Carlos Dafonte.
Día 1.
1954.
Iniciase, en Arxélia, a guerra
de liberación nacional contra o colonialismo francés. O embrión
principal da revolta foi a Organización Especial, fundada en 1947,
unha especie de brazo armado do Mouvement pour le Triomphe des
Libertés Democratiques (MTLD) dirixido por Messali Hadj, que
defendía as dúas principais teses do Parti Populaire Algérien,
PPA, fundado por el mesmo en 1937, independencia e retirada das
tropas de ocupación. Diante das diferencias dentro do MTLD, que o
levaron a escisión, os compoñentes da OS, fundan en marzo de 1954 o
Comité Revolucionario de Unidade e Acción, CRUA, ó que pertencen
Ait Ahmed, Ben Bella, Jider, Boudiaf, Belouizdad, Ben Boulaid, Ben
M'Hidi, Didouche, etc. O 10 de outubro, nunha xuntanza do CRUA
celebrada en Arxel, estableceuse a data do 1 de novembro como do
inicio da loita de liberación. O territorio arxelino quedou dividido
en seis wilayas, cada unha dirixida por un dos seis xefes históricos
do interior, Didouche, Ben M'Hidi, Ben Boulaid, Boudiaf, Rabah e
Belkacem Krim, que dirixía desde 1947 unha guerrilla na Cabilia.
Previamente o CRUA transformouse na Fronte de Liberación Nacional,
cunha organización armada o “Exército de Liberación Nacional”.
O
1 de novembro foron asaltados numerosos postos militares e de
policía, depósitos de armamento, centros industriais, estacións de
servizo, trens militares, etc, repartidos por todo o territorio
alxeriano, dando comezo a longa guerra que finalizou en 1962, ca
independencia.
Día 4.
1918.
Proclamación da República
Soviética de Kiel. Despois da sublevación da mariña de guerra o
día 26 do mes anterior, o día 3 era cando se ía xulga-los
amotinados prodúcese unha revolta xeneralizada, con mortos e feridos
en ambos bandos e a formación o día 4 dun “Consello de obreiros e
soldados”. Asáltanse os cuarteis, liberanse ós amotinados e fanse
co control da cidade ó son da “Internacional”. O exército
enviado para sofoca-lo levantamento confraterniza cos sublevados e
iníciase un proceso reivindicativo no que se esixe a abdicación do
emperador, sufraxio universal, liberdade para os detidos e melloras
na alimentación. A chegada do deputado socialdemócrata Gustav
Noske, nomeado gobernador polos sublevados, detén a revolución,
pero Kiel, foi a faísca que acendeu a mecha para que se iniciara en
outros moitos lugares de Alemaña.
1975.
Morre na clandestinidade
Agustín Tosco, lider sindical arxentino e un dos principais
dirixentes do chamado “cordobazo”. Destacou polo seu compromiso
cos traballadores manténdose ó marxe de todos os procesos do
sindicalismo oficial arxentino de burocratismo e incluso de
gansterismo, que se produciron en moitas cúpulas sindicais.

Nos
primeiros momentos, despois da chegada de Perón á presidencia lle
presta certo apoio, sobre todo polo enfrontamento con Braden, o
embaixador e golpista dos EEUU, pero axiña comeza a proclama-la súa
condición de marxista, o que lle leva a ter contactos nalgúns
momentos co Partido Comunista; as discrepancias xorden pola proposta,
tanto desde o PCA como dos peronistas, da alianza de clases e
potenciar unha burguesía nacional, o que lle vai acercar á
formación trotskista PRT, que nun momento determinado, na volta de
Perón, o propón como candidato á presidencia arxentina, que Tosco
non acepta.
A
nivel sindical, ocupou altos cargos dentro do sindicato, tanto a
nivel de Córdoba como do país, sempre en loita contra o
burocratismo e a favor das asembleas de traballadores ás que
consideraba superiores a calquera órgano dirixente. Consideraba que
o sindicalismo debía ser sociopolítico, e preocuparse por cuestións
que superaban a suba de salarios e condicións de traballo.
Na
sublevación popular do 29 de maio de 1969, na cidade de Córdoba, en
tempos da ditadura de Onganía, xogou un papel relevante o que lle
carrexou unha condena de oito anos que non chegou a cumprir na súa
totalidade. Ca vitoria de Perón en 1973, comezan a perseguilo, sobre
todo cando é intervido o sindicato que dirixía, polo que ten que
pasar á clandestinidade; moi enfermo e sen axuda médica, sobrevive
ata a súa morte en difíciles condicións. O seu enterro acudiron
varias decenas de miles de traballadores que foron tiroteados por
membros da “Tripla A”, un grupo paramilitar dirixido por López
Rega, protexido da dona de Perón.
Día 5

Día 7.
1976.
Morre en combate en Nicaragua,
o recoñecido como o máis alto dirixente da Fronte Sandinista de
Liberación Nacional, Carlos Fonseca Amador.

