Terry Hada
A orixe formal da colonización española sobre o territorio da actual Guinea Ecuatorial, comeza en 1778 cos tratados de San Ildefonso e O Pardo – de intercambio colonial -, nos que o Imperio portugués cedeu as illas de Fernando Poo e Annobón ao Imperio español, quen quería unha base propia no Golfo de Guinea para comerciar con escravos - destinados ás súas plantacións en América - sen depender de barcos estranxeiros. Tras a abolición do comercio transatlántico de escravos, encabezada polo Imperio británico e Estados Unidos a principios do século XIX, o interese do Imperio español polo territorio cambiou radicalmente cara á explotación económica, sendo 1858 o ano no que comeza a colonización efectiva, coa anexión da zona continental do territorio (Río Muni) e o nomeamento do primeiro gobernador español. O chan volcánico da illa de Fernando Poo - ideal para monocultivos de alto rendemento -, e o réxime de traballo forzado que impuxo o Imperio español, convertérona nunha potencia mundial na exportación de cacao e café - alén de madeira tropical da zona continental -.