Carlos Dafonte

A resposta contra este
plano e un proceso de mobilizacións importante, cuxos fitos son
varias xornadas de manifestacións e dúas folgas xerais, contra dous
diferentes gobernos e a aparición dun movemento “autónomo” de
masas, que no estado español coñécese como “o 15 M”; pero se
analizamos en profundidade todo este proceso, sacaremos a conclusión
de que non ten obxectivos claros, e non os terá mentres sexan os
sindicatos, os que se atopen o seu fronte.
O importante hoxe é
contrapoñer ó modelo capitalista, que actúa sen máscara, que está
obsoleto, que é incapaz de satisface-las necesidades das maiorías
da sociedade, na que o capital o controla todo e actúa desde as
instancias de poder, no seu exclusivo beneficio, contrapoñer dicía,
outro modelo no que o control lle corresponda á sociedade e as
medidas que se tomen se faga en beneficio da maioría da poboación;
iso non o van facer nunca os sindicatos actuais a non ser que se
levaran a cabo importantes procesos internos, que cambiaran a
correlación de forzas actual. Algún dos sindicatos maioritarios, en
tempos tiña unha perspectiva sociopolítica, interesado pola
transformación social, pero nos últimos anos convertéronse en
“sindicatos de servizos”, próximos ó poder; un bo exemplo desta
afirmación témolo en CCOO; despois da retirada de Marcelino Camacho
un dos secretarios xerais acabou como deputado do PSOE e outro
colaborando con FAES, a fundación do PP.
A dirección por parte
dos sindicatos da oposición ás medidas dos gobernos neoliberais, só
nos vai levar a unha loita sindical, por melloras algunhas veces,
aceptando o que o poder establece, outras. O que se necesita é
supera-lo marco da loita sindical e avanzar cara a loita de clases.
Cara á loita política. Ese ademais é un dos papeis fundamentais
dunha forza de esquerdas, non tentarlle lava-la cara ó capitalismo,
senón que en momentos como como os actuais, no que a grande maioría
da poboación atópase negativamente afectada polo sistema
capitalista, sofre o paro, rebaixa de salarios, atópase con menos
dereitos fronte a ofensiva do capital, ser capaces de levantar unha
alternativa política ó sistema actual e conseguir que amplos
sectores da poboación, preferentemente o dos asalariados, a vexan
como unha saída a súa situación e a clase traballadora se converta
en hexemónica, marcando o camiño ó resto de clases e capas da
sociedade afectadas polo sistema. Hai que delimitar ben os campos, o
dos partidarios do capitalismo, os partidarios da barbarie e os
partidarios dunha nova sociedade que rache ca explotación da forza
de traballo, da natureza, etc.
Non hai un debate sobre
ese modelo de sociedade alternativo ó existente, quizais pola razón
de que os sectores da esquerda do estado, non son capaces de
abandona-lo seu sectarismo, e avanzar, cun programa aínda que sexa
mínimo, cara a constitución dunha Fronte de Esquerdas. Sen esquecer
nunca a imperiosa necesidade de organiza r un partido dos
traballadores, marxista, revolucionario. Hai demasiadas cabezas de
rato. Pero son grandes as responsabilidades de quen non dea pasos
nese senso.
En Galicia no mes de maio
de 2012.
No hay comentarios:
Publicar un comentario