A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 18 de octubre de 2026

IMPERIALISMO ESPAÑOL EN ÁFRICA. GUINEA ECUATORIAL (II)

Terry Hada

A orixe formal da colonización española sobre o territorio da actual Guinea Ecuatorial, comeza en 1778 cos tratados de San Ildefonso e O Pardo – de intercambio colonial -, nos que o Imperio portugués cedeu as illas de Fernando Poo e Annobón ao Imperio español, quen quería unha base propia no Golfo de Guinea para comerciar con escravos - destinados ás súas plantacións en América - sen depender de barcos estranxeiros. Tras a abolición do comercio transatlántico de escravos, encabezada polo Imperio británico e Estados Unidos a principios do século XIX, o interese do Imperio español polo territorio cambiou radicalmente cara á explotación económica, sendo 1858 o ano no que comeza a colonización efectiva, coa anexión da zona continental do territorio (Río Muni) e o nomeamento do primeiro gobernador español. O chan volcánico da illa de Fernando Poo - ideal para monocultivos de alto rendemento -, e o réxime de traballo forzado que impuxo o Imperio español, convertérona nunha potencia mundial na exportación de cacao e café - alén de madeira tropical da zona continental -.

lunes, 5 de octubre de 2026

O IMPERIALISMO ESPAÑOL EN ÁFRICA (I)

Terry Hada

PRESENTACIÓN

Os seguintes artigos teñen o obxectivo de contribuír ao debate e a preparación política da vangarda da clase traballadora e os pobos do Estado español, para construír o programa da loita pola revolución socialista contra o noso propio imperialismo, o Imperialismo español hoxe representado polo Réxime capitalista e neofranquista do 78, como parte dun proceso revolucionario europeo e internacional.

Nun momento no que a disputa interimperialista pola hexemonía - entre o bloque liderado polos decadentes Estados Unidos e o bloque encabezado pola puxante China – é o “telón de fondo” tras as principais expresións da barbarie que nos impón o sistema capitalista (xenocidios, guerras, migración forzada de decenas de millóns de traballadores/as, destrución medioambiental,…), consideramos fundamental analizar o papel concreto que, neste escenario, xoga o Imperialismo español.