voceiro-... Coas pensións das mais baixas do estado froito desa
desindustrialización forzada, cun patrimonio arqueolóxico esnaquizado
porque Galiza non ten historia propio, é España e poren non precisa do
dereito á autodeterminación.

domingo, 6 de marzo de 2016

EL PSOE Y EL REFERENDUM DE LA OTAN:HISTORIA DE UNA EXTORSIÓN*




Ángeles Maestro

OTAN, de entrada NO
Adolfo Suarez dimitió como Presidente del Gobierno el 23 de enero de 1981, incapacitado para soportar la presión ejercida por la mayoría de su Partido – y por EE.UU. - para que decidiera de forma inmediata la integración del Estado español en la OTAN. El objetivo era colocar al más que probable siguiente gobierno del PSOE ante los hechos consumados.

viernes, 26 de febrero de 2016

O "XENE" CORRUPTO DO ESTADO ESPAÑOL




 Roberto Laxe
(O que é incrible de España, é que cunha clase política tan inepta aínda exista o país) (von Bismarck)

A dimisión de Esperanza Aguirre tras o rexistro da sede do PP de Madrid a pasada semana chegou despois da imputación/investigación de todos os concelleiros populares de Valencia capital, menos á súa “xefa”, Rita Barberá, ben parapetada tras o seu cargo de senadora e as súas cortinas. Na comisión de investigación da Asemblea de Madrid,  a preguntas dun deputado, Aguirre espetou: “dos 500 cargos que nomeei, só dous “saíron ra”. Vaia dous, o “xerente” do PP Madrid e o Secretario Xeral, Granados, xa no cárcere.


jueves, 18 de febrero de 2016

A DEMOCRACIA LIBERAL BURGUESA E AS NECESIDADES DA OLIGARQUÍA ESPAÑOLA



Carlos Dafonte

Na realidade política que deixaron as pasadas eleccións xerais é normal, pola dificultade que representa que o bipartidismo teña sacado o peor resultado da historia dende 1977, que o obxectivo de que haxa un novo goberno, non sexa fácil de conseguir.
É tan complicado, aínda que o réxime non sexa posto en cuestión pola enorme maioría dos deputados e senadores, que eu son dos que penso, polos datos que aparecen acotío, declaracións, acordos políticos de diferentes organismos partidarios, de institucións, etc, que teremos novas eleccións nun prazo próximo, con toda probabilidade en xuño.
O encargo do xefe do estado ó PSOE e Pedro Sánchez para formar goberno, foi o “pistoletazo” de saída para a campaña electoral, e creo que nesa clave hai que entende-lo que está a pasar, sobre todo as diferentes manifestacións das organizacións políticas, e tamén as por agora tímidas, do poder económico, que como dubidalo, teñen as súas preferencias para unha saída da actual situación.

domingo, 14 de febrero de 2016

ANTE O PACTO DE GOBERNO, PALABRAS "MILAGRE" NO ESTADO ESPAÑOL.




Roberto Laxe


Cada vez que hai unha crise importante do réxime do 78, desde un sector da burguesía alimentan organizacións que tras abstraccións como “cambio”, “progreso”, “consenso”, “acordo entre todos”, “superar as diferenzas”,... tentan galvanizar á poboación traballadora para desmobilizarla; e, desgraciadamente, grazas a esas organizacións até agora conseguírono.

En 1982, tras a crise do partido que o franquismo construíra para “ se reformarse”, a UCD, e as loitas contra o Estatuto dos Traballadores, a agudización das reivindicacións nacionais coa DIADA, a manifestación contra o “aldraxe” en Galiza ou as manifestacións en Andalucía, reivindicándose como nacionalidade histórica; e, sobre todo, a amplitude do rexeitamento social á incorporación á OTAN, que cuestionaba todo o esquema da burguesía española para incorporarse de pleno dereito ao bloque atlantista e europeo, un sector da burguesía impulsa o primeiro “cambio”, baixo unha lema: “OTAN de Entrada, NON”, e como despois viuse, de “saída, tampouco”.


sábado, 6 de febrero de 2016

O FORO DE DAVOS FRONTE A REALIDADE



 Roberto Laxe

Como todos os anos desde 1971, cando un profesor de economía suízo reunise a 400 empresarios e expertos europeos para analizar as perspectivas da sociedade, realizouse estes días un novo Foro na carísima (unha habitación de hotel custa mínimo 200 euros) cidade suíza de Davos, coa asistencia de 2600 persoas. Tiñan en axenda temas como está a afectar a 4º revolución industrial, as crises dos refuxiados, a “desaceleración” da economía chinesa ou o ébola.
Tras varios dias de debates, charlas e reunións máis ou menos segredas, cun custo inasumible para ninguén que non faga parte da burguesía, xa sexa como banqueiro ou empresario -por parte española estiveron Ana Botin do BSCH, Francisco González do BBVA, e representantes do Ibex 35-, xa como xestor dos seus intereses -o ministro Guindos-, ou representantes da cultura (o eterno Bono de U2) ou do cinema (Kevin Spacey), para dar glamour a un encontro que sen eles resultaría insultantemente burgués.