A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 18 de enero de 2026

A NOVA ESTRATEXIA DE SEGURIDADE NACIONAL DOS USA. UNHA VOLTA Á "POLÍTICA DAS CAÑONERAS".


Carlos Dafonte.

A finais do ano pasado a nova administración norteamericana aprobou a súa Estratexia de Seguridade Nacional (NSS), que ven substituír a anterior aprobada no ano 2022 pola administración demócrata. A nova estratexia cambia completamente os obxectivos da anterior á que define como trabucada, que non pasaba de ser unha lista de desexos sen entrar  no que tiñan que facer. Na nova redefinen os intereses vitais dos USA fronte a anterior que falaba de intereses nacionais e que, segundo este novo documento, levou a numerosas guerras, perdidas a maioría, que foron moi custosas. 

Na nova estratexia, só os intereses vitais deben guiar a política exterior. Intereses  que son en primeiro lugar, a protección da soberanía e fronteiras; defensa da poboación e integridade territorial; seguridade económica, enerxética e industrial; preservación do xeito de vida e a identidade cultural estadounidense.

miércoles, 17 de diciembre de 2025

ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS SOBRE A SITUACIÓN ACTUAL.

Carlos Dafonte.

Atopámonos nun bo momento para facer un balanzo do que esta a acontecer e que tamén explica o que acontece no territorio do Estado español. Destacaría varias cuestións:

1ª. Atopámonos no medio dunha fonda crise planetaria, resultado da perda da hexemonía de quen a estivo exercendo dende o final da IIª G.M, os EEUU de Norteamérica. John Mearsheimer afirma que o elo máis forte da cadea imperialista comeza a entrar verdadeiramente en crise, non pode manter esa posición, se os seus aliados poñen en cuestión o costo da súa lealtade. E dende que China fixo acto de presenza superando a hexemonía de área, para aparecer como unha potencia planetaria, a perda de hexemonía económica, política, militar, pero tamén tecnolóxica dos USA, é unha realidade. 

Hoxe non é posible manter a súa hexemonía facendo fronte ao costo das preto de 800 bases militares no planeta, cunha débeda de  38 billóns de dólares que co proceso de desdolarización que se está a producir nas relacións comerciais pode aumentar moito, a entrada de China en mercados importantes que antes eran de actividade dos países chamados occidentais, e algunhas outras cuestións que fan difícil a saída e indica o fracaso do modelo neoliberal globalista. 

martes, 25 de noviembre de 2025

LAS CONTRADICCIONES ENTRE LA UE Y EEUU, Y EL PLAN DE PAZ DE TRUMP PARA UCRANIA.

Ángeles Maestro

A las 24 horas de hacerse público el Plan de Paz de Trump para Ucrania, Zelenski dirige un mensaje a su pueblo en el que prácticamente anuncia que EE.UU. le ha dado un ultimátum: “o la pérdida de dignidad o el riesgo de perder un socio clave; 28 puntos complicados o un invierno extremadamente duro”1. Del conjunto del mensaje se deduce que “por duro que sea”, peor sería no aceptarlo.

En este sentido la difusión de las informaciones, precisamente ahora, sobre la corrupción de la cúpula de poder en Ucrania, Zelenski incluido, cuando es un hecho bien conocido desde hace años, ha servido de chantaje político para volcar las voluntades de la cúpula de Kiev hacia el acuerdo.

martes, 4 de noviembre de 2025

A CLASE OBREIRA EUROPEA E A SITUACIÓN ACTUAL.


Carlos Dafonte.

A guerra entre a OTAN e a Federación Rusa no territorio de Ucraína, e as consecuencias que teñen para a clase obreira as posicións da Unión Europea respecto ao conflito, a quen só lle interesa como acadar os seus intereses oligárquicos, debe levarnos @s traballador@s europeos a un fondo debate e rachar coa censura imposta.

