Carlos Dafonte.
Atopámonos nun bo momento para facer un balanzo do que esta a acontecer e que tamén explica o que acontece no territorio do Estado español. Destacaría varias cuestións:
1ª. Atopámonos no medio dunha fonda crise planetaria, resultado da perda da hexemonía de quen a estivo exercendo dende o final da IIª G.M, os EEUU de Norteamérica. John Mearsheimer afirma que o elo máis forte da cadea imperialista comeza a entrar verdadeiramente en crise, non pode manter esa posición, se os seus aliados poñen en cuestión o costo da súa lealtade. E dende que China fixo acto de presenza superando a hexemonía de área, para aparecer como unha potencia planetaria, a perda de hexemonía económica, política, militar, pero tamén tecnolóxica dos USA, é unha realidade.
Hoxe non é posible manter a súa hexemonía facendo fronte ao costo das preto de 800 bases militares no planeta, cunha débeda de 38 billóns de dólares que co proceso de desdolarización que se está a producir nas relacións comerciais pode aumentar moito, a entrada de China en mercados importantes que antes eran de actividade dos países chamados occidentais, e algunhas outras cuestións que fan difícil a saída e indica o fracaso do modelo neoliberal globalista.