A
creación do partido comunista acelerou a discusión e as
contradicións no seo do PSOE que no II º Congreso Extraordinario
celebrado en xullo de 1920, por grande maioría aproba entrar na
I.C., resolución desvirtuada pola dirección reformista, que
establece tres condicións ó marxe do Congreso. Envíase unha
delegación formada por Daniel Anguiano e Fernando de los Rios. A IC
non acepta as tres condicións, e lles formulan as 21 aprobadas con
anterioridade para formar parte. No III º Congreso Extraordinario do
PSOE, Fernando de los Rios non acepta as 21 condicións e aconsella
integrarse na chamada “Internacional dúas e media”. Anguiano
pola contra era partidario da aceptación das 21 condicións e
recibiu o apoio de agrupacións de centros industriais como Asturias,
País Vasco, Rio Tinto e outros; as componendas da dirección
permitiu que a dereita gañara o congreso, polo que un grupo
importante de dirixentes, encabezados por García Quejido, fundador
do partido e da UGT, abandonaron o PSOE e fundaron o Partido
Comunista Obrero Español. Xunto a García Quejido marcharon entre
outr@s, Perez Solís, Facundo Perezagua,
Isidoro Azevedo, Virginia González, Torralva Beci, José L. Darriba
(Ribadeo), Severino Chacón (A Coruña)...Nacía así un segundo
partido comunista, integrado tamén na IC; o seu Comité Nacional
estaba formado por García Quejido, Nuñez de Arenas, Anguiano,
Virginia Gonzáles e Perezagua.
Os
consellos da I.C. permitiron a asemblea de fusión de ambos partidos
. Con anterioridade a Federación Nacional de Xuventudes Socialistas
convertéranse en abril, na Federación de Xuventudes Comunistas.
O
partido unificado, Partido Comunista de España, tiña como órgano
de prensa central “La Aurora”.

Deixando
a un lado os anos da guerra civil, a parte principal da miña vida é
ocupada pola miña actividade de escritor e militante dentro do
partido. As “Edicións do Estado” emprenderon en 1923 a
publicación das miñas obras completas. Xa viron a luz, sen
conta-los cinco tomos sobre temas militares, trece volumes. A
publicación foi suspendida no ano 1927, cando comezou a agudizarse a
campaña de persecución contra o “trotskismo”.
En
xaneiro de 1928 o goberno ruso desterroume á fronteira chinesa. En
febreiro de 1929 fun expulsado a Turquía, e escribo estas liñas en
Constantinopla.”

En
1913, xunto con varios dirixentes socialistas funda o
grupo”mezhrayontsy”, nun intento por configurar un centro entre
bolxeviques e menxeviques.
En
maio de 1917 volve a Rusia e apoiará plenamente a posición de Lenin
expresada nas que se coñecen como “Teses de abril”. Asumirá a
xefatura do Comité Militar Revolucionario, peza clave no trunfo da
revolución.
Coa
desaparición de Lenin da primeira fila, a partires de 1922, tivo que
facer fronte á alianza entre Zinoviev, Stalin e Kamenev contra a súa
denuncia do comezo da burocratización do partido e o debate sobre
“socialismo nun só país” ou “revolución permanente”, tese
por el defendida; máis tarde en alianza con Zinoviev e Kámenev,
participou na controversia con Stalin e a á dereita do partido,
Bujarin, Ribov e Tomski, sobre a colectivización do campo, posición
por el defendida, ou permitir a consolidación dunha poderosa capa
campesiña, os kulaks. Organizou a “Oposición de Esquerdas” e
despois da súa expulsión da URSS, a IV ª Internacional
1917.
Toma do Palacio de Inverno de
Petrogrado polos Soviets de Obreiros, Soldados e Campesiños,
dirixidos polos bolxeviques, e disolución do goberno provisorio
burgués, presidido por Kerenski. O dobre poder que se fora creando,
os soviets, tiñan nas súas mans o poder efectivo do estado, só un
goberno provisorio pantasma, como unha reliquia da antiga dominación
de clase sobrevivía.
1918.
Proclámase a República dos
Consellos de Baviera. En Munich formouse un Consello de Traballadores
e Soldados que obrigou a abdicar a Luis III da dinastía Witteslsbach
e Kurt Eisner do Partido Socialdemócrata Independente de Alemaña,
proclamou a Baviera como estado libre e republicano ó día seguinte.
Despois do seu asasinato o 21 de febreiro a mans dun nacionalista da
“Sociedade Thule”, o 7 de abril proclamouse a República
Socialista de Baviera, que durará ata o 2 de maio, día no que se
produce a intervención vitoriosa dos chamados “Freikorps”, que
asasinan a máis de 800 dirixentes do proceso revolucionario. Era
ministro encargado da represión o socialdemócrata Gustav Noske.
Día 8.
1926.
Antonio Gramsci dirixente do
Partido Comunista de Italia é encarcerado polos fascistas, que o
liberarán no ano 1937, cando se atopaba en estado terminal, para
morrer ó pouco tempo. O atentado contra Mussolini en Bolonia o 31 de
outubro, é o pretexto que necesitaban os fascistas para poñer fin
as cativas liberdades que sobrevivían; o 5 de novembro ilegalízanse
todos os partidos, péchanse todos os periódicos e imprentas da
oposición. O Partido Comunista tenta levar a Gramsci a Suíza pero
non acepta, quere asistir a sesión parlamentaria onde se van
discutir as leis contra as liberdades; opina ademais que as medidas
excepcionais debían tomarse, cando foran asumidas polos
traballadores. A saída dunha xuntanza de parlamentarios comunistas é
detido Nas difíciles condicións nas que vai vivir os once anos
seguintes, escribirá, en loita constante cos seus carcereiros e a
enfermidade, a maior parte da súa obra teórica, coñecida como
“Cadernos da Cárcere”.
