Roberto Laxe
Hai 118 anos un pequeno grupo de revolucionarios internacionalistas que, segundo testemuñas presenciais, “cabían en dous taxis”, e en nome dos pequenos grupos dispersos que non habían claudicado tras a bancarrota da II Internacional, reuníronse en Zimmerwald (Suíza) para aprobar un manifesto contra a guerra interimperialista co que cambiaron o curso da historia: todo camiño comeza cun primeiro paso.
Xorde a pregunta máis que obvia; un século e pouco máis despois, nunhas condicións onde as contradicións interimperialista agudízanse até extremos de guerra aberta en zonas do planeta, coas forzas que rexeitan esa deriva dispersa, non chegaría o momento de dar ese paso? A resposta de millóns de persoas ao xenocidio palestino, que é parte desa guerra máis ampla, pon de manifesto que hai millóns de seres humanos que rexeitan a deríva militarista do capitalismo en decadencia.