Carlos Dafonte
Syriza gañou as eleccións en Grecia; estou convencido que na grande
maioría das chancelerías da UE, respiraron aliviados, agás no estado español, a
proximidade das eleccións xerais e a sombra de Podemos, obriga ós nosos
gobernantes e a leal oposición a tentar transmitir unha mensaxe de catástrofe;
o “converso” Tsipras segue no cargo e é de supoñer que vai levar adiante dende
a “a á z” o memorando imposto pola “troika”, aprobado no Parlamento co apoio
dos dous grandes partidos que levaron a Grecia o desastre económico, o PASOK e
Nova Democracia, que vai desencadear maiores penalidades para a poboación.