Día 9.
1918.
Trunfa en Berlín a revolución
proletaria. Constitúese un Soviet de Obreiros e Soldados. Despois de
Kiel na maioría das cidades alemás vívense procesos de toma do
poder por parte dos obreiros e soldados e se crean Consellos como
expresión deste poder. En Berlín, Karl Liebknecht dirixente do
grupo Espartaco, integrado no Partido Socialdemócrata Independente
(USPD), e representante xunto a Rosa Luxemburgo da esquerda, desde o
balcón do Palacio Imperial, proclama a república socialista; a
manobra da burguesía de nomear a Ebert, da dereita socialdemócrata,
como primeiro ministro, para neutraliza-la revolución, non deu
resultado; tampouco a dura represión que non consegue para-lo
movemento revolucionario; libérase ós presos políticos e aparecen
os órganos do dobre poder. O kaiser abdica. Pero en Alemaña, ó
contrario que en Rusia en 1917, pola ausencia dun partido
revolucionario que explique ás masas as razóns polas que debe
deixar de confiar nunha socialdemocracia ó servizo da burguesía e o
camiño a seguir, os Consellos de Obreiros foron combatidos e
destruídos pola alianza entre a burguesía e a socialdemocracia, que
colocaron a todo o aparello estatal ó servizo desta tarefa. Con
Ebert á fronte do goberno e do Comité Executivo dos Consellos e
contando co apoio da burguesía, exército e aparellos do estado,
pouco a pouco, foron desmontando o poder popular; por exemplo, cando
o Consello de Berlín tentou formar unha Garda Vermella para
defenderse da previsible reacción do exército, o Partido
Socialdemócrata conseguiu que non se fixese efectivo o acordo e
creou unha “tropa de defensa da república”, financiada pola
burguesía, cun carácter marcadamente contrarrevolucionario.
O
golpe definitivo foi o Congreso dos Consellos onde, a iniciativa dos
socialdemócratas, resólvese poñer fin o poder dos mesmos, e
avanzar cara a unha Asemblea que elaborase unha nova Constitución
que decidira o réxime político en Alemaña. Nin o mitin de máis de
250.000 traballadores e soldados, que se celebrou ás portas do local
onde se celebraba, foi capaz de poñer freo á traizón. A traizón á
revolución por parte da socialdemocracia consumouse, pero terán que
chega-las xornadas de xaneiro do ano seguinte, para que esta fora
completa e coñecida en toda a súa dimensión.
Día 12.
1989.Falece
en Madrid Dolores Ibárruri “Pasionaria” , Presidenta do Partido
Comunista de España. Nacera en Gallarta, Biscaia, o 9 de decembro de
1895. (Nas efemérides de decembro, farei un amplo relatorio da súa
vida)
Día 15.
1930.
Folga xeral en Madrid de tres
días. O derrube dun edificio en construción provoca un enterro
multitudinario das vítimas, no que se producen numerosos incidentes
ca policía que se saldan con numerosos mortos e feridos. Exercía de
Director Xeral de Seguridade o que anos despois será xefe da
sublevación fascista, xeral Emilio Mola. Chámase a folga xeral de
tres días que se convoca tamén en varias provincias en
solidariedade, Barcelona, Granada, Alicante e outras
Día 16.
1920.
Apróbase na URSS o Plan
GOELRO, abreviatura do ruso Comisión Estatal para la Electrificación
de Rusia, que foi o primeiro plano elaborado na URSS despois da
revolución. Por medio do mesmo conseguiuse levar luz eléctrica a
millóns de fogares, sobre todo campesiños.
Día 17.

1983.
Fúndase en México, o Exército
Zapatista de Liberación Nacional; na selva Lacandona, no estado de
Chiapas.
Día 19.
1937.
Nace en Bós Aires, Haydée
Tamara Bunke Bider, integrante da guerrilla de Che Guevara en
Bolivia, coñecida co alcume de Tania. De pais comunistas xudeus, o
pai alemá e polaca a nai. Despois da derrota do nazismo os seus país
volven á República Democrática de Alemaña, en 1952, onde
estudará na Facultade de Letras de Berlín, e viaxará por África e
América Latina estudando folclore. Coñecerá o Che Guevara en 1960
cando este realiza unha viaxe a Alemaña. Establécese en Cuba en
1961, adicándose a labores de intelixencia. Para prepara-la chegada
de Guevara a Bolivia marcha para ese país, en 1964, e consegue toda
a rede de axudas e todo o concernente á creación dunha fronte
revolucionaria. Iniciada a acción sobre o terreo, o grupo no que
participaba é emboscado pola traizón dun campesiño, e aniquilado,
o 31 de agosto de 1967.
