A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 23 de noviembre de 2015

SOBRE OS ATENTADOS DE PARÍS



Carlos Dafonte

Os políticos das principais potencias do mundo, ó servizo das súas oligarquías, din despois dos brutais atentados de París, declararlle a guerra ó Estado Islámico.
Ou é un caso de estupidez, de confusión, de ofuscación ou son uns cínicos; eles, os de agora, os seus antecesores nos cargos que ocupan, e os antecesores dos seus antecesores, o imperialismo para dicilo con claridade, hai moito tempo que teñen declarada a guerra ós pobos do mundo. O que cambiou é que hoxe hai organizacións capaces de leva-lo terror as cidades dos centros imperialistas, como resposta ás agresións a países que eles consideran irmáns por ser musulmáns.

lunes, 16 de noviembre de 2015

QUE FEIJOO NON SE EQUIVOQUE: QUEIRA OU NON GALIZA NAZÓN.



Roberto Laxe

Feijoo, tentando barrer para a súa casa, ironizou coa presenza do ex Xefe do Estado Maior na listaxe de Podemos -se non me equivoco, non falamos dun xeneral de a pé, senón o terceiro na cadea de mando do exercito no seu momento: primeiro, o rei, segundo, o ministro de defensa, terceiro, o Xefe do Estado Maior- , dicindo "benvidos a España", referíndose, obviamente, a ANOVA e a Beiras, no concreto.
Feijoo fai ben en sacar a relucir as incongruencias da organización que, cando se constituíu AGE, situou o problema político no centro: Beiras foi o primeiro político institucional que recoñeceu a situación de "emerxencia social e nacional", e chamou á ruptura co réxime do 78. Para iso, e utilizando a Castelao e Bóveda, fronte ás criticas que lle fixeron desde o BNG, argumentou que nunha situación de "emerxencia", eles tamén pactaron coa Fronte Popular do Estado Español.

jueves, 5 de noviembre de 2015

PODEMOS COMO PROBLEMA E NON COMO SOLUCIÓN



Roberto Laxe
Agora entendo ese agasallo de Xogo de Tronos ao rei Felipe VI, en realidade estaban dandolle un consello: "quitemos a Rajoy" que é o eixo do mal, incapaz de garantir a unidade de España (Errejon dixit), e poñamos a representantes da "nova" política, como nós, como Ciudadanos ("se seguimos así, presentámosnos xuntos", Iglesias dixit no programa de "debate" con Albert Rivera en Salvados, confirmado polas cinco condicións de Podemos para a rexeración democrática, que son asinables por Ciudadanos), ou o "novo" PSOE de Pedro Sánchez (para iso quitaron á imaxe rancia de Rubalcaba). Xogo de Tronos, quítate ti para que entre eu... E o final, a política é igual: garantir a unidade e estabilidade de España, dentro da OTAN ("non tocaremos os pactos das bases militares", representante de Podemos por Sevilla dixit) e a UE (o obxectivo non é romper coa UE, é a súa reforma, Iglesias dixit).

viernes, 30 de octubre de 2015

AS MENTIRAS DO PP, OS DEVEZOS DE UNIDADE E O SECTARISMO DOS LIDERADOS POLÍTICOS



Carlos Dafonte

O réxime actual atópase en crise; son numerosos os sectores da sociedade que rexeitan o sistema político actual, o dominio social, económico e político da oligarquía e a aplicación de políticas neoliberais para saír da situación económica que as leis propias do capitalismo conducen ás diferentes sociedades.
Os casos de corrupción na maioría dos partidos e organizacións políticas cando controlan institucións do estado e a incapacidade deste, por estar ó servizo do beneficio fácil e a explotación da forza de traballo, de poñer fin á mesma, axudan a agravar unha situación de descontento xeneralizado que só en contadas ocasións, se manifesta nas rúas.

lunes, 19 de octubre de 2015

EL JUEGO SE TERMINA




Ángeles Maestro
(Ponencia presentada nas xornadas “Sair do euro”) 
La tragicomedia representada por Syriza este verano de 2015 ha tenido la virtud de poner de manifiesto ante grandes sectores de la población las claves del momento político que caracteriza a las sociedades de una buena parte de los países de Europa y América Latina. Se han hecho evidentes puntos de ruptura que hasta este momento sólo eran percibidos por minorías con capacidad de influencia muy limitada.

sábado, 10 de octubre de 2015

"PROBLEMA NACIONAL" OU PROBLEMA ESPAÑOL.



Roberto Laxe

Desde o progresismo centralista seguen erre que erre coa teima de que o proceso catalán é un problema catalán... A ver se o entendemos, o problema catalán, como o vasco ou o galego, é o problema da conformación dun estado plurinacional baixo mando do exercito español, "garante da unidade nacional"... española, como din a Constitución, texto que no seu artigo 135 impón o pago da débeda por cima de calquera outro gasto.

lunes, 28 de septiembre de 2015

UNHA PRIMEIRA REFLEXIÓN SOBRE AS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE CATALUÑA 2015




 Carlos Dafonte
 O que menos debe interesar a hora de analiza-los resultados do día 27, é utilizalos para personaliza-lo proceso que hai aberto; si Mas debe ser President da Generalitat ou non, si debe dimitir o continuar; cuestións sobre as que fan moito fincapé os medios, para non falar do verdadeiramente importante.
O que importa, dende o meu punto de vista, é considerar se os resultados electorais axudan a consolidar ou debilitar as políticas neoliberais en Cataluña, impostas por CiU, co apoio de ERC, que significaron importantes recortes en servizos fundamentais como sanidade, educación, a privatización dos mesmos e outros como augas, en resumo, a aplicación sen que á burguesía catalá lle tremera o pulso, das mesmas políticas que o PP e PSOE aplican no resto do territorio estatal cando gobernan.