Carlos Dafonte.
Un modelo que ademais non lle fai ascos a pactar co “neofranquismo”, pois para sacar adiante algunhas leis, necesita a maioría absoluta e só a ten, si Vox lle apoia e coñecemos que agás en poucas ocasións, en política os apoios non se dan gratis. Pablo Casado debe clarexar a contradición entre o seu discurso cando Vox presentou unha moción de censura contra o goberno presidido por Pedro Sánchez e as posicións actuais en certas Comunidades do partido que preside.
A min gústame falar de “neofranquismo” máis que nomear a Vox como fascista ou nazi; en iso son moi conservador e dende hai moitos anos teño moi gravado como caracterizou o XIII Pleno do Executivo da Internacional Comunista ó fascismo, que recolle Jorge Dimitrov no seu informe ó Plenario da Internacional Comunista en agosto de 1935. Como “a ditadura terrorista aberta dos elementos máis reaccionarios, máis chouvinistas e máis imperialistas do capital financeiro”. En ese mesmo informe Dimitrov cualifica ó “nazismo” como “a variedade máis reaccionaria do fascismo”. E o fascismo como o instrumento a utilizar contra o avance do movemento obreiro tanto no plano sindical como político, en momentos en que lle disputa á oligarquía o poder.