Día 20.
1910.
Inicio da revolución mexicana.
Foi un levantamento contra a ditadura de Porfirio Díaz que levaba
máis de 30 anos no poder froito das condicións nas que se
desenvolvían as relacións sociais de produción, nas que os
campesiños traballadores das grandes propiedades, que eran a inmensa
maioría, atopábanse nun réxime parecido o feudalismo, sen salario,
a maior parte das veces cobraban en especies na tenda da empresa e
acababan endebedados e sen saída posible, e os obreiros nas cidades,
sometidos a salarios de miseria e xornadas de 14-16 horas día.
Francisco Madero fundou o Club Democrático Benito Juarez e comezou a
unir grupos opositores de diferentes estados. En 1908 publicou o
libro “A reelección presidencial de 1910” onde establecía a
necesidade de poñer fin á ditadura e crear un partido independente.
Porfirio Díaz acepta o reto, aproba a creación de partidos, pero
detén a Madero e mediante o fraude electoral, volve a ser elixido en
1910. Unha vez liberado Madero marcha a EEUU e ó pasar por Laredo
fai público o manifesto coñecido como Plan de San Luís de Potosí,
no que denuncia o fraude do mes de xuño, chama a descoñece-los
poderes constituídos e no punto 7 chama tamén a toma-las armas para
derroca-la ditadura “o día 20 de novembro desde as seis da tarde
en diante, todos os cidadáns da república tomarán as armas para
botar do poder ás autoridades que actualmente gobernan.”. Xorden
exércitos rebeldes en moitas partes, Emiliano Zapata, Ambrosio e
Rómulo Figueroa e Manuel Asúnsulo no estado de Morelos; Salvador
Escalante e Ramón Romero en Michoacán e Jalisco; Gabriel Hernández
en Hidalgo; Pascual Orozco e Francisco Villa en Chihuahua, entre
outros.
Iníciase
un proceso, cunha enorme participación das masas populares, que pasa
por numerosas vicisitudes; Madero na presidencia, sublevación de
Emiliano Zapata, asasinato de Madero, Huerta, co apoio dos EEUU
presidente, guerra xeneralizada, Carranza presidente co apoio da
maior parte dos revolucionarios e de acordo co chamado Plan
Guadalupe, agás Zapata, proclamación da Constitución na cidade de
Querétaro, asasinato de Zapata, tamén de Carranza, enfrontamentos
entre Obregón e Villa co trunfo do primeiro, que consegue dereitos
para obreiros e campesiños; asasinato de Villa en 1924. Nese mesmo
ano, ca presidencia de Calles, asentouse o proceso e se pode dar por
terminado, aínda que hai historiadores que o alongan uns anos máis.
Día 22.
1926. O
Plenario ampliado do Comité Executivo da Internacional Comunista,
condena á Oposición de Esquerdas, xurdida na URSS, á que cualifica
como “trotskista”, facendo un mandato a todas as seccións do
mundo a loitar contra a mesma, e destitúe a Zinoviev, como
Presidente do Comité Executivo.
Día 23.
1935. A
“Aliança Nacional Libertadora”, presidida por Juan Carlos
Prestes, que se afiliara ó Partido Comunista Brasileiro, inicia en
Natal, Brasil, unha insurrección contra a ditadura de Getulio
Vargas, no poder despois dun golpe de estado en novembro de 1930. O
25 estala a insurrección en Recife e o 27 en Rio. A Alianza Nacional
fora fundada o ano anterior por Prestes, que se atopaba na
clandestinidade, e a este intento coñéceselle como a “Intentona
Comunista”. A insurrección fracasou e Prestes pasará nove anos na
cárcere e a muller ca que formaba parella, a alemá Olga Benario e
entregada ós nazis que a asasinaran nun campo de concentración anos
despois.
1946.
Comeza en Vietnam a guerra de
liberación contra o colonialismo francés. Despois da derrota dos
xaponeses, forzas militares chinesas nacionalistas invaden o norte de
Vietnam e británicas o sur; nesta conxuntura o exército francés
“toma posesión” da súa antiga colonia, Indochina, formada por
Vietnam, Laos e Cambodia. Ho Chi Mhin, lider do Partido Comunista de
Indochina proclamara o ano anterior a independencia de Vietnam e os
franceses van a estar dispostos a concederlle o seu goberno, unha
certa autonomía; despois das negociacións en París, os vietnamitas
consideran inaceptables as condicións e o brutal bombardeo do porto
de Haiphong por parte da mariña francesa, que causa miles de
vítimas, considérase como o inicio da guerra de liberación. Os
vietnamitas contaban ca guerrilla do Vietminh, perfectamente
adestrada na loita contra os xaponeses e un estratego militar de
primeiro orde, Vo Nguyen Giap. Os franceses utilizarán con
preferencia á Lexión Estranxeira e ós paracaidistas así como a
mariña. Ata o ano 1954, o da súa derrota, os franceses recibiron
dos EEUU, axuda por aproximadamente o 10% do seu gasto na guerra.

Día
24.
1884.
Iniciase en Berlín a
conferencia entre as potencias coloniais para repartirse o
continente africano.
1918.
