A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 22 de enero de 2011

SOBRE A FOLGA XERAL CONVOCADA PARA O DÍA 27

Carlos Dafonte

Para o día 27 de xaneiro, coordinada cos sindicatos vascos ELA e LAB, a CIG convoca en Galicia folga xeral.
A primeira reflexión cando coñecín o feito, foi que esa decisión era incorrecta, oportunista, torpedeaba a unidade necesaria dos traballadores do estado cara a unha nova acción conxunta, unha nova folga xeral, e que era un acto sectario e vangardista, decidido sen pensar nas consecuencias para o movemento obreiro no seu conxunto.

lunes, 17 de enero de 2011

TUNEZ: A INSURRECCIÓN POPULAR DERRUBA AO DITADOR

Roberto Laxe
O que comeza como unha protesta social polo suicidio dun mozo licenciado que vivía de vendedor ambulante, reprimido pola policía, convirtiuse nun levantamento popular que derrota ao ditador Ben Ali.

As condicións sociais para o estalido social estaban máis que dadas. Tunez é un pais absolutamente colonizado polas potencias imperialistas, moi en particular pola Union Europea. Francia, en concreto, ten instaladas no pais 1200 empresas, ás que se unen sociedades britanicas, belgas ou españolas.

martes, 4 de enero de 2011

A REFORMA DAS PENSIÓNS E OS INTERESES DA OLIGARQUÍA

Carlos Dafonte

Escrebeu non hai moito o periodista, antigo membro do parlamento europeo e pensador comunista portugués Miguel Urbano: “para que os povos se mobilicen na luta contra o sistema que os oprime...é indispensavel a compreensáo do funcionamento do monstruoso engrenagem que deforma o real”.....”essa compreensäo e extraordinariamente dificultada pela máquina de deseinformaçao mediática controlada polas grandes multinacionais”. Estas dúas citas, a realidade que denuncian, debémolas ter moi en conta a hora de falar do tema das pensións no estado español e sobre todo cando o fagamos da campaña emprendida polo presidente e o goberno, para modificar aspectos substanciais das mesmas, coincidentes cos intereses da banca.