Intereses oligárquicos  definidos en como continuar co enfrontamento con Rusia e segundo varios testemuñas entre elas as de Robert Fico, Primeiro Ministro de Eslovaquia, que afirma que nas xuntanzas da UE, iso é o único a discutir, como continuar a guerra, como imporlle máis sancións a Rusia, como roubar os fondos e os intereses da Federación Rusa depositados na UE, en que e quen os vai gastar, como axudar ao goberno ucraíno a gañar unha guerra que xa ten perdida, esquecéndose, parece que non ten importancia, da situación de desindustrialización actual nas principais potencias europeas, o problema de ter que mercar unha enerxía máis cara e máis contaminante, a falla de competitividade das economías, a paralización do proceso tecnolóxico e o afondamento da dependencia dos USA e as consecuencias de converternos, despois da entrevista da Comisión Europea con Trump en Escocia onde a presidenta da Comisión Úrsula von der Leyen cedeu a todas as propostas do presidente dos USA, nun apéndice dos USA, sen relevancia no panorama internacional, etc.

domingo, 26 de octubre de 2025

O "LAWFARE", A NOVA POLÍTICA DO IMPERIALISMO EURO AMERICANO?

Eusebio López

O proceso a Lula e a Dilma en Brasil foron a punta do iceberg dunha política que se está estendendo como un regueiro de pólvora en moitos países, a partir do control dun dos poderes fundamentais dun estado, o poder xudicial.

Este mecanismo de “controlar” a xudicatura definiuna moi ben o portavoz do PP no Senado, no 2018, cando dixo que "Controlaremos a Sala Segunda desde detrás", é a sala que instrúe os casos contra os políticos que teñan inmunidade parlamentaria, e engadía, "foi unha xogada estupenda que vivín desde a primeira liña. Xogabámosnos as renovacións futuras de 2/3 do TS e centenares de nomeamentos no Poder Xudicial, vitais para o PP e para o futuro de España".

sábado, 18 de octubre de 2025

SOBRE A POSIBLE CONFRONTACIÓN CHINA-USA (y II)

Carlos Dafonte.

A perda da hexemonía dos USA e os seus intentos para manter a hexemonía unipolar.

Os USA teñen moi claro que o inimigo fundamental, quen compite con eles en todos os campos, político, económico, militar, tecnolóxico, etc é a República Popular de China, a quen din algúns analistas como John Mearsheimer,  os USA axudaron no seu desenvolvemento para que así chegara a aceptar os beneficios da democracia liberal, e visto o fracaso do intento, entraron na etapa de “contención” na primeira administración de Trump e atopámonos na etapa actual que esperemos non sexa de claro enfrontamento, que pódenos levar á terceira guerra mundial.

Para entender o que acontece é necesario destacar que a maioría dos políticos do G-7, formado polos USA e algúns dos seus vasalos europeos, británicos, franceses, alemás, italianos, canadianos e xaponeses, que cada vez teñen menos peso na política, a economía e a demografía planetaria, formáronse na etapa posterior á guerra fría, á dinámica de bloques, o mundo bipolar, é dicir, na etapa unipolar onde os USA era a potencia hexemónica. E parece que lles é moi difícil aceptar que hoxe hai tres grandes potencia USA, China e a Federación Rusa, cousa xa aceptada por Trump na súa anterior etapa na presidencia, e outras potencias menores pero tamén moi importantes, como India, Brasil, Irán e Turquía, que a pesares de estar na OTAN, actúa como un “verso ceibo”. Non son capaces de recoñecer que todo cambiou e pasamos da unipolaridade á multipolaridade.

viernes, 10 de octubre de 2025

SOBRE UNHA POSIBLE CONFRONTACIÓN CHINA-USA (I)

Carlos Dafonte.

Cando Trump chegou á presidencia e falou de conseguir axiña unha paz en Ucraína, en 24 horas, pensei que quería ter as mans ceibes para permitir que a súa administración e as posteriores, puideran seguir traballando en establecer unha nova estratexia para o enfrontamento verdadeiramente importante a nivel planetario, que é o que enfronta aos USA con China. Non só pola súa capacidade económica, tecnolóxica e sobre todo a de aglutinar ao seu redor a toda unha serie de nacións, en Asia, Latinoamérica e África que non están moi dispostas a seguir sendo explotadas polos EEUU e os seus vasalos europeos. Pero non teño nada claro que os chinos queiran enfrontamento MILITAR algún cos estadounidenses. Sen ser moi intelixente, calquera pode ver que a guerra da OTAN contra Rusia en Ucrania, para os USA estratexicamente é un desastre, pois afianza o pato ruso-chinés que nunca pensaron que podería ser tan forte.