Fúndase o Partido Comunista de
Hungría. Desde meses antes do armisticio, que pon fin á Primeira
Guerra Mundial, a axitación social en Hungría e moi importante; en
xaneiro dese anos prodúcense as folgas nas fábricas de municións
en Budapest, e esténdese por todo o país, baixo o lema de “paz e
apoio ó proletariado ruso”. O Partido Socialista engádelle a
consigna de sufraxio universal e chama a poñer fin a folga pero o
movemento segue durante varios días, provocando unha creba no
partido, onde aparece un á esquerda formada por delegados obreiros
de Budapest, antigos anarquistas e socialistas partidarios da
revolución soviética en Rusia. En xuño prodúcese outra folga
xeral, despois de que a xendarmería asasinara a varios folguistas
dunha fábrica estatal; únense tamén traballadores agrícolas e
durante os catro días de duración o Partido Socialista mantívose ó
marxe.
Cando
o 4 de outubro Alemaña e Hungría solicitan o armisticio, créanse
numerosos “Consellos de obreiros e soldados” nas cidades
húngaras, o tempo que o exército se vai disolvendo. A burguesía,
por medio do Partido Radical, e o Partido Socialista, crean o
Consello Nacional para facer fronte á situación mentres @s
traballador@s convocan unha
manifestación na capital, para o día 28 de outubro, que é
duramente reprimida pola policía, o que leva a que os manifestantes
asalten armerías e a defenderse da agresión ó tempo que se
consolida a unidade entre os obreiros e soldados que regresaban
armados da fronte. Diante desta situación o Consello Nacional forma
goberno e cae a monarquía; atopámonos ante unha revolta dos
traballadores que poñen fin como en Rusia, en febreiro de 1917, a
unha monarquía, pero a súa vitoria é usurpada pola burguesía que
se fai co poder e proclama a república.
Neste
contexto, e posto que a división no interior do Partido Socialista
era xa un feito sen volta atrás, é cando nace o Partido Comunista,
no que van a ter unha intervención moi importante Bela Kun e Lazslo
Rabinovics, que regresan da Rusia soviética e que coñecían ben a
experiencia revolucionaria neses país. No mes de decembro o PC xa
era maioritario nos sindicatos de metalúrxicos e da siderurxia,
desde o que presentarán un acabado programa revolucionario e
conseguirán rachar co atranco a militar nun sindicato, se non
pertencías ó Partido Socialista.
1948.
É
derrocado o goberno constitucional de Rómulo Gallegos en Venezuela,
por un golpe militar dirixido polo tenente coronel Marcos Pérez
Jiménez. Rómulo Gallegos iniciara o seu goberno en febreiro do
mesmo ano e foi o primeiro presidente electo democraticamente de
Venezuela.
Día
25.
1885.
Nace Anne Louis Strong en
Friend, estado de Nebraska; licenciada en Filosofia, nos primeiros
anos adicouse desde un posto oficial, a defensa dos nen@s;
despois da masacre de Everett, tomou partido polos sindicalistas e
fixo campaña contra a guerra e o recrutamento; como periodista e
activista foi defensora da Unión Soviética e da República Popular
de China, e adicou a súa vida e unha parte importante da súa obra a
combater as falacias inventadas polo capitalismo contra a causa do
socialismo. Morreu en China en 1970


Día
26.
1864.
Nace
nos Países Baixos Herman Gorter. Foi un dos fundadores do Partido
Comunista Laborista contrario ó parlamentarismo e un dos máximos
representantes do comunismo dos “Consellos”, xunto con Antón
Pannekoek. Por estes temas mantivo unha dura polémica con Lenin que
escribira “A enfermidade infantil do esquerdismo no comunismo”,
contestado e criticado por Gorter na “Carta aberta ó camarada
Lenin”. Foi membro do Partido Comunista Obreiro de Alemaña e
criticou na súa segunda carta a Lenin “As leccións das xornadas
de marzo”, a posición do Partido Comunista de Alemaña, que
segundo Gorter, levou ca súa actitude á derrota definitiva da
revolución nese país. Entre as súas obras destacan “O
Materialismo Histórico”, “Loita de clases e nación” e “A
revolución mundial”
Día
27.
1959.
Iníciase
en Cuba a expropiación de latifundios de acordo ca Reforma Agraria
aprobada con anterioridade. O primeiro foi a facenda Sevilla de
120.000 Has.
Día
28.


Aínda
que antes de chegar a Inglaterra, profesaba xa unha especie de
comunismo, será neste país onde se asenten as súas ideas ó
respecto; na súa obra “Esbozos para unha crítica da economía
política”, fixo unha crítica do capitalismo desde o punto de
vista do proletariado, considerando ás leis do capitalismo como
pasaxeiras e deduciu o interese de clase dos partidos políticos e do
estado, e a loita entre eles como a defensa deses intereses. Pódese
dicir que é aquí onde se converte en materialista, paso previo a
ser comunista
No
seu libro publicado en Alemaña en 1845, “A situación da clase
obreira en Inglaterra”, foi o primeiro en analizar as consecuencias
da revolución industrial no país e establece varias leis que rexen
o sistema capitalista : o aumento da explotación dos traballadores
canta maior acumulación de capital, a existencia de crises
periódicas ou a formación dun exército industrial de reserva
formado polos parados e a necesidade da burguesía da súa existencia
para preme-los traballadores, para facerlles rebaixar as condicións
de traballo. Nesta obra chega a conclusión que burguesía e
proletariado son clases antagónicas, nunca poden reconciliarse.
