A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 20 de julio de 2009

A FOLGA DO METAL. AS LECCIÓNS DUNHA FOLGA HISTÓRICA

Roberto Laxe

Pola importância que tivo, e tem, a folga na clase obreira galega, temos que facer o esforzo de chegar a algunhas conclusions, pois é unha folga histórica. Alen diso, temos que lembrar que para novembro comeza a negociacion do convenio do metal do resto da Galiza, e, segun as declaracions de Alcantara, a posicion dun sector da CIG é o de avanzar cara a unificacion das negociacions do convenio.

Em primeiro lugar, e desde a distancia, o levantamento da folga póla CIG é froito do cansancio dos traballadores trás 27 dias de folga, e, sobre todo, póla division sindical, que viña anunciada desde a folga xeral do metal do 30, convocada em solitário póla CIG, e que fixo fronte á desconvocatoria com nocturnidade de CCOO. Este foi um momento chave, no que os traballadores derrotaron a manobra da burocracia de CCOO de rematar de mala maneira a folga naquel momento, e que reforzou á CIG.

Os traballadores do Metal de Pontevedra deron unha leccion de combatividade, de métodos democráticos e de firmeza na loita, mais atoparonse cun illamento cuase total das forzas da esquerda, especialmente o BNG e a UPG. Puxo en evidencia que ista loita tiña “dirixentes mas non dirección”. Os seus dirixentes atuaron em solitario, sem unha organizacion que lles dera um respaldo, e sem unha orientacion estratexica.

A folga tivo que enfrontar o “xuramento” de lealdade do conxunto da patronal –a “asemblea” de 2500 empresarios em Vigo despois do asalto á Camara de Comercio-, a política combinada da Xunta e o goberno Central (os “negociadores”), a toma policial de Vigo (1000 policias, o despregamento de forzas policiais em Compostela na Marcha foi “espectacular”), a brutal campaña de criminalizacion dos medios (La Voz de Galicia chegou a pedir a xulgamento das direccions sindicais se “non condenaban a violencia”, xa comeza a ser un recurso recurrente para criminalizar), a ambiguedade permanente de CCOO e UXT, sempre ao borde da desconvocatoria da folga, e o illamento cando a CIG convocou á solidariedade em Ferrol e CCOO e UXT dixeron que non, porque o convenio non lles afectaba, e o silencio absoluto do BNG e a UPG, silencio que se convirtiu em boicote á Marcha a Compostela: só a CIG de Ferrol enviou um autobus, de Compostela nin de Coruña foi ninguen, salvo honrosas excepcions.

O unico momento no que se rompeu este illamento foi o manifesto de Intelectuais, asinado por Perez Esquivel, Beiras e outros, e lido diante dos traballadores e traballadoras, alen do envio de comunicados de solidariedade a nivel estatal e internacional.

Estas condicions de illamento cuase total por parte de todas as organizacions políticas institucionais, alen da atitude pasiva da imesa maioria da chamada esquerda independentista, marcan um cadro dramático para os traballadores e as traballadoras. E ainda asi, foron capaces de manter a folga 27 dias, de facer retroceder á patronal, que non impuxo os seus obxectivos de conxelar os salários e rematar coa bolsa de traballo. Alen mais, mesmo nestas condicions, se quere asinar, tem que firmar um convenio que respete a bolsa e suba os salários. Pase o que pase, os traballadores gañaron.

Mais, o illamento tivo as súas consecuencias: a loita entra nunha situacion de impasse, non há um vencedor claro e todo queda para o próximo convenio... salvo que se de a situacion de que a negociacion dos convênios do metal no resto da Galiza resulten nunha mobilizacion de todo o sector. E a isto temos que apostar.

Evidentemente, nin CCOO nin UXT, e seguramente a maioria da CIG, estan á tarefa. Mais é unha gran oportunidade para avanzar na loita por uns convênios dignos, a unidade do metal em toda Galiza trás a súa vangarda que son os metalúrxicos de Pontevedra.

Mas há outro elemento, que para nós é central: a afirmacion de que foi unha folga “com dirixente, sem direccion”. Alcantara é o dirixente da loita, um sindicalista que se apóia na mobilizacion das masas, e isso é moi progresivo. A folga sobreviviu grazas a súa política. Mas, como din o outro, non só de “política vive o home”... doutra maneira. Se non tés unha organizacion que apóie na sociedade, no resto da clase obreira, umha folga do calado da que falamos; que extenda a solidariedade, que este á procura de apoios concretos na extension da loita, etc., o “dirixente” convirtese nun corcho na maré que esta provoca.

Esta folga demostra que para gañar nestas condicions, de crise na que a patronal e os seus gobernos estan xuramentados para resgatar ao capital da súa crise, de impor unha derrota exemplar á vangarda da clase, é imprescindible unha organizacion que, partindo do respeto absoluto aos métodos desenvolvidos pólos metalurxicos, de democracia obreira, de firmeza e combatividade, teña como eixo para a vitoria o desenvolvimento da mobilizacion obreira, da solidariedade no conxunto da clase.

A experiência demostra que isto non xurde da nada. As direccions de CCOO e UXT deixaron claro o que son, cando desde a CIG Ferrol convocan a mobilizacions de solidariedade nos estaleiros da cidade, é non dan o seu apoio “porque é um convenio da província de Pontevedra” que non lles afecta. O BNG e a UPG, direccions da CIG, non moveron um dedo e abertamente boicotearon a Marcha a Compostela, alen de que um sector do BNG, o alcalde em funcions de Vigo, desmarcouse dela. E o papel da extrema esquerda, os independentistas, limitouse a declaracions obreiristas, como moito ao apoio moral, mais sen nengunha atividade de solidariedade na rua que levara a loita fora das “fronteiras” da provincia de Pontevedra.

Esta é a principal leccion da folga do Metal: nas condicions actuais de ataque ás conquistas dos traballadores e as traballadoras baixo o manto da crise, só é posible gañar cunha organizacion politica, que conscientemente aposte póla loita obreira e social, pola extension solidaria da folga, pola organizacion da mesma em ctés de apoio, e a orientacion coerente fronte ás políticas dos gobernos e a patronal.

Resolver ista contradiccion tem que ser o nosso obxectivo no futuro. A folga puxo sobre a mesa a necesidade de reagruparse, organizarse. As duras batallas que veñen exixen a construccion do movimento social contra a crise, e o reagrupamento dunhas corrente sindicais de esquerdas.

20 de xullo de 2009-07-20