A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 18 de julio de 2014

A BARBARIE SIONISTA ABÁTESE DE NOVO SOBRE PALESTINA


Carlos Dafonte

Deixei pasar uns días para comezar a cavilar sobre o que está a acontecer en Palestina pois son consciente que co sentimento que desde hai moitos anos me producen as accións do sionismo e o horror tan próximo, as veces pérdese a perspectiva e a obxectividade.
Dende hai preto de setenta anos, toda Palestina é unha prisión para os seus habitantes e Gaza, dende hai uns anos, un campo de exterminio. Unha solución falsa para o problema da persecución dos xudeus e as matanzas levadas a cabo polos nazis, creou outro para centos de miles de palestinos que ocupaban dende tempo inmemorial estes territorios e observaron como os xudeus, que eran moi minoritarios, ca chegada procedentes de numerosos países, tiveran ou non problemas, instaláronse no territorio desprazando ós habitantes por medio do terror, das súas propiedades e a territorios menos fértiles.

Hai poucos anos, no 2009, no marco doutro ataque militar contra Gaza, escoitei ó gobernador dunha provincia israelí, arxentino de nacemento falando en correcto castelán e co seu acento inconfundible, chegado había poucos anos á zona, falar do dereito que tiñan eles, latinoamericanos, rusos, polacos, norteamericanos, etc., polo feito de ser xudeus, sobre o territorio, por enriba do dos habitantes que levaban séculos no mesmo, por ser “territorios bíblicos e ser o pobo elixido por deus”; andrómenas sen ningún fundamento xurídico, pero aceptadas por unha comunidade internacional moi legalista en outras cuestións; por exemplo os liberais sempre sentencian que non existen os dereitos colectivos dos pobos, só os individuais, para negarlle a cataláns, vascos e galegos o dereito a autodeterminarse; pero nembargantes, se lle recoñece a un etéreo “pobo xudeu”, cuxo único vínculo é a practica dunha relixión e por parte dalgúns, nas últimas décadas no goberno de Israel, comungar cunha ideoloxía excluínte que se denomina sionismo; ideoloxía que ten certos puntos en común co fascismo e o nazismo, que é ademais un emporio económico- político moi importante no planeta terra, sobre todo nos EEUU onde numerosos representantes tanto demócratas como republicanos e influentes homes de negocios e políticos e asesores en postos claves do goberno, son xudeus sionistas que axudan política e economicamente ó estado de Israel, teñen importantes medios de comunicación que crean opinión a favor do estado terrorista, manipulando calquera información que lle poda prexudicar.
Os sionistas utilizan ademais toda unha serie de argumentos e chantaxes emocionais, como a traxedia do holocausto para seguir aparecendo como vítimas e facer calar as voces críticas, comparando, a quen no esta disposto a aceptar os sufrimentos que lle fan pasar ós palestinos, cos seus verdugos na segunda guerra mundial, cando a realidade é que a actuación do estado terrorista de Israel, respecto ó pobo palestino parécese, o acerca moito ó papel dos verdugos dos xudeus.
Constantemente utilizan tamén o anatema do antisemitismo para opoñerse os seus adversarios, agochando a realidade, que a maioría da xente crítica co seu proceder o fai do sionismo como ideoloxía, que é a que veñen aplicando desde 1948 nas terras das que botaron os habitantes da mesma, e non dos xudeus no seu conxunto. Hai unha importante oposición de sectores do pobo de Israel ás políticas dos seus gobernantes e en Nova Iorque, miles de xudeus ultraortodoxos tamén se manifestaron no mesmo sentido.
Os sionistas nunca permitirán a existencia dun estado palestino e o seu obxectivo segue a ser ampliar os territorios de Israel e apropiarse do máximo de terras e das fontes da auga, como no caso dos altos do Golán roubados a Siria e non devoltos a pesares das diferentes resolucións das NNUU que lle obrigaban a facelo. A construción do enorme muro que divide e expropia numerosas terras palestinas, a constante construción de asentamentos de novos colonos, a maioría das veces chegados de países afastados, ratifican a imposibilidade da existencia dun estado e o constante roubo de territorios para edificar o “grande Israel” bíblico.
As deturpadas e corrompidas “democracias occidentais” utilizan moitas veces o argumento de que Israel é a única democracia da zona e que se atopa enfrontada ó “terrorismo islámico”, o problema fundamental dos novos tempos que é polo tanto, un país que libra unha guerra na que merece todo o noso apoio.
Non adicarei ni unha liña a rebate-lo primeiro dos argumento pois un país onde sempre os cargos máis representativos son xenerais na reserva e o seu parlamento está dominado por integristas relixiosos sionistas, que ademais os seus gobernos practican o terror sistemático contra os seus opositores e masacran periodicamente á poboación civil, non pode ser catalogada como unha democracia. Non se pode ser demócrata no interior do país e comportarse como un nazi cos outros pobos; miserable democracia a de Israel cuxo Tribunal Supremo sentenciou favorablemente o uso da tortura.