En
agosto de 1844 abandonou Manchester de retorno a Alemaña, e pasou
dez días en París con Marx que, unha vez pechada a revista de
Colonia polo goberno, publicaba os “Anais Franco Alemás” na
capital de Francia. Esta estancia vai afonda-la súa amizade. Os dous
chegaran a conclusión de que o materialismo debía aplicarse para
explicalos procesos sociais e a historia.. Polo tanto deciden
redactar un libro onde explicarán as novas teorías, así nace “A
Sagrada Familia” unha crítica contra os “neohegelianos” para
quen a historia a “facían” os personaxes destacados, fronte a
visión de Marx e Engels de que a historia a fan as masas populares e
neste senso o proletariado estaba a xogar un destacado papel. Unha
vez na súa cidade natal, adicase por enteiro á política tentando
contactar, noutras cidades con socialistas e dando numerosas charlas.
Na primavera de 1845 atópase en Bruxelas, onde estaba Marx expulsado
de Francia, e escreben “A Ideoloxía Alemá”, recapitulación de
todas as súas ideas, texto que non será publicado ata 1932.
Por
aqueles anos existían en diversas cidades de Europa seccións dunha
organización clandestina “A Liga dos Xustos”, con quen Engels
contactara en Londres. A maior parte eran artesáns alemás. Nunha
viaxe que realizan Engels e Marx a Inglaterra en 1945, contactan de
novo coa Liga e son invitados en xuño de 1947 ó I ª Congreso da
organización; asiste Engels e cámbiase o nome da organización por
“Liga dos Comunistas” e o seu lema polo de “Proletarios de
todos os países unídevos”. O II º Congreso celébrase en
novembro do mesmo ano, Engels representa ós grupos de París e Marx
ós de Bruxelas, e se lles encarga a redacción dun manifesto que se
fai público en febreiro de 1848, o coñecido vulgarmente como
“Manifesto Comunista”, unha das obras máis traducidas e lidas da
literatura política universal. 1848 é un ano de importantes loitas
contra a reacción monárquica e polas liberdades. Tanto Engels como
Marx participarán activamente neste proceso que sacode os alicerces
das monarquías absolutas europeas. Marx é expulsado de Bélxica e
marcha a París, alí xunto con Engels redactarán as
“Reivindicacións dos comunistas de Alemaña” e a continuación
parten e se instalan en Colonia, para tentar dirixi-lo proceso
revolucionario. Este foi capitalizado pola burguesía liberal e desde
a “Nova Gaceta Renana”, Marx e Engels combaterán a idea de que o
proceso revolucionario esta terminado. Acusarán de traizón á
burguesía, que unha vez no poder esquece as súas promesas e
chamarán a campesiños, proletarios e artesáns a establecer unha
ditadura sobre burgueses e aristócratas, que se aproveitaron do
sangue derramado para establecerse no poder. En setembro, Engels fala
nun multitudinario acto convocado pola Gaceta Renana e se constitúe
un órgano revolucionario, o Comité de Seguridade, no que participan
os dous camaradas e días máis tarde noutro acto, considerou a
necesidade de establecer unha república democrática. A represión
se fai patente despois da sublevación de Frankfurt e a solidariedade
dos obreiros e campesiños de Renania, disolven as milicias, deteñen
ós dirixentes, pechan a Gaceta, Engels escapa a Bruxelas, onde foi
detido e expulsado de Bélxica polo que vai a París. Pero en Francia
vívese o trunfo da reacción e ten que escapar a pe a Suíza, nunha
viaxe de máis dunha semana. Marx con grandes sacrificios publica de
novo a “Nova Gaceta Renana” e Engels desde Suíza, envía o
artigo “A loita en Hungría” no que apoiaba os métodos dos
sublevados contra a contrarrevolución.
Engels
non poderá volver a Alemaña ata xaneiro de 1949, cando a
contrarrevolución segue en marcha. Desde a Nova Gaceta se lanzan as
consignas de non pagar impostos, arma-las masas e crear Comités de
Seguridade. O 7 de febreiro Engels, xunto con Marx comparecen ante un
tribunal que os absolve. Na primavera diferentes estados do sur e
oeste de Alemaña inician a insurrección, Engels xunto con Marx
tentan da-lo movemento obxectivos claros. Engels levará a parte
militar e levantará barricadas, situará as baterías en numerosas
cidades alzadas en armas, pero os movementos e os Comités de
Seguridade, estaban dominados pola pequena burguesía sempre
medorenta do proletariado e non vía con “bos ollos” a presenza
dun dirixente da Nova Gaceta. Despois da derrota das cidades ante o
exército prusiano de Colonia marchan a Baden, onde o mesmo que no
Palatinado non conseguen que prenda a chama da revolución. Marx vai
a París e Engels volve ó Palatinado, en Offembach se converte no
lugartenente de Willich, da Liga dos Comunistas, que comandaba un
batallón de obreiros que tiñan que cubrir a retirada dos loitadores
de Baden perseguidos polos prusianos ata chegar a Suíza; Engels
destacará como un grande estratego, sempre na primeira liña de
fogo. A mediados de xullo a revolución en Alemaña estaba derrotada.
Recolleu esta experiencia no folleto “A campaña alemá pola
constitución”. Despois marchou a Xénova e por mar cara a Londres,
onde xa se atopaba Marx; chega en novembro de 1849. Marx comezara a
reorganiza-lo Comité da Liga dos Comunistas, tarefa á que se
incorpora Engels e na que van contar con grupos de exiliados alemás,
como August Willich e Liebknecht. Aínda que o primeiro foi expulsado
no ano 50 da mesma. Neste tempo Engels escrebe dúas obras
importantes sobre a experiencia revolucionaria, “A guerra campesiña
en Alemaña” e “Revolución e contrarrevolución en Alemaña”,
aínda que esta serie de artigos, redactados por Engels, foron
asinados co nome de Marx, no periódico New York Tribune, unha
contribución desinteresada de Engels para mellora-la economía do
seu amigo..
Estes
son anos de importante produción teórica pero de dificultades
organizativas, pois a fracción de Willich fai dano e en Alemaña se
producen detencións e son levados a xuízo, numerosos membros da
Liga. Escribirá o artigo “Proceso dos comunistas de Colonia”
publicado no New York Tribune e a Liga se disolvera a medidos de
novembro de 1852.
Desde
os primeiros anos da década Engels tivo claro que tiña que axudar
economicamente a Marx para que a súa portentosa mente seguira
funcionando en beneficio da causa do proletariado e da revolución,
polo que volve a traballar na casa Ermen& Engels de Manchester, o
que fará unha grande parte do resto da súa vida, primeiro como
axente comercial, máis tarde como apoderado e a partires de 1864
como socio, o que lle obrigaba a unha “dobre vida”. O 6 de
xaneiro de 1863, morre a muller ca que casara, Mary Burns, obreira
irlandesa que coñecera na súa primeira estancia en Manchester.
Engels e Marx van vivir vinte anos en cidades distintas, o que
provoca unha enorme correspondencia onde se aprecia como xerminaban
as súas ideas.. Engels neste tempo escribiu toda unha serie de
artigos sobre as técnicas da guerra e temas militares, así como
sobre o colonialismo e a resistencia dos pobos orixinarios diante
desa situación. Na década dos sesenta cos enfrontamentos entre
Francia e Austria polo norte de Italia e os movementos de unificación
en Alemaña, Engels publica varios estudos sobre estes temas e entra
en controversia con Lasalle, que apostaba a favor de Francia no caso
italiano e da Prusia reaccionaria no alemán. Xunto con Marx,
exhortarán ó pobo italiano a conseguir polos seus medios a
liberación e ós estados alemás a derrota-la reacción prusiana.
Tamén discrepou de Lasalle na vía elixida para facerse co poder,
posto que este, separándose do aprobado no “Manifesto Comunista”
e na “Carta do Comité Central ós obreiros alemás”, establecía
a vía pacífica e parlamentar para chegar a unha nova sociedade,
sentando as bases do reformismo da socialdemocracia.

En
1869 conseguen que teña nacemento o Partido Socialista Obreiro en
Eisenach, no que figuraban Bebel e Liebknecht, sobre bases distintas
das proclamadas por Lassalle.
Estes
son anos en que Engels presta unha importante axuda á familia Marx,
enfrascado na redacción de “O Capital”, e pola correspondencia
entre ambos coñécense as importantes achegas de Engels a esa obra e
como Marx consultáballe constantemente. Cando finalizou o I º Tomo
envíalle unha carta que finaliza do seguinte xeito: “Así este
tomo está listo. ¡Só grazas a ti foi posible! Sen os sacrificios
que impuxécheste por min, xamais podería eu terminar o enorme
traballo que supoñen os tres tomos. ¡Abrázote cheo de gratitude!
...Un saúdo meu querido e fiel amigo”.
Dous
anos despois Engels deixaría de traballar no que tanto lle
desagradaba, cando Marx conseguiu recursos cos que manterse. Casado
ca irmá da súa antiga muller e acompañado tamén por unha filla de
Marx, marchará a Irlanda a coñece-lo pais do que estaba elaborando
unha historia. Na Internacional debatíase moito o problema irlandés,
un país colonizado por Gran Bretaña a quen Engels prestoulle moita
atención, aínda que os acontecementos europeos non lle permitiran
nese tempo, terminar a súa obra. A guerra franco-prusiana, as
discusións na Internacional sobre a mesma, as orientacións ós
obreiros franceses e alemás sobre a mesma, a Comuna de París, van a
ocupa-lo nestes tempos. No Parlamento alemán os lassallianos votaran
os cretos de guerra solicitados por Bismarck, Bebel e Liebknecht, o
farán en contra polo que serán encarcerados, Engels tentará
axudalos e as súas familias ó tempo que denuncia a anexión da
Alsacia e Lorena e ó nacionalismo e o militarismo. En setembro de
1870 trasládase a Londres, a vivir moi cerca de Marx e foi integrado
no Consello Xeral da Internacional adicándose a tarefas orgánicas.
Engels non consideraba acertado unha sublevación proletaria en
Francia co poderoso exército prusiano ás portas de París, pero
cando o 18 de marzo de 1871 se constitúe a Comuna de París, e por
primeira vez comeza a experiencia dun goberno do proletariado, o
apoia con todo entusiasmo e se pon xunto con Marx ó servizo do
mesmo., tentando entre outras propostas o apoio dos traballadores do
mundo e dos franceses o goberno revolucionario de París.. Engels,
polos seus enormes coñecementos militares, recomendáballes tamén,
como defender mellor a cidade do exército prusiano; pero a realidade
é que se puxo de manifesto a carencia dunha forza revolucionaria que
dirixira e coordinara todas as tarefas; blanquistas e proudhonianos
foron incapaces de facelo.
A
partir da derrota da Comuna, Engels tentou desde o seu posto saca-las
experiencias da mesma e facelas chegar a numerosos lugares do mundo,
sempre apoiando materialmente e orientando as loitas dos
traballadores; en Amberes, Bruxelas, Santander, Barcelona, Valencia,
etc e que en cada lugar no que se loitaba, contaran ca solidariedade
do resto dos traballadores.
Tamén
se adicou a loita ideolóxica contra os seguidores de Bakunin, cuxa
concepción do Consello Xeral da Internacional era que funcionara
como unha especie de “buzón”, fronte os que querían que o
Consello propagase a idea da necesidade da loita política e a
creación do partido do proletariado. Escribiu entre outros dous
artigos esclarecedores, “Sobre a autoridade” e “Os bakuninistas
en acción”; no segundo analiza o fracaso da revolución cantonal
de 1873 no estado español.. A iniciativa de Engels, o Consello Xeral
da Internacional traslada a súa se a Nova Iorque, diante da
constante represión que se esta a dar en Europa..

Despois
da autodisolución do partido en Alemaña, a finais da década dos
70, en contra da opinión de Marx e Engels, tentarán organizalo de
novo separando elementos burgueses e ultraesquerdistas. No I º
Congreso na clandestinidade celebrado en Widen en 1880, expulsouse ós
demagogos e reformouse o Programa de Gotha e en 1884, xa morto Marx,
expulsouse a fracción burguesa que apoiaba no parlamento as
políticas expansionistas de Bismarck. Engels pasara entre outras
actividades, os últimos anos da súa vida tentando establecer en
Francia e Inglaterra partidos de traballadores con programas
baseados no materialismo marxista; así xurdirá o Partido Obreiro en
Francia e toda a serie de contactos con dirixentes sindicais en Gran
Bretaña e a publicación de artigos nos medios orientados a ese
obxectivo. Retoma de novo a escritura da obra “A dialéctica da
natureza”, iniciada en Manchester, pero que volve a abandonar
despois da morte da Marx para terminar “O Capital” cas numerosas
notas que deixara escritas, nunha letra que só Engels entendía, e a
redacción das achegas que son propias de Engels. En febreiro de 1885
deu por acabado o segundo tomo. Tardou case dez anos en remata-lo
terceiro. Pero tamén se adicou a outras escritos de Marx, “A
miseria da filosofía”, “O 18 Brumario de Luís Bonaparte”, “A
guerra civil en Francia”, “A loita de clases en Francia” e a
escribir e publicar obras propias; publicou en 1884 “A orixe da
familia, a propiedade privada e o estado” e en 1888, publicou
“Lugwig Feuerbacha e o fin da filosofía clásica alemá”. A súa
morte non rematara o tomo IV de “O Capital” que trata sobre a
teoría da plusvalía, nin a súa “Historia de Irlanda” nin a
“Dialéctica da natureza”; tampouco unha extensa biografía de
Marx que tiña en mente, publicou unha breve, e diferentes aspectos
do movemento obreiro, que tratou en artigos pero sen a profundidade
por el desexada.
Tiña
ademais que participar na dirección do movemento obreiro a nivel
mundial, cada día máis extenso e cheo de problemas.
Pouco
antes de morrer en 1895, publicou o Limiar á “Loita de clases en
Francia” de Marx, que se considera o seu testamento, polo que
moitos socialdemócratas o manipularon para facer crer que Engels
modificara a súa posición, aceptando avanzar cara ó socialismo
pola vía parlamentar. Nada máis lonxe da realidade; nese texto
reafirmase nas súas posicións.
Falece
o 5 de agosto de 1895. As súa cinzas foron botadas o mar.
Día
29.
1847.
Celébrase en Londres o II º
Congreso da Liga dos Comunistas. Encárgaselles a Marx e Engels a
redacción dun manifesto.
1963.
Nacionalízanse
en Cuba todos os servizos sanitarios pasando a ser de balde.
Día 30.

1922.
Iníciase o IV º Congreso da Internacional Comunista, en Moscova, o
último no que participará Lenin. Asisten 504 delegados de 60
organizacións.


No hay comentarios:
Publicar un comentario