Acostuman os medios de comunicación sionistas e aqueles que non se atreven a contradicilos, a utilizar outro argumento que volve a ser falso, o de que o estado de Israel está inmerso nunha guerra na que é o agredido polo islamismo terrorista. Tamén falso. Non hai guerra só unha feble defensa dos seus dereitos por parte de aqueles ós que obrigas a vivir nunhas condicións inhumanas, como é o caso de Gaza ós que periodicamente lles destrúes todas as infraestruturas, comezando polos hospitais. Que debían esperar os sionistas do estado xudeu, que lles felicitaran e agradeceran por mantelos nun campo de concentración?. Deféndense das constantes agresións, e como non teñen tanques nin avións nin os sofisticados métodos de guerra actuais, nin barcos de guerra, utilizan o que se atopa o seu alcance.
Pero o conflito entre o sionismo e Gaza neste caso, non é unha guerra, destruír as casas cos seus habitantes dentro, por moito que digan que tentan destruír infraestruturas de Hamás e matar ós seus dirixentes, non é unha guerra, é un xenocidio e senón teñen posto fin ás “lanzadeiras” de foguetes, ca tecnoloxía que posúen e a eficacia do seus servizos de espionaxe, e pola razón de que non queren, para seguir propiciando o victimismo de ser constantemente agredidos.
Os sionistas xustificaron a agresión de hoxe, polo asasinato na Cisxordanía de tres mozos xudeus. É interesante un artigo aparecido no blogue do antigo oficial do exército de Israel Roy Tov, descoñezo se é un nome inventado, que sinala algúns elementos obxectivos que rodean ó mesmo.
Dende moi novos os rapaces coñecen que si fan autostop, nunca deben meterse nun vehículo que non leve matricula amarela que é a utilizada polos xudeus; hai outros cores para as dos palestinos. Un dos mozos unha vez no automóbil que os recolleu, enviou unha mensaxe ó número 100 de emerxencia da policía que foi recibido por unha comisaría que gravou as verbas “fun secuestrado”, no seu idioma “haftu oti”, seguido dunhas voces en perfecto hebreo que dicían “Agáchense, agáchense, abaixo”, despois disparos, lamentos. Esta gravación é pública. Ata pasadas cinco horas, as forzas de seguridade que recibiran a mensaxe non actuaron, o que interpreta Roy Tov, como o tempo necesario para permitir ós secuestradores desfacerse dos cadáveres.
Nos primeiros días tanto os servizos secretos como a policía, atribuíron o asasinato ó Estado Islámico de Iraq e Levante, que ten no seu poder varias cidades de Iraq e Siria; máis tarde culpouse a autoridade Nacional Palestina e a Hamás, pero a zona onde se cometeu o asasinato non se atopa baixo xurisdición da Autoridade Nacional, e por último só a Hamás, detendo a dous palestinos que saíran da cárcere hai poucas datas e que se atopan desaparecidos.
As conclusións de Roy Tov e que foi un asasinato levado a cabo por israelitas con obxectivos non moi claros, pero que como represalia se ataca a Gaza e se apropia o estado de Israel, da orela occidental do río Xordán. Un novo caso de terra por sangue.
A calquera de nós parécenos condenable o crime acontecido, e a obriga dun estado democrático é a de perseguir e levar diante dun tribunal a quen o cometeu; pero non é propio dun estado democrático e de dereito, como se nos quere facer crer que é o sistema israelí, que se castigue a unha poboación por algo que non cometeu. Pero máis condenable é que os propios servizos de intelixencia e a propia policía, fabricasen o crime que é cara a onde se encamiñan a maior parte das probas; e do sionismo como ideoloxía debemos crer calquera cousa; desde as posicións de non loitar contra o antisemitismo, antes do comezo da segunda guerra mundial, para que os xudeus tivesen que emigrar a Palestina, ata o de querer participar a favor do nazismo na guerra, sempre que se lles garantise “o estado xudeu histórico sobre unha base nacional e totalitaria, e ligado mediante un tratado ó Reich alemá” en verbas de Yitzhak Shamir, que máis tarde foi por dúas veces, primeiro ministro de Israel.
A negociación co sionismo non é posible; hai uns meses tivemos unha proba; cando o presidente da Autoridade Nacional Palestina lle pediu o goberno de Israel negociacións, contestáronlle que non era posible pois non controlaba Gaza nin a Hamas, polo que se constituíu un goberno de coalición entre as dúas principais organizacións palestinas. Despois o goberno de Israel tampouco negociou porque non esta disposto a facelo ca Autoridade Nacional Palestina por pactar con Hamas a quen considera un grupo terrorista.
Mentres o sionismo goberne non hai posibilidade algunha de solución do conflito e como afirmou o comunista xudeu Lenni Brenner no seu libro “Sionismo e Fascismo”, “mentres as masas dos traballadores árabes, palestinos e xudeus progresistas e de esquerdas, non avancen cara a unidade, a vitoria sobre o sionismo non é meramente difícil, senón imposible”.

En Galicia no mes de xullo de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario